Guía deNovas Tecnoloxías
para Artesáns
Guíade novas
tecnoloxíaspara artesáns
4
Edita:
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
© Asociación Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa 38 · 15009 A Coruña
T 981 293 688 · F 981 133 569
todolos dereitos reservados
Realización técnica:
Oficio y arte, Organización de los Artesanos de España
www.oficioyarte.org
Textos:
Pablo Blanco
Tradución ó galego:
Isabel Cornes Rios
Deseño e maquetación:
Iván Alonso · www.ivanalonso.com
5
As novas tecnoloxías, tamén chamadas TICs (tecnoloxías da
información e a comunicación) son responsables de enormes
cambios na nosa forma de vivir e, moi especialmente, no
mundo empresarial e comercial. O seu uso adecuado é hoxe
un factor determinante de competitividade.
Non obstante, as TICs aínda se presentan excesivamente
complexas para moitos traballadores e pequenos empresa-
rios, especialmente no que se refire á nova linguaxe técnica.
Esta realidade supón un obstáculo para a súa implantación
nos talleres artesáns, onde a utilización das TIC ten un grande
potencial e promete interesantes oportunidades.
Esta Guía “traduce” e ordena o vocabulario informático, os
novos conceptos e siglas, procurando facelos comprensibles.
Trátase dunha guía de iniciación que serve de porta de entra-
da ó mundo das novas tecnoloxías para usuarios que come-
zan ou para os que aínda teñen algunha dúbida.
introdución
7
os equiposordenador . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9
impresora . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23
escáner . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29
cámara dixital . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33
soportes de almacenamento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43
programas e ficheirosprogramas informáticos de uso xeral . . . . . . . . . . . . . . . . . . 51
programas informáticos especializados para artesáns . . . . 61
formatos de arquivos (pdfs, jpgs, tiffs, .doc, etc ). . . . . . . . 67
formatos de fotografía dixital . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 75
internetinternet, o correo electrónico e a web . . . . . . . . . . . . . . . . . 83
tipos de conexión . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 93
banca electrónica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 103
comercio electrónico . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 109
a túa presenza en internetdominios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 119
aloxamento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 123
deseño web . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 129
índice
9
ordenadorÉ o dispositivo central, o "corazón" desde o quese controla e xestiona todo o relacionado coasnovas tecnoloxías.
os equipos
10
A modo de exemplos, o ordenador permítenos:
· escribir documentos: cartas, orzamentos, facturas, etc.
· deseñar unha tarxeta ou folleto.
· levar a administración e xestión do taller.
· almacenar, modificar e imprimir fotos dixitais.
· consultar a conta bancaria, facer transferencias, etc.
· conectarse a Internet para recibir e enviar correos electróni-
cos a clientes e amigos ou para visitar páxinas web de pro-
vedores ou de temas de interese.
Os compoñentes básicos do ordenador son: unidade central,
teclado, rato e monitor.
A unidade central, tamén chamada "torre" ou "CPU", contén
todos os compoñentes electrónicos que fan que o ordenador
funcione: placa base, fonte de alimentación, microprocesa-
dor, memoria, disco duro, tarxeta gráfica, tarxeta de son, etc.
Teclado, é un dispositivo para a entrada manual de datos ó
ordenador ou desde o que se lle proporcionan diferentes ordes.
Rato, é o instrumento co que lle indicamos ó ordenador o
que queremos facer e desde o que manexamos de forma áxil
os programas que dispoñen de presentación gráfica na pan-
talla.
A pantalla ou monitor, é o dispositivo que amosa a informa-
ción que produce o ordenador.
Algúns ordenadores como o iMac de Apple teñen integradas
a unidade central e a pantalla no mesmo volume. Nos portá-
tiles, tamén van incorporados o teclado e un rato "táctil".
unidade centralA capacidade e calidade dos ordenadores están definidas por
unha serie de parámetros asociados ós compoñentes que
integran a unidade central:
�� ordenador persoal
�� Apple iMac (integrado)
11
procesadorÉ o "cerebro" do ordenador que se encarga de executar as
instrucións e procesar os datos que son necesarios para que
os programas funcionen. A súa velocidade mídese en
Xigahertzios (XHz), unha medida de frecuencia que, no caso
dos ordenadores, mide a cantidade de operacións que o
procesador pode realizar nun segundo. O prefixo Xiga signi-
fica mil millóns polo que un equipo cun procesador de 1,8
XHz realizará 1.800 millóns de operacións elementais por
segundo.
O procesador máis coñecido é o Pentium® pero existen
outros como Celeron, Xeon, todos da empresa Intel ou Athlon
e Duron da compañía AMD®.
memoria RAMÉ o dispositivo onde o ordenador garda temporalmente os
datos que está utilizando en cada momento. É unha memoria
construída a base de circuítos electrónicos e "volátil" pois só
funciona mentres o ordenador está aceso.
Mídese en Megas (MB). Hai distintos tipos de RAM; a diferen-
za está na velocidade coa que gardan e envían datos, e en
función desta velocidade varía o seu prezo.
Canta máis memoria RAM teña un equipo, máis programas
poderá ter abertos ó mesmo tempo, e máis axilmente funcio-
nará. Pódese ampliar de forma moi sinxela, aínda que é acon-
sellable informarse sobre a cantidade máxima de RAM que
admite o equipo.
disco duroÉ o dispositivo no que se almacenan de forma duradeira os
datos e os programas dentro do ordenador: sistema operati-
vo, programas e arquivos (cartas, facturas, debuxos, fotogra-
fías, etc.).
os equipos ordenador
�� procesador Intel Pentium®
�� módulo de memoria RAM
Na actualidade, amaioría dos equiposveñen equipados polomenos con 512 MB.
12
A súa capacidade mídese en Xigas (Xb.); na actualidade prac-
ticamente todos os equipos veñen cun mínimo de 160 GB.
pero pódense instalar discos de maior capacidade, superando
os 300 Xb. Outra característica é a velocidade de rotación,
sendo na actualidade o máis habitual 7.200 rpm (revolucións
por minuto); canto maior sexa a velocidade de rotación, máis
rápida será a transferencia de datos.
disqueteiraA unidade de disco intercambiable ou "disqueteira" é o dispo-
sitivo que permite a lectura e gravación de discos de 3,5", os
populares disquetes, que poden almacenar 1,44 MB. de
datos. O seu uso é cada vez menor debido á popularidade e
baixo custo dos CDs (onde podemos gravar ata 700 MB.),
polo que algúns fabricantes de ordenadores xa non ofrecen
este dispositivo como opción.
Ó igual que os discos duros son "discos magnéticos", pero
flexibles, de material plástico en vez de metálicos.
lectores gravadores de CD ou DVDSon dispositivos que serven para ler o contido de CDs ou
DVDs ou gravar datos en discos virxes. Existen dispositivos
lectores e dispositivos lectores/gravadores; segundo o forma-
to de disco que acepten poden selo de CD (discos compac-
tos, con capacidade ata 80 minutos de música ou 700 MB de
datos), de DVD (discos compactos con capacidade de 120
minutos de vídeo aproximadamente ou 4,7 GB de datos) ou
mixtos (unidades denominadas "combo" ou "súper drive" que
normalmente len CDs e DVDs e gravan CDs).
Con diferenza dos discos duros e os disquetes, os discos com-
pactos escríbense e len por procedementos ópticos mediante
un faz láser.
Os discos compactos máis comúns poden escribirse unha soa
vez (recoñécense xeralmente como CD-R, DVD-R ou DVD+R,
onde o sufixo R fai referencia a unha soa gravación). Existen
tamén discos compactos especiais que poden gravarse máis
�� unidade de disco duro
�� disqueteira
�� unidades de CD e DVD
13
de unha vez (denominados CD-RW, DVD-RW ou DVD+RW,
onde o sufixo RW fai referencia á capacidade de gravar múlti-
ples veces neles).
Unha característica fundamental destes dispositivos é a velo-
cidade de lectura e gravación, que se expresa normalmente
da seguinte forma: 16x8x12x, onde 16x representa a veloci-
dade de lectura, 8x a velocidade de regravación (gravar
sobre un CD especial previamente gravado) e 12x a veloci-
dade de gravación dun CD virxe. Isto quere dicir que un CD
de música de 1 hora de duración tardaría uns 5 minutos en
gravarse nun dispositivo con esas características. Na actuali-
dade existen dispositivos que ofrecen velocidades de
52x32x52x; utilizando esta gravadora, o mesmo CD tardaría
pouco máis de 1 minuto en gravarse. Un dispositivo de
disco compacto que só permita a lectura de discos clasifica-
rase obviamente cun único valor de velocidade, por exem-
plo 48x.
O significado da "x" non é o mesmo nos dispositivos para CD
e nos DVD; a velocidade 1x referida a un DVD equivale a 9x
a velocidade nun CD.
tarxeta gráfica ou de vídeoEste dispositivo permite ó ordenador xerar as imaxes que se
mostran na pantalla. As súas prestacións dependen basicamen-
te da cantidade de puntos e cores que é capaz de mostrar e
da cantidade de memoria que dispón. Canta máis calidade
teña a tarxeta, máis rapidamente realizará o refresco de panta-
lla (cambios das imaxes na pantalla) e será capaz de xerar ima-
xes de maior precisión e detalle.
As tarxetas máis potentes son aconsellables cando se utilizan
programas de retoque fotográfico ou deseño gráfico, especial-
mente en 3D (tres dimensións).
tarxeta de sonÉ o dispositivo que permite ó ordenador xerar e gravar sons.
Só se se é un apaixonado da música e se lle dá importancia á
os equipos ordenador
�� unidade de CD/DVD
�� tarxeta gráfica
Unha característicafundamental dos
dispositivos CD/DVDé a velocidade de
lectura e gravación.
14
calidade do son do ordenador, merece a pena adquirir unha
tarxeta de maior calidade.
módemÉ o dispositivo que utiliza o ordenador para enviar e recibir
información a través da liña telefónica. Permite a conexión a
Internet ou enviar e recibir faxes desde o ordenador. A súa
velocidade mídese en quilo bits por segundo (Kbps). Na
actualidade case todos os equipos incorporan un módem de
56 K (55.600 bps).
tarxeta de redeÉ o dispositivo que permite conectar varios ordenadores entre
si formando unha "rede". Tamén se utiliza para conectarse a
Internet mediante ADSL ou cable, un tipo de conexións
moito máis rápidas cás que se realizan a través do módem. A
súa velocidade mídese en mega bits por segundo (Mbps),
sendo as velocidades máis habituais de 10 e 100 Mbps.
Nalgúns casos poden ser sen fíos (non necesitan cables para
conectarse entre si).
portos e conexiónsSon os "enchufes" que ten o ordenador para conectar outros
dispositivos ou "periféricos": teclado, rato, impresora, escáner,
cámara dixital, cámara de vídeo, gravador externo de CDs ou
DVDs, etc.
Os ordenadores máis antigos utilizaban conexións tipo serie,
paralelo ou SCSI, pero na actualidade practicamente todos os
periféricos utilizan portos USB ou Fire Wire (tamén chamado
IEEE-1394 ou iLink).
As conexións USB son as máis populares actualmente. Existen
dous tipos de conexión USB, a USB 1.1 e a USB 2.0. Os
conectores son exactamente iguais, pero a USB 2.0 é 40
veces máis rápida. Se nas especificacións do ordenador, se
indica USB a secas, trátase dun porto USB 1.1. Acontece o
mesmo co porto FireWire, primeiro desenvolveuse o FireWire
�� conexións posteriores
15
400 e recentemente o FireWire 800, máis rápido có anterior;
os conectores son tamén idénticos. Se non se indica explicita-
mente, o porto será un FireWire 400. As velocidades nomi-
nais dun porto USB 2.0 e dun FireWire 400 son practicamen-
te equivalentes.
A conexión USB 1.1 utilízase para conectar dispositivos máis
lentos ou que non transmiten gran cantidade de información:
teclado, rato, impresoras e escáneres domésticos ou cámaras
de fotografía dixitais.
A conexión FireWire é máis custosa, pero moito máis rápida
polo que se utiliza para periféricos como impresoras e escáne-
res profesionais, cámaras de vídeo dixital, gravadoras de CDs
e DVDs ou discos duros externos.
Normalmente estas conexións están na parte posterior do
ordenador, pero os ordenadores máis modernos inclúen algun-
ha na frontal, para facilitar a conexión dos periféricos.
Tamén existen dous tipos de portos "sen fíos" que transmiten
a información sen cables: Infravermellos e Bluetooth (ondas).
Este tipo de portos son usados polos teclados, ratos e impre-
soras e son moi utilizados polos teléfonos móbiles e axendas
persoais.
teclado e ratoQuédanos por falar do teclado, o rato e a pantalla, que son
os compoñentes do ordenador cos que estamos en contacto
a diario e dunha forma física e real.
tecladoO teclado é un dispositivo ó que non se lle adoita prestar
mucha atención optando habitualmente por modelos bara-
tos, pero co que non obstante interactuamos a diario e de
forma moitas veces intensiva, polo que merece a pena prestar
un pouco de atención ás súas características, pois da súa cali-
dade vai depender a velocidade de escritura, a axilidade coa
os equipos ordenador
os ordenadores máismodernos inclúen algúnporto na frontal, parafacilitar a conexión dos
periféricos.
Entrada audio
Saída audio
Conexión ó monitor
Porto USB
Porto FireWire
Porto Módem
Conexión Ethernet
�� teclado e rato
16
que manexemos os programas e o cansanzo que produce o
traballo co ordenador.
En función do mecanismo que empregan as teclas, existen
dous tipos: mecánicos e de membrana. Os mecánicos utilizan
un resorte debaixo de cada tecla que é o que se encarga de
devolvela á súa posición despois de cada pulsación, os de
membrana, sustitúeno por unha capa de goma. Os teclados
mecánicos resultan máis agradables para o uso intensivo,
pero son máis custosos; na actualidade a maioría de fabrican-
tes decántase polos de membrana.
Dependendo do tipo de conexión, podemos distinguir entre
teclados PS/2 e USB; estes últimos teñen a vantaxe (como
todos os dispositivos USB) de que se poden conectar e desco-
nectar "en quente", sen necesidade de apagar o ordenador (ó
contrario do que ocorre con outras conexións, para o que
cómpre manter o ordenador apagado). Ademais os máis
modernos inclúen tamén unha ou máis conexións USB á que
podemos conectar outro dispositivo como o rato, cámara
dixital, lector de tarxetas de memoria, etc.
Na actualidade existen teclados moi sofisticados, con deseños
ergonómicos e desde os que podemos realizar, con só tocar
unha tecla, multitude de funcións, principalmente relaciona-
das con Internet e coas capacidades multimedia do ordena-
dor. Enténdese por multimedia, a capacidade de procesar
son, animacións e vídeo.
Existen tamén teclados sen fíos, sen cables, que ofrecen
maior comodidade ó usuario. Os primeiros modelos utiliza-
ban infravermellos para establecer a comunicación coa unida-
de central, pero na actualidade o habitual é que se comuni-
quen mediante ondas de radio frecuencia o que aumenta a
mobilidade.
ratoO rato é, xunto co teclado, o dispositivo ou periférico que
máis se usa, polo que é conveniente elixir un de calidade co
que nos atopemos cómodos.
�� conexión USB
�� teclado ergonómico
�� conexión PS/2
17
A maioría ten dous botóns e unha roda central. Os botóns
permiten activar diversas funcións dependendo de cal pulse-
mos (esquerdo ou dereito) e de onde estea situado o puntei-
ro (frecha que aparece na pantalla e que segue o movemento
que realicemos co rato).
A roda serve para desprazarse verticalmente polo documento
co que esteamos traballando e é especialmente útil cando
usamos procesadores de texto ou navegamos por longas
páxinas de Internet.
Hai modelos con máis botóns que podemos programar para
realizar multitude de funcións dependendo do programa que
esteamos utilizando.
En función do mecanismo de funcionamento do rato distin-
guimos entre:
Mecánico: Utiliza unha bóla recuberta de goma que debido
ó seu xiro induce o movemento do punteiro mediante un sis-
tema electrónico. O seu maior defecto é que acumula sucida-
de que impide un funcionamento axeitado e preciso, polo
que debemos desmontalo e limpalo con frecuencia.
Óptico: Sustitúe a bóla por un sistema opto-electrónico bas-
tante máis preciso e que non acumula sucidade.
Dependendo de como se conectan ó ordenador distingui-
mos, como para os teclados, entre PS/2 (conector redondo)
ou USB (conector plano). Existen ratos sen fíos (tanto mecá-
nicos como ópticos) que proporcionan maior autonomía e
comodidade de traballo pero, como contrapartida, utilizan
pequenas pilas que debemos cambiar periodicamente.
monitorA pantalla ou monitor é unha parte moi importante do orde-
nador, pois é a que de forma máis directa interactuará con
nós. Cun monitor pequeno ou de baixa calidade os nosos
ollos sufrirán de forma innecesaria.
os equipos ordenador
�� rato con cable, roda e 2 botóns
�� rato sen fíos multifunción
Existen ratos eteclados sen cables
que proporcionan maior comodidade de traballo.
18
As características que definen un monitor son:
Tipo de pantalla: Existen dous tipos de monitores: os tradi-
cionais CRT ou de tubo de raios catódicos (similares ós da
televisión) e os máis modernos de cristal líquido ou LCD, que
se dividen en Matriz Pasiva ou Activa. Este último denomína-
se TFT e é o máis popular. Os monitores planos foron abara-
tando o seu prezo e impoñéndose pouco a pouco debido ás
vantaxes que presentan sobre os CRT:
• Menor tamaño
• Menor peso
• Menor consumo eléctrico
• Imaxe sen distorsión nas esquinas
• Maior claridade do píxel
• Menor radiación electromagnética
Tamaño: mídese en pulgadas e refírese ó tamaño da diago-
nal da pantalla. Os máis habituais son 15 e 17 pero existen
monitores para uso profesional de 19, 20, 21 ou incluso
maiores. Se unha pulgada equivale a 2,54 cm, una pantalla
de 17" (pulgadas) terá un tamaño de 17 x 2,54 = 43,18 cm
de diagonal.
Resolución: refírese á cantidade de píxeles (puntos) que
pode mostrar a pantalla (adóitase indicar a maior que soporta
o monitor); exprésase en horizontal por vertical, por exem-
plo: 800x600, 1024x768, 1280x1024, 1600x1280 píxeles. O
píxel, do inglés "picture element" (elemento da imaxe) é a
menor unidade na que se descompón unha imaxe dixital, xa
sexa unha fotografía, un fotograma de vídeo ou un gráfico.
Frecuencia de varrido ou frecuencia de refresco vertical;
mídese en Hertzios e é o número de veces por segundo que
a imaxe se "debuxa" na pantalla. Canto maior sexa o valor
deste parámetro mellor, xa que permitirá maior confort de
utilización (evítanse incómodos pestanexos) e a imaxe será
máis nítida e estable. Valores de 70 Hertzios ou superiores
son aceptables.
�� pantalla de tubo
�� pantalla plana
19
Tamaño do punto ou "dot pitch": é o ancho dos puntos ou
píxeles do monitor; canto máis pequeno sexa, maior é a cali-
dade da pantalla posto que elo significa unha maior densida-
de de puntos ou píxeles. Debe ser menor de 0,28 mm. e ide-
almente de 0,25 mm. ou menor.
cómo configurar o equipoAs características que acabamos de definir e que "identifican"
un ordenador están evolucionando de forma permanente,
ofrecendo ó usuario constantes incrementos de velocidade,
capacidade de almacenamento e conectividade. Os ordena-
dores que se poden adquirir en calquera tenda de informáti-
ca neste momento, cobren perfectamente as necesidades da
inmensa maioría dos talleres artesáns.
Vexamos de novo estas características, para analizar o míni-
mo que debemos esixir ónde debemos mellorar.
Procesador: Neste momento ofrécense equipos desde 2,6 a
3,8 GHz. Un de 2,6 é máis que suficiente para a maioría dos
artesáns. Incluso se atopas un equipo en oferta de menos
velocidade seguirá sendo suficiente.
Memoria RAM: O mínimo neste momento son 512 MB.
pero canta máis memoria RAM teña instalada mellor.
Disco duro: A maioría dos equipos veñen con discos duros
de 160 GB. En principio é suficiente, pero como é previsible
que almacenes fotografías dixitais e outro tipo de arquivos
que pouco a pouco irán ocupando máis e máis espazo no
disco, é preferible, se o teu orzamento cho permite, adquirir
un disco con maior capacidade. Este non é un tema priorita-
rio pois poderás mercar un novo disco duro no futuro se ago-
tas o teu espazo disponible, aínda que para a súa instalación
deberás contar con axuda dun profesional.
Lector/Gravador de CD/DVD: Practicamente todos os equi-
pos incorporan unidades lectoras e gravadoras de CD e/ou
de DVD que darán resposta ás necesidades da maioría de
os equipos ordenador
�� caixa de ordenador (baleira)
Os ordenadores quese poden adquirir encalquera tenda de
informática neste momentocobren perfectamente as
necesidades dagran maioría dostalleres artesáns.
20
usuarios. Se pensas gravar unha gran cantidade de CDs,
podes optar por una unidade máis rápida e de máis calidade.
E se o teu orzamento cho permite, unha unidade que grave
tamén DVDs darache opción de facer copias de seguridade
neste formato (un DVD ofrece unha capacidade case sete
veces superior a un CD para gravar datos), ademais de outras
aplicacións multimedia.
Tarxeta gráfica ou de vídeo: A tarxeta de serie que incorpo-
re o ordenador que elixises será suficiente; só se vas realizar
habitualmente traballos de deseño, retoque fotográfico, vídeo
etc., merece a pena adquirir unha de maior calidade e presta-
cións. Na tenda aconsellarante sobre opcións disponibles.
Portos: A maioría dos equipos incorporan varios portos USB.
Comproba que un polo menos sexa USB 2.0, o conector é o
mesmo que para 1.1 pero é moito máis rápido. Sería desexa-
ble aínda que non imprescindible que tivese polo menos un
porto FireWire ou iLink.
Teclado e rato: Merece a pena investir en calidade e polo
tanto en comodidade de traballo. Un bo teclado e un rato
óptico, ambos sen fíos son unha opción a considerar.
Pantalla: Moitos expertos coinciden en que é a parte máis
importante dun ordenador, polo que é preferible renunciar a
algúns megahertzios de velocidade e investir nun bo monitor.
Un de tubo (CRT) de 17" (pulgadas) sería aconsellable e se o
teu orzamento cho permite, unha pantalla plana TFT de 15"
ou 17" pulgadas sería ideal. Se vas realizar habitualmente tra-
ballos de deseño deberías considerar un de 19" ou 21".
Compara opcións e prezos e lembra que, neste caso, a dife-
renza non será un gasto senón un investimento.
o ordenador portátilPara finalizar este capítulo intentaremos dar resposta a unha
pregunta que moitos vos estaredes facendo: ¿compro un
ordenador de sobremesa ou un portátil?.
21
Os ordenadores portátiles evolucionaron moito e hoxe ofre-
cen practicamente as mesmas prestacións, polo que son
unha opción a considerar.
vantaxesMobilidade: pódelo levar do taller á casa para facer labores
de xestión, a unha feira ou nunha visita a un cliente para
amosarlle os teus últimos produtos.
Espazo: ocupan moito menos que un de sobremesa e isto
agradécese cando o taller é pequeno.
inconvenientesPrezo: Con igualdade de prestacións un portátil é máis caro
ca un de sobremesa.
Comodidade de traballo: O teclado é máis pequeno e máis
incómodo e carecen de teclado numérico; o rato táctil que
incorporan non é tan cómodo e preciso como un rato con-
vencional.
Capacidade e velocidade do disco duro: Os ordenadores
portátiles non dispoñen de discos da mesma capacidade cós
de sobremesa; os portátiles están limitados a 80/100 GB
mentres que os de sobremesa alcanzan capacidades de 300
GB. A velocidade de rotación dos discos duros dos ordenado-
res portátiles é inferior, o que significa unha velocidade de
acceso á información e ós programas gravados neles tamén
inferior.
Prezo das opcións: Os dispositivos opcionais (por exemplo
gravador de DVD) e as ampliacións (por exemplo ampliacións
de memoria) para os portátiles son normalmente máis caros
cós seus equivalentes para os de sobremesa.
Lembra que, independentemente dos equipos xa montados
que che ofrezan, algunhas tendas permitiranche configurar
un equipo á túa medida elixindo os compoñentes (pantalla,
disco duro, memoria RAM, etc.) que máis se axusten ás túas
necesidades e gustos.
os equipos ordenador
�� ordenador portátil
�� portátil adaptado a sobremesamediante un soporte ergonómico
Con igualdade de prestaciónsun portátil é máis caro ca un de sobremesa.
23
impresoraÉ o dispositivo que se encarga de transformaros arquivos dixitais creados co ordenador(facturas, cartas, fotografías, folletos, etc.) eplasmalos no papel.
os equipos
24
Existen basicamente 3 tipos de impresoras:
matriciaisTamén chamadas de agullas porque funcionan mediante un
cabezal que por impulsos eléctricos acciona diminutas agullas
que, ó bater sobre unha cinta tintada, imprimen no papel os
caracteres ou gráficos do documento.
Na actualidade o seu uso limítase a oficinas nas que é necesa-
rio imprimir varias copias dun mesmo documento dunha soa
vez ou papeis de distintas cores, papel autocopiante ou papel
continuo.
A súa calidade mídese polo número de caracteres por segun-
do (cps) que son capaces de imprimir e polo número de agu-
llas do cabezal, que varía de 9 a 24; a maior número de agu-
llas, maior calidade.
inxección de tintaTamén denominadas de chorro de tinta, o seu funcionamen-
to é sinxelo, mediante inxectores situados nos cabezais de
impresión depositan minúsculas pingueiras de tinta no papel.
O método polo que se depositan estas pingueiras (Bubble-Jet,
Desk-Jet, etc.) depende de cada fabricante, pero o resultado
é moi semellante. A tinta está contida en cartuchos intercam-
biables.
Na actualidade practicamente todas as impresoras de chorro
de tinta imprimen en color, teñen un cartucho para a tinta
negra e outro para as tres cores básicas (amarela, maxenta e
cian).
Nas destinadas a impresión de fotografías, os cartuchos de
cores adoitan ser independentes e as de máis nivel teñen
máis cartuchos de cores intermedias, para que as transicións
entre as cores e polo tanto a calidade da foto impresa sexa
maior.
�� impresora matricial
�� impresora de inxección de tinta
�� cartuchos de tinta
25
láserEste tipo de impresora é máis cara cás anteriores, pero é moito
máis rápida e imprime documentos con maior calidade.
O seu funcionamento é o seguinte: un raio láser "debuxa"
sobre un rolo ou tambor a páxina (texto ou gráficos) que
imos imprimir, este rolo atrae as partículas de tóner (o tóner
é coma a tinta das impresoras láser, é un po negro moi fino
de óxido de metal e materias plásticas) e deposítaas no papel
a medida que avanza, finalmente a folla pasa polo fusor que
son dous rolos, un emite calor e outro presión para fixar o
tóner ó papel.
Existen tamén impresoras láser en color, o seu prezo é alto,
pero están baixando progresivamente (no momento de edi-
tar esta guía existen modelos no mercado por debaixo dos
400 eur).
Algúns establecementos de impresión rápida (servizos de
fotocopias, etc.) ofrecen servizos de impresión láser en color
a prezos razoables, o que é unha boa opción se o que necesi-
tamos son impresións en color de forma esporádica.
característicasAs características que definen unha impresora son:
velocidadeMídese en caracteres por segundo (cps) nas impresoras
matriciais e en páxinas por minuto (ppm) nas de inxección
de tinta e láser.
resoluciónA resolución da impresora define a calidade de impresión.
Indica a cantidade de puntos (píxeles) que a impresora pode
crear sobre o papel por unidade de superficie, que se acostu-
ma a medir en puntos por pulgada (ppp), tanto en dirección
horizontal como vertical.
os equipos impresora
�� impresora láser
�� tóner para impresora
Características básicas:
• A velocidade de impresión.
• A resolución.
• A memoria.
• A conexión co ordenador.
26
Por exemplo, unha impresora con resolución de 600 x 300
ppp é capaz de imprimir 600 puntos en cada 2,54 cm hori-
zontais (unha pulgada), y 300 puntos en cada pulgada verti-
cal. Se só se indica un número, a resolución é a mesma en
ambas direccións (por exemplo, 600 ppp equivale a 600 x
600 ppp).
memoriaA memoria é un aspecto a ter en conta especialmente nas
impresoras láser, pois se non dispón de suficiente poden
colapsarse cando tratemos de imprimir documentos comple-
xos con moita información (bloquéanse e hai que comezar
de novo, coa conseguinte perda de tempo). Podemos
aumentala da mesma forma ca nos ordenadores.
conexiónA conexión habitual das impresoras co ordenador, foi a cone-
xión paralelo, pero na actualidade estase impoñendo a USB,
pola súa maior rapidez e a vantaxe de poder conectar a impre-
sora sen necesidade de apagar o ordenador.
Moitas impresoras ofrecen os dous tipos de conexión e as de
gama alta inclúen tamén conexión FireWire (ou iLink).
outros aspectosOutras características a ter en conta son o grosor máximo de
papel que podemos utilizar, o ruído que emite ó imprimir e o
tamaño, se o espazo é un problema no noso taller.
Un aspecto moi importante a considerar é o prezo dos cartu-
chos de tinta ou tóner. O prezo dos cartuchos para as impre-
soras de chorro de tinta é desorbitado, chegando incluso a
custar practicamente o mesmo que unha impresora nova,
polo que é conveniente comparar prezo e cantidade de tinta
que conteñen.
�� conexión FireWire
�� conexión USB
�� memoria para impresoras
27
utilizaciónA decisión sobre qué impresora comprar vai depender do tipo
de impresións que teñamos previsto realizar. Se tan só imos
imprimir algunhas facturas e cartas ocasionalmente, unha
impresora de inxección de tinta é a mellor opción por prezo e
prestacións (hai modelos básicos a partir de 60 eur).
Se imos imprimir textos, facturas e documentos de forma
intensiva, unha impresora láser é unha alternativa a conside-
rar. A calidade é maior, o prezo de cada impresión é menor e
a velocidade máis alta ca nas impresoras de tinta (un cartu-
cho de tóner de tamaño medio pode realizar unhas 10.000
copias, mentres que o cartucho de tinta negra, realizará
unhas 500).
Se imos imprimir fotos cunha certa regularidade, deberíamos
de considerar a opción dunha impresora de inxección de
tinta de alta calidade, especialmente deseñada para a impre-
sión de fotografías. Tamén é posible imprimir estas fotografías
con alta calidade e baixo prezo nas tendas de fotografía, en
papel fotográfico e a partir de calquera tarxeta de memoria,
CD, DVD, etc.
Finalmente deberíamos considerar o tamaño máximo de
impresión. A maioría das impresoras admiten A4 (29,7 x 21
cm) como máximo, pero existen modelos (tanto de inxec-
ción de tinta, como láser) que imprimen A3 (42 x 29,7 cm) e
incluso A2 (59,4 x 42 cm).
Os dispositivos Multifunción integran nun só equipo: impreso-
ra, fotocopiadora, escáner e fax. A súa vantaxe é o aforro de
espazo e a sinxeleza e rapidez de manexo. Existen modelos
tanto de chorro de tinta como láser, a partir de 150 eur (na
data de edición desta guía).
os equipos impresora
A decisión sobre quéimpresora comprar vaidepender do tipo de
impresións que teñamosprevisto realizar.
Algúns enderezos de interese ondese pode obter información deta-llada:
www.canon.eswww.epson.eswww.hp.eswww.lexmark.eswww.oki.eswww.samsung.es
�� impresora multifunción
29
Serve para converter textos impresos, gráficos,debuxos ou fotografías (en papel, negativo oudiapositiva) en arquivos dixitais que podemosalmacenar e modificar posteriormente coordenador.
escáner
os equipos
30
Funciona da seguinte forma: o documento plano orixinal
(páxina con texto, gráfico, debuxo, recorte de revista ou
fotografía) sitúase sobre un cristal, que se atopa debaixo da
tapa do escáner, a imaxe ilumínase cun foco de luz, que vai
avanzando ó longo do documento que estamos escaneando,
condúcese mediante espellos a luz reflectida cara a un dispo-
sitivo denominado CCD (Charged-Couple Device) que trans-
forma a luz en sinais eléctricos, que se pasan a formato dixital
nun DAC (conversor analóxico-dixital) e finalmente, transmí-
tese esta información dixital ó ordenador.
As imaxes dixitalizadas pódense gardar en diferentes forma-
tos (ver sección de formatos de imaxe), editar, corrixir, mistu-
rar, etc, mediante os correspondentes programas de edición
de imaxes.
Existen diversos tipos de escáner: de man, de rolos, de
transparencias (negativos ou diapositivas), de tambor, etc.
pero sen dúbida o máis extendido é o escáner plano ou de
sobremesa. Moitos modelos de sobremesa permiten escanear
negativos e diapositivas, ou contan con esa función opcional
(adquirindo un módulo que se acopla na parte superior do
escáner).
característicasParámetros que definen un escáner:
resoluciónÉ a medida do nivel de detalle que pode captar.
O CCD (o dispositivo que vai lendo o documento) está for-
mado por un conxunto de detectores luminosos que se
moven ó longo da imaxe. O número destes detectores deter-
mina a resolución horizontal do escáner. Este valor mídese en
dpi ou ppp (puntos por pulgada). Canto maior sexa a resolu-
ción, mellor será o resultado obtido.
�� escáner de man
�� escáner plano con módulode transparencias
�� escáner de negativos
�� escáner de tambor
31
Cando falamos dun escáner cunha resolución de
"1.200x2.400 ppp" estámonos referindo a que en cada liña
horizontal dunha pulgada de longo (2,54 cm) pode captar
1.200 puntos individuais, mentres que en vertical chega ata
os 2.400 puntos. Xeralmente a resolución horizontal e a verti-
cal non coinciden, sendo maior (tipicamente o dobre) a verti-
cal. Cando o fabricante só indica un valor, adóitase referir ó
maior dos dous.
Debemos diferenzar entre resolución óptica e resolución
interpolada. A óptica é a verdadeira resolución do escáner e é
a que debemos ter en conta, a interpolada é simplemente
unha operación que se realiza mediante un programa sobre a
imaxe xa dixitalizada e que aumenta o tamaño dos arquivos
pero non o detalle da imaxe.
profundidade de colorIndica o número de tonalidades de color diferentes que pode
ter un píxel. Mídese en bits (un bit é a unidade mínima de
información que pode almacenar e manexar un ordenador).
Na actualidade, practicamente todos os escáneres ofrecen
unha profundidade de color de 48 bits.
Canto maior sexa a resolución e a profundidade de color dun
escáner máis fiel ó orixinal será a imaxe escaneada, pero
tamén será maior o tamaño do arquivo resultante. Os arqui-
vos grandes presentan maiores dificultades para ser procesa-
dos polos programas de tratamento de imaxes e requerirán
maior cantidade de memoria RAM no ordenador e conse-
cuentemente maior espazo de almacenamento no disco
duro.
tipo de conexiónNa actualidade a maioría dos escáneres utilizan unha cone-
xión ó ordenador tipo USB. Os de gama baixa cun porto USB
normal e os de gama alta USB 2 e Firewire, que permiten
velocidades de transmisión de datos ó ordenador 40 veces
máis rápidas.
os equipos escáner
Profundidade de colorpor bits
1 bit:imaxe en branco e negro
4 bits:imaxe con 16 tons de grises
8 bits:256 tons de grises ou colores
16 bits:65.536 colores
24 bits:16,7 millóns de colores
32 bits:máis de 1.000 millón de colores
48 bits:281,5 trillóns de colores
A aparición das cámarasdixitais, o seu
abaratamento e aumentode calidade, reduciuconsiderablemente a
utilización do escáner.
�� FireWire�� conexión USB
32
utilización O uso principal dun escáner para un taller artesán é a dixitali-
zación (paso dun documento a arquivo dixital) de fotografías
ou gráficos en papel para obter un ficheiro dixital que poderá
ser retocado, modificado, enviado por correo electrónico,
gardado nun CD, etc.
Outra aplicación do escáner é o denominado OCR ou recoñe-
cemento óptico de caracteres. Converter un texto impreso
nunha imaxe dixitalizada é moi sinxelo, pero resulta pouco
práctico xa que o resultado non se pode modificar nun pro-
grama procesador de textos. Mediante os programas de OCR
transfórmase dita imaxe en verdadeiro texto que poderemos
utilizar como calquera texto escrito desde o teclado (aínda
que sempre é necesario revisar todo o texto resultante do
proceso de OCR, porque dependendo da calidade do orixi-
nal, o OCR pode confundir os caracteres e cambiar letras
similares).
Utiliza o escáner para dixitalizar: fotos de antigos produtos,
artigos ou reseñas sobre o teu taller aparecidos en xornais ou
revistas, imaxes ou gráficos que queiras utilizar nos teus catá-
logos ou publicar en páxinas web.
�� programa de escaneo
33
Ten as mesmas funcións e características ca unacámara tradicional (analóxica) pero a diferenzadesta non garda as fotos nun carrete ounegativo senón que o fai nunha tarxeta dememoria.
cámara dixital
os equipos
34
As súas vantaxes fronte ás cámaras tradicionais son:
Rapidez: non é necesario revelar as fotos para ver o resulta-
do, senón que podemos velas na propia cámara, borrar de
forma automática as que non nos gusten e repetir a foto ata
conseguir o resultado desexado. Tampouco é necesario esca-
near a foto para obter un ficheiro dixital, cunha cámara dixi-
tal, podemos pasar de forma inmediata as fotos obtidas ó
noso ordenador.
Versatilidade: unha vez que temos as fotos no ordenador,
podemos modificar a súa iluminación e calidade, engadirlle
efectos, recortar a parte que máis nos interese, enviala por
correo electrónico, imprimila utilizando papel fotográfico,
engadila a un informe, catálogo ou folleto do noso taller, uti-
lizala para unha páxina web, etc.
Capacidade de almacenamento: as fotos obtidas cunha
cámara dixital son ficheiros que podemos gardar nun CD e
cuxa calidade non se deteriorará co tempo. Ó tratarse de
ficheiros dixitais que podemos nomear e numerar como
desexemos é moito máis doado telos adecuadamente organi-
zados cós tradicionais negativos.
utilizaciónA cámara dixital permite:
• Fotografar e documentar todos os procesos de elaboración
de calquera produto, con especial utilidade no caso de
pezas únicas.
• Fotografar calquera novo produto e enviar a foto por correo
electrónico ós nosos clientes cun custo practicamente nulo.
• Utilizar as fotos dixitais para elaborar dossieres e folletos cos
que dar a coñecer o noso taller, para solicitudes de axudas
a organismos públicos, solicitudes de participación en feiras
e concursos ou para enviar imaxes a medios de comunica-
ción.
�� Minolta Dimage
�� HP PhotoSmart
�� Nikon Coolpix
�� Canon EOS
35
• Usar as fotografías dixitais para elaborar pequenos folletos e
etiquetas que podemos imprimir e que adxuntaremos ós
nosos produtos, mellorando a súa presentación e posibilida-
des de éxito no mercado.
• Para os talleres dedicados á restauración e os oficios relacio-
nados coa construción, ofrece a posibilidade de documen-
tar a obra a realizar, mellorando o nivel de información do
que dispoñen para elaborar o orzamento e levar o seu ade-
cuado seguimento.
O seu prezo é máis elevado có das cámaras tradicionais pero
está baixando constantemente, ó mesmo tempo que mello-
ran as súas características e prestacións. A diferenza de prezo
compénsase a medida que imos usando a cámara pois non
cómpre gastar en carretes nin no revelado de fotos que moi-
tas veces nunca utilizaremos no soporte de papel (verémolas
directamente no ordenador ou no televisor a través dun
DVD, ou da propia cámara).
cómo funcionaÉ moi similar ó dunha cámara tradicional; nesta a luz entra
polo obxectivo e chega ó negativo rexistrando a imaxe sobre
unha película composta por varias capas de sales de prata e
outros produtos químicos. Na cámara dixital a película ou
negativo, substitúese por un sensor electrónico denominado
CCD. O fenómeno non é químico senón fotoeléctrico, e o
que se obtén é un ficheiro dixital.
O sensor CCD está formado por unha retícula de minúsculos
cadradiños que son sensibles á luz e transfórmana en infor-
mación electrónica. Cantos máis píxeles ou cadradiños sensi-
bles á luz teña o sensor, maior calidade terán as fotos obtidas
coa cámara.
O sensor envía o sinal a un conversor DAC (conversor analó-
xico-dixital) que se encarga de transformar a información
analóxica en dixital e envíaa á tarxeta de memoria onde
os equipos cámara dixital
O seu prezo é máis elevadocó das cámaras
tradicionais pero estábaixando constantemente,
ó mesmo tempo quemelloran as súascaracterísticas e
prestacións.
�� sensor CCD
36
queda almacenada e desde onde a podemos transferir ó
ordenador.
característicasParámetros que definen unha cámara dixital:
tipo de cámaraÓ igual que nas cámaras tradicionais, as dixitais divídense en
compactas e réflex (tamén denominadas SLR). As cámaras
compactas son as máis populares e ofrecen prestacións sufi-
cientes para a maioría dos usos que se fan nun taller artesán.
O seu obxectivo está integrado no corpo da cámara.
As réflex, son cámaras máis profesionais, teñen o obxectivo
intercambiable e o que se observa polo visor da cámara é
exactamente o que se vai fotografar.
resoluciónFai referencia á calidade da imaxe que a cámara é capaz de
obter, vén determinada pola cantidade de píxeles do sensor
CCD e mídese en Megapíxeles (millóns de píxeles). Obtense
multiplicando os píxeles en sentido horizontal que ten o sen-
sor polos que ten en sentido vertical. Na actualidade as
cámaras "domésticas" van desde 2 a 8 Megapíxeles e as pro-
fesionais chegan a 20.
É importante que a resolución sexa "óptica" que é a real e
non “interpolada” que se consegue a través de operacións
matemáticas que realiza internamente a propia cámara, co
resultado dunha calidade de imaxe moi inferior.
memoriaAlgunhas cámaras teñen unha memoria interna pero é moi
pequena, o normal son 16 megas e o máximo 32. Nesta
memoria caben poucas fotos polo que as cámaras ofrecen a
posibilidade de engadir outra memoria externa. Ambas
memorias, a interna e a externa, son de tipo flash, non volátil
Resolucións habituais:
1.3 Megapíxeles (1280 x 960)
2 Megapíxeles (1600 x 1200)
3 Megapíxeles (2048 x 1536)
4 Megapíxeles (2272 x 1704)
5 Megapíxeles (2560 x 1920)
6 Megapíxeles (2816 x 2112)
8 Megapíxeles (3456 x 2304)
�� cámara compacta
�� cámara réflex
37
(garda a información aínda que se apague a cámara ou se
extraia ou esgote a batería).
A memoria externa está contida en pequenas tarxetas elec-
trónicas que se introducen na cámara; as máis grandes son
do tamaño dunha caixa de mistos. É nestas tarxetas onde a
cámara almacena as fotografías.
As fotos pásanse da cámara ó ordenador a través dun cable,
normalmente de tipo USB como o que xa vimos para as
impresoras. Tamén se pode utilizar un lector de tarxetas para
"descargar" as fotos ó ordenador.
Despois de pasar as fotos ó ordenador, podemos borrar o
contido da tarxeta e volver a utilizala tantas veces como quei-
ramos.
Hai diversos tipos de tarxetas, algunhas marcas utilizan un só
tipo e outras utilizan diversos formatos, dependendo do
modelo de cámara.
Os formatos actuais de tarxetas de memoria son:
• Compact Flash CF (a máis utilizada e económica)
• Smart Media SM
• Secure Digital SD
• MultiMedia Card MMC
• Memory Stick
• XD Picture Card
Dentro de cada tipo de tarxetas existen varios "tamaños" ou
capacidades, que se miden en Megabytes (coloquialmente:
Megas). O abano vai desde os 16 Megabytes ós 8 Xigabytes
(1 Xibabyte equivale a 1.000 Megabytes). Canto máis grande
sexa a capacidade da tarxeta, máis fotos poderemos almace-
nar sen ter que descargalas no ordenador.
Actualmente as capacidades de memoria máis populares son
as de 128, 256 e 512 Megas.
os equipos cámara dixital
�� cámara conectadaó ordenador
�� lector de tarxetas
�� tarxeta compact flash
38
óptica
É unha parte fundamental da cámara, pois encárgase de
recoller a imaxe que queremos fotografar e transmitila ó sen-
sor CCD. A calidade vén determinada polo material utilizado;
as das cámaras económicas son de material plástico e as boas
ópticas son de vidro.
Outro aspecto a ter en conta é a súa luminosidade que se
mide en números f; canto máis pequenos, maior é a lumino-
sidade, sendo o normal un f 2.8.
A calidade da óptica inflúe enormemente na fidelidade da
cor, a nitidez da imaxe e os mellores resultados en función
das condicións de luz.
zoom
Este tipo de obxectivo permítenos achegar ou afastar a
imaxe. Mídese en x ou aumentos, sendo o normal 2x ou 3x
chegando algúns modelos a superar os 10x. De novo é
importante distinguir entre o zoom óptico, que é o real e
débese a que o obxectivo motorizado cambia a posición dos
lentes para achegar ou afastar a imaxe, e o zoom dixital que
utiliza operacións matemáticas e obtén unha imaxe ampliada
de menor calidade (o zoom dixital simplemente fai máis
grandes os píxeles dunha parte da imaxe que está captando
a cámara).
formato das imaxesO habitual é que a cámara garde as fotos dentro da tarxeta
de memoria en formato JPEG (Joint Photographic Experts
Group ou grupo, conxunto de expertos fotográficos). Neste
formato a imaxe comprímese de forma que ocupe moito
menos espazo podendo manter un nivel de calidade suficien-
te. Así podemos almacenar máis fotos dentro da tarxeta e
facer que as fotografías (ficheiros dixitais) sexan moito máis
manexables, para descargalas no ordenador, gravalas nun
CD, envialas por correo electrónico etc.
�� cámara réflex con ópticaintercambiable
�� cámara con zoom óptico
�� menú de formato
39
Cando se comprime a foto prodúcese unha certa perda de
calidade, polo que as cámaras de gama alta permiten tamén
gardalas noutros formatos "sen perda" como o TIFF ou RAW.
Este tipo de ficheiros ocupan moito máis espazo dentro da
tarxeta pois gardan os datos obtidos "tal cal" directamente do
sensor CCD e sen perda de calidade.
Conexión: practicamente todas as cámaras dixitais utilizan a
conexión USB para conectarse co ordenador. As de gama alta
ofrecen conexións USB 2 ou FireWire o que permite unha
transmisión de datos moito máis rápida entre a tarxeta de
memoria e o ordenador.
pantalla LCDA maioría das cámaras inclúena na parte posterior, desde a
que podemos ver as fotografías antes e despois de obtelas.
Accionando os "botóns" da cámara visualízanse e seleccionan
nesta pantalla as diversas opcións de configuración: tipos de
resolución, nivel de compresión, tipo de flash, etc., podendo
realizarse ademais a visualización das imaxes captadas e o seu
borrado.
Canto máis grande sexa a pantalla moito mellor, pois pode-
mos ver con máis claridade as imaxes que fomos realizando e
decidir se as mantemos na tarxeta ou as borramos.
É necesario ter en conta que a utilización da pantalla LCD
como "visor" para facer fotografías consume unha considerable
cantidade de pilas ou batería.
bateríasUnha das desvantaxes das cámaras dixitais é que utilizan
moita enerxía para funcionar. Para suministrar esta enerxía
utilízanse basicamente dous tipos de baterías: as pilas de for-
mato AA e as baterías con formato especial para un determi-
nado modelo de cámara. As pilas alcalinas tradicionais non
son aconsellables, pois consúmense rapidamente; no seu
lugar utilízanse baterías recargables, sendo as máis comúns as
denominadas NiMh (níquel-magnesio-hidruro) que poden
os equipos cámara dixital
�� conectores cámara
�� cargador de baterías
�� pantalla LCD
40
reemprazar ás pilas ó ter o mesmo formato. As baterías con
formato especial, normalmente de Ións de Litio, son máis
caras pero teñen maior duración cás pilas AA e cás baterías
NiMh.
En todos os casos é aconsellable contar polo menos cun xogo
de reposto para non quedar sen enerxía, o que imposibilitaría
o uso da cámara.
outras característicasA posibilidade de gravar pequenas secuencias de vídeo (en
baixa resolución), acoplar un flash externo, controis manuais
de diafragma e velocidade, etc., que engaden prestacións á
cámara pero tamén aumentan o seu prezo, polo que debe-
mos valorar se imos utilizar realmente estas funcións "extras"
e se merece a pena pagar ese custo engadido.
cómo elixir a cámaraA elección dun modelo determinado de cámara non é sinxe-
lo, pois a oferta é amplísima.
Resolución: O primeiro elemento a ter en conta é o número
de píxeles. O tamaño mínimo estaría entre os 2 e 3
Megapíxeles o que permite imprimir fotografías en tamaño
habitual de 10x15 ou 13x18 cm. con boa calidade e desde
logo utilizalas para pequenos folletos, etiquetas ou en páxinas
web. Existen modelos de 3 Megapíxeles por debaixo dos 100
euros (no momento de editar esta guía) e estes prezos están
baixando de forma constante.
Se a cantidade de Megapíxeles é maior, permitiranos imprimir
as fotos con calidade suficiente en tamaños maiores, incluso
A4 e utilizalas en revistas e publicacións profesionais.
Zoom: O Zoom óptico vai encarecer a cámara pero tamén nos
vai dar maior versatilidade no seu uso, ademais de máis calida-
de ás fotografías.
�� cámara con flash externo
�� diferentes tamañosde cámaras
41
Se imos fotografar xoiería ou detalles de produtos, é intere-
sante que o obxectivo permita enfocar a distancia moi curta
(función macro), en torno ós 5 centímetros.
Memoria: O tipo de tarxeta de memoria non debe ser un
obstáculo á hora de elixir a cámara, aínda que é aconsellable
adquirir unha tarxeta con bastante capacidade (mínimo de
128 megas), cantos máis Megapíxeles teña a cámara elixida
maior capacidade debe de ter a tarxeta de memoria.
Como exemplo, unha cámara de 4 Megapíxeles que realice
fotografías en formato RAW podería almacenar unhas 50
fotografías nunha tarxeta de memoria de 128 megas. A
medida que se aumente o nivel de compresión a mesma tar-
xeta será capaz de almacenar máis fotografías.
Baterías: Unha cámara con batería de Ions de Litio vai ser
máis duradeira e vai proporcionarnos máis autonomía, polo
que se o noso orzamento o permite é a opción máis aconse-
llable. É importante comparar o custo destas baterías e se no
prezo da cámara vén incluído o cargador e outros extras
como funda protectora, etc.
utilizaciónComo regra xeral, se se queren fotografías de certa calidade,
hai que fuxir do zoom dixital e de niveles de compresión ele-
vados á hora de tomar as fotografías.
Hai que recordar que a calidade non aproveitada no momen-
to de tomar a fotografía é totalmente irrecuperable no futu-
ro; non obstante, calquera fotografía ben tomada poderá
comprimirse no ordenador para axilizar o seu envío por
correo electrónico ou para colocala nunha páxina web, pero
sempre mantendo o arquivo orixinal de calidade facendo
unha copia do mesmo. Por tanto é máis aconsellable dotarse
de tarxetas de memoria de maior capacidade e tomar e alma-
cenar as fotos sen compresión ou con niveles baixos de com-
presión.
os equipos cámara dixital
Hai que recordar que acalidade non aproveitadano momento de tomar afotografía é totalmenteirrecuperable no futuro.
�� pack de cámara e accesorios
43
soportes de almacenamentoO uso masivo de ordenadores e a continua xeración e acumulaciónde información dixital (documentos de todo tipo, debuxos,fotografías, vídeo, etc.) produce unha demanda permanente ecrecente de medios de almacenamento e transporte de información.
os equipos
44
A realización de copias de seguridade dos nosos arquivos
dixitais é non só necesaria senón imprescindible se queremos
que estean a salvo de fallos técnicos dos equipos ou de acci-
dentes imprevistos.
Isto debe ser unha práctica habitual, que deberá realizarse en
función da importancia ou valor da información almacenada
no noso ordenador e da frecuencia con que a modifiquemos.
A maior importancia, maior frecuencia de realización das
copias de seguridade, de forma que no caso de fallo técnico
do ordenador ou de accidente dispoñamos dunha copia
recente e a perda real de información sexa mínima.
O almacenamento noutros soportes, diferentes do disco duro
do noso ordenador, de determinada información que non
usamos ou consultamos con frecuencia é tamén unha prácti-
ca aconsellable, pois desta forma liberamos espazo nel e
melloramos o seu rendemento.
O transporte de arquivos dixitais é unha práctica habitual,
derivada do intercambio con outros profesionais de docu-
mentos, informes, fotografías, arquivos gráficos, etc.
En función do tipo de tecnoloxía utilizada para a súa grava-
ción e lectura podemos dividir estes soportes en: Magnéticos,
Ópticos e Electrónicos:
soportes magnéticosEsta tecnoloxía baséase na aplicación de campos magnéticos
a materiais cuxas partículas reaccionan a esa influencia orien-
tándose nunha determinada posición que conservan tras dei-
xar de aplicarse o campo magnético. Mediante esas posicións
das partículas magnetizadas represéntanse os datos: imaxes,
textos, gráficos etc.
discos durosEstán compostos por un ou varios discos ríxidos (pratos), nor-
malmente de aluminio, recubertos dun material ferromagnéti-
�� soportes externos
�� unidade de disco duro
Existen 3 tipos de soportesde almacenamentosegundo a tecnoloxíaempregada: magnéticos,ópticos e electrónicos.
45
co que posibilita a gravación de datos. Cada disco, que xira a
unha velocidade constante, ten dous pequenos cabezais, un
por cada cara, que están practicamente tocando a súa superfi-
cie e son os que se encargan de gravar ou ler os datos.
Cada ordenador dispón do seu propio disco duro interno
(algúns modelos permiten a instalación de máis discos duros
para aumentar a súa capacidade de almacenamento ou a reali-
zación de copias de seguridade).
Outra opción son os discos duros externos. O seu funciona-
mento é exactamente o mesmo, aínda que a velocidade de
acceso á información gravada é normalmente inferior á dos
discos duros internos. Están protexidos por unha carcasa e
conéctanse ó ordenador a través dun dos seus portos externos.
Utilízanse habitualmente como medio para realizar as copias
de seguridade da información almacenada no disco duro do
ordenador.
Algúns utilizan conexións USB, aínda que a tendencia actual é
o uso de USB 2, FireWire 400 ou incluso FireWire 800 debido á
maior velocidade de transferencia dos datos. Os modelos máis
completos disoñen de varios destes portos de conexión.
A súa capacidade varía desde os 20 Xigas a máis de 1000. A
elección vai depender da cantidade de información que vaia-
mos almacenar. Debemos prever as nosas necesidades futuras,
pois a experiencia dinos que cada vez utilizamos máis cantida-
de de ficheiros e de maior tamaño.
Resulta aconsellable adquirir un modelo con USB 2 ou FireWire
400, pois aínda que o noso ordenador non dispoña deste tipo
de portos si poderemos conectalo a un porto USB convencio-
nal ó ser este compatible co USB 2.
Se o noso ordenador actual non dispón de portos de alta velo-
cidade como USB 2 ou FireWire, deberemos asegurarnos de
que o próximo ordenador si dispoña deles, xa que certamente
agradeceremos o plus de velocidade que estes portos nos brin-
dan.
os equipos soportes de almacenamento
�� interior do disco duro
�� pratos e cabezais do disco duro
�� disco duro externo con portos USB e Firewire
46
discos de 3,5"Normalmente coñecidos como "disquetes", son soportes de
almacenamento extraíble de moi baixa capacidade (1,44
MB). Están formados por un pequeno disco de material plás-
tico flexible recuberto de material ferromagnético. Os cabe-
zais de lectura e escritura están no propio dispositivo de lec-
tura, no interior do ordenador.
A súa limitada capacidade, a baixa velocidade de acceso, a
súa relativamente escasa fiabilidade e a aparición doutros
soportes como os "lapis de memoria", dos que falamos máis
adiante, deixaron ós disquetes practicamente obsoletos e nal-
gúns ordenadores xa non aparece o dispositivo de lectura.
soportes ópticosA tecnoloxía óptica utiliza as propiedades do láser e a súa alta
precisión para ler ou escribir os datos: un faz láser vai lendo
(ou escribindo) microscópicos buratos na superficie dun disco
de material plástico, recubertos á súa vez por unha capa
transparente para a súa protección.
O sistema non experimentou variacións importantes ata a
aparición do DVD, que só cambiou a lonxitude de onda do
láser, reducindo o tamaño dos buratos e apretando os
"regos" ou pistas para que caiba máis información no mesmo
espazo.
CDA súa capacidade de almacenamento vai desde os 650 ós
800 MB de información. O seu baixo prezo, a facilidade e
rapidez de gravación e a fiabilidade destes dispositivos fixéro-
nos enormemente populares.
Os que se utilizan habitualmente son os CD-R que permiten
gravalos só unha vez. Hai outro tipo de CDs que permiten
gravar e borrar a información varias veces sobre un mesmo
disco e denomínanse regravables ou CD-RW
�� disquete 3,5"
�� pack de CDs
�� CD�� DVD
detalle de densidade de regos:
47
DVD (Disco de Vídeo Dixital)Ten o mesmo tamaño e aspecto exterior ca un CD, pero
pode conter ata 26 veces máis información e transmitila ó
noso ordenador ata 20 veces máis rápido.
A maioría dos ordenadores, xa incorporan unha unidade lec-
tora de DVD e os de máis calidade e prestacións, unha unida-
de lectora-gravadora de DVD.
A súa grande capacidade e a velocidade de acceso fan do
DVD o soporte ideal para realizar copias de seguridade dos
nosos datos. O progresivo abaratamento das unidades de
gravación e dos propios DVDs virxes farán cada vez máis
popular este tipo de soporte.
Existen basicamente dous sistemas de gravación e polo tanto
dous tipos de DVD diferentes, DVD-R e DVD+R (outros
formatos como o DVD-RAM están en desuso), o seu aspecto
externo é o mesmo, pero existen algunhas diferenzas: os
DVD-R tardan máis en gravarse pero son algo máis baratos e
máis compatibles (máis tipos de unidades lectoras poden
lelas), os DVD+R que usan unha tecnoloxía máis moderna,
tardan menos en gravarse pero son menos compatibles e
máis caros aínda que o seu prezo e compatibilidade melloran
constantemente.
As unidades de gravación de DVD actuais permiten gravar
discos de ambos formatos polo que, na práctica, poderemos
ignorar esas diferenzas.
os equipos soportes de almacenamento
As unidades lectoras deDVD len perfectamente
CDs, pero pola contra asunidades lectoras de CDs
non len DVDs.
Tipo Capacidade CDs ós que equivale
Disco compacto (CD) 650 a 800 MB 1
DVD unha cara / unha capa 4,7 GB 7
DVD unha cara / dobre capa 8,5 GB 13
DVD dobre cara / unha capa 9,4 GB 14
DVD dobre cara / dobre capa 17 GB 26
�� sistemas de gravación
48
soportes electrónicosEstán constituídos por chips en estado sólido (sen partes
móbiles), que teñen a propiedade de conservar os datos
incluso cando se apaga o dispositivo que lles proporciona a
alimentación eléctrica. Os datos grávanse mediante impulsos
eléctricos.
Son dispositivos portátiles e de pequeno tamaño. A súa capa-
cidad vai desde os 8 MB ós 10 GB. Utilízanse fundamental-
mente en cámaras dixitais, organizadores personais, teléfonos
móbiles, ordenadores portátiles e elementos independentes.
Existen diversos dispositivos que utilizan este tipo de tecnolo-
xía flash:
PC card (PCMCIA)Teñen un tamaño similar ó dunha tarxeta de crédito e un gro-
sor duns 5 mm. Poden chegar a ter unha capacidade de 5 Xb.
Utilízanse nos ordenadores portátiles que dispoñen dunha
fenda lateral onde se introduce este tipo de tarxetas (PCMCIA
Persoal Computer Memory Card Internacional Association)
para poder ler ou escribir datos.
tarxetas de memoriaComo xa vimos en capítulos anteriores, este tipo de tarxetas
utilízanse fundamentalmente nas cámaras dixitais. Pero usan-
do un lector de tarxetas que se conecta ó ordenador median-
te un conector USB ou USB 2 pódense utilizar para trasladar
ficheiros dun ordenador a outro ou levar as fotos dos últimos
produtos que acabamos de realizar a un servizo de impresión
dixital (o equivalente ó "revelado"). Algúns ordenadores xa
veñen equipados con lectores para moitas delas.
Existen varios tipos de tarxetas: Compact Flash (CF), Smart
Media, Memory Stick, Multimedia Card (MMC), Secure
Digital Card (SD), XD Picture Card.
�� PC card
�� tarxeta SD
�� tarxeta CF
Os soportes electrónicosson dispositivos portátiles ede pequeno tamaño queactualmente gañaron granpopularidade.
49
A mellora da calidade destes dispositivos é constante, tanto
en capacidade de almacenamento como en velocidade de
transferencia de datos ou na cantidade de enerxía que consu-
men para gravar e transferir os datos. Os fabricantes utilizan
adxectivos como: Pro, Ultra, Extreme, High-Speed, etc. para
distinguir estes modelos con mellores prestacións.
memoria flash USBOs dispositivos de memoria flash USB adquiriron en pouco
tempo unha enorme popularidade; os fabricantes e usuarios
non acaban de atopar unha denominación común e refírense
a eles como: lapis, chave, chaveiro, disco USB, etc.
Non necesitan baterías para funcionar, pois toman a enerxía
do propio ordenador ó que son conectados. En ordenadores
con versións actuais do sistema operativo non é necesario
ningún programa especial para utilizalos polo que son ideais
para intercambiar información de forma extremadamente sin-
xela entre diversos ordenadores.
A súa capacidade vai desde os 8 MB ós 8 GB dos máis
modernos. Utilizan un conector USB para enchufarse ó orde-
nador; pouco a pouco vanse impoñendo os de tipo USB 2
que son moito máis rápidos, o que axiliza a transferencia de
información.
Algúns reproductores de música en formato MP3, como o
iPod Shuffle, ofrecen tamén a función de dispositivo de alma-
cenamento.
os equipos soportes de almacenamento
�� lápis de memoria USB
�� Apple iPod Shuffle
51
programas de uso xeralExisten no mercado moitos tipos de programasque serven para: escribir un texto, levar a xestióndo taller, ampliar, reducir ou retocar unhafotografía dixital, gravar un CD, navegar porInternet, recibir e enviar correo electrónico, etc.
programas e ficheiros
52
Un programa é un conxunto de ordes ou instrucións que lle
din ó ordenador cómo ten que realizar determinadas fun-
cións ou tarefas concretas. Tamén se denomina aplicación e,
en termos xerais, software (este termo inclúe tamén os
Sistemas Operativos).
sistema operativoÉ o programa informático básico que fai funcionar o ordena-
dor e que nos permite controlalo.
windowsO máis coñecido e extendido nas súas versións Windows 98,
Windows 2000 e a máis moderna e popular, Windows XP.
Existen outros sistemas operativos como:
mac os
Utilizado polos ordenadores Macintosh da empresa Apple
(non funciona noutro tipo de ordenadores). É reputado pola
súa enorme facilidade de uso e as súas potentes prestacións.
Foi o primeiro en utilizar o sistema de interacción gráfica co
usuario mediante ventás que logo utilizaron outros sistemas
operativos. É o máis usado no mundo do deseño gráfico.
linuxEstá desenvolvido baixo o sistema de Código Aberto, un pro-
cedemento de programación no que multitude de persoas
participan de forma desinteresada no desenvolvemento e
mellora dun programa (neste caso un Sistema Operativo com-
pleto) e é de distribución gratuíta. Empezou sendo un proxec-
to dun grupo de xoves informáticos e pouco a pouco esten-
deuse, aparecendo versións máis sinxelas de instalar e utilizar
para os usuarios non profesionais.
Datos de uso aproximado dosdiferentes Sistemas Operativossobre ordenadores persoais endecembro de 2005:
Win 98 14%
Win 2000 13%
Win XP 64%
Mac OS 3%
Linux 3%
Outros 3%
53
programasExisten miles de programas para multitude de usos, desde os
máis xerais ata os máis específicos; podería dicirse que existe
un programa para realizar case calquera tarefa que poidamos
imaxinar.
procesadores de textos
Son os substitutos da máquina de escribir. Con eles podemos
elaborar cartas, listaxes de prezos, informes e todo tipo de
documentos escritos. O propio sistema operativo Windows
inclúe un moi básico: o WordPad. O procesador de textos
máis utilizado en todo o mundo é o Word, cuxas amplas fun-
cións sobrepasan as necesidades básicas da maioría dos usua-
rios.
xestores de bases de datos
Úsanse para o arquivo ordenado e estruturado de informa-
ción, permitindo funcións como a creación, modificación,
busca e clasificación rápida, ou a elaboración de listaxes e
informes. Serven, por exemplo, para almacenar os datos dos
nosos provedores, das materias primas que utilizamos ou das
facturas emitidas ós nosos clientes. Entre os máis coñecidos
están Access e FileMaker.
follas de cálculoServen para organizar información numérica e realizar cálcu-
los entre os valores introducidos de forma moi rápida e auto-
matizada. Por exemplo, actualizar nunha porcentaxe toda
unha listaxe de prezos ou recalcular toda unha serie de ope-
racións tras modificar un valor.
As Follas de Cálculo tamén permiten crear gráficos a partir de
series de datos, por exemplo, un que represente as vendas
anuais divididas por meses. A máis coñecida é Excel.
programas e ficheiros programas de uso xeral
�� Microsoft Wordprocesador de textos
�� Microsoft Accessxestor de bases de datos
�� Microsoft Excelfollas de cálculo
54
presentaciónsSon programas que permiten a creación de "diapositivas" nas
que se pode incluír texto, gráficos, fotografías, son e peque-
nos vídeos. Utilízanse normalmente para acompañar e
ampliar información en charlas e conferencias; outra utilidade
pode ser a de elaborar presentacións con fotografías e infor-
mación sobre produtos ou procesos de elaboración, e amosa-
la desde un ordenador no stand dunha feira. Estas diapositi-
vas pódense visualizar no ordenador ou ampliadas nunha
pantalla externa utilizando un proxector ou "canón" de vídeo.
O programa máis habitual para presentacións é Power Point.
editores gráficosSon programas orientados á creación e tratamento de gráfi-
cos, debuxos e ilustracións. Paint é o máis sinxelo e vén insta-
lado en todos os ordenadores que utilizan Windows como
sistema operativo.
Con maiores prestacións podemos destacar CorelDraw e
como aplicacións profesionais FreeHand e Illustrator.
Podemos utilizar estes programas para deseñar un logotipo,
unha etiqueta, unha tarxeta de visita ou un pequeno folleto.
CADOs programas de CAD (Computer Assisted Design ou Deseño
Asistido por Ordenador) son programas moi especializados
para debuxo técnico en dúas e tres dimensiós (coñecidos
como 2D e 3D respectivamente). Contan con ferramentas
específicas que facilitan enormemente a creación de bosque-
xos e deseños moi precisos.
Os máis coñecidos son AutoCAD e 3D Studio Max, pero o
seu elevado prezo e complexidade non os fan aconsellables
para principiantes. Existen outras opcións máis sinxelas e eco-
nómicas como Corel Designer e Rhinoceros, ou incluso
gratuítas como JustCad, 3D Canvas ou Blender.
�� Microsoft PowerPointpresentacións
�� CorelDraweditor gráfico
�� AutoCADdeseño asistido por ordenador
55
tratamento de imaxesEste tipo de programas serven para cambiar o tamaño das
imaxes dixitais, escurecelas ou aclaralas, aplicarlles efectos,
recortar unha parte, etc.
Sen dúbida o máis popular é Photoshop nas súas diferentes
versións: Photoshop Album para principiantes, Photoshop
Elements para usuarios medios e Photoshop CS2 para usua-
rios avanzados e profesionais.
Existen outros programas como Paint Shop Pro ou gratuítos
como IrfanView que conteñen todas as ferramentas básicas
para o tratamento de fotografías dixitais. Hai outro tipo de
programas para catalogar e organizar as fotos entre os que
destaca Acdsee.
comunicaciónsSon os programas que permiten ó ordenador comunicarse
con outros equipos xa sexa para enviar correo electrónico ou
para visitar páxinas web en Internet.
Para enviar, recibir e organizar o correo electrónico, o progra-
ma máis coñecido é Outlook Express, que está integrado no
propio sistema operativo Windows, pero existen outros pro-
gramas gratuítos como Eudora ou Thunderbird.
O mesmo sucede cos navegadores de Internet, o máis utiliza-
do con moita diferenza ó vir integrado no sistema operativo
Windows é Internet Explorer, pero existen outros gratuítos
como Firefox e Opera.
multimediaEsta é a familia de programas que permiten escoitar música e
visualizar vídeos no ordenador.
O máis coñecido é Windows Media Player, que vén integrado
no sistema operativo Windows. Son tamén moi utilizados
Real Player, WinAmp, Musicmatch Jukebox e QuickTime,
todos eles gratuítos (na versión básica).
programas e ficheiros programas de uso xeral
�� Adobe Photoshoptratamento de imaxes
�� Microsoft Outlook Expressxestor de correo electrónico
�� Apple QuickTimemultimedia
56
xestiónExiste unha ampla oferta de programas para xestión de
Pymes, destacando entre todos eles AGATA (Aplicación de
Xestión e Administración para Talleres Artesáns) ó estar
deseñado especificamente para dar resposta ás necesidades
das pequenas unidades de produción artesanal.
utilidadesAlgúns programas auxiliares do software principal coñécense
tamén como Utilidades; entre elas atopamos:
lectura e creación de PDFO lector de arquivos PDF por excelencia é Acrobat Reader
(gratuíto). Hai outras utilidades que nos permiten crear PDFs
desde case calquera arquivo, destacan Virtual PDF Printer e
Cute PDF Writer.
antivirusProgramas que preveñen a entrada de virus no ordenador.
Cada vez que tratamos de introducir un ficheiro no noso
ordenador desde un disquete, CD, DVD, lapis de memoria ou
calquera outro dispositivo de almacenamento, estes progra-
mas revísano para comprobar que non contén virus.
Tamén controlan os correos electrónicos que recibimos e os
seus arquivos adxuntos. Destacan Panda Antivirus, Norton
Antivirus e McAfee.
anti-spywareEstes programas serven para detectar e eliminar pequenas
pezas de software que son descargadas e instaladas no noso
ordenador, sen que sexamos conscientes diso, simplemente
por navegar por Internet. Estes programas coñecidos xeneri-
camente como "SpyWare" (o seu obxectivo fundamental é o
de "espiar", obter información dos nosos hábitos de uso do
�� Agata - xestión e administración
�� Panda-antivirus
�� Spybot - anti-spyware
57
ordenador) non chegan a ser tan prexudiciais coma os virus,
pero poden atentar contra a nosa privacidade. Un dos máis
coñecidos é SpyBot Search & Destroy.
A utilización destes programas non é tan sinxela coma a dos
antivirus e pode requerir consello de persoas experimentadas.
traduciónTrátase de potentes dicionarios que poden instalarse no orde-
nador; contan tamén con ferramentas de conxugación de
verbos, corrector gramatical, axuda á redacción, tradución de
números, etc.
Funcionan normalmente entre dous idiomas Español-Inglés
Inglés-Español. Podemos destacar Ultralingua e Babylon.
Algúns destes tradutores poden utilizarse gratuitamente a tra-
vés de Internet para consultas e traducións ocasionais (por
exemplo en www.ultralingua.net).
compresión Serven para reducir o tamaño dos arquivos para envialos por
correo electrónico ou para aforrar espazo no noso disco duro
e para descomprimir os arquivos comprimidos que recibimos.
Os máis coñecidos son: Winzip, Winrar e Winace.
gravación de CDs e DVDsPermiten gravar calquera tipo de arquivo desde o disco duro
do ordenador nun CD ou DVD virxe ou regravable. Destacan:
Nero, Easy CD e Direct CD.
intercambio de arquivosSon programas que serven para intercambiar programas, uti-
lidades, vídeos, música, etc., entre usuarios de todo o
mundo. Funcionan a través de Internet, sendo os máis popu-
lares eMule, Kazaa e BitTorrent. Estes programas son tamén
coñecidos como "peer to peer".
programas e ficheiros programas de uso xeral
�� WinZip - compresión
�� Ultralingua - tradución
�� eMule - intercambio de arquivos
58
suites de ofimáticaUnha das traducións de "suit" é traxe completo e por iso se
utiliza en inglés para definir o tipo de programas que inte-
gran varias aplicacións de uso habitual, normalmente un pro-
cesador de textos, unha base de datos e unha folla de cálcu-
lo.
Existen diversas opcións:
Microsoft Office, a máis utilizada con moita diferenza e coa
que as demais tratan de buscar a máxima compatibilidade,
contén os seguintes programas:
· Word, procesador de textos
· Excel, folla de cálculo
· Access, base de datos
· PowerPoint, presentacións
· Outlook, organizador persoal
Outras Suites moito máis económicas:
Lotus SmartSuite, que contén:
· WordPro, procesador de textos
· 1-2-3, folla de cálculo
· Approach, base de datos
· Freelance Graphics, presentacións
· Organizer, organizador persoal
WordPerfect Office, que contén:
· WordPerfect, procesador de textos
· Quattro Pro, folla de cálculo
· Presentations, presentacións
StarOffice, que contén:
· Writer, procesador de textos
· Calc, folla de cálculo
· Base, base de datos
· Impress, presentacións
· Draw, edición de gráficos
OpenOffice versión libre e gratuíta de StarOffice cos mesmos
compoñentes: Writer, Calc, Base, Impress e Draw.
�� Microsoft Office
�� StarOffice
59
macintoshOs ordenadores Macintosh incorporan de forma gratuíta os
seguintes programas:
Safari, navegador de Internet
Mail, xestor de correo electrónico
QuickTime, QuickTime, reprodutor de música e vídeo
Agenda, xestión de contactos
iCal, ferramenta/calendario para xestionar tarefas
iChat, xestor de videoconferencia.
iTunes, xestión e reprodución de arquivos musicais
iPhoto, xestión e edición básica de fotografías dixitais
iMovie HD, edición de video dixital
iDVD, creación de DVDs
GarageBand, creación e gravación de música dixital
AppleWorks, a Suite de Apple que contén: procesador de
textos, base de datos, folla de cálculo, presentacións e debu-
xo e edición gráfica.
programas e ficheiros programas de uso xeral
�� AppleWorks - suite de Apple
61
programas especializados para artesánsAdemais dos programas que acabamosde ver e que son utilizados por todo tipode sectores, existen diversos programasinformáticos con aplicacións concretas eespecíficas para diversos oficios.
programas e ficheiros
62
Vimos os principais programas incluídos cos sistemas operati-
vos e os de uso máis habitual.
Como xa comentamos existen miles de programas que per-
miten desenvolver moitas outras actividades co ordenador;
uns son gratuítos (freeware), outros permítennos probalos
durante un tempo e logo pagar una pequena cantidade para
poder seguir utilizándoos (shareware) e outros son programas
de tipo comercial que habitualmente ofrecen unha versión
simplificada para probalos (demo) ou unha versión completa
pero cun período de proba limitado a un determinado núme-
ro de días.
A continuación detallamos unha serie de programas específi-
cos para diversos oficios: cerámica, coiro, xoiería, madeira,
téxtil, vidro e varios.
cerámicaEstequiometría realiza rápida e facilmente os cálculos habi-
tuais dun ceramista: o cálculo da temperatura de cocción e o
cálculo da solubilidade en ácidos dos vidrados plúmbicos,
etc.
www.estequiometria.com
Hai outros programas, en inglés, que permiten realizar este
tipo de cálculos, almacenan bases de datos con fórmulas de
esmaltes, etc.
Insight
www.digitalfire.com
Matrix 2000
www.matrix2000.co.nz
The Glaze Calculator
www.glazecalc.com
HyperGlaze
www.hyperglaze/com
A utilización dun programaespecializado permitiranosrealizar algunhas tarefasdo noso taller con máiseficacia e rapidez.
�� Matrix 2000, cerámica
63
coiroRCS 2D Bag e Formaris son solucións informáticas para o
deseño de bolsos, carteiras, artículos de viaxe, etc.
www.lectra.com/en/luggage_leather_goods
xoiería Desenvolvéronse programas de deseño asistido por ordena-
dor (CAD) especialmente adaptados para deseñar xoiería.
JewelCAD
www.jcadcam.com
ArtCAM
www.artcamjewelsmith.com
Jewelcad
www.jewelcad.co.uk
Existen outros programas destinados a calcular o valor das
pezas en función da variación do custo dos metais preciosos,
taxación e outras operacións de interese para os xoieiros.
Metalynx
www.kitco.com/jewelry/freesoftware.html
Gold Silver Engineer
www.goldensoftwareengineers.com.au/GoldSilverEngInfo.htm
Carat
www.jewelryware.com/product.htm
madeira Ligno 3D Designers, programa de deseño en tres dimen-
sións para crear esculturas de madeira con formas poliédricas.
www.ligno3d.com
LatheSim simula o traballo nun torno podendo realizar pezas
virtuais.
www.craftysims.com/Products.htm
programas e ficheiros programas especializados para artesáns
�� Carat, xoiería
�� Ligno 3D, madeira
64
MasterCarpenter é un software de deseño aplicable ás múl-
tiples tarefas que un carpinteiro ten que desenvolver: pare-
des, escaleiras, teitos, etc.
www.eteknic.com/mc.html
téxtilExisten diversos programas para deseño de tecidos con apli-
cación en teares manuais e tecidos estampados:
Pixeldobby
www.pixelart.es
Patternland Weave Simulator
www.mhsoft.com
Estes dous programas son distribuídos en España por Estudio
Textil Indigo (T 918 010 907) que proporciona manuais en
castelán e cursos de aprendizaxe.
Fiberworks PCW
www.fiberworks-pcw.com
Pointcarré
www.pointcarre.com
WeaveIt
www.weaveit.com
WeaveMaker
www.weavemaker.com
ProWeave
www.proweave.com
Existen tamén programas para o deseño de retacería ("quilts"
ou "patchwork"):
Quilt-Pro
www.quiltpro.com
ElectricQuilt
www.electricquilt.com
�� Weavelt, téxtil
�� Pointcarré, téxtil
65
Cool Totes, está especialmente desenvolvido para o deseño
de bolsos con materiais téxtiles.
www.cochenille.com/gdgshtml/tote.html
vidroExisten programas desenvolvidos para facilitar o deseño de
vidreiras con aplicacións de colores, texturas e a rápida redi-
mensión e adaptación a outras medidas de deseños existentes.
Glass Eye 2000
www.dfly.com
Pattern Wizard e Rapid Resizer
www.sgdesigns.com
Glass Crafter's Workshop
www.blazingstarsoftware.com/ProductGCW.html
Glass & Glass
www.dekorstudio.it/vetrate.html
Designer
www.americanbevel.com/designer.asp
variosExisten programas para optimización de corte que poden ser
utilizados por diferentes oficios: coiro, madeira, metal, téxtil,
vidro, etc.
Corte Certo
www.cortecerto.com/espanol/main.htm
XY Soft
www.optimizecutter.com
Optimik
www.optimik.com
WoodWorks
www.woodworks.at/en
programas e ficheiros programas especializados para artesáns
�� Rapid Resizer, vidro
�� Pattern Wizard, vidro
66
CutListPlus
www.cutlistplus.com
Cutting 3
www.cuttinghome.com/Cutting3e.html
Plus 1D/2D
www.nirvanatec.com/nesting_software.html
Sheet Layout
www.sheetlayout.com
Connected Pattern Maker transforma unha fotografía dixital
nun patrón de liñas, con aplicacións en taracea, coiro, téxtil,
etc.
www.connectedlines.com/tcpm/index.htm
Formaris Furniture, permite o deseño de patróns para apli-
car en tapicería.
www.lectra.com/en/furniture_furnishings/products/formaris_
furniture.html
�� Optimicer Cuter,optimización de corte
67
formatos de arquivoA información gárdase dentro do ordena-dor en arquivos ou ficheiros. Poderíamosdefinir “arquivo” como un conxunto dedatos que se crea cun determinado progra-ma e que se almacena para consultarse ouutilizarse posteriormente.
programas e ficheiros
68
Cada arquivo ten un nome composto por un texto, un punto
e un segundo texto, por exemplo DOCUMENTO.DOC
O primeiro texto -DOCUMENTO- é o nome propiamente dito
do arquivo.
O segundo texto -DOC- denomínase extensión e serve para
definir de qué tipo de arquivo se trata: de texto, gráfico,
música, etc. A extensión dos arquivos soe estar composta por
tres letras pero tamén as pode haber de dúas e de catro.
O punto serve para saber cando remata o nome e comeza a
extensión. É irrelevante se o nome do arquivo aparece en
maiúsculas ou minúsculas.
Podemos distinguir basicamente dúas clases de arquivos:
Executables con extensións como:
.EXE .COM .BAT .DLL
Están creados para realizar accións por si mesmos; son os
programas propiamente ditos. Non profundizaremos neste
tipo de arquivos nesta guía.
De datos con extensións como:
.DOC .JPG .ZIP .MP3 .HTM
Cómpre utilizar unha aplicación ou programa para tratar a
información que conteñen.
As extensións dos arquivos adoitan estar ocultas, de tal forma
que se creamos un listado cos arquivos que contén o noso
ordenador, o arquivo exemplo DOCUMENTO.DOC aparecerá
como DOCUMENTO (sen a extensión); non obstante o orde-
nador recoñece a extensión e saberá qué programa ten que
utilizar para abrilo, presentar o seu contido, modificalo se é
necesario e volver a gardalo.
Pódense configurar as ventás onde aparecen os listados cos
arquivos, para que mostren os nomes e as extensións corres-
pondentes.
�� listado de arquivoscoa súa extensión (.jpg)
�� listado de arquivoscon extensión oculta
69
Cada tipo de arquivo ten un icono (pequeno debuxo) asocia-
do que nos permite identificalo máis facilmente.
tipos de arquivosA continuación detallamos algunhas das extensións dos
arquivos de datos que máis se utilizan.
arquivos de texto.TXT
Arquivo de texto "plano", sen formato (só garda os caracteres
-letras, números e símbolos-). Ábrese con calquera editor de
texto, incluído o Bloc de Notas de Windows.
.DOC
Arquivo de texto con estilo ou "enriquecido" (garda o tipo de
letra, tamaño, color, etc.). É o formato de arquivos de
Microsoft Word. Dada a súa popularidade pódese crear e
abrir con practicamente todos os procesadores de texto.
.RTF
Arquivo de texto enriquecido que permite intercambiar texto
entre distintos procesadores de texto e en distintos sistemas
operativos. As súas posibilidades de formato son máis reduci-
das que os arquivos .DOC pero permite un intercambio máis
fácil.
arquivos gráficos de mapa de bitsÉ o formato gráfico máis habitual e que empregan as fotogra-
fías dixitais.
Están formados por unha cuadrícula na que cada cela deno-
minada píxel ten unha determinada color, estes píxeles son
tan pequenos que a simple vista non se perciben pero se a
imaxe se amplía demasiado acábanse vendo os cadrados que
a forman e o típico aspecto dentado dos bordes das liñas.
Hai diversos formatos e moitos programas para visualizar este
tipo de arquivos, editalos e convertelos dun formato a outro.
programas e ficheiros formatos de arquivo
.txt
.doc
.xls
.ppt
.html
.wmv
.cdr
.mov
.zip
Exemplo de iconos dosarquivos máis comúns:
70
Existen formatos comprimidos e sen comprimir. De forma
xeral podemos dicir que:
A maior compresión
> Menor calidade de imaxe e Menos espazo ocupado.
A menor compresión
> Maior calidade de imaxe e Máis espazo ocupado.
Os formatos máis habituais son:
.JPG ou .JPEG
Este formato é con diferenza o máis utilizado pois ofrece
unha calidade moi razonable cun alto nivel de compresión.
É o formato no que gardan as fotografías as cámaras dixitais.
Unha grande vantaxe deste formato é que admite diversos
niveles de compresión en función do uso que vaiamos dar ó
ficheiro: se o imos utilizar para enviar por correo electrónico
ou nunha páxina web podemos utilizar un nivel de compre-
sión maior, se o imos imprimir ou gardar nun soporte de
almacenamento podemos optar por un nivel de compresión
máis baixo co que obteremos maior calidade.
.GIF
Arquivo comprimido destinado a Internet. Utilízase sobre
todo para logotipos e gráficos con poucas cores. É ideal
cando queremos que algunha parte do gráfico sexa transpa-
rente (sen color). Permite utilizar diversas paletas de colores
(8, 16, 32 e ata 256).
A máis cantidade de colores
> Maior calidade e Máis espazo ocupado
A menos cantidade de colores
> Menor calidade e Menos espazo ocupado
.BMP
Trátase dun arquivo sen comprimir polo que ofrece gran cali-
dade pero ocupa moito espazo no noso ordenador.
.TIF ou .TIFF
É o formato de arquivos gráficos sen perda máis utilizado,
sobre todo entre os profesionais do deseño gráfico.
�� arquivo .JPG a calidade máxima
�� arquivo .JPG a calidade media
�� arquivo .JPG a calidade baixa
71
.RAW
Arquivo de fotografía dixital sen ningunha perda de calidade,
polo que ocupan unha gran cantidade de espazo na memo-
ria; é utilizado case unicamente polas cámaras semiprofesio-
nais e de alta gama.
Os programas de edición de fotografías, adoitan crear os seus
propios arquivos con extensións específicas.
.PSD
É o formato de arquivo utilizado polo programa Adobe
Photoshop.
.CPT
Corresponde ós arquivos creados con Corel Photo-Paint.
archivos gráficos vectoriaisÉste é o tipo de arquivo empregado para logotipos, debuxos
e gráficos lineais.
Están compostos por vectores que se definen matematicamen-
te formando series de puntos unidos por liñas. Isto permite
reducilos ou amplialos sen perda de calidade. Utilízanse para
gráficos, ilustracións, imaxes con texto, debuxos xeométricos e
bosquexo tipo CAD (deseño asistido por ordenador), etc.
Existen diversos programas para crear gráficos e imaxes vec-
toriais e cada un utiliza o seu propio sistema de arquivos e a
súa propia extensión. As máis coñecidas son:
.CDR
É a extensión propia do programa CorelDraw.
.FH
Extensión propia do programa FreeHand.
.AI
Extensión propia do programa Adobe Illustrator.
.EPS
Formato de arquivos vectoriais compatible e que polo tanto
poden abrir os programas de edición gráfica de tipo vectorial.
programas e ficheiros formatos de arquivo
Exemplo de tamaño dunhamesma imaxe en diversos forma-tos de arquivo gráfico de mapa debits:
Arquivo TIFF (.tif)
Tamaño: 12,4 MB
Arquivo RAW (.raw)
Tamaño: 8,2 MB
Arquivo JPEG calidade alta (.jpg)
Tamaño: 2,1 MB
Arquivo JPEG calidade media (.jpg)
Tamaño: 0,8 MB
�� os arquivos vectoriais non perdencalidade cando se amplían(na aplicación axeitada)
72
Os programas de CAD (deseño asistido por ordenador) for-
man un subgrupo dentro dos programas de deseño vecto-
riais. O máis coñecido e utilizado é o AutoCAD pero existen
outros moitos coas súas propias extensións de arquivos.
.DWG
Esta é a extensión propia do programa AutoCAD.
.DXF
Vén de Drawing eXchange Format (formato de intercambio
de debuxo), é un formato estándar que é aceptado por moi-
tos e distintos programas de CAD. Permite ós usuarios inter-
cambiar debuxos aínda que non teñan o mesmo programa.
arquivos de vídeoA constante baixada de prezos das cámaras de vídeo dixitais,
a maior capacidade dos discos duros e velocidade dos orde-
nadores están popularizando este tipo de ficheiros, ó que
tamén contribuíu a aparición de programas de edición de
vídeo bastante sinxelos, que permiten retocar as gravacións
seleccionando as partes máis interesantes, engadir subtítulos,
entradas, efectos, etc.
Os formatos máis comúns son:
.AVI
O máis utilizado en Windows. Pode estar comprimido ou sen
comprimir. DivX é a forma máis habitual de comprimir os
ficheiros AVI e permite gravar unha película completa nun
CD de 650 Megas.
.MPG ou .MPEG
Formato comprimido moi usado en Internet e para pequenos
vídeos.
.WMV
Formato utilizado polo programa Windows Media Player.
É de uso común para pequenos vídeos en Internet.
.MOV
Propio do programa QuickTime que é o programa de visuali-
�� programa reproductor de ficheiros DiVx
Os arquivos de vídeopopularizáronse grazas aprezos asequibles nascámaras de vídeo dixitais eo mellor rendemento dosordenadores.
73
zación de vídeo nos ordenadores Macintosh (tamén existe
unha versión para Windows).
.RV
Utilizado polo programa RealPlayer.
arquivos de audio ou son.MP3
Formato de arquivo comprimido, sen dúbida o máis utilizado
para escoitar música no ordenador e en reproductores de
MP3 portátiles.
.WMA
Arquivo comprimido utilizado polo programa Windows
Media Player.
.RA
Este é usado polo programa RealPlayer.
.CDA
É o formato das cancións que contén un CD musical.
arquivos comprimidosAlgúns programas comprimen os arquivos para que ocupen
menos espazo no disco duro do ordenador ou para que tar-
den menos tempo en ser enviados por correo electrónico.
Estes programas tamén nos permiten comprimir unha carpe-
ta que conteña varios arquivos. O que fan é crear un arquivo
novo co nome orixinal do arquivo ou carpeta seguido dunha
extensión específica.
Cómpre dispoñer dun programa para descomprimir estes
arquivos e poder visualizar a información que conteñen.
Os máis usuais son:
.ZIP
Este é o máis extendido; ábrese con gran cantidade de pro-
gramas de baixo custo e gratuítos (o máis coñecido é Winzip)
e as últimas versións de Windows son capaces de tratar estes
arquivos comprimidos directamente.
programas e ficheiros formatos de arquivo
Exemplo de compresiónde arquivos:
documento orixinal .doc
Tamaño: 984 KB
documento comprimido .zip
Tamaño: 48 KB
documento comprimido .rar
Tamaño: 42 KB
documento comprimido .sit
Tamaño: 28 KB
�� reproductor portátilde arquivos mp3
74
.RAR
Moi extendido tamén pois ofrece un alto ratio de compre-
sión; ábrese con WinRAR
.ACE
Outro dos formatos habituais, ábrese con WinAce
.SIT
Este é o habitual nos ordenadores Macintosh, ábrese co pro-
grama Stuffit.
outros arquivos comúns.PPT
Son os creados polo programa de presentacións Microsoft
PowerPoint; tamén se utiliza a extensión .PPS
.XLS
Creados polo programa de folla de cálculo Microsoft Excel.
.MDB
Creados co programa de base de datos Microsoft Access.
.HTM o .HTML
Extensións dos arquivos que compoñen as páxinas web.
Arquivo cada vez máis utilizado pois pode conter textos, grá-
ficos e fotografías ocupa moi pouco espazo en función das
preferencias do usuario. O programa orixinal para crear PDFs
denomínase Adobe Acrobat, pero existen diversos programas
que converten case calquera tipo de documento nun arquivo
con formato PDF.
O programa que se utiliza para poder ler este tipo de docu-
mentos é o Adobe Reader (gratuíto), que adoita vir instalado
na maioría de novos ordenadores e tamén se pode descargar
desde a web de Adobe que é a empresa que desenvolveu
este formato de arquivos.
www.adobe.es/products/acrobat/readermain.html
¿Que facer cando non coñecemosa extensión dun arquivo oucando este non se abre automati-camente?
Existen páxinas web onde pode-
mos introducir a extensión do
arquivo e a páxina indicaranos a
que programa corresponde.
Unha boa páxina en castelán,
desde a que podes realizar estas
consultas e incluso descargar un
documento PDF con máis de
1.000 extensións e a que progra-
mas corresponden, é:
www.telecentros.info/extensiones
�� programa lector de arquivos PDF(Adobe Reader)
75
formatos de fotografía dixitalO tratamento que debemos aplicarlle aunha fotografía dixital é moi diferente enfunción do uso que vaiamos darlle:impresión en papel, envío por correoelectrónico, páxina web.
programas e ficheiros
76
A fotografía dixital é unha ferramenta de gran utilida-
de para os talleres artesáns que, de forma rápida e sin-
xela, poden:
• Ter apacidade para documentar todo o proceso de
produción dunha peza.
• Realizar fotos "de campo" para encargos e pezas
únicas: restauración, vidreiras, murais, etc.
• Facer fotos ós produtos para envialas ós seus clien-
tes por correo electrónico, incorporalas á súa páxina
web, deseñar un pequeno folleto ou catálogo, incor-
poralas ó AGATA (aplicación de gestión y adminis-
tración para talleres artesanos) e xerar catálogos
personalizados desde o programa.
O tratamento que debemos darlle ás fotografías dixitais
depende da función á que vaiamos destinalas.
Non pretende ser este capítulo da Guía un manual de trata-
mento de fotos dixitais, tan só aclarar algúns conceptos bási-
cos e ofrecer varios consellos para aforrar tempo e mellorar a
presentación dos nosos produtos.
formatos e tamañosAs cámaras dixitais de gama media e alta, permiten tomar as
fotografías en formatos "sen perda" RAW ou TIF e, ó igual
que as cámaras "domésticas", gardan as fotos tamén en for-
mato JPG que é un formato de compresión "con perda". Estes
formatos sen perda conteñen máis información cromática e a
calidade da foto vai ser maior, pero vai ocupar máis espazo
na tarxeta de memoria e posteriormente no ordenador.
Se temos unha tarxeta de memoria na cámara con suficiente
capacidade e dispoñemos de abundante espazo no disco
duro, é aconsellable tomar as fotos nestes formatos sen perda
�� menu de cámara dixital(formato de imaxe)
�� cámara dixital doméstica
�� cámara dixital semiprofesional
77
ou en JPG á máxima calidade que nos permita a cámara (é
dicir, coa mínima compresión). Desta maneira dispoñeremos
dun arquivo de imaxe con calidade suficiente para imprimir
as fotos a un certo tamaño, tendo en conta que sempre
poderemos retocalas para impresións a menor tamaño, ou
envialas por correo electrónico ou empregar na web.
A información cromática e número de píxeles que perdamos
ó tomar a fotografía xa non poderemos recuperala despois.
Por iso é importante aproveitar as máximas posibilidades que
neste sentido ofreza a nosa cámara dixital.
Imos ver un exemplo das opcións que ofrece a Canon
PowerShot S30 cuxa resolución máxima é de 2048 x 1536, é
dicir 3.145.728 píxeles (cifra que normalmente se redondea a
3 Megapíxeles), polo que dicimos coloquialmente que esta é
unha cámara de 3 Megas ou Megapíxeles.
Esta cámara permite tomar fotografías en varios formatos
• RAW a 2048 x 1536 > 3.145.728 píxeles
• JPG a 2048 x 1536 > 3.145.728 píxeles
• JPG a 1600 x 1200 > 1.920.000 píxeles
• JPG a 1024 x 766 > 784.384 píxeles
• JPG a 640 x 480 > 307.200 píxeles
Adicionalmente a cámara ofrece, só para os formatos JPG,
tres opcións de compresión (alta, media e baixa).
A compresión no formato JPG é un proceso que elimina
información cromática da imaxe orixinal, polo tanto permite
reducir o seu tamaño, e posteriormente reconstruír unha
imaxe "parecida", tanto máis parecida canto menor sexa o
nivel de compresión, pero nunca igual ó orixinal.
Polo tanto, a recomendación para obter imaxes da máxima
calidade sería, neste caso, usar o formato RAW a 2048x1536
píxeles. Se a nosa cámara non dispuxese dese formato, a
programas e ficheiros formatos de fotografía dixital
Compresión e calidade/espazo:
• Maior compresión
Menos espazo en tarxeta e disco
Peor calidade
• Menor compresión
Máis espazo en tarxeta e disco
Mellor calidade
Para almacenaras fotos dixitais de
"alta calidade", unhaopción aconsellable é dispor
dun segundo disco duro,que pode ser externo.
�� Canon PowerShot S30
78
opción de máxima calidade sería en formato JPG a
2048x1536 píxeles e nivel de compresión baixo.
a resoluciónAs fotografías dixitais son arquivos gráficos do tipo "mapa de
bits" o que quere dicir que están formados por unha cuadrí-
cula cun determinado número de filas e columnas. Cada un
dos cadradiños que forman a cuadrícula denomínase píxel. A
cada píxel asígnaselle a información cromática nese punto da
imaxe captada pola cámara.
Cando nos referimos á resolución dunha fotografía referímo-
nos ás dimensións en píxeles que ten esa foto. Así unha foto
cunha resolución de 2048 x 1536 está formada por
3.145.728 píxeles.
Esta resolución dinos polo tanto o número de píxeles que ten
a foto, pero non ofrece ningunha información sobre o tama-
ño que terá a foto ó imprimila, pois non ofrece dato algún
sobre o tamaño do píxel (os píxeles só teñen tamaño defini-
do cando se representa a foto, xa sexa nunha pantalla ou
impresa nun papel).
Para iso debemos coñecer a resolución do medio de repre-
sentación da foto, cando nos referimos a fotografías impresas
ou visualizadas nunha pantalla, que expresa o número de
píxeles por unidade de medida. Este tipo de resolución,
exprésase normalmente en puntos por pulgada (ppp).
1 pulgada = 2,54 centímetros
Unha boa resolución para unha fotografía impresa en papel
fotográfico adoita ser de 300 ppp aínda que se imos imprimir
a foto en papel normal 200 ppp serán suficientes.
Isto quere dicir que cada pulgada lineal estará dividida en
300 ou 200 diminutos cadradiños respectivamente. Canto
maior resolución > máis puntos por pulgada > máis calidade
de impresión.
�� píxeles duhna imaxe dixital
�� fotografía dixital de 1 pulgadadiferentes resolucións
79
cambios de tamañoOs programas de retoque fotográfico permiten cambiar o
tamaño das fotos dixitais para adaptalas á función concreta á
que vaian destinadas.
Hai dúas posibilidades:
O escalado, que mantén fixo o número de píxeles e polo
tanto o tamaño informático (o espazo que ocupa a foto no
disco duro do noso ordenador expresado en Kilobytes ou
Megabytes).
A remostraxe, que varía o número de píxeles e en conse-
cuencia o tamaño informático.
Vexamos que podemos conseguir con cada unha destas dúas
opcións.
escaladoCo escalado mantense bloqueado o número de píxeles e a
proporción entre o ancho e a altura pero varíase o tamaño da
foto impresa. O tamaño impreso da foto está en función da
resolución en píxeles por pulgada (ppp) coa que queiramos
realizar a impresión.
A maior tamaño de impresión, menor resolución (menos
píxeles por cada pulgada) e polo tanto menor calidade; a
menor tamaño de impresión, maior resolución (máis píxeles
por cada pulgada) e polo tanto maior calidade (esta maior
calidade terá o seu límite loxicamente na resolución máxima
da impresora).
Vémolo claramente coa ventá de Tamaño de imaxe do pro-
grama Photoshop onde, se desactivamos a opción de
Remostraxe, as dimensións en píxeles da parte superior e a
proporción entre o ancho e a altura do documento quedan
bloqueadas e cambiarán en función do valor que introduza-
mos no campo resolución ou viceversa, a resolución variará
en función do ancho ou altura do documento.
programas e ficheiros formatos de fotografía dixital
Como exemplo de escalado,tomemos unha imaxe cunhadimensión en píxeles de 2048 x1536 que ocupa 1,4 Megabytesno disco duro:
�� con resolución de 100 pppimprimiríase a un tamaño de52x39 cm.
�� con resolución de 200 pppimprimiríase a un tamaño de26x19,5 cm.
�� con resolución de 300 pppimprimiríase a un tamaño de17,3x13 cm.
80
remostraxeO escalado non nos ofrece a resposta adecuada en todos os
casos: fotos para enviar por correo electrónico, para unha
páxina web ou para determinadas necesidades de impresión.
Nestes casos debemos activar a opción de remostraxe. Na
maioría dos casos utilizaremos a remostraxe "á baixa" é dicir
reducindo o número de píxeles para reducir en consecuencia
o tamaño da foto impresa ou visualizada na pantalla do orde-
nador.
Como exemplo: se imos utilizar unha foto para o progra-
ma AGATA, onde o espazo que dispoñemos para introducir a
fotografía de cada un dos nosos produtos nos catálogos que
xenera o programa ten unha altura de 3,7 cm. parece claro
que a fotografía que tiñamos feita a máxima calidade coa
cámara de exemplo, que como vimos a unha resolución de
200 píxeles por pulgada se imprime a un tamaño de 26 x
19,5 cm., é demasiado grande.
Non imos obter mellor calidade de impresión (esta depende-
rá da resolución da impresora), ademais ralentizaremos o fun-
cionamento do programa e a impresión dos catálogos ó utili-
zar fotos "demasiado pesadas".
Ímolo ver con máis claridade na ventá de Tamaño de imaxe
de Photoshop:
Introducindo unha altura de 3,7 cm para a imaxe impresa,
obteríamos unha resolución de 1054 píxeles por pulgada
(moi por riba do que as impresoras normais son capaces), a
foto manterá unhas dimensións en píxeles de 2048 x 1536 e
ocupará 1,4 Megabytes no disco duro.
Se agora marcamos a opción Remostraxe e fixamos a resolu-
ción en 240 píxeles por pulgada (este valor habería que elixi-
lo en función da resolución da nosa impresora; 240 píxeles
por pulgada é unha calidade de impresión moi aceptable),
veremos que o tamaño en píxeles pasou a 466 x 350 e ó gar-
dala ocupará 292 Kilobytes no disco.
Exemplo de remostraxe:
�� con resolución de 200 pppimprimiríase a un tamaño de26x19,5 cm.
�� cambiando a altura obtemosunha resolución de 1054 pixe-les, "demasiado pesada".
�� marcando a opción deremostraxe e fixando a resolu-ción a 240 ppp, obtemos acalidade e tamaño apropiado.
81
Como se pode aprezar, a diferenza de "tamaño informático" é
sustancial, pasamos de 1400 a 292 KB.
Os pasos seguidos neste exemplo, podémolos aplicar igual-
mente se se tratara dun folleto ou catálogo que vaiamos
deseñar.
Se imos enviar unha foto por correo electrónico, coa única
intención de que o destinatario a vexa na súa pantalla, debe-
mos ter en conta unicamente a resolución habitual das pan-
tallas.
Imos centrarnos na pantalla de 1024 x 768 píxeles que é a
resolución máis habitual.
Se mandamos a foto de exemplo, que como recordaremos
ten unhas dimensións en píxeles de 2048 x 1536, a foto ocu-
pará dúas veces a pantalla ó ancho e ó alto e pesará 1,4
Megabytes.
Se a remostrexamos deixándoa en 1024 x 768 píxeles ocupa-
rá toda a pantalla e pesará 372 Kilobytes (unha cuarta parte
do tamaño orixinal).
Se a reducimos aínda máis, ata 512 x 384 píxeles, ocupará
unha cuarta parte da pantalla e pesará 204 Kilobytes, a foto
verase perfectamente e en moitos casos este tamaño será
suficiente.
Teremos enviado un arquivo que ocupa "informaticamente"
sete veces menos, co conseguinte aforro de tempo de envío,
de recepción e aforro igualmente de espazo no disco do des-
tinatario se finalmente decide gardar a foto que lle enviamos.
O exemplo anterior é igualmente válido para as fotos que
vaiamos utilizar nunha páxina web.
Os programas cos que se deseñan as páxinas indicarannos as
dimensións en píxeles que ten "a caixa" ou contedor onde vai
ir colocada a foto e ese será o tamaño que debemos darlle
utilizando a opción de remostraxe no programa de retoque
fotográfico.
programas e ficheiros formatos de fotografía dixital
Porcentaxe actual de uso dasdiferentes resolucións das panta-llas de ordenador:
O 25% de usuarios utiliza
pantallas de 800 x 600 píxeles.
O 55% de usuarios utiliza
pantallas de 1024 x 768 píxeles.
O 15% de usuarios utiliza
pantallas con maior resolución.
�� imaxe de 500x325 píxelesnun monitor a 800x600 píxeles.
�� imaxe de 500x325 píxelesnun monitor a 1024x768 píxeles.
82
Se utilizamos a remostraxe á alza o que facemos é aumen-
tar o número de píxeles que ten a foto; o que o programa fai
é crear unha nova cuadrícula engadindo o número de píxeles
necesario e utilizando a información cromática da foto orixi-
nal para asignar información cromática ós novos píxeles. Este
proceso denomínase interpolación.
O resultado da interpolación mellora o aspecto "pixelado" da
foto, na que practicamente se ven os cadradiños (píxeles)
que a forman, que aparece cando a queremos imprimir a un
tamaño demasiado grande. Mediante a remostraxe á alza
non se chega á calidade que debemos esixir a unha foto polo
que non é moi recomendable.
Para evitar estes problemas de "pixelado" insistimos no conse-
llo de facer e conservar as fotos á máxima resolución que nos
permita a cámara; posteriormente adaptarémolas ó uso con-
creto que necesitemos pero sempre conservando a imaxe ori-
xinal de calidade.
�� fotografía pixelada
�� fotografía con remostraxe en alza
83
internet, correo electrónico e a webInternet evolucionou a forma na que aspersoas se comunican e as empresaspresentan e venden os seus produtos.As súas principais ferramentas son ocorreo electrónico e a web.
internet
84
internetPodemos definir Internet como unha enorme rede con
millóns de ordenadores conectados entre si mediante o cable
telefónico, fibra óptica, vía satélite ou sen fíos.
cómo funcionaPara que todos os ordenadores conectados a Internet poidan
comunicarse entre si necesitan "falar" unha mesma linguaxe;
esta linguaxe mediante a que os ordenadores se comunican
denomínase protocolo.
O protocolo de comunicación utilizado por Internet chámase
TCP/IP "Transfer Control Protocol / Internet Protocol".
Internet ofrece a todas as persoas que están conectadas a esta
gran rede de ordenadores unha serie de servizos independen-
tes entre si, sendo os máis populares: o correo electrónico, a
world wide web (www), FTP, grupos de noticias, etc.
accesoPara ter acceso a Internet e poder utilizar estes servizos,
debemos contratar cun Provedor o "Acceso a Internet" (nor-
malmente son as mesmas empresas telefónicas).
Ó contratar o acceso a Internet, a empresa permite a cone-
xión do noso ordenador a un dos seus grandes ordenadores
que xa forman parte da rede Internet. Esta conexión realízase
normalmente mediante o cable telefónico conectado ó orde-
nador a través do módem; no caso das conexións tipo ADSL
ou Cable é necesario un cable especial e unha Tarxeta de
Rede. Actualmente todos os ordenadores veñen normalmente
equipados con módem e tarxeta de rede.
Unha vez que o noso ordenador está conectado a Internet,
podemos facer uso de todos os servizos antes mencionados;
sen dúbida os dous máis usados e que contribuíron á rápida
expansión de Internet como sistema de comunicación e acce-
so á información son o correo electrónico e a web.
Para ter acceso a Internetdebemos contratalo cunProvedor, que normalmenteson as mesmas empresastelefónicas.
85
o correo electrónicoPara utilizalo necesitamos un programa específico (o máis
coñecido é Outlook Express), de moi fácil manexo e no que
temos almacenados os enderezos de correo electrónico das
persoas coas que nos comunicamos e as mensaxes ou correos
electrónicos (e-mails en inglés) que enviamos e recibimos.
cómo funcionaCada persoa á que enviamos un correo electrónico, ten un
enderezo electrónico, este enderezo é único e proporciónao a
empresa que nos facilita o acceso a Internet. Normalmente
ten o seguinte formato:
o_teu_nome@empresa_de_telefonia.com
por exemplo:
Os enderezos de correo electrónico caracterízanse por incluír
sempre o símbolo @ que en castelán e galego se denomina
"arroba".
A arroba noutros idiomas, ten significados distintos:
• Inglés: At, en.
• Francés: Escargot, caracol.
• Alemán: Affenschwanz, cola de mono.
• Italiano: Chiocciola, caracola.
Este enderezo electrónico é coma o enderezo postal tradicio-
nal que escribimos no sobre cando enviamos unha carta. O
programa de correo sabe grazas a ela, que esa carta ou correo
electrónico tena que facer chegar a esa persoa e non a outra.
internet internet, correo electrónico e a web
�� Outlook Express
86
Os correos electrónicos chegan ós servidores (grandes orde-
nadores) das empresas que nos dan o acceso a Internet, da
mesma forma que as cartas chegan á oficina de correos da
nosa cidade. Cando abrimos o programa de correo electróni-
co, as mensaxes recuperanse desde o servidor corresponden-
te e chegan ó noso ordenador onde quedan almacenados
para consultalos e contestalos en calquera momento, da
mesma forma que o carteiro nos trae as cartas desde a oficina
de correos ó noso domicilio.
Algúns provedores de correo electrónico non requiren un
programa específico de correo, senón que proporcionan esas
funcionalidades a través do navegador, accedendo desde este
a unha aplicación de correo electrónico (son coñecidos como
web-mail). Cando utilizamos un programa clásico de correo
electrónico, as mensaxes e a listaxe de enderezos gárdanse
no noso ordenador; se utilizamos unha solución de web-mail
esas mensaxes e enderezos quedan gardados nun ordenador
do provedor do servizo. Os máis coñecidos son: MSN
Hotmail, Gmail de Google e Correo Yahoo
Nos correos electrónicos podemos incluír ou "adxuntar" -na
lenguaxe de Internet- todo tipo de ficheiros informáticos: tex-
tos (unha lista de prezos), gráficos (o noso logotipo), fotogra-
fías (dos nosos produtos), vídeos (dun proceso de traballo),
etc.
A velocidade de transmisión destas "cartas electrónicas"
tamén coñecidas como "e-mail" é altísima, chegando de
forma practicamente instantánea ó seu destinatario, aínda
que estea ó outro lado do mundo.
O custo é mínimo comparado co de enviar unha carta por
correo postal, xa sexa a un cliente dunha cidade veciña ou de
calquera lugar do mundo.
Debido á súa rapidez e baixo custo, o correo electrónico é
usado por millóns de persoas en todo o mundo e desbancou
ó correo postal como medio de comunicación, fundamental-
mente a nivel profesional.
�� servizo de correo Hotmail
�� servizo de Gmail
87
Como dispoñemos do noso propio enderezo de correo elec-
trónico, podemos utilizalo para suscribirnos a boletíns electró-
nicos, mediante os que empresas, asociacións e institucións
informan periodicamente de novedades, convocatorias de fei-
ras, axudas, exposicións, concursos, oportunidades de nego-
cio e outras actividades de interese para o sector.
listaxes de corrreoTamén poderemos suscribirnos a listaxes de correo. O seu
funcionamento é sinxelo e enormemente útil: cada listaxe ten
un enderezo de correo electrónico; por exemplo a de Nexo
(a listaxe de correo de Oficio e arte, Organización dos
Artesáns de España) é "[email protected]". Calquera membro
da lista pode enviar unha mensaxe a ese enderezo, e esta é
automaticamente enviada a todas as persoas suscritas á lista.
As mensaxes soen ser preguntas de tipo técnico ou opinións
sobre temas relacionados coa temática da listaxe. Cada mem-
bro pode elixir entre responder á mensaxe para que chegue a
todas as personas que están suscritas á listaxe, ou soamente a
quen lanzou a pregunta ou opinión.
Existen moitas listaxes de artesanía en xeral e de oficios con-
cretos en particular: cerámica, vidro, coiro, restauración,
forxa, etc., aínda que moitas delas utilizan o inglés como
idioma de comunicación.
a webO outro servizo fundamental de Internet e que contribuíu de
forma decisiva á súa popularidade é a World Wide Web o
www que podería traducirse por "arañeira mundial" e é coñe-
cida coloquialmente como a web ou a rede.
cómo funcionaTrátase dun sistema de acceso a información almacenada en
forma de páxinas web, que son basicamente conxuntos de
textos, gráficos e fotografías enlazados entre si e á súa vez a
internet internet, correo electrónico e a web
�� listaxe de correo de artesanía
Existen moitas listaxes decorreo de artesanía en
xeral e de oficios concretosen particular, como
cerámica, vidro,coiro, restauración,
forxa, etc.
88
outras páxinas web. Unha páxina web é coma un libro no
que pulsando no índice, nos leva directamente ó capítulo eli-
xido, dentro de cada capítulo podemos pasar dunha páxina a
outra con só pulsar no número de páxina. Podemos saltar
tamén a outros libros con só picar co rato nas notas biblio-
gráficas ó pé de cada páxina.
Estas palabras, frases, gráficos ou fotografías que nos fan sal-
tar dun lado a outro da páxina web ou directamente a outras
páxinas web chámanse enlaces ("links" en inglés).
Utilízase coloquialmente o termo "navegar" para referirse á
visita de páxinas web, debido á facilidade que temos de ir
dunha páxina a otra, dun sitio a outro, con só pulsar estes
enlaces.
Para unha persoa non familiarizada co funcionamento de
Internet o mellor consello é poñerse diante dun ordenador
que dispoña de conexión e explorar as súas posibilidades.
Inmediatamente comprobará o seu funcionamento intuitivo e
rápido. Non é necesario estudar nada para navegar en
Internet nin dispoñer de coñecementos especiais. Calquera
persoa que saiba ler pode navegar pola rede.
Cada páxina web ten un enderezo concreto e único que se
llama URL (Localizador Universal de Recursos); por exemplo o
enderezo de Oficio e arte, Organización dos Artesáns de
España é http://www.oficioyarte.org (ver tamén o apartado
de dominios).
Para poder ver páxinas web é necesario utilizar un programa
específico que se chama navegador. Existen varios de diferen-
tes empresas, practicamente todos eles gratuítos, pero o máis
coñecido é Internet Explorer (utilizado pola maioría de usua-
rios). O uso de todos eles é moi sinxelo; basta con escribir o
dominio ou URL da páxina e o navegador amósanos automa-
ticamente o seu contido (ou o da páxina principal ou" home
page", se o enderezo escrito é un nome de dominio), a infor-
mación e os enlaces para visitar o resto de seccións e aparta-
dos.
�� barra de dirección
�� partes dun navegador de internet
- zona páxina web -
�� botóns de navegación
Para poder ver páxinas webé necesario utilizar unprograma específico que sechama navegador. O máiscoñecido e utilizado éInternet Explorer.
89
opciónsExisten millóns de páxinas web en Internet sobre calquera
tema imaxinable e por suposto miles delas que falan de arte-
sanía:
• De empresas e talleres artesáns nas que mostran o seu
taller, os seus produtos e que serven de excelente tarxeta
ou catálogo de presentación.
• De escolas, nas que podemos visitar as súas instalacións de
forma virtual, coñecer os seus programas e o seu calendario
de cursos.
• De provedores de materias primas nas que presentan todo
o seu catálogo de produtos.
• De asociacións, nas que se informa de actividades e servizos
que prestan.
• De bancos e caixas de aforro, desde as que podemos reali-
zar as operacións máis habituais (ver Banca Electrónica).
• De institucións e organismos públicos, nas que se pode
consultar normativa, información sobre axudas, trámites (e
o seu estado se temos algún en marcha), vida laboral, etc.
a sinatura dixitalActualmente existe unha tendencia á utilización de Internet
como ferramenta de simplificación das relacións coa
Administración Pública. Xa se poden realizar moitas presenta-
cións de declaracións a través de Internet (Facenda,
Seguridade Social, etc.), e a progresiva implantación da sina-
tura dixital contribuirá a estender esta práctica, aforrando
desprazamentos, colas e papel.
Para que dúas persoas (xa sexan empresarios ou empresario e
consumidor) poidan intercambiar mensaxes electrónicas de
carácter comercial que sexan minimamente fiables e poidan,
en consecuencia, dar ás partes contratantes a confianza e
seguridade que necesita o tráfico comercial, esas mensaxes
deben cumprir os seguintes requisitos:
internet internet, correo electrónico e a web
�� páxina web de artesaníawww.oficioyarte.org
�� páxina web da Axencia Tributariahttps://aeat.es
90
1. Identidade, que implica poder atribuír de forma indubita-
da a mensaxe electrónica recibida a unha determinada
persoa como autora da mensaxe.
2. Integridade, que implica a certeza de que a mensaxe reci-
bida por B (receptor) é exactamente a mesma mensaxe
emitida por A (emisor), sen que sufrise alteración algunha
durante o proceso de transmisión de A cara a B.
3. Non repudiación ou non rechazo en orixe, que implica
que o emisor da mensaxe (A) non poida negar en ningún
caso que a mensaxe foi enviada por el.
Pois ben, a sinatura dixital é un procedemento que baseán-
dose en técnicas criptográficas trata de dar resposta a esa tri-
ple necesidade, a fin de posibilitar o tráfico comercial electró-
nico.
Por outra parte, ós tres requisitos anteriores, únese un cuarto
elemento, que é a confidencialidade, un requisito accesorio
da sinatura dixital. A confidencialidade implica que a mensa-
xe non poida ser lida por terceiras persoas distintas do emisor
e do receptor durante o seu proceso de transmisión.
os buscadoresComo dixemos existen decenas de millóns de páxinas web
en Internet, tantas que se non temos o enderezo exacto
dunha páxina (ou o seu dominio) non resulta fácil encontrala.
Para facilitar a localización de información en Internet existen
un tipo de páxinas que se chaman "buscadores". Nelas intro-
ducimos a palabra ou palabras polas que queremos buscar
(por exemplo cerámica ou repuxado) e automaticamente nos
ofrece un listado de páxinas que tratan sobre ese tema. Os
máis coñecidos son:
Google http://www.google.es
Yahoo http://www.yahoo.es
Moitas páxinas, ademais de texto e fotografías, almacenan
tamén documentos: bases de participación en feiras e con-
�� páxina web da Casa da Moedawww.cert.fnmt.es
�� buscador Googlewww.google.es
91
cursos, decretos e resolucións de subvencións, catálogos de
produtos, lexislación, etc. Internet permite descargar estes
documentos ó noso ordenador. O proceso é tan sinxelo
como pulsar coa frecha do rato no "enlace dese documento"
e o documento envíase automaticamente desde o servidor
onde está almacenada a páxina, ata o disco duro do noso
ordenador, desde onde poderemos abrilo co programa ade-
cuado.
outros usos de internetA web permite realizar moitas actividades sen movernos do
taller, co conseguinte aforro de tempo e cartos tal como
vimos anteriormente. Ademais do correo electrónico e a web,
Internet ofrece outros servizos como:
FTPO FTP (File Transfer Protocol ou Protocolo de Transferencia de
Ficheiros): é o servizo que permite transferir ficheiros entre
dous ordenadores. Na actualidade, moitas destas transferen-
cias, realízanse de forma transparente desde páxinas web uti-
lizando un navegador como Explorer. FTP segue utilizándose
para enviar os arquivos que compoñen a nosa páxina web
desde o ordenador no que esa páxina se deseña e constrúe
ata o servidor onde se aloxa a páxina. FTP utilízase tamén
para conectar con grandes servidores onde se almacenan
gran cantidade de arquivos de todo tipo; este tipo de servizo
é moi utilizado pola comunidade científica.
grupos de noticias ou newsSon unha especie de grandes taboleiros de anuncios nos que
se colgan preguntas ou opinións ás que outras persoas res-
ponden. Estas preguntas e respostas quedan automaticamen-
te a disposición das persoas que visiten estes grupos de noti-
cias desde o seu ordenador e son unha moi importante fonte
de información e de intercambio de experiencias.
internet internet, correo electrónico e a web
�� programa de FTP
Ademais do correoelectrónico e a web,Internet ofrece outros
servizos como: FTP, listaxesde correo, IRC, telefonía e
videoconferencia.
92
IRCO IRC (Charla Interactiva en Internet): máis coñecida como
"chat" permite manter conversacións escritas en tempo real
entre dúas ou máis persoas á vez. Ti escribes na pantalla do
teu ordenador e as outras persoas ven inmediatamente na
súa pantalla o que ti acabas de escribir e calquera delas pode
contestarche.
telefoníaCoa popularización das conexións a Internet en banda ancha
(ADSL u cable) desenvolvéronse servizos de telefonía a través
de Internet, co conseguinte aforro económico. Un ordenador
dotado de micrófono e altavoces ou auriculares e un progra-
ma "ad-hoc" convértese así en Terminal telefónico, permitin-
do establecer comunicacións faladas con outras persoas que
estean conectadas a Internet e utilicen o mesmo programa.
O custo destas comunicacións é nulo, ó transportarse o sinal
de voz como se de datos se tratase sobre a conexión estable-
cida a Internet. Un dos programas máis populares é Skype
(www.skype.com), aínda que o programa NetMeeting ofrece
tamén esta capacidade.
videoconferenciaTamén se desenvolveron servizos de vídeo-conferencia sobre
Internet; estes engaden imaxe en tempo real á voz permitin-
do unha comunicación moito máis rica. Para utilizar estes ser-
vizos é necesario que o noso ordenador estea equipado
cunha cámara de vídeo, sendo as denominadas "web-cam"
unha solución de custo moi asequible. O programa
NetMeeting permitiranos utilizar estes servizos de forma bas-
tante sinxela.
�� Skype - programa de telefoníawww.skype.com
93
tipos de conexiónA forma de conectarse a Internet, evolucionoudesde as primeras conexións a través da liñatelefónica clásica, ó ADSL, cable, satélite, etc.,gañando en velocidade e prestacións.
internet
94
RTB ou RTCConexión a través da Rede Telefónica Básica tamén denomi-
nada Rede Telefónica Conmutada que non é outra cosa que a
línea telefónica común que todos coñecemos. Para este tipo
de conexión é necesario utilizar un módem que transforma
os datos dixitais en sinais analóxicas e viceversa.
A velocidade máxima de conexión é de 56 Kb. (kilobits por
segundo). Mentres estamos conectados a Internet non pode-
mos falar pola mesma liña. O acceso a Internet propiamente
dito é gratuíto, só se paga como chamada metropolitana o
tempo que esteas conectado.
As compañías ofrecen tamén o que se denomina Tarifa Plana
que consiste en que pagando unha cantidade fixa, podes
estar conectado as 24 horas cun custo de ó redor de 19
euros/mes. As operadoras de telefonía ofrecen múltiples com-
binacións horarias e prezos e están realizando novas ofertas
de forma continua.
RDSIDenominada Rede Dixital de Servizos Integrados. A súa velo-
cidade máxima é de 128 Kb.
A progresiva implantación do ADSL deixou obsoleta este tipo
de conexión
ADSLSiglas do inglés Asymmetrical Digital Subscriber Line que
podería traducirse como Línea Dixital Asimétrica de Abonado.
É sen dúbida a conexión a Internet de alta velocidade máis
popular. Esta tecnoloxía utiliza a liña normal de teléfono e
convértea nunha liña de alta velocidade. Este tipo de cone-
xión permite estar conectado a Internet e falar por teléfono
simultaneamente, para iso a compañía telefónica instalaranos
un "splitter" ou discriminador que se encarga de separar o
�� módem externo
�� módem interno
�� splitter ADSL
95
sinal telefónico normal (de voz) do que utiliza o ADSL (de
datos).
Cómpre tamén utilizar un módem USB ou un "router" (enru-
tador ou encamiñador) que cumpre a mesma función có
módem pero ademais ofrece maior seguridade e estabilidade
na conexión e permite conectar máis dun ordenador a
Internet utilizando unha soa conexión ADSL.
As ofertas máis económicas soen incluír un módem USB e se
desexamos un router deberemos pagar unha cantidade adi-
cional. Non obstante as ofertas están cambiando continua-
mente e algunhas inclúen tamén un router gratuíto.
Está impoñéndose o uso de routers Wi-Fi sen fíos que permi-
ten dar acceso a Internet a un ou varios ordenadores sen
estar conectados a través dun cable, para iso é necesario que
o ordenador dispoña dunha tarxeta de rede Wi-Fi ou inalám-
brica cuxo custo rolda os 30 euros. Esta posibilidade é espe-
cialmente útil se dispoñemos dun ordenador portátil.
Non todas as liñas están preparadas para utilizar esta tecnolo-
xía. Debes poñerte en contacto coa túa empresa de telefonía
para saber se a túa soporta ADSL.
Debemos diferenzar entre a "velocidade de baixada" que é a
que utilizamos cando visitamos páxinas de Internet, descarga-
mos arquivos ou lemos o correo electrónico e a de "subida",
que usamos cando enviamos correos electrónicos ou subimos
os arquivos da nosa páxina web ó servidor.
No caso do ADSL estas velocidades son diferentes, por iso se
chama Asimétrica. A velocidade de baixada sempre é maior
cá de subida e é a que se utiliza como referencia ó falar da
velocidade dunha conexión.
As empresas de telefonía ofrecen diversos tipos de conexión
con diferentes velocidades e prezos, que poden chegar ós 8
MB/segundo aínda que na actualidade a maioría de provedo-
res están ofrecendo 1 MB.
Estanse desenvolvendo novas versións de ADSL que alcanzan
internet tipos de conexión
�� router normal
�� router sen fíos
�� tarxeta PCMCIA WiFi
96
velocidades máis altas. Estas son velocidades máximas que
van depender da distancia do noso taller á central telefónica,
a maior distancia menor velocidade. Non obstante raramente
se alcanzan estas velocidades máximas e a velocidade real soe
achegarse ó 80% da que teñamos contratada.
Este tipo de conexións máis rápidas xa se están utilizando en
algúns países de Europa e pouco a pouco irán implantándose
en España. Ademais da conexión de Internet, permiten servi-
zos de televisión, videoconferencia, acceso a contidos multi-
media, etc.
O prezo mensual dunha conexión a Internet a través de ADSL
cunha velocidade de baixada de 1 Mb/segundo está en torno
ós 35 euros (xaneiro 2006). As ofertas das compañías son
continuas incluíndo nalgúns casos as chamadas telefónicas, a
cota de instalación ou o router sen fíos, moitas destas ofertas
son aplicables unicamente nas grandes capitais.
A tendencia é que a velocidade de acceso vaia aumentando e
os prezos baixando ata converxer coa media europea.
SDSLSiglas do inglés "Symmetrical Digital Subscriber Line" que
podería traducirse como Liña Dixital Simétrica de Abonado.
Utiliza unha tecnoloxía moi similar ó ADSL, a diferenza estriba
en que a velocidade tanto de envío como de recepción de
información son iguais.
Este tipo de conexión é utilizado por empresas cun alto nivel
de tráfico de datos.
Os provedores de acceso ofrecen diversas velocidades que
van desde os 400 KB por segundo ós 9 Mb . Estas conexións
son bastante máis custosas, como exemplo unha conexión de
400 KB ten un custo mensual a partir dos 75 euros.�� modem SDSL
A tendencia é que avelocidade de acceso vaíaaumentando e os prezosbaixando ata converxercoa media europea.
Futuras versións
de ADSL:
ADSL
ata 8 Mb/segundo.
ADSL2
ata 12 Mb/segundo.
ADSL2+
ata 24 Mb/segundo.
97
cableEste tipo de conexión utiliza as redes de fibra óptica instalada
para o servizo de televisión por cable e telefonía.
Soamente as cidades cun certo número de habitantes dispo-
ñen de servizos de Cable, o que cobre aproximadamente ó
50 % da poboación. En cada Comunidade Autónoma adoita
existir unha soa compañía que ofrece este servizo.
O habitual é que ofreza paquetes que inclúan: teléfono, tele-
visión e Internet, aínda que nalgúns casos calquera destes
servizos pode ser contratado de forma independente.
A diferenza das conexións RTC, ADSL e SDSL nas que o usua-
rio disfruta dunha conexión exclusiva para el, o que se chama
conexión punto a punto, no caso do cable son varios usua-
rios os que comparten unha mesma conexión, tamén deno-
minada conexión multipunto, polo tanto a velocidade da
conexión vai depender do número de usuarios que estean
conectados nese momento, a máis usuarios menor velocida-
de.
Este tipo de conexións soportan teoricamente velocidades de
ata 30 Megas por segundo, pero en realidade as compañías
ofrecen neste momento accesos que van desde os 600 KB ós
20 MB por segundo. Como exemplo orientativo, unha cone-
xión de 2 MB ten un custo de 42 euros/mes.
Para utilizar esta conexión é necesario que a rede de fibra
óptica estea despregada na rúa do teu taller, a empresa pro-
vedora cobrarache probablemente unha cota de instalación
por levar a liña desde a rúa ata o taller ou domicilio.
Necesitarás tamén un módem de cable ou cablemódem que
comunique o teu ordenador coa rede de fibra óptica. Existen
tamén versións sen fíos ou Wi-Fi que permiten conectarse
desde calquera punto do taller, tal como explicamos no apar-
tado de ADSL.
internet tipos de conexión
�� módem de cable
�� cable de fibra óptica
98
satéliteUtiliza os satélites Astra, Hispasat, Eutelsat, W1, etc. para rea-
lizar a conexión a Internet. Este tipo de conexión é usada
sobre todo en zonas rurais que dispoñen de teléfono pero
non de conexión a banda ancha (ADSL ou Cable) ou incluso
en áreas sen cobertura telefónica de ningún tipo, unha das
compañías utiliza o slogan: "se ves o ceo, tes cobertura".
Hai dous tipos de conexión vía satélite:
unidireccionalUtiliza a liña de teléfono para o envío da información a través
dun módem convencional (solicitar páxinas web, descarga de
arquivos, envío de correo electrónico, etc.) pois normalmente
a cantidade de información enviada é moito menor. O prove-
dor de Internet recibe a petición das páxinas web ou os
arquivos e envíaos utilizando o satélite.
Para a recepción do sinal enviado polo satélite é necesaria
unha antena parabólica adecuadamente orientada e un
módem satélite tamén coñecido como "satelital" ou" satmó-
dem" para comunicar o sinal ó ordenador (tecnicamente
coñécense polas siglas DVB-IP).
bidireccionalEste tipo de conexión realiza tanto o envío como a recepción
de información a través do módem satélite e a antena para-
bólica (neste caso o módem é diferente e coñécese tecnica-
mente como DVB-RCS).
As conexións bidireccionais, son máis caras cás unidireccio-
nais.
A vantaxe clara deste sistema é que en moitas zonas rurais é
a única forma de conectarse a Internet a alta velocidade.
As desvantaxes: o alto custo de instalación, sobre todo da
antena parabólica, a dependencia da meteoroloxía, pois en
condicións extremas a velocidade da conexión resíntese, e o
�� equipo de conexión satélite
A vantaxe clara dosistema por satélite é queen moitas zonas rurais éa única forma deconectarse a Internet aalta velocidade.
99
prezo mensual é máis alto que para as solucións de ADSL ou
Cable (desde 18 eur/mes por unha conexión unidireccional
de 256 Kb -sen o custo da antena nin a súa instalación- ós 60
eur para unha conexión de 768 Kb. As antenas de televisión
dixital -Digital +- serven para conectarse co satélite que pro-
porciona a conexión a Internet).
As opcións bidireccionais son máis caras e van desde os 180
eur/mes para unha conexión de 512 Kb a 570 eur/mes para
3 MB cunha cota de instalación que ronda os 600 eur.
teléfono móbilAs empresas de telefonía móbil ofrecen tamén servizos de
Internet, para iso utilizan tarxetas PCMCIA que permiten a
conexión mediante tecnoloxía GPRS (General Packet Radio
Service, Paquete Xeral de Servizos de Radio) ou UMTS
(Universal Mobile Telecommunication System, Sistema
Universal de Telecomunicación Móbil), tamén denominada
de terceira xeración ou 3G.
Se a tarxeta se pode conectar mediante UMTS (a cobertura
desta rede é aínda escasa, centrándose nas grandes cidades,
faino a velocidades máximas de 384 Kb por segundo, se non
existe cobertura UMTS conéctase mediante GPRS, moito máis
extendida pero máis lenta, con velocidade máxima de 53
Kbps). Desta forma poderemos conectar a Internet desde cal-
quera punto onde teñamos cobertura co teléfono móbil.
Estes servizos son recentes, polo que os prezos son aínda
altos. O custo da tarxeta ronda os 130 eur e unha tarifa plana
para conectarse a calquera hora cun tráfico (recepción e
envío de datos) máximo de 1 GB é de 59 eur/mes.
Lembremos que 1 GB = 1024 Megas, 1 MB = 1.024 KB e que
orientativamente un correo electrónico dunha páxina de
texto ocupa aproximadamente 4 KB, un documento Word
dunhas 100 páxinas de texto uns 400 KB, unha foto dixital
entre 50 KB e 1 MB dependendo da calidade e unha páxina
internet tipos de conexión
�� tarxeta GPRS
Co sistema GPRSpoderemos conectarnos aInternet desde calquera
lugar onde teñamoscobertura co
teléfono móbil.
100
web adoita oscilar entre 50 e 300 KB, dependendo da súa
complexidade.
As compañías ofertan prezos especiais na tarxeta PCMCIA ó
contratar servizo de tarifa plana e outras promocións como
tráfico ilimitado durante os primeiros meses.
LMDSEn inglés "Local Multipoint Distribution Service", Sistema de
Distribución Local Multipunto. Esta é unha tecnoloxía de
conexión a Internet mediante ondas de radio.
Permite velocidades que van desde os 256 Kb por segundo
ós 2 Megas por segundo. Trátase dunha conexión de tipo
simétrico que só está disponible en cidades de tamaño gran-
de e mediano.
Para conectarse é necesario instalar un equipo de recepción
no exterior do edificio, e outro no interior da nosa casa ou
taller.
O custo é de aproximadamente 120 eur a cota de alta e a par-
tir de 90 eur a cota mensual para unha conexión de 256 Kb.
PLCEn inglés "Power Line Comunications", Comunicacións por
Rede Eléctrica. Este tipo de conexión utiliza a rede eléctrica
para conectarse a Internet. É unha tecnoloxía en fase de des-
envolvemento que se probou con éxito en varias cidades en
España e Europa.
Ten a gran vantaxe de que toda a infraestructura: a rede eléc-
trica, xa está despregada na totalidade do territorio o que
significa a posibilidade de conexión a Internet en calquera
lugar onde chegue a luz eléctrica. Igualmente a instalación
dentro da vivenda ou taller, pois calquera enchufe se conver-
te nun punto de conexión a Internet.
�� antena e terminal LMDS
�� módem PLC
101
Para conectarse é necesario un módem PLC e a súa instala-
ción é tan sinxela como conectar o módem a un enchufe e a
continuación conectar o ordenador ó módem. A empresa
que proporciona o servizo debe instalar previamente un equi-
po denominado "Repetidor", que acostuma a situarse no
cuarto de contadores. A este Repetidor pódense conectar ata
256 módems PLC.
En teoría permite velocidades de ata 200 MB por segundo,
aínda que actualmente se están ofrecendo en España paquetes
de 300 KB e 1 Mb por segundo, ambas de tipo simétrico.
A pesar das enormes posibilidades desta tecnoloxía soamente
Iberdrola a está ofrecendo en determinadas zonas de Madrid,
Valencia e Murcia cun custo de 39 eur para a conexión de
1Mb e 27 para a de 300 KB, en ambos casos a empresa cede
o módem PLC sen custo para o usuario (teléfono de informa-
ción 901 202 020). Endesa está realizando probas en
Zaragoza e Barcelona.
Wi-FiEn inglés "Wireless Fidelity", Fidelidade Sen Fíos, Fidelidade
Sen Cables. Úsase para referirse a un tipo de comunicacións
inalámbricas, coñecidas tecnicamente como redes 802.11.
Tamén se coñece como: Wi-fi, WiFi, Wifi, wifi.
Se o provedor de ADSL ou Cable nos instalou un módem ou
router Wi-Fi e o noso ordenador de sobremesa ou portátil
están equipados cunha tarxeta de rede sen fíos (tipo PCMCIA
no caso do portátil) dispoñemos deste tipo de conexión na
nosa casa ou taller, é dicir accederemos a Internet desde o
ordenador sen que estea conectado fisicamente por un cable
ó módem ou router, os datos transmítense mediante ondas
electromagnéticas.
A tecnoloxía Wi-Fi aplícase tamén en aeroportos, hoteis,
recintos feirais, pazos de congresos, universidades, bibliotecas
e lugares públicos.
internet tipos de conexión
�� antenas amplificación WiFi
A tecnoloxía Wi-Fi é moiempregada en aeroportos,
hoteis, recintos feirais,pazos de congresos,
universidades, bibliotecas elugares públicos.
102
Nalgúns casos a conexión é gratuíta e soamente necesitamos
un portátil equipado con tarxeta de rede sen fíos PCMCIA
para conectarnos. Existen pequenos dispositivos tipo chaveiro
que detectan as redes Wi-Fi e nos informan da intensidade do
sinal.
Noutros casos o servizo é de pago como no caso das Zonas
ADSL Wi-Fi instaladas en hoteis, aeroportos, etc. Neste caso
debemos adquirir unha tarxeta de prepago (que venden nos
lugares onde hai conexión), hai tarxetas de 1 hora por 4,31
eur, 24 horas por 10,34 eur e mensuais por 77,59 eur. Se
usamos habitualmente este servizo existe tamén una tarifa
plana cun custo actual de 45 eur ó mes.
Segundo datos da Asociación para a Investigación dos
Medios de Comunicación (AIMC, www.aimc.es) no período
outubro-novembro do 2005 había en España 12.923.000
internautas (persoas que utilizaran Internet no último mes), o
que supón o 34,8% da poboación española maior de 14
anos.
A previsión é que os prezos vaian baixando e as velocidades
de acceso subindo, o que incrementará paulatinamente a
porcentaxe de usuarios de banda ancha nas súas diversas
modalidades ata alcanzar o nivel medio europeo onde o 50%
dos fogares usa Internet e en países como Holanda e os
escandinavos chega ó 60%.
Espérase que para 2010 o 50% dos europeos accedan a
Internet mediante banda ancha.
Os datos de tipo de conexiónempregada varían segundo afonte, pero estímase que sonutilizadas nestas porcentaxes:
RTB-RTC 56%
ADSL 32%
Cable 11%
Outras 1%
103
banca electrónicaOutra das posibilidades que nos permiteInternet é a de xestionar a nosa conta ban-caria desde o ordenador do taller ou desdea casa.
internet
A banca electrónica é un dos usos de Internet nos que con
máis claridade se comproba o aforro de tempo que as Novas
Tecnoloxías proporcionan, moi especialmente ós artesáns do
medio rural.
A banca electrónica permite:
• Consultar os movementos e saldos de libretas de aforro e
contas correntes.
• Realizar traspasos entre contas.
• Ordenar transferencias desde contas a calquera libreta
de aforro ou conta corrente de outra caixa ou banco,
tanto nacional como estranxeiro, para o pago de factu-
ras de provedores, cotas de asistencia a feiras, etc.
• Consultar o estado de empréstimos e contas de crédito e
realizar amortizacións anticipadas.
• Emitir e xestionar recibos bancarios.
• Solicitar talonarios e extractos de movementos de contas
correntes.
• Consultar saldos e movementos de tarxetas de crédito.
• Realizar operacións de compra venda de accións e con-
sultar a súa cotización.
• Consultar o estado de fondos de inversión e plans de
pensións e realizar aportacións extraordinarias.
• Pagar os impostos municipais e estatais (IVE e IRPF tri-
mestral etc.)
• Recarga de tarxetas de teléfonos móbiles.
• Pódese consultar o cambio de divisas e solicitar moeda
estranxeira.
• Envío de mensaxes ó persoal da oficina na que temos as
nosas contas ou a calquera outra oficina da entidade.
104
Coa banca electrónicapodemos realizar múltiplesoperacións as 24 horas do
día dos 7 díasda semana.
�� páxina de inicio de banco
105
Como podes ver, practicamente as únicas operacións que
non nos permite a Banca Electrónica é a de ingresar ou retirar
cartos en efectivo, ou talóns bancarios.
cómo funcionaTodas estas operacións realízanse desde o navegador web
(Explorer ou calquera outro)e dunha forma moi sinxela, case
intuitiva e moi parecida a como utilizamos un caixeiro auto-
mático.
Para utilizar o servizo de Banca Electrónica, temos que solici-
tar a alta na oficina bancaria coa que traballemos. A alta
neste sistema non ten custo na maioría dos casos para o
usuario; as comisións polas operacións realizadas serán as
habituais que o banco ou caixa nos veña aplicando ata o
momento (a información sobre comisións adoita estar dispo-
nible na web de cada entidade, sendo en calquera caso obli-
gatorio que as entidades informen do seu importe).
Unha vez que a entidade bancaria nos deu de alta no servizo,
proporciónanos un nome de usuario e unha clave. Xa só
temos que teclear no navegador web, o enderezo de Internet
do noso banco ou caixa para comezar a utilizar o servizo.
Na súa pantalla principal, atoparemos un lugar con dous
campos claramente marcados, onde temos que introducir o
nome de usuario e a clave que o banco nos asignou para
empezar a operar e realizar calquera das operacións antes
descritas. O nome de usuario sempre vai ser o mesmo, pero a
clave deberíamos cambiala con certa frecuencia para asegurar
un mellor nivel de seguridade. É importante manter o segre-
do das claves que o banco nos asigne e os cambios que reali-
cemos delas; calquera persoa que coñecese esas claves pode-
ría realizar operacións sobre as nosas contas como se fósemos
nós mesmos.
Algunhas entidades bancarias ou caixas entregan unha tarxe-
ta na que mediante coordenadas (igual que no xogo dos bar-
internet banca electrónica
�� acceso a banca electrónica
�� páxina de introdución de claves
106
cos) se permiten xerar claves variables que se utilizan para
dar maior seguridade ás operacións. Outras entidades pro-
porcionan unha segunda clave moito máis complexa, necesa-
ria para realizar traspasos e transferencias.
A páxina web desde a que esteamos realizando as operacións
pediránola (por exemplo: introduce A6) cando desexemos
realizar operacións que impliquen movemento de cartos
desde as nosas contas bancarias.
Para cada operación bancaria que realicemos o navegador
amosaranos na pantalla un xustificante que é conveniente
imprimir e gardar como comprobante.
No caso de transferencias a outras contas algúns Bancos e
Caixas ofrécennos a opción de enviar un correo electrónico ó
enderezo que nós indiquemos ou enviar unha mensaxe a un
número de móbil. En ambos casos conséguese comunicar ofi-
cialmente desde o noso banco ó destinatario da transferencia
que esta se realizou.
Cada Caixa ou Banco ten o seu propio sistema de Banca
Electrónica, polo que se temos libretas de aforro ou contas
correntes en máis dun banco ou caixa deberemos solicitar a
alta no servizo en cada un deles e realizaremos as operacións
de forma independente.
outras opciónscobro mediante tarxetas de creditoOutro servizo máis antigo pero moi útil que os bancos e cai-
xas poñen á nosa disposición é o TPV (Terminal Punto de
Venda). A través del podemos realizar o cobro da venda dos
nosos produtos mediante tarxeta de crédito.
O TPV debe estar conectado a unha liña de teléfono para
comunicarse coa entidade bancaria do noso cliente e autori-
zar o cargo da operación na súa tarxeta. Tamén existen
Os TPV permiten ocobro por tarxeta decrédito desde o noso
taller ou calquera outropunto de venda.
�� páxina de conta persoal e operacións
107
modelos sen fíos, é dicir funcionan como teléfonos móbiles,
especialmente útiles para artesáns que participan con fre-
cuencia en feiras.
A propiedade do TPV sempre é do banco ou caixa, que o ins-
tala no noso taller ou o pon á nosa disposición sen ningún
custo.
O banco ou caixa cobra unha comisión por cada operación
que realicemos a través do TPV; esta comisión depende do
sector (xoiería, regalo, moda, etc.) e da nosa capacidade de
negociación coa entidade. A título orientativo, para o sector
do regalo, a comisión rondará o 2,5% que o banco carga
directamente na nosa conta, despois -por suposto- de ter
aboado o importe da venda.
pago desde o móbilDesde o TPV, tamén podemos recibir pagos ordenados a tra-
vés do teléfono móbil (sistema Mobipay).
Con Mobipay o cliente pode pagar en todos aqueles comer-
cios nos que atope o distintivo Mobipay.
O cliente identifícase como usuario Mobipay mediante o seu
número de móbil, e o seu 'Alcume Mobipay'. O artesán intro-
duce ese identificativo no seu TPV (normal ou sen fíos) xunto
co importe da venda.
O cliente verá ó momento na pantalla do seu móbil unha
mensaxe cos datos da compra que está realizando, solicitán-
dolle a autorización do pago.
O cliente autorizará o pago introducindo o seu número secre-
to persoal (NIP). Nuns segundos tanto o cliente coma o ven-
dedor reciben confirmación de que a operación se realizou
con éxito.
O TPV emite un tique xustificante do pago que non é necesa-
rio que o cliente asine, xa que o autorizou previamente desde
o seu móbil co seu número secreto persoal.
internet banca electrónica
�� TPV normal
�� TPV móbil
�� TPV sen fíos
108
O importe da venda será ingresado na conta corrente do
artesán e cargaráselle ó cliente na conta bancaria asociada ó
sistema Mobipay.
A entidade bancaria, vainos cobrar a mesma comisión que
teñamos establecida para o cobro mediante tarxetas de crédi-
to e o custo engadido para o cliente, será unicamente o da
mensaxe de texto que recibiu para que confirme a operación
(aproximadamente 8 céntimos de euro).
O Sistema Mobipay, está formado e avalado polas tres opera-
doras de telefonía móbil, os sistemas de pago con tarxeta
Red 6000, 4b e Sermepa e os principais bancos e caixas de
aforro.
Para solicitar a alta en Mobipay debes poñerte en contacto
coa túa entidade bancaria.
Podes obter máis información chamando ó teléfono de aten-
ción ó cliente de Mobipay 902 888 910.
�� servizo mobiplay
109
comercio electrónicoPoderiamos definir o comercio electrónico, comoo conxunto de actividades relacionadas coacompra e venda de produtos e servizos, que serealizan mediante o intercambio de informacióna través de Internet.
internet
110
opciónsExisten diversas modalidades de comercio electrónico que se
identifican coas iniciais en inglés dos axentes que interveñen
na operación:
B2C (Business to Consumer):
dunha empresa ó cliente final.
Este é o máis coñecido e extendido. Neste tipo de comercio
electrónico unha empresa vende os seus produtos a través de
Internet ós consumidores finais.
B2B (Business to Business):dunha empresa a outra empresa.
Neste caso as empresas poñen os seus produtos directamente
a disposición doutras empresas, ou polo contrario unha
empresa manifesta as súas necesidades de compra de mate-
rias primas ou determinados compoñentes e espera as ofertas
doutras compañías.
C2C (Consumer to Consumer):
dun cliente final a outro cliente final.
Falamos neste caso das subastas a través de Internet, nas que
unha persoa pon á venda determinado produto que é adqui-
rido por outro particular ó prezo finalmente establecido.
Tamén se inclúe neste tipo de comercio electrónico ás páxi-
nas web de anuncios por palabras, que utilizan Internet como
elemento de comunicación e intercambio.
C2B (Consumer to Business):
de un ou varios clientes finais a unha empresa.
Prodúcese este tipo de intercambio cando varios particulares
se agrupan para comprar un mesmo produto, e se dirixen a
unha ou varias empresas que o producen ou comercializan,
coa intención de conseguir mellores prezos por volume de
compra.
�� páxina B2C (Business to Consumer)
�� páxina B2B (Business to Business)
111
vantaxes
para o artesán• Amplía o mercado potencial do taller que, en teoría, pasa a
ser un mercado global: os seus clientes potenciais aumen-
tan dunha forma difícil de medir, pode recibir pedidos
desde calquera parte do mundo.
• A tenda virtual do taller está aberta 365 días ó ano e 24
horas ó día.
• Mantén unha relación directa, sen intermediarios, co clien-
te, o que permite personalizar os seus produtos e atender a
necesidades puntuais, así como realizar accións de promo-
ción e marketing a baixo custo.
• Reforza a imaxe de modernidade, seriedade e prestixio do
taller.
para o cliente• A comodidade, pois pode realizar a compra desde a súa
casa ou o traballo calquera día do ano e a calquera hora.
• Posibilidade de comparación entre produtos e prezos, pro-
texido polo anonimato.
• Permítelle un contacto previo e posterior á compra co arte-
sán produtor dunha maneira rápida e sinxela.
cómo funcionaNa práctica, para o artesán, trátase de abrir un novo punto
de venda, neste caso unha "tenda virtual" en Internet que
normalmente é unha sección máis da súa páxina web, na
que, anteriormente, presentaba o taller, os seus métodos de
traballo, os materiais utilizados, e amosaba os seus produtos
con diversa información, pero sen posibilidade de compra, ou
polo menos non dunha forma tan clara como nunha tenda
virtual.
internet comercio electrónico
�� páxina C2C (Consumer to Consumer)
Os pasos habituais para realizar unha compra nunha
tenda en Internet, son os seguintes:
1. Visita á tenda, navegando polas súas diversas sec-
cións e elección do produto ou produtos que se
desexan mercar.
2. Confirmación dos produtos e cantidades que quere-
mos mercar.
3. Introdución dos nosos datos: nome completo, endere-
zo e datos de contacto.
4. Elección do medio de pago.
5. Introdución dos datos da nosa tarxeta de crédito no
caso de ter elixido este medio de pago.
6. Confirmación final da compra.
7. Comprobación por parte da entidade bancaria de que
a tarxeta ten fondos.
8. Confirmación por parte da entidade bancaria ó taller
artesán e ó comprador de que o cobro se realizou con
éxito.
9. Envío por parte do taller dos produtos comprados, uti-
lizando o medio de transporte acordado.
10. Recepción dos produtos por parte do comprador.
A tenda virtual non é máis ca un catálogo ordenado dos
nosos produtos, normalmente por seccións, por exemplo:
lámpadas, murais, xarróns; aneis, pulseiras, colares e penden-
tes ou por coleccións.
Cando entramos en cada unha delas amósanse os produtos
que a compoñen, e para cada un dos produtos, ofrécese o
nome, unha explicación das súas características e información
sobre materiais, peso, medidas, etc., e por suposto o prezo.
112
�� sección dunha tenda virtual
A tenda virtualnon é máis ca un catálogo
ordenado dos nososprodutos, normalmente
por seccións.
Unha páxina web concomercio electrónicoreforza a imaxe de
modernidade, seriedade eprestixio do taller.
113
Como dicimos o cliente vai visitando a nosa "tenda" e curio-
seando polas seccións ou coleccións e produtos. Cando atopa
un que é do seu agrado márcao, así coma o número de uni-
dades que desexa mercar dese produto.
Os produtos que se van comprando vanse engadindo ó que
se chama "carro da compra" ou "cesta da compra" e que ten
a mesma función ca un carro de supermercado e amósase
graficamente dentro da páxina web cun carro da compra en
pequeno.
En calquera momento, o cliente pode consultar os produtos
que decidiu mercar, as cantidades, importes parciais e o total
da compra. Sempre pode quitar algún produto do carro ou
modificar as cantidades e continuar a compra.
Cando decidiu os produtos e cantidades que desexa mercar
confirma a compra. Nese momento a tenda virtual solicita os
seus datos persoais: nome, enderezo postal, teléfono, correo
electrónico, NIF/CIF.
A partir deste momento os pasos a seguir cambian en fun-
ción da forma de pago que o cliente elixira.
• Se elixiu pagar mediante cheque, transferencia ou xiro, o
proceso no que á páxina web se refire rematou. O taller
artesán recibe un correo electrónico co pedido e os datos
do cliente. O normal é que se poña en contacto con el para
confirmar o pedido e a forma de pago. Cando o taller reci-
be o pago envía os produtos.
• Se elixiu pagar mediante reembloso por correo ou axencia
de transporte, o proceso é semellante. O taller ponse en
contacto por teléfono ou mediante correo electrónico co
cliente para confirmar o pedido e envíao.
Só se o noso comprador "virtual" elixiu pagar mediante tarxe-
ta de crédito, o proceso continúa; nese caso solicítaselle que
encha un formulario cos datos da súa tarxeta de crédito:
número e data de caducidade. Estes datos envíanse a través
de Internet directa e unicamente á nosa entidade bancaria, o
taller artesán nunca recibe os datos da tarxeta de crédito.
internet comercio electrónico
�� carro da compra
�� páxina de información dun produto
114
Estes datos envíanse encriptados utilizando o sistema SSL
(Secure Sockets Layer) para que non poidan ser descifrados
por ningunha persoa allea á entidade bancaria.
Cando os datos chegan ó banco ou caixa, esta comproba
que o titular da tarxeta conta con saldo suficiente na súa
conta e realiza o cargo. Informa inmediatamente tanto ó
comprador, quen recibe na pantalla do seu ordenador a con-
firmación de que a compra se realizou con éxito, coma ó
vendedor (o taller artesán) ó que envía un correo electrónico.
Este proceso que pode parecer complexo, realízase nuns
segundos, normalmente en menos de un minuto.
Unha vez que o taller recibiu o pedido e a confirmación do
pago, só lle resta enviar os produtos polo medio de transpor-
te que o cliente elixira.
Pese a que a desconfianza dos consumidores a utilizar as súas
tarxetas de crédito nas tendas de Internet segue sendo o
principal motivo para non utilizar este sistema, é necesario
insistir en que se a tenda utiliza un certificado SSL, o que
comunmente se coñece como "Servidor Seguro", os datos
son enviados desde o ordenador do cliente á tenda virtual e á
entidade bancaria con total seguridade, desde logo moito
maior que a que nos ofrece calquera lugar físico no que
paguemos con tarxeta.
Cando entramos nunha tenda "segura", indícase mediante un
pequeno candado pechado que aparece na parte inferior
esquerda da páxina e na que o enderezo da páxina cambia e
se lle engade unha "s" de secure:
Servidor Standar > http://www............................
Servidor Seguro > https://www..........................
No caso de que enfocaramos a nosa tenda virtual cara a
clientes profesionais: tendas e comercios especializados,
empresas, etc. o funcionamento sería moi semellante.
�� formulario de datos
�� candado de "servidor seguro"
O cliente visita a tenda e vai marcando os produtos, ata com-
pletar o pedido, cando acaba introduce os seus datos de con-
tacto e confirma o pedido. Nós recibimos un correo electró-
nico cos datos do cliente e os produtos coa súa referencia,
prezo e cantidades que pediu.
Non é necesario neste caso que o cliente introduza os datos
da súa tarxeta, porque teremos establecida unha forma pre-
via de pago con ese cliente: reembolso, transferencia, recibo
a 30 ou 60 días, etc.
Para instalar unha tenda virtual na nosa páxina web
debemos de:
• Dispoñer dun paquete de Aloxamento que soporte bases de datos.
• Contratar un Certificado SSL ou Servidor Seguro.
• Instalar un sistema de "tenda virtual" ou
"carro da compra".
A maioría das empresas onde teñamos aloxada a nosa páxina
web, ofrecerán estes servizos. Adoitan dispoñer de tendas
predefinidas nas que só temos que introducir os nosos produ-
tos: foto, nome e descrición e prezo dunha maneira moi sin-
xela.
Outra posibilidade é contratar o deseño e programación
dunha tenda personalizada, pero para a maioría dos talleres
artesáns e sobre todo nun principio é unha solución demasia-
do custosa.
Se ademais queremos que os nosos clientes poidan pagar as
súas compras mediante tarxeta de crédito debemos abrir
unha conta nalgún dos bancos ou caixas cos que funcione a
"pasarela de pago" da tenda virtual que instalaramos.
Os sistemas de cobro con tarxeta das tendas virtuais non fun-
cionan con todos os bancos.
115
internet comercio electrónico
Soen ser tendaspredefinidas nas que sótemos que introducir os
nosos produtos.
A maioría das empresasonde teñamos aloxada anosa páxina web, ofrecen
servizos de comercioelectrónico.
116
evoluciónO comercio electrónico atópase aínda nunha fase temperá de
desenvolvemento e implantación, pero sen dúbida o seu uso
non deixará de medrar no futuro tanto na súa vertente profe-
sional, coma no comercio directo co cliente final.
A continuación ofrecemos algúns datos sobre o comercio
electrónico en España recollidos do "Estudo sobre Comercio
Electrónico B2C 2005" desenvolvido pola Asociación Española
de Comercio Electrónico e Marketing Relacional (AECE-
fecemd - www.aece.org). Aínda que se publica no 2005, os
seus datos refírense ó ano 2004.
As principais conclusións do estudo son:
• O Comercio Electrónico B2C en España moveu 1.837
millóns de euros en 2004, segundo declaracións dos com-
pradores. Esta cifra inclúe as compras dos españois no
estranxeiro.
• O perfil do internauta español, é maioritariamente varón,
cunha idade comprendida entre 25 e 44 anos.
• O 27,8% dos internautas comprou algún produto ou servi-
zo por Internet en 2004. Esta porcentaxe de internautas
compradores representa un 11,2% do total da poboación,
1,3 puntos máis que en 2003.
• Os billetes de avión, barco, tren e autobús encabezan a lista
de produtos máis comprados. É o sector que move máis
volume de negocio.
• O 65,4% dos compradores utilizaron a tarxeta de crédito
para pagar as súas compras.
• A comodidade e a existencia de mellores prezos ou ofertas
son as principais razóns que xustifican a compra por
Internet. Cunha menor relevancia, sinalan tamén a disponi-
bilidade de maior oferta de produtos.
• A desconfianza no sistema de pago, o medo a dar os seus
datos persoais e a falta de interese, seguen sendo os princi-
pais freos para comprar por Internet.
O Comercio ElectrónicoB2C en España moveu1.837 millóns de eurosno ano 2004.
O 65,4% doscompradores utilizarona tarxeta de créditopara pagar as súascompras.
117
• O fogar continúa sendo o lugar preferido polo 82,7% dos
internautas para facer as súas compras on-line.
• A compra en Internet satisface as expectativas dos compra-
dores en todo momento, como o declara o 80,04% dos
entrevistados.
• Os selos de calidade ou marcas de confianza van gañando
difusión. O 35,2% dos compradores coñécenos.
• O 23,3% dos internautas maiores de 14 anos levou a cabo
algunha compra a través de móbil en 2004.
internet comercio electrónico
119
dominiosO primeiro paso para ter unha presenza activa eprofesional en Internet é dispoñer de nome dedominio propio. O dominio é o noso enderezo enInternet. Por exemplo, o dominio de Oficio earte, Organización dos Artesáns de España éwww.oficioyarte.org
a túa presenza en internet
120
Os dominios teñen 3 partes unidas por puntos:
www.nome_do_noso_taller.com
wwwEsta parte é común a todos os dominios de Internet.
nome_do_noso_tallerParte central, normalmente o nome do taller ou do artesán.
comPara a parte final podemos elixir entre varias terminacións.
Os dominios poden ter varias terminacións; a máis usada con
moita diferenza é .com pero tamén se utiliza o .org para aso-
ciacións e organizacións e o .net para empresas de Internet.
Ultimamente aprobáronse outras como .biz .info .name aínda
que o seu uso é aínda moi minoritario.
Existen tamén dominios nacionais: .es para España, debido a
que os requisitos para o seu rexistro son máis complicados,
os dominios .es non están sendo tan utilizados (máis informa-
ción en www.nic.es).
Podes consultar a lista completa de dominios nacionais en:
www.iana.org/cctld/cctld-whois.htm
Cada nome de dominio é único e só pode ser utilizado por
unha empresa ou persoa: a que primeiro o rexistre. Para
rexistrar un dominio .com só é necesario encher un formula-
rio cos nosos datos na páxina web de calquera empresa de
rexistro de dominios. Non é necesario ningún outro requisito
previo.
Os rexistros son realizados por un número limitado de
empresas distribuídas por todo o mundo, e que son previa-
Esta é un listado dos dominios
dos países da UE:
País Dominio
Alemaña .de
Austria .at
Bélxica .be
Bulgaria .bg
Chequia .ck
Dinamarca .dk
Eslovaquia .sk
Eslovenia .si
España .es
Estonia .ee
Finlandia .fi
Francia .fr
Grecia .gr
Holanda .nl
Hungría .hu
Irlanda .ie
Italia .it
Letonia .lv
Lituania .lt
Luxemburgo .lu
Malta .mt
Portugal .pt
Polonia .pl
Reino Unido .gb
Rumania .ro
Suecia .se
121
mente autorizadas polo ICANN (Internet Corporation for
Assigned Names and Numbers).
As empresas que ofrecen a conexión a Internet tamén adoi-
tan ofrecer a posibilidade de ter un dominio de segundo
nivel. Imaxinemos que a nosa empresa se chama O Taller, un
dominio de segundo nivel sería no mellor dos casos:
www.wanadoo.es/otaller.htm
Esta solución non é a máis idónea porque este tipo de domi-
nios de segundo nivel adoitan ser moito máis longos e difíci-
les de recordar, nin desde logo a máis profesional.
Por tanto a opción máis realista, rendible e aconsellable é a
de dispoñer de dominio propio de primeiro nivel, que
seguindo co exemplo sería:
www.otaller.com
Son varias as razóns que o xustifican:
1. Proporciona prestixio e credibilidade. Os dominios de
segundo nivel están ben para páxinas personais, para ensi-
nar a nosa colección de selos ou para un grupo de antigos
alumnos do instituto, pero non para unha empresa que é
o noso medio de vida e que pretende ofrecer unha imaxe
de seriedade e credibilidade, aspectos importantes nunha
sociedade e un mercado cada vez máis esixentes.
2. Vai ser recordado con moita maior facilidade, e isto é
importante porque o boca-a-orella será un medio moi uti-
lizado como elemento transmisor do noso dominio.
3. Manteremos este dominio para sempre aínda que cambie-
mos o noso provedor de acceso a Internet.
4. Todo o esforzo de promoción: tarxetas, catálogos, directo-
rios ou catálogos colectivos, enlaces que teñamos noutras
páxinas ou que nos publicaran en revistas, non será en van
e acumularase como activo do noso taller, contribuíndo á
creación da nosa marca, algo fundamental e moi custoso
especialmente para as empresas moi pequenas.
a túa presenza en internet dominios
Cada nome de dominio éúnico e só pode serutilizado por unha
empresa ou persoa: a queprimeiro o rexistre.
122
6. Finalmente algo de vital importancia: vai permitir que
teñamos as nosas propias contas de correo electrónico do
tipo:
o_noso_taller@nome_do_noso_taller.com
o_noso_nome@nome_do_noso_taller.com
o_que_queiramos@nome_do_noso_taller.com
Estes argumentos son o suficientemente convincentes como
para arriscarse a que outra empresa poida rexistrar o noso
nome de dominio antes ca nós. Existen máis de 300 millóns
de persoas que se comunican en castelán e todas aquelas que
teñen unha empresa, non importa o seu tamaño, queren que
sexa o máis coñecida posible. Internet é unha das mellores
formas de conseguilo, e por iso cada día se rexistran miles de
novos dominios.
Hai varios aspectos que debemos ter en conta á hora de elixir
o noso dominio:
a. Debe de ser curto e fácil de recordar.
b. Non debe inducir a erro de tipo ortográfico. Proba a dicir-
llo a alguén por teléfono, a ver se o entende á primeira e
non ten que pedirche que llo repitas ou que lle aclares
dúbidas sobre como se escribe.
c. Se o nome actual do noso taller está libre, non hai dúbida,
ese debe de ser o noso dominio.
d. Se xa está rexistrado debemos buscar outras posibilidades,
o nome elixido deberá ser imaxinativo e suxerente.
O dominio podemos rexistralo por tantos anos como queira-
mos, pero o habitual é facelo por un ano e renovalo anual-
mente. O seu custo ronda entre os 12 e 40 euros anuais.
Rexistrar o dominio e pagar as renovacións anuais asegúranos
a propiedade sobre el e que ningunha outra persoa ou
empresa poderá rexistralo no futuro. O aloxamento do domi-
nio e deseño da páxina web (ver próximos capítulos) poderé-
molos realizar de forma independente e cando o considere-
mos conveniente.
Rexistrar o dominio epagar as renovaciónsanuais asegúranos apropiedade sobre el e queningunha outra persoa ouempresa poderá rexistralono futuro.
123
aloxamentoUnha vez cumprido o punto de partida básico derexistrar o noso nome de dominio, o seguintepaso é "aloxalo". Este termo provén do inglés"hosting" e equivale a alugar un espazo para onoso uso nun servidor (potente ordenador)conectado a Internet.
a túa presenza en internet
124
Dispoñer deste Aloxamento vainos permitir ter enderezos de
correo electrónico propios e poder aloxar alí a nosa páxina
web.
Imos ver en detalle cada un deles:
correo electrónico propioCando contratamos un acceso a Internet cunha compañía
telefónica ou de cable esta pon á nosa disposición unha
conta de correo electrónico do tipo:
Como comenzo está ben pero unha vez que teñamos o noso
dominio rexistrado e aloxado ábresenos unha posibilidade
que non debemos desperdiciar: dispoñer de enderezos de
correo electrónico utilizando o noso dominio é dicir:
o_que_queiramos@nome_do_noso_taller.com
É curioso o grande número de empresas (pequenas e non tan
pequenas) que a pesar de ter o seu propio dominio e a súa
páxina web, seguen utilizando as súas antigas contas de
correo.
Por que é tan importante utilizar unha conta de correo baixo
o noso dominio? pois porque en cada mensaxe de correo
que mandemos, estaremos incluíndo completamente gratis e
sen esforzo algún a información sobre o noso taller.
páxina webTer o dominio aloxado permite "colgar" a nosa páxina web, é
dicir, colocar os ficheiros que a compoñen (textos e fotos)
nese ordenador (servidor) do que falabamos ó principio, que
está conectado a Internet e permite que cando unha persoa
en calquera lugar do mundo teclee o noso dominio no seu
ordenador visualice a nosa páxina web.�� programa FTP a dúas ventás(ficheiros local e en servidor)
�� ordenador servidorpara aloxamento de webs
125
Para colgar ou subir os ficheiros desde o noso ordenador ó
servidor da empresa de aloxamento utilizamos un programa
de FTP e a nosa conexión a Internet.
Estes procesos son independentes, de tal maneira que pode-
mos rexistrar o noso dominio, un tempo despois aloxalo e
empezar a utilizar o noso correo electrónico propio, e máis
adiante cando a páxina web estea desenvolvida, colgala e
darnos a coñecer a través de Internet.
cómo elixir aloxamentoOs elementos que definen un Aloxamento, son:
espazoÉ o tamaño disponible para colgar a nosa páxina, é dicir, os
Megas (espazo no disco duro) que nos reservan nese servidor
(ordenador) conectado a Internet para situar os ficheiros da
nosa web.
contas de correoSegundo o tipo de aloxamento dispoñeremos de distinto
número de contas. A maioría dos talleres artesáns utilizan
unha única conta pero o taller pode medrar e utilizar endere-
zos para diferentes persoas, departamentos ou funcións:
a túa presenza en internet aloxamento
�� ventá de configuraciónde contas de correo
As empresas dealoxamento webofrecen plans que seaxustan ás diferentesnecesidades dosusuarios
126
transferenciaCada vez que unha persoa visita a nosa web, envíanselle os
ficheiros que compoñen a páxina desde o servidor e a través
da rede. A cantidade de ficheiros enviados desde o servidor
ás diferentes persoas que visitan a nosa web denomínase
"taxa de transferencia". Normalmente refírese a un período
de tempo determinado, que adoita ser de un mes. Cantas
máis persoas visiten a web, a taxa de transferencia é máis
alta. Cada plan de Aloxamento ofrece unha taxa de transfe-
rencia que na inmensa maioría dos casos é suficiente.
servizos complementariosHai outros servizos que, aínda que nun primeiro momento
non utilicemos, é conveniente que a empresa coa que con-
tratemos o aloxamento ofreza, pois o taller pode medrar e é
probable que a páxina necesite novos servizos:
Posibilidade de ampliación. Se necesitamos máis espazo
para os ficheiros da nosa web.
Servizos de estatísticas. Para coñecer cántas persoas visitan
a web, cándo a visitan e de ónde proceden.
Páxinas protexidas por clave. Para que determinadas páxi-
nas só poidan ser visitadas por aqueles clientes que dispoñen
dunha clave de acceso.
Web mail. Con este servizo poderemos consultar o correo
desde calquera ordenador conectado a Internet e a través do
navegador, sen necesidade dun programa de correo como
Outlook Express.
Motor de busca. Para facilitar a busca de contidos dentro da
nosa web dunha forma rápida e sinxela.
CGI-BIN propio e linguaxes de programación. Serve para
instalar programas que automaticen o funcionamento da
web.
Base de datos. Necesaria para almacenar grande cantidade
de información.
�� servizo de estatísticas
127
Servidor seguro SSL e Tenda virtual. Imprescindible para
realizar transaccións seguras e venda de produtos desde a
nosa web.
a túa presenza en internet aloxamento
Período de contratación
O más habitual é contratar o aloxamento por un ano.
Se á fin deste período non estamos contentos co servi-
zo que nos prestaron debido a que, por exemplo, a
velocidade de acceso á nosa páxina non foi satisfacto-
ria, poderemos contratar un novo aloxamento con
outra empresa.
O noso nome de dominio seguirá sendo o mesmo e só
teremos que "colgar" os ficheiros que compoñen a
nosa web no espazo que a nova empresa de aloxa-
mento nos asignará nun dos seus servidores. Os ende-
rezos de correo electrónico tamén seguirán sendo
exactamente os mesmos.
129
deseño webO deseño da páxina web marcará a nosa pre-senza en Internet e por iso debemos darlle aimportancia que merece e ter en conta unhaserie de aspectos fundamentais.
a túa presenza en internet
130
Nos anteriores capítulos vimos os dous primeiros pasos para
ter unha presenza en Internet de forma profesional e acorde
coa calidade e honestidade do noso traballo:
» Dispoñer de dominio propio e de aloxamento web
O terceiro paso e final para completar esta presenza, é o
deseño da nosa páxina web.
Como en calquera cuestión relacionada coa creación e o
deseño, o resultado sempre é opinable, pero no deseño de
páxinas web ademais de aspectos creativos interveñen aspec-
tos técnicos de extraordinaria importancia como son:
» Usabilidade: é a facilidade coa que o usuario navega pola
páxina e atopa os contidos que busca.
» Experiencia de usuario: a sensación que o usuario percibe
cando navega pola páxina.
Fundamental é respectar os principios de Internet como novo
medio de expresión e comunicación; non é un catálogo de
papel, non é un libro, non é unha colección de fotos, non é
un vídeo, é un pouquiño de todo, un medio que ten a súa
propia linguaxe que debemos coñecer e respectar para que a
nosa páxina cumpra os obxectivos para os que foi creada.
Temos que pensar cál é o noso obxectivo ó poñer en marcha
unha páxina web:
» A quén vai dirixida.
» Cáles son as súas necesidades e expectativas.
» Qué espera encontrar ese visitante na nosa páxina depen-
dendo de que sexa un particular ou unha empresa.
aspectos básicosCitaremos algúns aspectos básicos a ter en conta no momen-
to de abordar o deseño da páxina web, co obxectivo de que
sexa máis agradable para o usuario e polo tanto, máis eficaz
para o noso taller, obxectivo último e o máis importante.
Unha páxina web non é uncatálogo de papel, non é unlibro, non é unha colecciónde fotos, non é un vídeo, éun pouquiño de todo…
http://www.
131
A páxina principal ou "home" debe ofrecer unha informa-
ción clara e suficiente da actividade do taller. Debe visuali-
zarse rápido, evitando interminables introducións ou un gran-
de número de fotografías que tardan en cargarse. Ten que
informar do que o usuario vai atopar "dentro" e dalgunha
maneira "seducilo" para provocar a súa curiosidade e que
prosiga a visita.
O menú de navegación (índice de contidos ou seccións da
web) debe aparecer en todas as páxinas e non inducir a
erros ó usuario, que ten que atopar resposta en todo
momento a tres preguntas: onde estou? a onde podo ir? e
como vou ó destino elixido?.
Os textos dos enlaces deben de ser "preditivos", suxerindo
dalgunha forma ó visitante qué vai atopar cando pulse nese
enlace. Canto menos fagamos pensar ós visitantes da nosa
páxina, moito mellor.
Os textos deben de ser claros, curtos e concisos. Hai que
tratar de comunicar as ideas co menor número de palabras
posibles, sendo concretas e evitando divagar. Debemos fuxir
de longos parágrafos que o visitante percibe como "bloques"
que non le e que o invitan a marchar da páxina.
Evitar o uso de últimas tecnoloxías aplicadas ó deseño
web, que poden ser moi coñecidas polos deseñadores pero
non polo público que realmente vai visitar a páxina. Cando
unha web nos pide un novo programa ou "plugin" para
poder visualizarse, prodúcese unha desconfianza por parte do
usuario que na maioría dos casos abandona a visita.
Non utilizar pesadas animacións de introdución, elabora-
das con Flash (programa de deseño para efectos animados)
que tardan en cargarse (nalgúns casos tempos absolutamente
disparatados) e que realmente non aportan nada relevante. O
usuario visita unha web fundamentalmente para buscar infor-
mación; se o que verdadeiramente quere é ver obxectos e
letras en movemento, coloríns, escoitar música, etc., ten
mellores opcións noutros medios: cine, televisión, etc.
a túa presenza en internet deseño web
Os textos deben de serclaros, curtos e concisos.Hai que tratar de comu-nicar as ideas co menor
número de palabrasposible, sendo concretas
e evitando divagar.
�� aviso para instalar novo plugin
132
O conxunto da páxina debe de ser coherente. Para iso
debemos utilizar as mesmas cores, tipos e tamaños de letra,
disposición dos menús, listados e informacións. Desta forma
o usuario tarda menos tempo en familiarizarse coa páxina e
coa forma de "navegala".
Como artesáns, a información gráfica que ofrecemos na
nosa web é fundamental. Debemos coidar de forma espe-
cial a calidade das fotografías que utilicemos. Unha fotografía
nunca pode substituír a visión real dunha peza e moito
menos o seu tacto, pero polo menos debe dar idea, transmi-
tir a calidade do noso traballo, non devaluala con fondos
enrugados, pezas desenfocadas, mala iluminación, bodegóns
cargados de pezas onde tanto se quere ensinar que non se ve
nada.
As fotos deben estar optimizadas en canto ó seu tamaño,
é preferible utilizar unha foto pequena e que, polo tanto, car-
gue (se vexa) rápido e dar a opción de acceder a outra de
maior tamaño. Non debemos utilizar moitas fotos nunha
mesma páxina pois isto ralentiza a carga e é contraproducen-
te; é preferible organizalas e repartilas en diferentes páxinas
que se cargarán máis rápido e evitarán tempos de espera ó
usuario.
É importante humanizar a páxina. En tanto que artesáns
estamos vendendo exclusividade e personalización, polo que
para o visitante é importante poñerlle cara ós produtos, ó
taller, situalo no seu contexto diario de creación e traballo
(incluír unha fotografía do ambiente de traballo, do lugar
onde está situado, etc.).
Os datos de contacto: enderezo completo, teléfonos e fax e
enderezo de correo electrónico deben aparecer ou ser accesi-
bles desde todas as páxinas que compoñen a nosa web. Non
estará nunca de máis, se desexamos recibir visitas, incluír un
plano de situación, especialmente se vivimos nunha zona
rural. Tampouco sobra calquera información sobre medios de
transporte: liñas de autobús, tren ou metro.
�� páxina de contacto con plano
�� páxina con fotos de produtos
133
A páxina debe de ter a posibilidade de medrar. Sen dúbida
a nosa web vai ser actualizada no futuro con novas liñas de
produto, polo que debemos optar por un deseño aberto que
nos permita engadir novos contidos e fotografía.
É importante incluír "Meta Tags": códigos ocultos que figu-
ran ó principio dunha páxina e que utilizan os buscadores
para incluír as páxinas web e mostralas no seu caso cando
estes se usan correctamente. Non debemos de esquecernos
deles.
Os tres Meta Tags máis importantes son:
• O Título: que debe de ser claro e curto, normalmente o nome
do taller, é aconsellable evitar palabras innecesarias como ben-
vido á nosa páxina, etc.
• A Descrición: é o pequeno texto que amosan os buscadores
debaixo de cada páxina nas listaxes que aparecen despois de
facer unha busca. Este texto debe ser moi conciso e en poucas
palabras describir a actividade do noso taller.
• As Palabras Clave: trátase de todas aquelas palabras relacio-
nadas co noso oficio: produtos, materiais, ferramentas, técni-
cas, cidade e Comunidade na que estamos situados, etc. Isto
vai axudar, pero nunca asegurará que, se alguén introduce
nun buscador algunha desas palabras, a nosa páxina apareza
nos listados que ofrece o buscador.
a túa presenza en internet deseño web
Exemplo práctico dos Meta Tagsda web www.oficioyarte.org:
Título<title>Oficio y arte, OAE(Organización de los Artesanos deEspaña)</title>
Descrición<meta name="description"content="Oficio y arte,Organización de los Artesanos deEspaña es el punto de encuentroe información de la artesanía y lacultura de los oficios.>
Palabras Clave<meta name="keywords"content="Artesania, Oficio y arte,Organizacion de los Artesanos deEspaña, OAE, Artes, Oficios,Talleres, Artesanos, Diseños,Artesanal, Talleres artesanos,Cultura, Artesanias, Tradicionales,Contemporaneas, Artesaniacreativa, Creacion, Creatividad,Asociaciones de artesanos, Feriasde artesania, Canteria, Ceramica,Cesteria, Cuero, Encuadernacion,Instrumentos musicales, Juguetes,Maderas, Metales, Papeles,Carton piedra, Restauracion,Textiles, Vidrios, Vidrieras, Cereria,Cuchilleria, Mosaicos, Caligrafia,Tapiceria, Alfareria, Piel, Tallas,Ebanisteria, Torneados, Forja,Fundicion, Grabados, Bordados,Encajes, Sedas pintadas,Tapices">
Esta Guía e un instrumento de introdución ás
novas tecnoloxías orientadas á artesanía.
Explica cunha linguaxe clara e comprensible en
qué consisten estas novas ferramentas: o
ordenador, a impresora, o escaner, la cámara dixital,
os programas ou aplicacións e o uso de Internet,
o correo electrónico e la web.
Top Related