No principio foi o verso. Rosalía de Castro é o título da exposición
conmemorativa do 150 aniversario da publicación no 1863 de Cantares
Gallegos, de Rosalía de Castro, obra clave para a literatura e cultura galega.
Cando a autora creou este poemario non dispoñía dun dicionario en galego
que lle permitira saber cómo se escribían as palabras no noso idioma ou cal
era o significado de moitas delas. Afortunadamente agora si dispoñemos de
este recurso e, mesmo as veces, ilustrado.
Por iso queremos renderlle tamén homenaxe á nosa inmortal autora
elaborando o noso particular dicionario ilustrado a partir de palabras que
atopamos nos versos de Cantares Gallegos. É un labor individual, porque cada
un de nós escolle a súa palabra favorita, describe o que pensa que significa e
despois a converte nunha imaxe, mais tamén colectiva pois sumando todas
elaboramos un dicionario único que desexamos sexa de interese para quen o
vexa.
No principio foi o verso. Rosalía de Castro
Fundación Barrié – Vigo
Do 15 de maio ao 15 de agosto de 2013