Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
IES Pedro Floriani, 24 de marzo de 2015
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Luz comezou a charla dicindo que todos somos diferentes e os
manuais de diagnóstico interpretan isto como patoloxías ou enfermidades: “parece que
ser persoa e ser adolescente van terminar sendo unha
enfermidade”.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Non é importante o final senón que o final se fai no
recorrido.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Na psicanálise o analista non debe intervir coa súa vida
persoal na análise.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
O máis sorprendente é que os loucos pensan que os loucos somos nós. Xogaba a facerlle dano cortándoa cunhas tesouras; pensan que os
demais non teñen sentimentos de dor, alegría, etc., nin memoria nin
recordos.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
... algúns exemplos, coma cando lle dixo a profe que “asentara a cabeza” e el púxoa sobre unha
cadeira, ou cando viu saltar a uns rapaces no corredor e el pensaba que cando o botaban de clase tiña
que poñerse a saltar.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
O final da psicanálise non é inmediato, constrúese
durante o traxecto.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Luz demostroume que o traballo como psicóloga é moi duro, o
traballo de analizar o paciente e despois usar as técnicas axeitadas
para axudalo e que non teña ningún problema ou dándolle
apoio para que poida superar os que aparezan.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Cando Álex estivo moi enfermo só aceptaba a presencia de
Luz; pareceume algo espectacular, que o neno non queira ver aos seus pais senón
só a Luz. Iso indica un gran amor e amizade entre eles.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Encantoume como acabou a historia sobre Álex, cando el lle pregunta se coñece algún
tolo, ela di que non e el contesta que si, que o coñece
a el.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
... cando Luz di que Álex “era feo só no seu barrio”. Paréceme sorprendente como os que
chamamos tolos poden reconducir eles mesmos as
situacións, pois a psicanalista só lle dixo que quería oír: que era
guapo.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Os problemas de personalidade non son
enfermidades, xa que unha enfermidade pode
solucionarse administrando medicamentos.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Aínda non entendín moi ben por que Álex deixou de comportarse tan agresivo cando Luz lle dixo que se chamaba así porque seu pai era electricista. É coma se Álex descubrise a outra Luz da
que estaba acostumado a tratar.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Fíxome ver o dura que é a psicose, o sinceros que son e o mal que o
pasan cando se decatan de que os raros son eles, e non os demais.
Álex ao principio pegáballe pensando que el tiña os mandos dunha Play Station e todo era un
xogo.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Quedei moi sorprendida co caso de Álex e como ninguén
notara os verdadeiros síntomas do rapaz.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
O neno non comprende que a psicanalista sexa unha persoa e a maltrata. Sen embargo, cando
lle di que o seu nome é Luz porque o seu pai era electricista algo cambia na súa mente psicótica e comeza a vela coma unha persoa e a establecer
unha relación con ela.Este pareceume o feito máis importante xa que nós, desde o noso punto de vista neurótico, non podemos comprender como funciona a mente
dun psicótico e os estímulos que o fan reaccionar.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Álex non capta as metáforas e entende literalmente o que lle
din. Tamén o cariño que lle colleu a Luz e a magnífica frase coa que acaba a charla, cando o neno lle
dixo que el era un louco, preguntándolle se quería aos
loucos.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Unha persoa psicótica non é capaz de recoñecer cando a outra persoa vaise tomar esa verdade como unha ofensa, a verdade nunca debe causar dor xa que todos sabemos
recoñecela.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
A psicose non é unha enfermidade senón outro tipo de comportamento, e non se pode discriminar a alguén por ser así.
Tampouco pensar que é raro, como lle di el a Luz, porque non o é; a min paréceme un comportamento diferente, pero ao mesmo
tempo interesante, é outra forma de entender o mundo e comprender, ao seu
modo, o que pasa ao seu arredor.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
O que me quedou moi gravado foi a frase “de preto, ninguén é normal”. Todos somos distintos
do resto en algo.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Sei que nas consultas, moitas veces, pásanlles cousas graciosas e rinse os
dous, pero esa situación non é fácil para ningún dos dous. Valeume de moito esta charla, sobre todo para recapacitar sobre a vida e darnos conta de que hai persoas
en situacións peores e irremediables.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
Explicounos en que se basean as terapias de psicanálise, onde o
principal protagonista é o inconsciente do “enfermo”, que é unha construción
particular de cada un.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
A terapia pode alargarse durante moitos anos dado que o obxectivo ao que queremos chegar pode irse modificando. Luz compáraa coa
Odisea de Ulises.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
A psicose é algo que nunca lle vai desaparecer. O día en que el se
decatou de que estaba louco foi un día moi duro para el, o único en
que o viu chorar.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
... o caso dunha muller que estaba namorada da súa antiga parella e agora tiña a outro home. Ela non se daba conta dos seus sentimentos hacia o ex-marido
ata que un día, cando foi marcar un número de teléfono, en vez de chamar a
quen quería chamouno inconscientemente a el.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
... despois estiven reflexionando sobre o complicado e á vez
fermoso que debe ser traballar axudando á xente e escoitándoa.
Encontro con Luz F. GarcíaPsicóloga, psicanalista
As persoas somos responsables dos nosos propios traumas e síntomas, conseguindo así
descubrir a súa orixe e manexalos. Os síntomas entres as persoas poden ser parecidos ou iguais pero o que hai debaixo é
particular de cada un.
Top Related