BIBLIOTECA XOÁN FARIASCEIP de Pazos- FERROL
POEMA EN SILENZO(O meu primeiro Celso Emilio.
Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ed. Xerais)
-Dorna feituca do bercea navigar polo ceo...
-ChsssSilenzo,
que vai espertar o neno.
12.12.12ás 12
BIBLIOTECA XOÁN FARIASCEIP de Pazos- FERROL
CANTIGA PARA DURMIR A UN NENO(Antoloxía. Edición de Antonio García Teixeiro. Ed. Xerais)
Celanova ten un vento,Celanova un vento ten,un vento peleriñante,
un vento que vai e vén.
Un vento que máis que ventoé un timoso roncón
fungando polos telladoscon grave e tristeiro son.
Iste vento vagamundo,vai coa lúa, vén co sol,
vai cos mozos, vén cos vellos,vai coa neve, vén coa frol.
Vai coas nubes viaxeiraspor camiños de romaxe.
Vén co pandeiro da chuviarepenicando a paisaxe.
12.12.12ás 12
BIBLIOTECA XOÁN FARIASCEIP de Pazos- FERROL
CANCIÓN(O meu primeiro Celso Emilio. Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ed. Xerais)
O vello cantabaunha lembranza.
O mozo cantabaunha esperanza.
O neno cantabaunha louvanza.
Pobo meu: pois que cantas,érguete i anda.12.12.12
ás 12
BIBLIOTECA XOÁN FARIASCEIP de Pazos- FERROL
VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS(O meu primeiro Celso Emilio. Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ed. Xerais)
Teño o corazón senlleiroe orfo na noite fría.
Non importa, agardareipolo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardareipolo albor do novo día.
Está mudo o reixiñolque outrora cantar solía.
Non importa, agardareipolo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,fiando, fía que fía...
Ela fía e eu confíono albor do novo día
12.12.12ás 12
BIBLIOTECA XOÁN FARIASCEIP de Pazos- FERROL
DEITADO FRENTE AO MARLingua proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,porque me peta e quero e dáme a gana;porque me sai de dentro, alá do fondodunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non sabenafirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,perto dos homes bos que sofren longounha historia contada noutra lingua.
BIBLIOTECA XOÁN FARIASCEIP de Pazos- FERROL
Non falo pra os soberbios,non falo pra os ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados,non falo pra os baleiros,non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que aguantan rexamentementiras e inxustizas decotío;
pra os que súan e choranun pranto cotidián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.Eu non podo arredar as miñas verbasde tódolos que sofren neste mundo.E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño...
12.12.12ás 12
Top Related