30 DE XANEIRO
DÍA DA PAZ
A pomba foi considerada dende sempre como un símbolo de paz e concordia entre persoas e pobos.
A pomba da paz é un debuxo sobre cartel de Pablo Picasso realizado en 1949.
Pablo Picasso naceu o 25 de outubro de 1881 en Málaga e morreu en Francia en 1973.
O seu pai tamén era pintor e ensinoulle técnicas de debuxo e pintura. E con 8 anos pintou o seu primeiro
cadro.
El pequeño picador "Picasso"
Tivo varias etapa que marcaron a súa carreira artística:
Período azulPeríodo rosa
Período cubista
Período surrealista
Período expresionista
Período Vallauris
Na década de 1950, Pablo Picasso, influido pola guerra civil española realizou unha serie de grabados onde os horrores de destrución da guerra vense iluminados por unha luz superior
de paz e esperanza.
GUERNICA
Algúns anos despois da Segunda Guerra Mundial, celébrase en París un Congreso pola paz. Pídenlle a Picasso deseñar un
debuxo que simbolizara o Movemento da paz. Picasso traza o perfil dunha pomba, como as brancas pombas que gardaba en
xaulas no seu taller .
Na primavera dese mesmo ano a pomba de Picasso fíxase en todos os muros das ciudades de Europa. Concretamente, co fin de ilustrar os carteis dos congresos do Consello mundial
da paz.
Por medio das súas pinturas, Picasso, quixo representar os seus desexos de paz entre todos.
A branca pomba
A branca pomba
querenos ensinar
que un mundo sen guerras
temos que acadar.
Tráenos a alegría,
a paz, o amor,
e quere que todos
vivamos mellor.
“A pintura non foi inventada para decorar as casas. É un arma de guerra para defenderse do inimigo”.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
DA LINGUA GALEGA
CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSOCURSO 2015-2016
Top Related