EL CABLE
1,2,3,4,5,6...
Canta xente sae este ano no periódico!!!!!!!
Revista Escolar do alumnado de La Milagrosa
Depósito Legal LU - 700 - 1983
nº45 Curso 2013/24
A quen entrevistarán este ano?
A min gústanme moito as adiviñas!
Curso 2013 - 2014 2
Celebración
de Nadal
Curso 2013 - 2014 3
CONTIDOS Páxina 2 Nadal e María Milagrosa. Páxina 3 Contidos.
Páxina 4 e 5 XMV
Páxina 6 Xosé María Díaz Castro
Páxina 7 Visita a Gadis
Páxina 8 e 9 Traditional Bonfires
Páxina 10 Brochetas en 4º de infantíl
Páxina 11 Día do libro en 5º de infantíl
Páxina 12 e 13 Os pequenos fanse maiores...
Páxina 14 e 15 Entrevista con D. Miguel
Páxina 16 Receitas de cociña.
Páxina 17 - 21 Algo de nós...
Páxina 22 Chistes, adiviñas e trabalinguas
Páxina 23 Contacontos
Páxina 24 Pasatempos
Páxina 25 Tamén foi noticia!
Páxina 26 Recordo dos meus amigos..
Páxina 27 Festival das Letras Galegas e
celebración de maio
Páxina 28 Cómo éramos e como somos!
Curso 2013 - 2014 4
Sembradores de estrelas
Para min sembradores é un día no que só ves sorrisos.
Fumos polas rúas poñéndolles adhesivos de estrelas e
ledicia á xente. Paramos a facer o mesmo no comedor
das monxas, pero tamén lles cantamos a canción de
sembradores que practicaramos. Ese non foi un día
calquera, foi o día no que uns nenos trouxemos a
ledicia a Lugo. Porque, en J.M.V sempre logramos un
sorriso, un xesto amable e amor.
.
Convivencia Marín 2013
JMV
Este ano en JMV fomos máis que nunca, e pasamos momentos inesquecibles. Grazas a todos por facer posible que todas as actividades fosen marabillosas. Lembramos algunhas... O día 16 de novembro os nenos de JMV fumos de convencia a Marín. O que máis nos gustou foi que xogamos, divertímonos e coñecemos moita xente de Marín, Ribadeo, Vigo, etc
Convivencia en Marín
Cando chegamos vimos a obra de teatro
"El Principito", despois tomamos unha palmera solidaria ummmmm!.
Despois de xantar estivemos con todos os personaxes da obra de teatro aprendendo moitas cousas, entre elas que non se debe ser groseiro.
Ao remate do día bailamos todo o grupo de JMV Galicia. Despois volvimos no autobús e... pasámolo xenial!!!
Uxía Ojea Tallón
Raquel Cando Santos
Curso 2013 - 2014 5
Marcos Fontenlos Ferreiro
Queremos recordar que este ano nos deixou Sor Celestina Antón Calzadilla,, unha das irmás que tanto ben fixo polo noso colexio e tamén pola xente que o rodea. Agradecerlle unha vez máis a súa labor polo seus iguais, Toda unha vida entregada polos máis necesitados tanto en España como no extranxeiro. Eu son a resurección, o que crea en min, inda que morra, vivirá; E todo aquel que vive e cre en min, non morrerá xamais. Jn 11, 15-26.
D.E.P
Marcha Mariana
Marchamos moi cedo de Lugo ata chegar á Illa de Arousa, alí os nosos catequistas déronnos unhas pulseiras de distintas cores, dependendo da cor que fora a pulseira iamos en distintos grupos: (azul, dourado e lila)
Repartímonos nos grupos donde o noso primeiro traballo foi representar un día de Pentecostés.
Despois fomos ó porto, ata a imaxe da Virxe do Carme e cantámoslle unha Salve Mariñeira. Logo celebramos misa no campo e comemos.
Por último, fomos ó porto e subimos en catamarán, con degustación de refrescos e mexillóns.
Finalmente volvemos a Lugo.
Foi un día estupendo.
Curso 2013 - 2014 6
Jacobo Fariñas Varela Gisela González López
Curso 2013 - 2014 7
Noa Abel Sánchez
Ana Isabel Pena Rivas
Carlota Rey Cancio
David Abuín Fernández
Curso 2013 - 2014 8
Traditional Bonfires Guy Fawkes Night, originates from the Gunpowder Plot of 1605, a conspiracy by a group of
English Catholics to assassinate the Protestant King James I of England and replace him with a
Catholic king.
Guy Fawkes was caught and executed and the King allowed the people to celebrate he was alive
with bonfires.
Nowadays on 5th November in the UK, people celebrate Bonfire
Night. They make a bonfire and a guy to put on top of the
bonfire. When it´s dark people they stand near the
bonfire and watch fireworks.
They eat hot dogs and baked potatoes.
Ilustracións: Raquel Cando Santos
Curso 2013 - 2014 9
Moitos ritos de carácter máximo ou superticioso asócianse a
esta tradición: saltar al fogueiras, pór un ramo de herbas de San
Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das
meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas
etc.
Na Coruña fanse as tradicionais fogueiras nas praias do Orzán e
Riazor, sendo esta a festa máis multitudinaria de Galicia e unha
das máis multitudinarias de toda España. A noite de San Xoán
na Coruña foi declarada festa de Interese Turístico Nacional.
A noite de San Xoán (23 de xuño) é unha festa moi importante de Galicia. Celébrase en case todas as
cidades , vilas e aldeas galegas facendo cacharelas ou lumeiradas.
A xente reúnese para comer sardiñas á brasa, beber, cantar e bailar ao redor da fogueira. Cando xa está
practicamente consumida a tradición di que hai que saltar por riba dela.
O número de saltos varía segundo os costumes locais: adoita facerse como mínimo tres veces pero, en
calquera cso, debe ser sempre un número impar.
Hai diferentes versións do que se canta ao saltar, pero entre as cantigas que máis se escoitan esa noite está
a seguinte:
Salto por riba
do lume de San Xoán,
para que non me morda
cadela nin can
nin bicho viviente
que ande polo chan.
Curso 2013 - 2014 10
O 5 de novembro, os nenos e nenas de 4º de Infantil fixeron unhas brochetas para estudar os froitos do outono.
Colorea as que máis che gustaron!!!
Curso 2013 - 2014 11
Curso 2013 - 2014 12
Os peques fanse maiores.... así se ven eles pasando xa á primaria
Curso 2013 - 2014 13
MOITA SORTE
Curso 2013 - 2014 14
Entrevista con ... Don Miguel Entrevistamos a Don Miguel, párroco da igrexa de San Froilán; que colabora co colexio na maioría das celebracións que temos no centro. * Reporteiros: - Custoulle moito a decisión de ser sacerdote? Cantos anos tiña cando tomou esa decisión? * Don Miguel: - Non me custou moito. Con 17 anos. *R: - Cando lles dixo aos seus pais que quería ser sacerdote, como o tomaron eles? *Don Miguel: -Cando o dixen encantoulles a idea. *R:Que lle gusta facer no seu tempo libre? * Don Miguel: -Pois gústame ir para a aldea, pasear e axudar nas tarefas do campo e da casa e no inverno ás veces ir á costa. * R:- Xa o vimos algunha vez cunha tablet. Para que a emprega? * Don Miguel: - Para dúas cousas ou tres; para rezar, para
traballar e para entretemento. * R: Se puidera escoller unha parroquia de España. Cal escollería? * Don Miguel: Na que estou agora mesmo. Jejejeje * R: - Que opina do Papa Francisco? * Don Miguel: -Que está traendo un aire novo á igrexa e gústame especialmente a súa aposta pola austeridade e a sinxeleza. * R: - Gustaríalle ser Papa algún día. Por que? * Don Miguel: -Non me gustaría ser Papa nunca. É moi difícil. Porque hai que ser moi santo.
* R: -De pequeno foi a un colexio como este ou a un que non era tan relixioso? * Don Miguel: Eu fun a dous colexios, a un público e a un relixioso, que era o Seminario. * R: - Algunha historia no Seminario? * Don Miguel: -Foi unha etapa moi bonita, porque coñecín moita xente doutros lugares, puiden viaxar moito e, sobre todo, o encontro con Deus dunha forma nova. * R: -Que lle gustaría ser se non fose sacerdote? * R: -Ser sacerdote non é unha profesión, é unha vocación . Gustaríame ser veterinario ou enxeñeiro de montes.
Curso 2013 - 2014 15
PARA SABER MÁIS: COR: O azul mariño. COMIDA: Todas menos os tomates. MÚSICA: Gústame Mecano. LIBRO: "Lumen Fidei" la enciclopedia del Papa Francisco, e para desestresarme leo "Memorias del marqués de Sotoancho" de Alfonso Ussía. PELÍCULA: "El Papa de la paz" que é a vida do Papa Juan XXIII. PROGRAMA DE TELEVISIÓN: "Así se hace" de Discovery Max. María Fernández, Helena Medina, Miguel Carlos Rodríguez e Brais Botana.
Moitas grazas!!
Curso 2013 - 2014 16
RECETAS CREATIVAS
Curso 2013 - 2014 17
Erick Violeta
Alba Celia
Rubén Luis Omaima
Esther Eva Nahikari Nicolás Andrés
Valeria Gisela
César Lucía Jacobo
Selene Naím
ALGO DE NOS ´
Duán
Alejandro
Curso 2013 - 2014 18
De maior gustaríame ser profesora de Karate porque é moi divertido. O que máis me gusta son os compañeiros porque sempre che axudan, o que menos as escaleiras. Cambiaría as escaleiras, poñería ascensores para nenos. Unha cousa que ninguén sabe é que pola mañá me levanto con pelos de león. O día que pasei máis vergoña foi cando me pillaron lendo ata a unha da mañá. Se puidera cambiar algo de min sería, que non me esforzo demasiado por conseguir as cousas.
De maior gustaríame ser astrónomo porque é moi emocionante e gústame moito a astronomía. O que máis me gustou foi estar cos meus amigos, pásoo moi ben con eles, o que menos as escaleiras. Do colexio cambiaría que houbera un patio para facer o recreo fóra. Unha cousa que ninguén sabe é que ás veces fago bocadillos cando teño fame sin que ninguén o saiba. Se puidera cambiar algo de min sería conseguir non ser tan orgulloso.
De maior gustaríame ser astronauta porque me gusta o espazo. O que máis me gustou foi coñecer novas culturas e amigos, o que menos os pupitres porque son pequenos. Do colexio cambiaría ter un patio para poder xogar ao fútbol. Unha cousa que ninguén sabe é que cando quedo só na casa empáchome a comida e como nocilla. O día que pasei máis vergoña foi cando actuei por vez primeira no teatro. Se puidera cambiar algo de min sería a miña risa contaxiosa.
De maior gustaríame ser veterinario, porque me gustan moito os animais. O que máis me gusta son os amigos, o que menos non ter un patio propio para xogar. Cambiaría o pompón porque nos lesionamos facilmente. O día que pasei máis vergoña foi na miña primeira obra de teatro. Se puidera cambiar algo de min sería a actitude.
De maior gustaríame ser mestre ou futbolista. Do cole cambiaría ter un patio para xogar ao fútbol. Unha cousa que ninguén sabe é que cando miña nai compra comida rica cómoa ás agachadas, e tamén, a veces que quedo castigado, xogo sen que me vexan. O día que pasei máis vergoña foi cando miña nai me pillou xogando.
De maior gustaríame ser enxeñeiro en telecomunicacións porque miña prima ensinoume algúns libros e gustáronme, e tamén porque se gaña moito diñeiro. O que máis me gusta é a asignatura de coñecemento porque me encanta a historia, o que menos lingua porque me parece pouco interesante inda que ensine moito. Cambiaría case todo menos as excursións, coñecemento, a igrexa, JMV e as cousas máis importantes. O día que pasei máis vergoña foi cando en 5º lemos unha cousa sobre San Nicolás.
Curso 2013 - 2014 19
De maior gustaríame ser enfermeira, cuidar da xente e axudala. O que máis me gustou son as excursións e os compañeiros e o que menos que nos castiguen e as escaleiras. Cambiaría as escaleiras porque chego cansada á clase. Unha cousa que ninguén sabe é que ás veces sen que me vexan como chocolate da neveira. O día que pasei máis vergoña foi un día que estaba falando cunha compañeira esvarei e caín polas escaleiras. Se puidera cambiar algo de min sería o meu carácter, porque ás veces é algo forte e enfádome coas miñas compañeiras.
De maior gustaríame ser paleontólogo porque me gusta a investigación. O que máis me gusta son os compañeiros porque son moi bos amigos, o que menos cando nos castigan. Cambiaría as escaleiras porque cansan bastante. Unha cousa que ninguén sabe é que ás veces tiro cousas á casa abandoada que hai ao carón. O día que pasei máis vergoña foi cando tiven que actuar. Se puidera cambiar algo de min sería non rirme tanto na clase.
De maior gustaríame ser profesora para ensinarlles cousas aos nenos e divertirme con eles. O que máis me gusta son as mates porque son divertidas e dánseme moi ben, o que menos cando chove que non collemos no salón. Cambiaría as escaleiras por unhas mecánicas. Unha cousa que ninguén sabe é que tiven cinco patos e deume moita pena cando morreron. O día que pasei máis vergoña foi cando iba vestida cun disfrace e me viron uns amigos. Se puidera cambiar algo de min sería os meus gustos pola comida, xa que son moi exclusivos.
De maior gustaríame ser bailarina profesional de ballet porque é o meu soño dende pequeniña, pero creo que serei abogada ou non sei... teño moito futuro. O que máis me gustou foron as saídas porque podes descubrir sitios novos, o que menos as escaleiras e os deberes. Cambiaría os deberes e ter que levar mandilón. Unha cousa que ninguén sabe é que unha vez con catro anos caín da cama, fun para a habitación dos meus pais e durmin na súa cama toda estirada. O día que pasei máis vergoña foi unha vez en Zaragoza que un can me fixo pis nun zapato e víronme as miñas mellores amigas. Se puidera cambiar algo de min sería a miña forma de contestar e tamén os grans.
Curso 2013 - 2014 20
De maior gustaríame ser veterinaria porque me gustan moito os animais. O que máis me gusta é o recreo e os amigos porque me divirten, o que menos as escaleiras. Cambiaría a pizarra porque mola máis a pizarra electrónica. O día que pasei máis vergoña foi no meu primeiro festival das letras galegas. Se puidera cambiar algo de min sería a miña actitude.
De maior gustaríame ser locutora dunha radio musical porque me resulta un traballo divertido e gústame distraer á xente. O que máis me gusta é ter uns bos e divertidos amigos porque podo xogar con eles e porque me animan, o que menos as escaleiras. Cambiaría poder asistir á biblioteca para estudiar. O día que pasei máis vergoña é cada vez que subo a un escenario porque teño moito medo. Se puidera cambiar algo de min sería non ser tan desastre e desordenada, porque sempre teño algo desordenado ou me esquezo de algo.
De maior gustaríame ser psicóloga porque me gusta axudar a xente con problemas. O que máis me gusta é estar cos meus amigos, o que menos enfadarme con eles. Cambiaría as excursións, iría un pouco máis lonxe e máis días e tamén o patio. Unha cousa que ninguén sabe é que cando xogaba no patio da miña casa sempre acababa caendo.
De maior gustaríame ser cantante porque me gusta cantar. O que máis me gusta do cole é o inglés porque me gusta o idioma, o que menos a lingua porque se me da moi mal. Cambiaría as escaleiras porque custa subilas. O día que pasei máis vergoña foi unha vez que no médico me trabuquei e me metín sen querer no baño dos homes, e había un señor. Se puidera cambiar algo de min sería conseguir non morder as unllas.
De maior gustaríame ser médica, é un soño que teño dende pequena. O que máis me gusta é a hora de ximnasia, porque é a hora máis divertida e animada o que menos as escaleiras. Unha cousa que ninguén sabe é que en algunhas ocasións probo a roupa dos meus irmáns e tamén os tacóns da miña irmá. O día que pasei máis vergoña foi unha vez que en primeiro de primaria non me deixaron ir ao baño e fíxenme pis. Se puidera cambiar algo de min sería a miña actitude cos mestres.
Curso 2013 - 2014 21
De maior gustaríame ser futbolista porque é un deporte que levo dentro de min inda que non sexa moi bo. O que máis me gusta é o recreo porque nos xuntamos e nos divertimos, o que menos os deberes claro!!. Cambiaría o pompón e tamén non ter que levar mandilón. Unha cousa que ninguén sabe é que ahora son hispanocolombiano. O día que pasei máis vergoña foi cando fixen o tonto na igrexa. Se puidera cambiar algo de min sería a forma de estudiar que teño.
De maior gustaríame ser arqueólogo porque me gusta saber sobre a historia das persoas e dos animais. O que máis me gusta é o recreo e algunhas clases como educación física e música, o que menos as escaleiras. Unha cousa que ninguén sabe é que algunhas veces teño pesadelos. O día que pasei máis vergoña foi un día que se me escapou un eructo moi grande. Se puidera cambiar algo de min sería non ser tan vago e non falar tanto na clase.
De maior gustaríame ser peiteadora, porque me gusta moito. O que máis me gusta é ximnasia porque é divertida, o que menos lingua porque é moi aburrida… Cambiaría as escaleiras. Unha cousa que ninguén sabe é que cando marcha a miña nai pórtome moi mal. Cando paso máis vergoña é cando me ven facendo algo que non quero que me vexan.
De maior gustaríame ser futbolista. O que máis me gusta é xogar cos meus compañeiros, o que menos estudar e facer os exercicios. Cambiaría ter un campo de fútbol para xogar. Unha cousa que ninguén sabe é que algunhas veces escápome ao parque. Cando paso máis vergoña é cando tropezo. Se puidera cambiar algo de min sería mellorar o meu comportamento.
De maior gustaríame ser policía. O que máis me gusta é o recreo, o que menos as matemáticas. Cambiaría as escaleiras. Se puidera cambiar algo de min sería sería o meu carácter.
Curso 2013 - 2014 22
Chistes, adiviñas e trabalinguas O médico e a súa filla, o avogado e a súa
muller teñen nove pasteis e a todo lles tocan tres. Como é?
Adan e Eva
Había unh vez uns nenos que se chamaban: Alguén, Ninguén e Tonto.
Fóronse a pasear e Ninguén caeu ao río e Alguén foille axudar. Tonto avisou a un policía e díxolle:
- Tonto: Axuda!!! Ninguén caeu ao río e Alguén trata de axudalo.
-Pero é vostede tonto?
- Si, encantado. Nerea Díaz García
Lucía López Festús
Estaba un raposo andaluz e un burro inglés, e dille o raposo.
I´m sorry
E contesta o burro:
I´m burry
Non son peixe, nin son cousa rara, sin ser ave nin ser nada, son ave e nada ao revés.
Se eu como como como, e ti comes como comes. Como comes como comes?. Se eu como como como?
Martín Domínguez Besteiro
A filla do médico é a m
uller do avogado.
No monte vive a carrataplata con corenta carrataplatitos cando canta a carracataplata carracataplean os carrataplitos.
Ana Piñeiro López
Nun cemiterio está unha pizza chorando e por detrás chega outra e dille:
- Familiar?
- Non, mediana!
Raúl Díaz Fidalgo
Lidia Pérez Álvarez
Curso 2013 - 2014 23
Sabela Saavedra Rodríguez
Uxía Ojea Tallón
Contacontos
Curso 2013 - 2014 24
Laura Fernández Lombardía
Pasatempos
Curso 2013 - 2014 25
Ana Isabel Pena Rivas
Lucía Castaño conseguiu premio no concurso "Eon, A enerxía das festas"; parabéns para ela.
Uxía Varela e Ana Pena conseguiron un galardón no concurso "Educar para previr" que organiza o Concello.
Uxía Varela Bergantiños
Lucía Castaño López
Este ano os nenos de 6º traballaron moito e como resultado gañaron o concurso do museo e tamén o de "Ecovideo", coa colaboración da titora de sexto, Mónica Pérez Silvarrey e a coordinadora TIC, Carmen Rodríguez Lage.
Tamén foi noticia...
Celia Veiga López e Raquel Cando Santos gañaron o concurso de
debuxo organizado pola Delegación Diocesana de Misións.
Lucía López Festus, Gisela González López e Alba Piñeiro López resultaron gañadoras do concurso "O Belén de Begonte".
Curso 2013 - 2014 26
Curso 2013 - 2014 27
Festival das Letras Galegas
Celebración Maio
Curso 2013 - 2014 28
Un ciclo escolar que temina, unha páxina que chega ao seu fin; un peldaño máis que subir. A oportunidade de comezar de novo; non é o remate, só é o comezo do teu futuro.