Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09
¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) foi un dramaturgo e guionista vencellado familiarmente á parroquia de Cereixo (Vimianzo), onde está soterrado.Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). A estrea desta peza -da que se cumpría o 30º aniversario no 2008- supuxo o inicio da actividade teatral en Galicia con carácter profesional. Coincidindo con este aniversario, o ENDL do IES Terra de Soneira decidiu dedicar o curso académico 2008-2009 a lembrar a súa figura.
Actividade de inicio:
Presentación do autor á
comunidade educativaAcompañando o
Calendario 2009, toda a comunidade
educativa do IES Terra de Soneira recibiu de
agasallo un marcapáxinas
conmemorativo do 30 aniversario da estrea
d’O Velorio.
Elaboración de paneis informativos sobre a vida e a obra do autor, así como sobre o teatro galego da súa época
Estes paneis foron elaborados polo alumnado de 4º da ESO e expostos nos corredores do centro durante o mes de maio, para seren visitados .
A seguir, imaxes da mostra…
Máis imaxes da mostra
Conferencia de Xurxo TaxesTamén no mes de maio, Xurxo Taxes –fillo do autor e autor da edición da súa obra teatral, visitou o noso centro, acompañado da súa irma e da súa tía, para ter en encontro co alumnado de 1º de Bacharelato a propósito da obra de seu pai.
Ofrenda floral no cemiterio de Cereixo
Algúns momento do acto…Depositando o ramo.. Escoitando o representante
do Concello de Vimianzo…
Pequena bibliografíaAdemais d’O Velorio (1978), que permaneceu inédita ata que foi incluída na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, Francisco Taxes tamén é autor de Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e, xa postumamente, Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).
Top Related