.
Camariñas . A Coruña-- GGalicia- España
PPPRRRGGG
111555888
R u t a C o s t a d a M o r t e C A M A R I Ñ A S
CCoordina: Concello de Camariñas Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas:
Mª Josefa Jiménez Sánchez Fotos Portada e Contraportada: Portada e Contraportada: Concello de Camariñas Contraportada: X. Búa Fotografías e debuxos: Fotos sen sinatura: Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas X. Búa e Abertal (fotos incluídas na web camarinas.net) IMEGA Byvelibre Diego Alonso Equipo Redactor: Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: Emilio González Ramos Mª Josefa Jiménez Sánchez Empresa IMEGA Bernardino Martínez Castiñeiras Normalización lingüística: DELOGA SC Deseño: Concello de Camariñas Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas Mª Josefa Jiménez Sánchez Departamento de Informática do Concello de Camariñas José Manuel Sestayo López
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 1
ÍNDICE:
1. CARACTERÍSTICAS DA RUTA 2. PERFIL 3. PUNTOS DE INTERESE 4. REPRESENTACIÓN CARTOGRÁFICA 5. DATOS SOBRE A RUTA E A SÚA PREPARACIÓN 6. DESCRICIÓN DA RUTA 7. DESCRICIÓN DOS PUNTOS DE INTERESE NA RUTA 8. ELEMENTOS SINGULARES
RUTA COSTA DA MORTE
PRG
158
CCamariñas
A Coruña-- GGalicia
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 2
CARACTERÍSTICAS DAA RUTA
RUTA COSTA DA MORTE
1
Localización Parroquia de Camariñas do Concello de Camariñas- Provincia da Coruña- Galicia- España. GPS: N: 43º07.27,0´ W:009º11.4,98´ Cartografía: I.G.N. 1:25.000 nº 68-ICamariñas I.G.N. 1:25.000 nº 43-III Camariñas I.G.N. 1:25.000 nº 67-II Muxía Distancia total O camiño principal: 22,5 Qm. O desvío alternativo: 550 m. Grao de dificultade Medio. Accesible para persoas cun hábito físico-deportivo medio. O nivel máximo é de 150 m. M.I.D.E. Nivel de esforzo 1 Orientación Itinerario 1 Dificultade Desprazamento 1 Esforzo preciso 4 Tempo estimado Camiño principal: 8 h. Desvío alternativo: 20 min. Tipo de percorrido Circular. Comparte coa Ruta Litoral parte do seu percorrido. Esta ruta pertence á categoría de Pequeno Percorrido (PP)
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 3
RUTA COSTA DA MORTE
Acceso en bicicleta e cabalo Apto completamente Observacións: Prever o retorno ao punto de partida. No folleto turístico "Camariñas Capital do Encaixe" e "Camariñas Rede Natura 2000", esta ruta aparece en cor vermella. Esta ruta foi sinalizada e homologada pola FGM en
2011. A cor da sinalización é amarela e branca.
PERFIL
2
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 4
RUTA COSTA DA MORTE
PPUNTOS DE INTERESE
3
1. Restos do Castelo do Soberano
2. Capela Virxe do Monte
3. Praia de Lago. Comezo Rede Natura
4. Coial das Castañas
5. Faro e Cabo Vilán
6. Illote Vilán de Fora e Furna dos Infernos
7. Enseada de Arneliña
8. Mámoa de Reira
9. Pedra do Oso
10. Foso dos Lobos
11. Pedra dos namorados de Reira
12. Cabo Trece
13. Cemiterio dos ingleses
14. Praia do Trece
15. Monte Branco
16. Miradoiro das Seixas. Vistas panorámicas
17. Mourín
18. Camariñas
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 5
REPRESENTACIÓN CAARTOGRÁFICA
DAA RUTA
RUTA COSTA DA MORTE
4
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 6
A ruta e os seus arredores.
Camariñas é unha vila mariñeira coñecida polos seus encaixes
de palillos e pola súa riqueza natural e medioambiental da que é
testemuña o Faro de Cabo
Vilán, un dos máis
emblemáticos de Galicia.
Ocupa unha península con
dúas caras, unha mirando ao
Océano Atlántico e a outra, ás
tranquilas augas da ría que
comparte co concello veciño
de Muxía. O topónimo de Camariñas procede dunha planta
arbustiva Caramiña (Corema album), esta vila depende das
actividades relacionadas co mar e da
elaboración de produtos pesqueiros.
Ten un porto pesqueiro, confraría de
pescadores, agrupación de
mariscadoras e percebeiros así como
unha das conserveiras de maior
tradición da Costa da Morte e
empresas de preparación e
elaboración de polbo, algas e
mariscos. É o porto pesqueiro de maior peso comercial da Costa
da Morte, fundamentalmente nas especies de sardiña e polbo.
DATOS SOBRE A RUTA E A SÚA
PPREPARACIÓN
RUTA COSTA DA MORTE
5
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 7
Camariñas ten unhas excelentes condicións para o deporte
náutico. Conta cun porto deportivo con 83 amarres e servizos de
restauración e combustible, facendo deste enclave un dos máis
competitivos e cómodos da zona.
Para o deporte de vela cóntase cun club de vela, actividades e
competicións organizadas polo Concello de Camariñas, por outra
banda as asociacións de empresarios de Camariñas organiza un
premio anual para pesca deportiva na que participan profesionais e
afeccionados de toda España.
O encaixe de palillos de
Camariñas, é recoñecido en
todo o mundo.
Tradicionalmente esta complexa
técnica artesá foi transmitida de
nais a fillas. Na actualidade, o
Concello posúe escolas e
cursos de encaixe para menores, maiores e turistas.
É obrigado achegarse a unha das artesanías téxtiles máis
importantes de Galicia e de España: o encaixe de Camariñas, feito
a man entretecendo fíos envoltos en palillos de madeira sobre
unha almofada.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 8
Nesta vila sitúase o Museo do Encaixe de Camariñas creado no
mes de novembro de 1996. Exhibe unha testemuña excepcional
da supervivencia das artes e oficios populares, sendo un
expoñente da tradición que permanece practicamente nos seus
contextos orixinais. Con iso téntase recuperar a memoria
histórica, conservala e difundila mediante a creación deste.
A planta superior do edificio alberga a colección permanente do
Museo composta por deseños e pezas de encaixe de
Camariñas, así como os aparellos e materiais empregados para
a súa elaboración. Tamén atopamos no paseo marítimo tendas
de venda desta artesanía milenaria e exhibicións en vivo do
traballo das palilleiras.
A mostra de Encaixe de Camariñas, recoñecida como Festa de
Interese Turístico, é unha feira internacional que se organiza
cada Semana Santa. Neste evento anual, pódese gozar con
exposicións de pezas de encaixes de palillos nacionais e
internacionais, desfile de moda onde se incorpora o encaixe de
Camariñas ás pezas masculinas e femininas e, por suposto, as
exhibicións de palilleiras do municipio, que cultivan as técnicas e
deseños tradicionais que abraian a todos e todas as visitantes.
Esta celebración ten como presidenta de honra á Raíña de
España.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 9
Tamén podemos visitar en Camariñas o casco histórico, a capela
da Virxe do Carme, a igrexa de San Xurxo de Buría, o conxunto
de hórreos e as casas tradicionais da rúa Calvario ou as praias de
Area da Vila ou Lingunde, e en cabo Vilán, o faro e centro de
interpretación de naufraxios e sinais marítimas.
Camariñas celebra do 15 ao 18 de xullo unha das festas máis
senlleiras da Costa da Morte: a Procesión da Virxe do Carme coa
colorida danza de arcos executadas por mariñeiros. Tamén se
celebra o Luns de Pascua, a romaría da Virxe do Monte, o 23 e
24 a festa de San Xurxo e o 31 de agosto, o San Ramón.
En todas as parroquias de
Camariñas, podemos atopar
tranquilas praias, fermosos
paraxes e unha gastronomía con
produtos frescos da ría e do mar.
Na parroquia de Xaviña podemos
visitar a praia do Ariño, a igrexa de Santa María ou fitar os pazos
de Paxariñas ou dos Mouzos. Nesta zona sitúase a fermosísima
Ruta de Sendeirismo Local "RC-1 Ruta da Insua". Ademais na
parte costeira sitúanse o Cemiterio dos Ingleses, incluído na ruta
europea de cemiterios, recoñecida como Itinerario Cultural
Europeo e as praias de Reira ou a duna de Monte Branco.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 10
Na parroquia de Ponte do Porto pódese visitar o museo
etnográfico situado nun local particular na rúa Curros. Este
museo construído en 1997 por iniciativa dunha asociación de
veciños, presenta interesantes mostras do ferramental, mobles,
documentos e outros materiais característicos da vida e da
cultura tradicional da zona. É recomendable concertar cita previa
e realizar unha visita guiada e comentada. (Tlfo.: 981 73 09 98).
Outros elementos de interese son: a ponte que cruza o río e que
da nome a esta parroquia, a igrexa de San Pedro e o
campanario de San Roque, situado no lugar da Grixa. No verán
celébrase a Festa gastronómica do "Caldo da Riola" e a
celebración de San Pedro (27 e 29 de xuño), San Roque (15 e
16 de agosto), con procesións, misas e festas-romarías.
En Camelle atopamos o
comezo da "RC-2 Ruta Litoral"
que parte do Museo de Man, o
alemán de Camelle, percorre
espazos de gran riqueza
medioambiental, paisaxística e
ornitolóxica. Por Arou e Santa
Mariña, pódese gozar de praias tranquilas e familiares, paraxes
practicamente virxes e laboriosos portos de pesca.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 11
Como chegar.
En vehículo particular:
- Dende Santiago de Compostela. 80,2 Qm.
Ruta de Santiago a Bertamiráns pola AG56-Noia, a
Ponte Maceiras pola AC-544 a Negreira pola AC-
546, a Baíñas pola AC-441, a Casadas pola AC-
9203, a Vimianzo pola AC-552 e a Ponte do Porto e
Camariñas pola AC-432.
- Dende A Coruña 90.4 Qm.
Ruta: Da Coruña a Carballo pola AG-55 a Vimianzo
pola AC-552 e a Ponte do Porto e Camariñas pola
AC-432.
- Dende Vigo 159,3 Qm.
Ruta: De Vigo a Milladoiro pola AP-9 a Bertamiráns
pola AG-56-Noia a Ponte Maceiras pola AC-544 a
Negreira pola AC-546, a Baíñas pola AC-441, a
Casadas pola AC-9203, a Vimianzo pola AC-552 e a
Ponte do Porto e Camariñas pola AC-432.
Liñas de autobús
Dende Santiago de Compostela e A Coruña. Os
horarios de saída adoitan ser dende as 8:00 até as
14:30 horas e o tempo medio da viaxe rolda as dúas
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 12
horas. Recoméndase confirmar horarios coas
empresas de transportes.
Teléfonos e web das empresas:
- AUCASA 981 58 88 11
- MONBUS 902 29 29 00
www.monbus.es/index2.htm
- VAZQUEZ 981 14 84 70
Tlfo. Estacións de autobuses:
- Santiago de Compostela
Praza Camilo Díaz Baliño, S/N
15704 Santiago de Compostela
981 542 416
- A Coruña
Rúa Caballeros, 21
15009 A Coruña
981 184 335
- Vigo
Avenida de Madrid, 57
36214 Vigo
986 373 411
En taxi
Tlfo. Taxis de Camariñas. 628 314 339
Tlfo. Taxis de Ponte do Porto 654 812 351
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 13
Por vía marítima
Camariñas conta con porto deportivo.
Peirao Novo s/n, Camariñas. Tlfo. 981 73 71 30
Latitude: 43º 07´ ´´ N Lonxitude: 9º 11´ ´´ W
Amarres: 83 Calado 4 m.
Eslora máxima: 10 m.
En avión
- Aeroporto de Santiago de Compostela
LAVACOLLA, S/N. 15820 Santiago de
Compostela
Tlfo. 902 404 704
- Aeroporto de Alvedro (A Coruña)
ALVEDRO, S/N, Culleredo
Tlfo. 902 404 704
- Aeroporto de Vigo
Avenida AEROPORTO, S/N. 36318 Vigo
Tlfo. 902 404 704
- Aeródromo privado a 54 Qm. Empresa:
Naturmaz
(Mazaricos). Consultar dispoñibilidade.
Tlfo.: 981 107902, 610 550 524, 902 009
766. Fax: 902 009 767 Email:
[email protected] Web:www.naturmaz.com
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 14
Equipo persoal aconsellado.
Calzado axeitado preferentemente de montaña.
Pucho e crema protectora
Auga, mínimo 1 litro por persoa
Bastóns, mapa
Cámara de fotos e prismáticos
Impermeábel ou similar, en época non estival.
Recomendacións.
Antes de facer a ruta consultar sempre as previsións
meteorolóxicas. Ter precaución en inverno polos fortes ventos
que poden preverse na zona.
Respectar e manter o entorno limpo, non guindar papeis,
envoltorios ou residuos.
Non prender lume e por suposto non tirar as cabichas do cigarro
durante o percorrido.
En primavera e verán é recomendábel levar produtos contra as
picaduras dos insectos.
Servizos de saúde e axuda (SOS).
- Centro Médico de Camariñas. R/Río do Prado, S/N -
15123 Camariñas. Tlfo.: 981 736 200.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 15
- Centro de urxencias máis preto (a 9 Qm. en Vimianzo).
R/ Rosalía de Castro, 15129-Vimianzo. Tlfo.: 981 716
208
- Hospital Virxe da Xunqueira (a 32 Qm. en Cee). Paseo
Alcalde Pepe Sánchez, 7 - 15270 Cee. Tlfo.: 981.706
001
- Farmacia de Josefa Fernández. Praza de Insuela, 1,
Camariñas. Tlfo.: 981 737 301
- Farmacia de Trullenque Álvarez. R/Arenal s/n Tlfo.: 981
736280
- Farmacia de Álvarez Pardiñas en Ponte do Porto. Praza
de San Roque, 23, Ponte do Porto. Tlfo.: 981 730 001
- Protección Civil Camariñas. Avda. da Coruña, 66 -
Camariñas. Tlfo.: 650 420 021/981 737 336
- Garda Civil de Camariñas. R/ Constitución, 8. Camariñas
Tlfo.: 062 / 981 736 262
- Policía Local Camariñas. Praza de Insuela S/N. Tlfo.: 607
482 382 / 981 736 050
- Teléfono calquera emerxencia: 112
- Teléfono de urxencias médicas: 061
- Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) 981 736
262
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 16
Aloxamento.
En Camariñas
HOTEIS
- Hotel* O Cotariño. Lugar do Cotariño - Camariñas.
Tlfo.: 639 638 634 / 659 923 693.
www.docotarino.com/
- Hotel* Residencia O Parranda. Rúa Casadillo, 1.
Tlfo.: 981 705 468 / 662 340 893
www.oparranda.com/
- Hotel* Puerto Arnela. Praza do Carme, 20
Tlfo.: 981 705 477
www.puertoarnela.es
PENSIÓNS
- Pensión ** Gaviota. Rúa do Río, 15. Tlfo.: 981 736
522
www.hostalgaviota.cjb.net/
- Pensión *Cuatro Vientos. Rúa Muíño do Vento, 71.
Tlfo.: 981 736 064. [email protected]
www.catroventos.com/
- Pensión* Stella del Mar. Ronda de San Xurxo, 7.
Tlfo.: 981 737 304. [email protected]
www.stelladelmare.es/
H
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 17
En Ponte do Porto
- Pensión Residencia** La Fe.
Rúa de Camariñas, 63 - Dor Tfno.: 981 731 133
www.pensionlafe.es
- Pensión ** O Pincho. R/ Curros 22. Tlfo.: 981
730250
Restaurantes.
En Camariñas (8,4 Qm.)
- Restaurante 4 ventos. R/Muíño do Vento, 71
Tlfo.: 981 736 064, [email protected]
www.catroventos.com/
- Club Náutico. Peirao Novo s/n. Tlfo.: 667 740 405
- Restaurante La Marina. R/Cantón Miguel Feijoo, 3,
Tlfo.: 981 737 196. [email protected]
www.lamarina-restaurante.com/es/
- Restaurante Marisquería O Meu Lar. R/ Pinzón, 26
Tlfo.: 981 737 196 / 666 488 142 / 600 288 018.
www.restomeular.es
- Restaurante Puerto Arnela. Praza do Carme, 20
Tlfo.: 981 705 477. [email protected]
www. hotelpuertoarnela.es
- Pizzería Stella del Mar. Ronda de San Xurxo, 7.
Tlfo.: 981 737 304. [email protected]
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 18
www.stelladelmare.es
- Bar Restaurante Victoria. Rúa Ambrosio Feijoo, 1.
Tlfo.: 981 730 694
www.lamarina-restaurante.com
- Restaurante Villa de Oro. R/ Areal, 7
Tlfo.: 981 736 354.
www.villadeoro.es
En Xaviña (a 3 Qm.)
- Casa Sara. R/ Cruceiro, 39 baixo- Xaviña,
Tlfo.: 981 731091
- Restaurante O Ariño. Lugar de Tasaraño, 48
Tlfo.: 981 730 821. [email protected]
- Café-Bar Restaurante Rojo. R/ Agramar, 45.
Tlfo.: 981 731 189. [email protected]
En Ponte do Porto
- Pizzería- Restaurante A Xunqueira. R/ Outeiro, 37.
Tlfo.: 981 730 450
www.axunqueira.es/
- Parrillada Antelo. Lugar de Allo, 177 Tlfo.: 981 730
495
- Restaurante Casa Trabeiro R/ Outeiro, 50. Tlfo.: 981
730 036 [email protected]
- Pizzería- Cervexería Brasil. R/ Curros, 9 . Tlfo.:
981 730 340.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 19
En Camelle (a 6 Qm.)
- Café-Bar Restaurante Chalana. R/ Principal, 2
Tlfo.: 981 710 512 / 600 871 529
Máis información sobre Camariñas: Concello de Camariñas.
Axencia de Desenvolvemento Local. Praza de Insuela S/N
15123 Camariñas (A Coruña) Tlfo.: 981 737 004
[email protected] www.facebook.com/turismocamarinastodomar
www.turismocamarinas.net
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 20
RUTA COSTA DA MORTE
Esta ruta circular de 22,5 Qm. faranos gozar dunha paisaxe
costeira practicamente virxe salpicada de construcións civís e
etnográficas. Poderemos ollar tanto aves e fauna protexida,
como ecosistemas ao longo dos séculos pola erosión do vento
e da auga. Este sendeiro comparte parte do seu percorrido
coa Ruta Litoral de Camariñas
A ruta divídese en tres treitos:
- O treito inicial, parte do Castelo do Soberano, dende
onde se divisa a entrada da ría e as súas vilas ribeiregas.
Transcorre pola paisaxe característica da costa: matogueira
marítima esponxosa, praias de area e praias de cantos
rodados.
- O treito central
percorre a costa
atlántica dende o
camiño de Cabo Vilán
até o Cabo Tosto.
Percorre o corazón do
"Lugar de Interese
Comunitario Costa da
Morte", un espazo
natural de gran valor paisaxístico, cultural e
medioambiental. No sendeiro atópase o Faro Vilán co
Centro de Interpretación de sinais marítimas e faros da
Costa da Morte, o illote Vilán de Fora -catalogado como
DESCRICIÓN DAA RUTA
6
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 21
Zona Especial de Protección de Aves de Europa-,
esculturas naturais como: a Pedra do Oso e a dos
Namorados, e o Cemiterio dos Ingleses, incluído na Ruta
Europea de Cemiterios Singulares; recoñecido ao igual que
o Camiño de Santiago, como Itinerario Cultural Europeo.
Finalmente, na zona máis virxe de Camariñas, atópanse as
praias do Trece e a duna de Monte Branco, unha das máis
elevadas de Europa.
- No treito final, retórnase polo interior ao núcleo urbano de
Camariñas. Dende as únicas elevacións do percorrido,
divísanse unhas panorámicas magníficas da costa e da ría.
Esta zona, máis interior, percorre campos e prados das
aldeas próximas a Camariñas, destacando a arquitectura
popular, especialmente os hórreos coas peculiaridades
propias desta zona, construcións para o almacenaxe de
cereais e froitos.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 22
RUTA COSTA DA MORTE
Camariñas.
É obrigatorio pasear polas rúas do casco histórico e polo paseo
marítimo até o porto e a lonxa, gozando das vistas da ría, o
movemento de mariñeiros
e a laboriosidade das
palilleiras. Neste paseo
atoparemos tendas de
venda desta artesanía
milenaria e a capela da
Virxe do Carme, patroa
dos mariñeiros.
A visita ao Museo do
Encaixe de Camariñas, a
estatua á palilleira na
praza do Concello ou a
escultura da muller
traballadora xunto ao mar,
dan fe da importancia da
muller e, especialmente, a
palilleira nesta terra. Cada Semana Santa celébrase en
Camariñas, a Mostra do Encaixe, con exposicións de puntillas
feitas con palillos de todo o mundo e desfiles de moda onde se
incorpora esta artesanía téxtil.
PUNTOS DE INTERESEE DDA RUTA
7
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 23
Podemos pasear tamén polas praias urbanas de Area da Vila,
de 220 metros de lonxitude no casco urbano, ou Lingunde, de
finas areas e augas tranquilas. Estas praias contan con
servizos hostaleiros e duchas.
Os castros de Mourín e A Croa
dan fe da cultura castrexa
prerromana en Camariñas. Este
núcleo conta tamén con
monumentos barrocos entre os
que destacan: o retablo que o
mestre Ferreiro fixo na Igrexa de
San Xurxo. Preto desta igrexa, atopamos na rúa Calvario
hórreos típicos desta zona da Costa da Morte e algunhas
casas tradicionais.
1 Castelo do Soberano
Fortín militar e defensivo do século XVIII construído na honra
de Carlos III, debido ao risco constante de incursións, dende o
século XVI, de piratas e pobos invasores (viquingos,
mahometanos, ingleses e franceses). Este castelo estaba
dentro do plan que o Marqués da Enseada elaborou para o
territorio español. En 1755 asínase en Ferrol o trazado
definitivo a cargo de Fancisco Llovet. A batería de Camariñas
constaba, na parte frontal que dá á terra, dun recinto
amurallado de forma poligonal con baluarte no medio do lenzo.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 24
Accedíase ao recinto dende unha entrada lateral, con dous
medios baluartes nos extremos deixando un foso no medio. Na
zona que lindaba co mar, o recinto cúrvase adaptándose a un
promontorio rochoso sobre o que se asentaba, e que
albergaba 17 troneiras (de catro metros de espesura e un
ángulo de tiro de 180º) cos seus canóns.
Ao longo das derradeiras décadas do século XX, foi
desmontándose os restos do muro de pedras e incluso os seus
canóns para realizar obras para o porto e outras edificacións. A
día de hoxe, podemos observar no porto restos deste Castelo.
Na actualidade, consérvase moi pouco do exterior deste fortín
aínda que o seu propietario está realizando actuacións
arqueolóxicas para achar a súa distribución e cimentación.
2 Capela Virxe do Monte
Esta capela do século XVIII está construída sobre outra do
século XVI. É unha hermida onde se celebra cada Luns de
Pascua a romaría e misa con votos, ofrendas e pregarias
mariñeiras. É dunha soa nave, con contrafortes no muro
norte e unha soa dependencia cuberta. Está iluminada por
cirios e candeas que deixan acesas os visitantes e devotos
no nome das persoas ausentes, ademais de ofrecer exvotos
de barcos que podemos observar na capela.
Di a lenda que esta Virxe apareceuse no mar e que é irmá da
Virxe da Barca de Muxía, tamén se di que a Virxe do Monte
X.Búa
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 25
aparécese aos mariñeiros para advertilos de que non saian a
faenar os días que hai tormenta e protéxeos do mar. Do
mesmo xeito, é avogada das dores de cabeza e doutros males
psiquiátricos. En tempos de navegación a vela, era costume un
rito onde se realizaba o cambio de tella do lado onde sopra o
vento cara o que non, para facilitar a chegada ao porto das
embarcacións.
Esta capela ten enfronte a igrexa da Virxe da Barca en Muxía,
polo que a entrada da ría de Camariñas está custodiada por
estas capelas. Dende a capela da Virxe do Monte, pódese
gozar das impresionantes vistas á ría.
3 Praia de Lago e comezo da Rede Natura
A carón desta praia iníciase a zona protexida dentro da Rede
Natura 2000 Costa da Morte, no Concello de Camariñas. É
Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.), até a zona de Santa
Mariña, grazas aos singulares ecosistemas de matogueira
esponxosa marítima, as dunas e a fauna asociada. Dende aquí
atoparemos breixos secos atlánticos que están catalogados
como Hábitat de Interese Comunitario.
A praia de Lago ten un tipo de duna denominada embrionaria
na que atoparemos ecosistemas constituídos principalmente
por Ammaphila arenaria, tres tipos de ericáceas (ciliaris, tetralix
e vagans) e pastos salinos atlánticos.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 26
4 Coial das castañas
Os coídos son praias de coios redondeados e bloques de
tamaño diverso, predominando os bloques. Se ben en
ocasións foron desaparecendo ao perder valor social fronte
outras praias máis axeitadas para a práctica do baño. Sen
embargo, o seu interese dende o punto de vista científico é
innegábel para coñecer a
evolución xeolóxica
histórica da zona. Esta
praia pode chegar a ter
até 3 metros de espesor.
5 Faro e Cabo Vilán
Para acceder a este
punto debemos desviarnos da ruta principal 500 m. e subir
pola estrada ao faro, para despois retomar o sendeiro principal
volvendo pola mesma pista.
O Cabo Vilán está situado no centro da Costa da Morte, o seu
nome semella deberse a unha ave rapaz (miñato, milvus) que
abundaba moito neste accidente xeográfico.
Arrodeado dunha paisaxe impresionante, atopamos o antigo
faro e o Faro Vilán, inaugurado en 1896, primeiro faro
eléctrico de Europa. Neste edificio traballaban 6 fareiros,
incluído o maquinista e fogueiro. A torre é de sección
octogonal feita en granito. O foco sitúase a 25 metros do chan
sobre unha rocha a 80 metros sobre o mar.
IMEGA
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 27
Nesta guía podemos atopar información máis detallada sobre
este faro no apartado de elementos singulares.
6 Vilán de fora e Furna dos Infernos
Situado ao pé do cabo Vilán e o faro, é Zona de Especial
Protección das Aves, xa que neste illote aniñan algunhas
especies protexidas catalogadas pola Unión Europea e en
perigo de extinción. Aquí concéntranse a práctica totalidade
das colonias de Gaivota Tridáctila (Rissa tridactyla) e Arao
Común (Uria aalge) de España.
A Furna dos Infernos é unha cova situada fronte ao cantil Cabo
Vilán. Formada pola acción do mar e as fases evolutivas das
rochas. Na súa parte superior ten unha abertura na que se
forma un sifón debido ás ondas que rachan contra ela. Para
poder ollala, temos que observala dende a Pedrosa, xa no
camiño principal da ruta.
Nesta zona tamén é frecuente atopar a percebeiros
capturando percebes entre as rochas, compasando a súa labor
coas sacudidas das ondas. As confrarías de pescadores de
Camariñas e Camelle contan con agrupacións de percebeiros e
mariscadoras.
7 Enseada de Arneliña
É un accidente xeográfico costeiro resultado da erosión do
litoral sito entre Cabo Vilán e Punta Pedrosa. Dende esta
D. Alonso
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 28
enseada podemos gozar de paisaxes impresionantes e
fermosas vistas do faro, a praia de Baleas, Cabo do Tosto e
Punta do Boi.
8 Mámoa de Reira
As mámoas son monumentos funerarios do período
comprendido entre o Neolítico e a Idade de Bronce que se
caracterizan por presentar unha acumulación artificial de
terra e pedras erguidas sobre o enterramento e que poden
conter un dolmen no seu interior.
Queda pouco deste monumento funerario polo que é difícil de
distinguir na paisaxe, soe detectarse polo túmulo de pedras de
forma elíptica duns oito ou dez metros de diámetro por un de
alto.
Esta mámoa está sita fronte á praia de Balea en Reira,
próxima ao Foso dos Lobos. O túmulo presenta unha forma
irregular cuberto actualmente polos toxos e sitúase en liña ao
primeiro cabo que limita esta praia, a 40 metros da estrada
principal.
As dimensións dos seus eixes son 10 metros (N-S) e (E-W), o
túmulo presenta forma irregular probabelmente polo
desprazamento de terra debido aos procesos de erosión e
sedimentación influídos polo vento.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 29
9 Pedra do Oso
A zona litoral de Camariñas é coñecida polas figuras
zoomórficas que presentan as pedras graníticas. Son grandes
bloques en forma de cristas ou domo que na súa evolución
erosiva adquiriron formas que recordan a animais ou a partes
dos mesmos. Neste caso a forma é dun oso.
Esta é unha das pedras máis emblemáticas de Camariñas,
durante a catástrofe do naufraxio do Prestige, foi roubada da
súa localización natural. Afortunadamente logrouse recuperar,
aínda que dende ese ano a figura presenta danos nunha das
súas patas.
No catálogo de formas xeomorfolóxicas de Camariñas, feito
por Freire Boada e López Bedoya no 2005, aparecen máis de
18 figuras zoomórficas neste territorio.
10 Foso dos Lobos
É unha construción tradicional do século XVI que servía para
dar caza ao lobo. Na parte central construíase un profundo
foso ou pozo de pedras ao que chegaba a parte máis estreita
dun corredor de muros de granito en forma de V. A poboación
dunha comunidade provocaba a saída do animal polo corredor
até lograr a súa caída no foso. Empregaban fachuzos de lume,
ruídos e gritos para encamiñar ao animal polo corredor e
recluílo no pozo. Estas construcións eran moi comúns na
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 30
península ibérica, aínda que quedan poucas en localizacións
costeiras como é este caso.
11 Pedra dos namorados de Reira
Outra das formas máis emblemáticas entre as pedras da costa
de Camariñas. Estes bloques graníticos co efecto do aire, da
auga e do mar ao longo dos tempos, lograron unha forma que
semella dúas figuras humanas cos rostros de perfil bicándose
nos beizos.
Dende esta zona temos excelentes vistas ás praias de Reira
que se compoñen de tres areais (Area Longa, Balea e Reira)
nos que podemos atopar afeccionados ao surf.
12 Cabo Trece
Tamén chamado Cabo Tosto é unha lingua de rocha que
penetra no mar, formada por crebadura das rochas. Atopamos
a chamada: Punta do Boi neste Cabo, punta onde naufragou a
fragata inglesa Serpent en 1890, feito que provocou a
construción do Faro Vilán eléctrico.
13 Cemiterio dos ingleses
No Cabo de Tosto, no extremo occidental da praia do Trece,
sito en Porto do Trigo atopamos este singular cemiterio onde
están soterrados os restos dos mariñeiros e oficiais que
morreron no naufraxio do buque escola inglés The Serpent.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 31
O 10 de novembro de 1890 atopábanse os corpos das 172
vítimas deste naufraxio, moitas delas novos aprendices do
buque escola. Unicamente tres mariñeiros sobreviviron. Os
habitantes de Xaviña recolleron aos superviventes e soterraron
os cadáveres nun campo que dende entón se denominou
Cemiterio dos ingleses.
A autoridade eclesiástica consagrou o cemiterio e ordenou
delimitalo cun muro de pedra. The Lord Commisioner of the
Bristish Almiralty en agradecemento aos servizos prestados
agasallou cunha escopeta de caza ao cura de Xaviña que
participou nas tarefas de rescate e enterramentos, un reloxo
de ouro ao alcalde de Camariñas, Vicente Pérez, e un
barómetro para o Concello e os seus habitantes, que se
instalou na fachada dunha casa próxima ao porto e que a día
de hoxe podemos ver. Durante anos un barco de guerra
inglés rendía homenaxe ás vítimas deste naufraxio tirando as
salvas regradas e lanzando ás augas unha coroa de flores.
Aínda hoxe séguese realizando en Camariñas actos
conmemorativos deste feito.
Neste recinto tamén xacen as vítimas do naufraxio do buque
Iris.
En 2010 o Concello de Camariñas integrou este peculiar
cemiterio na Ruta Europea de Cemiterios
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 32
Singulares que está declarada pola Unión Europea como
Itinerario Cultural Europeo, onde máis de 40 cemiterios
europeos forman esta ruta, que ten o mesmo recoñecemento
que o Camiño de Santiago.
14 Praia do Trece
Esta praia forma un arco dende Cabo Veo até a punta
Rebentada, os fortes ventos do oeste acumulan espectaculares
depósitos de area sobre as inclinadas ladeiras. Caracterízase
polas súas grandes formacións dunares e a zona de xunqueiras.
Máis que dunas, a area forma placas eólicas que se manteñen
sobre as pendentes grazas á humidade e a unha flora moi
especializada. Esta cortorna é un espazo de enorme interese
medioambiental e xeomorfolóxico.
15 Monte Branco
O concepto de duna remontante fai referencia a un proceso de
evolución xeomorfolóxica de sedimentos eólicos costeiros. Son
dunas que descenden polas vertentes dos montes costeiros e
que acadan diferentes altitudes en función da cantidade de
sedimentos que teñen e da persistencia do factor eólico. Monte
Branco é, xunto cos exemplos de dunas da Enseada do Trece,
un elemento único de todo o norte peninsular.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 33
La autoridad eclesiástica consagró el cementerio y se
ordenó delimitarlo con un muro de piedra. The Lord
Commisioner of the Bristish Almiralty en agradecimiento a
los servicios prestados regaló una
escopeta de caza al cura de
Xaviña que participó en las tareas
de rescate y enterramientos, un
reloj de oro al alcalde de
Camariñas Vicente Pérez y un
barómetro para el ayuntamiento y sus habitantes, que se
instaló en la fachada de una casa próxima al puerto y que
aún hoy podemos ver. Durante años un barco de guerra
inglés rendía homenaje a las víctimas de este naufragio
tirando as salvas de reglamento y lanzando a las aguas una
corona de flores. Aún hoy sigue realizándose en Camariñas
actos conmemorativos de este hecho.
En este recinto también yacen las víctimas del naufragio del
buque Iris.
En 2010 el Ayuntamiento de Camariñas integró este
peculiar cementerio en la Ruta Europea de Cementerios
Singulares que está declarada por la Unión Europea
como Itinerario Cultural Europeo, donde más de 40
cementerios europeos forman esta ruta que tiene el
mismo reconocimiento que el Camino de Santiago.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 34
16 Miradoiro As Seixas
No derradeiro treito desta ruta, aventurámonos entre piñeirais,
na zona interior da península de Camariñas, o que nos permite
gozar dunhas vistas singulares sobre o Faro Vilán e a súa vez
sobre a ría de Camariñas.
Despois das turbinas eólicas pertencentes ao parque eólico de
Camariñas, atopámonos no Monte das Seixas, unha zona alta
onde podemos gozar coas vistas da zona atlántica e o Faro de
Camariñas até a Enseada da Basa que forma a entrada da ría.
17 Mourín e 18 Camariñas
Dende o miradoiro das Seixas, entramos en Camariñas
percorrendo a contorna das súas aldeas, batuxado de típicas
construcións agrogandeiras: peches de fincas executados en
albanelaría en seco con pedra da zona, hórreos, casas de
labranza, palleiros e cortes para animais.
Adentrarémonos na vila de Camariñas bordeando o núcleo
histórico até conectar de novo co punto de partida no Castelo
do Soberano, dende o que gozaremos de fermosas vistas
sobre a ría.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 35
RUTA COSTA DA MORTE
1 O Faro Vilán
O 10 de xullo de 1854 acendíase o faro de cuarta orde
instalado en Cabo Vilán, coñecido na actualidade como o Faro
Vello, e que se localiza a
poucos metros do actual Faro
Vilán. Inicialmente construíuse
para dous fareiros, pero dous
anos despois instálase un
equipo da fábrica francesa
Lotoumeau, con lámpada de
émbolo para aceite de oliva e
finalmente instálanse lámpadas
de parafina. O plano focal
deste faro era de 64 metros
sobre o nivel do mar, pero
deixaba as escuras zonas
perigosas desta costa, na que se produciron bastantes
naufraxios ao longo da historia. En 1897 finaliza o seu servizo.
Unha das zonas cegas que deixaba este faro era a Punta do
Boi e alí, 36 anos despois, prodúcese un dos naufraxios máis
dramáticos coñecido nestas costas. O 10 de novembro de
1890 o buque escola The Serpent deixa nestas augas 172
vítimas da Real Armada Inglesa, moitas delas mozos. A
preocupación de varios países pola seguridade na navegación
8
ELEMENTOS SINGULARES
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 36
fai forza para que se instale un faro de primeira categoría en
Camariñas.
En 1896 constrúese este novo faro de 25 metros de altura
sobre unha base de 125 m. sobre o nivel do mar. Cunha
lonxitude de luz de 40 m. de torre octogonal, construída en
canteira e cun edificio de dúas plantas para vivenda de fareiros
comunicadas por un pasadizo coa torre. É o primeiro faro
eléctrico de España e Europa.
En 1886 as obras de construción de Faro Vilán adxudícanse a
Vicente Bermúdez Rodríguez por 140.333 pesetas. O
proxecto de sistema electrónico deste faro corre a cargo dos
enxeñeiros Francisco Lizárraga e Adolfo Pequeño. É un
proxecto complexo, posto que a enerxía eléctrica ten que
producirse no mesmo lugar, manténdose inicialmente o
funcionamento con parafina. Así atopamos o recinto das
máquinas de vapor de doce cabalos de potencia, dous
magnetos, unha cisterna para a alimentación das máquinas,
lanternas de montantes, taller e carboeira, almacéns así como
unha fábrica de luz atendida por un cadro de persoal de até 6
traballadores (fogueiros, fareiros, maquinistas, etc.) con
residencia nas estancias do faro, tanto nas antigas como nas
novas.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 37
Para acceder á lanterna do
faro hai que subir unhas
escaleiras de 360 chanzos,
dende o alto divísase o perfil
costeiro dende Boi a
Touriñán. Esta lanterna posúe
unha óptica formada por
lentes de seixo pulidas e
contén no seu interior dúas
lámpadas de 3.000 vatios e
unha de reserva. A lámpada permanece fixa mentres a óptica
xira ao seu ao redor. A óptica xira mediante un mecanismo de
reloxería coñecido como peso motor. A secuencia de destelos
que emite este faro é de un destelo e dous cada quince
segundos e acada as 60 millas.
O radiofaro consta de dous paneis con reloxos de cristal de
seixo cun horario moi preciso. Emite unha sinal mediante uns
códigos. Con este sistema de comunicación Morse, facilítase
información concreta da situación aos navegantes. Emítese en
triangulación cos faros de Fisterra e Silleiro.
Na actualidade dentro do edificio podemos visitar o Centro de
Interpretación de Naufraxios, faros e sinais marítimas da Costa
da Morte. O centro está atendido por persoal financiado pola
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 38
Deputación de A Coruña, Asociación Neira e a Asociación de
Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.
Nel podemos atopar información sobre os naufraxios e os
faros, mediante vídeos, fotografías, paneis e pezas reais.
Finalmente, realízase unha simulación do percorrido polo
interior da torre do faro. Os contidos temáticos desenvólvense
en sete seccións: A Forza da natureza, Costa da Morte: mito e
realidade, Mar e naufraxios, Tipoloxía de faros, os faros na
costa da Morte e Faro Vilán.
Permanece aberto de luns a domingo de 11:00 a 14:00 e de
15:30 a 19:00. É recomendábel chamar por teléfono para
confirmar os horarios e actividades guiadas previstas (Tlfo.:
687 521 167 e 978 621 062). Na actualidade, hai un
ambicioso proxecto local para mellorar os servizos e dotar de
rutas guiadas así como de cafetería-bar a este edificio.
2. Historias de naufraxios
A Costa de Camariñas foi espectadora de numerosos
naufraxios ao longo da historia. Até un total de 148 naufraxios
con 533 vítimas foron contabilizados até 1975 por José Baña,
profesor da parroquia de Camelle de Camariñas, e autor do
libro Costa da Morte, historia e anecdotario dos seus
naufraxios.
Byvelibre
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 39
A Costa da Morte foi deficitaria respecto á sinalización marítima
até finais do século XIX. Este feito unido ás plataformas
rochosas semimergulladas, as fortes correntes, tempestades e
as néboas características desta costa e nun período histórico
de intenso tráfico marítimo, ao ser paso da ruta do imperio
británico, fixo desta zona, un punto negro respecto ás
catástrofes marítimas. O incremento destas a finais do século
XIX e primeiros do XX hai quen tamén o atribúe á introdución
do casco de ferro doce e aceiro nos barcos que producían
interferencias entre o campo magnético terrestre e o orixinado
no armazón do barco, que afectaban á agulla magnética do
compás. Este problema foi
resolto co emprego dos
compases xiroscópicos que non
quedan afectados polas liñas
magnéticas.
O século XX despediuse da
Costa da Morte co naufraxio do
buque "Casón", que ocasionou a alarma social e a evacuación
espontánea de gran parte da poboación deste territorio durante
unhas semanas. O século XXI comezou co naufraxio do
Prestige, que provocou a denominada marea branca de
voluntariado nacional, movemento solidario sen precedentes en
España.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 40
A costa atlántica de Camariñas conta con numerosos
incidentes de naufraxios. 78 naufraxios rexistrados até a
década dos anos 80 do século XX. Os puntos máis fatídicos
foron Arou, Cabo Vilán e Punta do Boi, seguido de Santa
Mariña e Camelle.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 41
Lugar de Camariñas Ano Buque Nacionalidade
buque Lugar de
Camariñas Ano Buque Nacionalidade buque
Aro
u
1870 "Wolfstrong"
Cab
o Vi
llano
1815 "Franlla" Francia
1875 "Revanchil" Inglaterra 1893 "Brigneti"
1875 "Perranchins" Francia 1917 "Hildur" Inglaterra
1885 "Huelva" Inglaterra 1917 "Avon Blancy" Inglaterra
1897 "Daylight" Inglaterra 1917 "Carlton" Inglaterra
1897 "City of Agra" Inglaterra 1921 "Black Arrow" Estados Unidos
1897 "Standard" Noruega 1922 "Delfina" Portugal
1898 "Saint Marc" Inglaterra 1923 "Luz" España
1902 "Signore Mazzini" Italia 1941 "Valle Hermoso" Portugal
1923 "Santa María" Portugal 1965 "Banora" Marruecos
1927 "Nil" Francia 1974 Dique flotante Francia
1950 "María Laar" Grecia 1975 "Yaga" Liberia
1951 "Castillo Monteagudo" España 1979 "Jasmine" Alemania
1973 "N'Noll-Zent" Francia
Sant
a M
ariñ
a
1898 "Barcelona" Alemania
Punt
a B
oi
1883 "Irish Hull" Inglaterra 1898 "Daylight" Inglaterra
1890 "H.M.S. Serpent" Inglaterra 1904 "Rosario núm. 2" Holanda
1890 "Tumbridge" Inglaterra 1911 "Trevider" Inglaterra
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 42
1893 "Tinacria" Inglaterra C
amel
le
1904 "Yeoman" Inglaterra
1906 "Prestan" Inglaterra 1915 "Natalia" España
1911 "Ciampa" Italia 1924 "Antón" España
1922 "Travessie" Inglaterra 1934 "Boris Screboldaef" Unión Soviética
1955 "Olimpye" Francia Camariñas 1908 "Rosario" España
1966 "Begoña" España 1943 "Nord Atlantic" Alemania
1972 Dique flotante Yugoslavia
Punta Cagada
1925 "San Fernando" España
Cabo Tosto
1876 "Duró" España 1935 "Alekos" Grecia
1895 "Seebold" España Isla Lobeira 1910 "María Segunda" España
Coenda 1773 "La Cantabria" España Punta Carnicería 1896 "Constancia" España
Punta Percebeira 1898 "Saint Weller" Inglaterra Trece 1917 "Cabo Verde" Portugal
Algúns dos naufraxios máis coñecidos acontecidos na zona
son:
En Camariñas, concretamente en Coenda, naufraga a fragata
Cantabria o 21 de febreiro de 1773 con 15 vítimas mortais.
Era un correo naval do Rei Carlos III que cubría a ruta A
Coruña- Bos Aires. Cóntase que se viu o cadáver do capitán
deste barco, Cosme Brinfas, aferrado ao temón nunha zona da
costa chamada Costa do Corno.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 43
O IIris Hull fundiuse o 5 de novembro de 1883 preto de Punta
do Boi nos baixos de Antón. Era un vapor británico con 38
persoas de tripulación que transportaba a súa carga dende o
porto de Cardiff de Inglaterra ata a India pola ruta de Xibraltar.
O temporal golpeou esta embarcación facendo imposíbel o
salvamento dos seus mariñeiros até o día seguinte no que o
tempo permitiu as tarefas de rescate. Soamente houbo un
supervivente. O resto foi atopado no mesmo lugar que as
vítimas do buque Serpent e que se coñece como o Cemiterio
dos Ingleses de Camariñas.
O naufraxio máis dramático polo número de mortos (172) foi o
buque escola inglés The Serpent acontecido o 10 de
novembro de 1890. A embarcación saíu de Plymouth o 8 de
novembro en dirección a Serra Leona (África) e bateu debido a
unha tremenda tempestade en Punta do Boi, partíndose en
dous e embarrancando nos arrecifes do Boi chamado hoxe
Baixo do Serpent.
Este acontecemento incentivou a construción do Faro Vilán de
primeira categoría e con enerxía eléctrica. Ademais do
Cemiterio dos Ingleses, podemos atopar unha placa
conmemorativa deste suceso no histórico xardín de San
Carlos, en A Coruña, outra no monte Lobeira da ría de Arousa
e o mascarón de proa, unha cabeza tallada en madeira
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 44
chamada "O Barbudo", en Corcubión, propiedade do Dr.
Fancisco de Ramón y Ballesteros.
O TTinacria embarrancou a noite do 7 de febreiro de 1893 nos
baixos de Lucín, entre Cabo Trece e as Baleas de Tosto. Era
un vapor inglés con traxecto Glasgow-Liborno vía Xibraltar e
Xénova. A súa carga era de ladrillos, carbón, ferro e cera. Só
sobreviviron 4 persoas dos 33 tripulantes máis 4 pasaxeiras.
O barco quedou feito unha maraña aprisionado nunha cova da
costa, recollendo a poboación os restos dos corpos que
sepultaban nas praias onde aparecían. Ante a imposibilidade
de rescatar os restos que quedaban no buque e de arrastrarlo
barco, decidiuse prenderlle lume con petróleo. A cova é
coñecida dende entón como Furna dos Defuntos Queimados.
A brickbarca italiana BBrigneti viña facendo augas debido o seu
deficiente casco, e naufragou na enseada de Arneliña nun
temporal o 17 de febreiro de 1893. Grazas a súa proximidade
á terra logrou salvar a toda a tripulación (11 persoas) en botes
salvavidas. Todos os superviventes foros atendidos e aloxados
en Camariñas.
Aínda hoxe se pode observar debaixo da auga de Arneliña, a
estampa da áncora envolta en algas, Lithophyllum incrustans,
deste barco que transportaba carbón para o país de Serra
Leona.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 45
O barco inglés CCity of Agra saíu de Liverpool en 1897 cara a
Calcuta e, debido aos densos bancos de néboa, perdeu o
rumbo a unhas 35 millas da Coruña. Un forte temporal
embarrancouno nos Baixos de Canesudo, entre Camelle e
Arou, partindo o barco en dous. Neste mesmo punto xa tiñan
sufrido a mesma sorte os barcos da mesma nacionalidade
(Wolfstrong e Revanchil).
A maioría dos efectivos eran mariñeiros hindús non
experimentados que saltaron aos botes salvavidas desoíndo as
ordes do capitán. Os mariñeiros que quedaron na embarcación
subíronse todos ao mastro provocando a rotura deste e a caída
ao mar. Agarrados aos troncos chegaron até a costa e
salvaron a vida tres pasaxeiros, unha camareira, algúns oficiais,
o terceiro de abordo e o maquinista. Os pescadores de
Camelle lograron rescatar a 32 persoas. Morrendo finalmente
29 homes. O que segue sendo unha incógnita é o paradoiro
do bote salvavidas no que estaba o capitán e nove hindús, xa
que non apareceron nin ningún barco notificou o seu rescate.
O consulado inglés trasladou aos superviventes á Coruña,
aloxando en Casa Diego da praza Santa Catalina aos
británicos, e en Casa Cosme na rúa Nova, aos hindús.
O barco español SSeebold partiu de Rouan a Alicante o 5 de
xaneiro de 1895 cunha carga de pipas e toneis baleiros. Foi
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 46
sorteando temporais durante a súa traxectoria até que o 15 de
xaneiro chocou cos baixos de Baleas de Tosto
desprendéndose a hélice e o eixe e abríndose unha vía de
auga que provocou o afundimento definitivo do barco. En dous
botes saíron todos os membros da tripulación. 12 deles co
primeiro oficial Everardo Aguerri e os 10 restantes co capitán
Julián Marchín.
Ambos botes foron rescatados polo barco galego Cabo Prior
unhas horas despois do naufraxio. Toda a tripulación foi
desprazada e aloxada na Coruña. Sen embargo, o Cabo Prior,
tamén sufriu o 28 de setembro de 1899 a súa propia
desaparición por naufraxio na costa portuguesa, nesta ocasión
tamén sen perdas humanas.
O vapor alemán BBarcelona naufragou pola néboa e pouca
visibilidade o 27 de xullo 1898 contra os Baixos do Capelo na
entrada do porto de Santa Mariña. Facía un traxecto
Hamburgo- Málaga cun cargamento de viño, pipas e barrís
baleiros ademais das dúas únicas pasaxeiras: unha institutriz
alemá e unha cantante de flamenco.
As viaxeiras e as 32 persoas da tripulación abandonaron o
barco en botes salvavidas mentres o barco rompía pola metade
e afundíase progresivamente. Os mariñeiros de Santa Mariña
atopáronse cos botes e guiáronos até Camelle, onde estaba o
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 47
vapor de Pepe, pertencente a mesma empresa de salvamento:
Barbeito e Cía. Alí foron trasladados até A Coruña, menos o
primeiro e terceiro oficial que quedaron en Camelle á espera
das instrucións do seu capitán Mahlamnn despois de falar co
cónsul alemán na Coruña.
As pasaxeiras foron embarcadas no vapor Carmen dende A
Coruña a Málaga. Minna Schulz era a institutriz encargada do
coidado dos fillos dun industrial alemán residente en San
Pedro de Alcántara e Dolores Avilés era o nome da famosa
cantante rondeña que volvía a súa Málaga natal.
A valiosa carga de viño foi aparecendo durante todo o verán de
1898 dende os Baixos de Capelo até o areal de Lobeiras e foi
recollido e degustado pola veciñanza de Camariñas.
No punto costeiro As Pías, preto do denominado Corno do
Vilán naufraga o 9 de agosto de 1921 o BBlack Arrow, barco
incautado polos Estados Unidos a Alemaña na I Guerra
Mundial e que navegaba con bandeira estadounidense na ruta
A Habana-Bilbao con 630 toneladas de carga, 53 pasaxeiros
e 113 tripulantes.
O mar estaba en calma, aínda que unha densa néboa foi a
causante deste naufraxio. Grazas ao bo estado do mar, a
evacuación humana foi doada e logrouse facer os amaños
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 48
precisos á embarcación para que puidese volver a navegar o
día 30 de agosto cara a Ferrol para a súa definitiva reparación.
O NNil é un dos naufraxios máis coñecidos en Camariñas.
Aconteceu na enseada de Xan Ferreiro en Arou. Existe unha
obra teatral "Os Berros do Siléncio" do autor local Bernardino
Castiñeiras na que un dos protagonistas é un mariñeiro desta
embarcación que afundiu o mes de outubro de 1927.
Afortunadamente, as condicións do mar permitiron unha rápida
intervención de salvamento na praia de Arou, quedando a salvo
os 19 compoñentes da súa tripulación. Era un vapor de 4.000
toneladas con traxecto dende o porto francés de Bordeaux a
Banjul en Gambia. A súa carga era de 20 coches, maquinaria,
tecidos, seda, produtos químicos-farmacéuticos e champaña
francés.
Os traballos de salvamento da carga duraron varios meses. O
illamento desta zona e a precariedade na que se sobrevivía
facían do saqueo e o roubo das mercancías e embarcacións
naufragadas unha fonte de ingresos para a supervivencia de
moitas familias. Os incidentes de roubos e saqueos da
mercancía rescatada ou aínda instalada no mesmo barco
custodiado polo seu capitán, son parte da lenda negra da zona
e dos relatos que se contan en Camariñas. Ademais das
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 49
anécdotas sobre os artigos que a marea depositaba nas praias
e que os veciños do lugar recollían.
Unha das anécdotas máis coñecidas é a de que se atoparon
latas de pintura branca do Nil e a xente de Camelle e Arou
pintou as súas casas co contido, sorprendéndose da cantidade
de insectos que atraía. Aquelas latas non eran de pintura se
non de leite condensada, produto absolutamente descoñecido
naquela época nestas zonas. Tamén se lembra na zona, a
cantidade de botellas de champaña francés que beberon os
habitantes nesa época, bebida transportada tamén polo Nill
para os colonos africanos.
O barco BBanora con 1.600 toneladas de laranxas tivo unha vía
de entrada de auga no seu casco á altura de Fisterra e
finalmente fundiuse o 18 de novembro de 1965 en Vilán.
O 5 de agosto de 1943 en Ponte do Porto, na Punta
Chorente e no areal de Punta Espiñeirido, foi onde o petroleiro
alemán NNord Atlantic estivo escondéndose da persecución da
aviación aliada. Coas súas 9.897 toneladas bateu coas
Quebrantas do Medio anegando a ría de toneladas de petróleo.
O mercante español DDauka era xunto co Danok, dous barcos
xemelgos pertencentes á navieira bilbaína Shipping. Facían
viaxes de Bremen a Alxeciras coa carga de aceiro para laminar
na cidade inglesa.
PPR 158 Co s t a d a M o r t e Camariñas (A Coruña)
Costa da Morte- Galicia- España. www.camarinas.net 50
O 6 de agosto de 1984 a cinco quilómetros de Cabo Vilán e
debido á espesa néboa, bate co barco frigorífico polaco
Harmattn. Morreron 13 persoas e houbo soamente un
supervivente, o mariñeiro Ramón Cambeiro, que foi rescatado
polo buque polaco. Este mesmo mariñeiro, fora da Costa da
Morte, sufriu outro naufraxio tres anos despois co barco Baitin,
onde soamente sobreviviron seis persoas e este mariñeiro.
PPR 158 R u t a C o s t a d a Mo r t e Camariñas (A Coruña)
Este itinerario situado no
Concello de Camariñas (A
Coruña), comeza e remata na capital do municipio,
coñecido pola confección
artesanal do Encaixe de palillos
e polo seu espectacular faro situado en Cabo
Vilán.
Esta ruta faranos gozar dunha paisaxe costeira practicamente virxe, salpicada de construcións civís e etnográficas ademais de sorprendentes esculturas pétreas. Este sendeiro comparte parte do seu percorrido coa Ruta Litoral de Camariñas.
X.Búa
Top Related