COLECTIVA. Subcategoría fotografía / audiovisual Libro inmersión no monte – 2º ESO IES do Castro - Vigo
É unha paisaxe do paseo do río Rato en Lugo. Esta imaxe foi tomada na primavera.
Na imaxe podemos apreciar a cor verde da herba e as árbores con follas.
Ó fondo da imaxe vese un precioso bosque con todo tipo de especies de árbores.
Na miña foto podemos ver as tres vertentes de riqueza forestal.
Dende o punto de vista ambiental: podemos ver unha paisaxe donde viven bastantes animais e vexetais.
Dende o punto de vista social: pódense facer paseos para relaxarse.
Dende o punto de vista económico: ó fondo podemos apreciar un bosque donde se poden talar as árbores para vendelos e repoboalos con outras árbores.
Un millón de mortos reciclados. Libro con produtos esenciais do monte, a auga simboliza o ciclo hidrolóxico, o bote baleiro como pulmón da terra, despois temos cogomelos, froitos, plantas medicinais… e mesmo paisaxe.
Explicación: Esta foto da Férveda de Rus reflicte as tres vertentes da riqueza forestal. O valor económico que representan non soamente as árbores que nela aparecen, e memo o toxo (biomasa forestal) senón tamén a enerxía hidraúlica producida pola férveda, ademáis da riqueza da pesca fluvial. O valor social é evidente, basta con fixarnos no banco que aparece á esquerda: trátase dun lugar bastante frecuentado non só polos lugareños, no seu tempo de lecer, para pescar, etc; senón tamén por moitos foráneos que acuden a contemplar esta marabillosa paraxe. Moi preto deste lugar, celébrase, ademáis, a romaría de Sta. Eufemia. E finalmente a vertente ambiental representada polas árbores, as especies animais, a riqueza fluvial... Proposta de mellora. Observando a instantánea, percibimos ca súa beleza vese diminuída polo seu “abandono”: existe bastante maleza que ademáis de afear o lugar e facelo intransitable nalgunhas zonas, supón unha grave ameaza para estas especies- non só para as forestais. Por iso consideramos que debería esixirse a limpeza destes montes e propoñemos tamén que se elaboren pontes- coas polas caídas das árbores- para pasar dun lado ao outro do río sen ter que percorrer longas distancias.
Top Related