GANAPÁN 2ºA
VISITA AO MERCADO DE ABASTOS9 DE XUÑO DE 2017
As nenas e nenos de 2º A visitamos o mercado municipalde abastos de Pontevedra. Fomos o venres 9 de xuño de2017 acompañados pola nosa profesora Lidia. Alí recibiunosRuth e Luis, os monitores que nos explicaron os postos domercado: as florerías, as pescaderías, unha carnicería, afroitería e un ultramarinos especializado en queixos. Ah! Etamén nos levaron a un sitio “misterioso”: as cámarasfrigoríficas.
Despois fomos ao Ganapán onde nos tiñan preparados unspeixiños de papel para colorear e un petisco con paté demexillón.
Antes de volver ao colexio, agasalláronnos cunha piruletae un globo.Foron moi amables e dámoslle as grazas a todos e todas.
Chegamos ao mercado e alí esperábannos Ruth e Luis
Empezamos a visita na carnicería de Macario
Macario leva toda a vida traballando coa carne de porco, de tenreira e de polo
Despois fomos saber das flores ao posto de Clara
Rosas, caraveis, semprevivas, milenrama, gladiolos, margaridas…
Estas son as milenrama
De seguido leváronnos coñecer os peixes, mariscos e moluscos.
Aquí foi Luis o que tomou a palabra cos bogavantes
Cigalas
Centolas
Explicounos que as centolas durmen unhas enriba das outrasformando columnas.
Nécoras
Mexillóns
E os percebes. Agora sabemos porque son tan carísimos
Os peixes
Pescadas
Unha raia
Rapantes
Rape
Linguado
Xureliños
Bacalaos
Por aquí leváronnos ao sitio secreto do mercado…
As cámaras frigoríficas onde gardan as MERCADORÍAS
Vimos a pequena lonxa onde subastan o peixe para vendelo
No primeiro andar está a froita e a verdura
Ruth ensinounos case todo e descubrimos que hai moi´tos tipos de tomates
Tomate do país
Tomate en rama
Tomate rosa
Porros
Repolos
Brécol
Chícharos… e moitas froitas e verduras máis
E por último fomos ver o posto de queixos.
E descubrimos que en Galicia hai moitos tipos de queixo
Uf!!! Canto vimos. E agora…
Decoramos un peixiño
E comemos paté de mexillón
Algúns quixemos repetir
Ao final, foto de todos e todas.
Top Related