Download - Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

Transcript
Page 1: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

ENQUISA SOBRE A VALORACIÓN DO PDI DA FAC. DE CC. POLÍTICAS CON RESPEITO AOS SERVIZOS DA BIBLIOTECA

Novembro de 2011

Biblioteca Concepción Arenal USC

Page 2: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

ANÁLISE DOS RESULTADOS DA ENQUISA SOBRE A VALORACIÓN DO PDI DA FAC. DE CIENCIAS POLÍTICAS CON RESPEITO AOS SERVIZOS DA BIBLIOTECA (13/01/2012)

Un total de 6 docentes contestaron á enquisa de 30 a quenes se lle envióu , 2 do departamento de Socioloxía e 4 do de Ciencia Política

Globalmente, obsérvase un alto grao de satisfacción dos servizos que ofrece a Biblioteca

A metade do PDI que contestou acode á Biblioteca alomenos 1 vez cada 15 días, pero tan só 1 fai uso dos servizos da Biblioteca on line

E canto ás COLECCIÓNS e recursos documentais:

Hai un alto grao de satisfacción das coleccións de libros que valoran como moi satisfactoria o 50% ou satisfactoria o 33%, e medio no caso das revistas en papel que valoran como moi satisfactorio o 16,7% o mesmo que pouco satisfactorio o 16,7%, o resto simplemente satisfactorio, e mellor valorada a colección de revistas electrónicas que ninguén valora como pouco ou nada satisfactoria, cuestión que sin duda teñen que ver coa cancelación de suscricións en papel realizadas nos últimos anos.

A oferta de bases de datos especializadas é valorada como excelente polo 10,3%, moi satisfactoria polo 31,0%, e cómo satisfactoria polo 41,4%, sendo tres respostas como pouco satisfactoria (10,3%) e dúas como nada satisfactoria (6,9%). De novo estes últimos casos de Economía e sobre todo Internacional que debido a eses recortes mencionados non contan con ningunha base de datos específica.

Incluiuse unha pregunta para ver o grao de coñecemento das pasarelas de acceso aos recursos electrónicos, nomeadamente Pórtico, resultando sorprendente o alto grao de coñecemento e satisfacción, casi o 90% a consideran entre satisfactoria e excelente (polo tanto como mínimo coñécena).

Page 3: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

A segunda pregunta referíase á valoración sobre SERVIZOS DE ACCESO ÁS COLECCIÓNS OU DE INFORMACIÓN .

Moi valorado é a facilidade para encontrar información a través da Web ou do Catálogo, o 100% o consideran como exelente ou moi valorado, o mesmo porcentaxe que a adecuación dos fondos ás necesidades é considerado como valorado ou moi valorado.

Tamén se ten producido unha enorme mellora na valoración sobre o acceso aos libros e revistas nos estantes, o 80% no caso dos libros e o 60 % no caso das revistas considérano excelente ou moi valorado, aínda que , no caso das revistas, aínda hai un un 20% que ten problemas.

Sobre a facilidade para facer suxestións e propor novas compras, o 83% o consideran execlente ou moi valorado, aínda que una resposta ve dificultades

En canto aos servizos á carta enviados por correo electrónico tamén reciben unha especialmente alta valoración:

Novidades ingresadas na Biblioteca, excelente ou moi valorado 83 %

Page 4: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

Novidades sobre bases de datos , excelente ou moi valorado 60%

Sobre a FRECUENCIA NO USO DO CATÁLOGO, BASES DE DATOS OU OUTROS INSTRUMENTOS DE BUSCA DE INFORMACIÓN que están ou estiveron a disposición da comunidade universitaria desde o servidor da Biblioteca Universitaria ou desde o Consorcio Bugalicia.

Uso diario ou semanal do catálogo da BUSc e de Google no 100% dos que contestaron

Uso semanal ou quincenal de Dialnet, outros repositórios de acceso aberto e o ISI Web of Konwledge en mais do 60% dos casos, e da interfaz de acceso a revistas electrónicas da BUSC no 50% dos casos.

Uso quincenal ou trimestral do portal de acceso a rebvistas electrónicas JSTOR no 100% dos casos.

O uso das estatísticas do INE nun caso e trimestral noutros 3.

O resto dos recursos non prácticamente usados, probablemente por descoñecemento como se indica nalgunha das observacións finais.

Page 5: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

A cuarta pregunta referíase á ATENCIÓN QUE RECIBE DO PERSOAL PARA DETERMINADOS SERVIZOS

En todos os casos a valoración como excelente ou moi valorada supera o 75%, sendo de destacar o servizo de préstamo de libros (100%). A única nota negativa é un caso que valora pouco o servizo que ten de acceso a documentos que non están na biblioteca, aínda que pola contra todos os demáis o valoran como excelente.

Page 6: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca

As preguntas 6, 7, 8 e 9 referíanse á FORMACIÓN PARA ACCEDER AOS RECURSOS DOCUMENTAIS

A metade dos que contestaron cren que o alumnado teñen un coñecemento suficiente dos servizos da biblioteca para responder aos novos métodos de ensino-aprendizaxe que implanta o EEES .

En canto á formación do alumnado detéctase unha maior demanda em bases de datos de localización de artigos e información mais que no uso do catálogo da BUSC que tansó solicitan dous casos.

Page 7: Enquisa ao PDI de CC Políticas sobre a Biblioteca