Socioloxía da literatura
Arturo Casas Vales
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2018/2019
FACULTADE DE FILOLOXÍA
DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS,
TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL
2
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLAS, TEORÍA DA LITERATURA E LINGÜÍSTICA XERAL
AUTOR: Arturo Casas Vales Edición electrónica, 2018. ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.
3
ÍNDICE
1. Datos descritivos da materia .................................................................... 4
2. Obxectivos e competencias ...................................................................... 6
3. Contidos ................................................................................................... 7
4. Bibliografía xeral ................................................................................... 14
5. Metodoloxía ........................................................................................... 21
6. Avaliación .............................................................................................. 23
7. Distribución e calendario ....................................................................... 24
4
1. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA
NOME
Socioloxía da literatura.
CÓDIGO NOS CINCO GRAOS DA FACULTADE
G5041616 (GLLE), G5051616 (GLLG), G5061616 (GLLI), G5071616 (GFC) e
G5081616 (GLLM).
TIPO DE MATERIA
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007.
Forma parte do módulo Aplicacións teórico-comparadas: literatura, cultura e teatro
(AT-C) e, en consecuencia, tamén do Minor en Teoría da literatura e Literatura
comparada.
O Minor está configurado por dous módulos: AT-C e Os Estudos literarios na
actualidade (ELA). Advírtase que os dous módulos do Minor teñen a mesma condición
e poden ser cursados na orde que cada estudante prefira (AT-C + ELA ou ELA + AT-C).
Dentro do Minor TLLC, terá condición de módulo complementario o que se faga en
primeiro lugar; e terá condición de optativo o que se faga a continuación. En todo caso,
trátase dunha denominación convencional e intercambiábel.
No marco do módulo AT-C, a materia Socioloxía da literatura pode ser seleccionada
polos estudantes que sigan algunha das dúas vías seguintes:
• Maior Plus, con oito especializacións posíbeis: Filoloxía Clásica, Lingua e
literatura españolas, Lingua e literatura galegas, Lingua e literatura inglesas,
Lingua e literatura alemás, Lingua e literatura francesas, Lingua e literatura
italianas e Lingua portuguesa e literaturas lusófonas.
• Modalidade Mixta, como módulo complementario ao que debería sumarse un
dos módulos optativos sobre lingua e literatura romanesa, catalá, danesa ou
occitana.
CURSO, CUADRIMESTRE E HORARIOS
Terceiro ou cuarto cursos, dependendo da decisión de cada alumno/a. Segundo
cuadrimestre.
En relación co horario, véxase a páxina web da Facultade no apartado “Horario de
cursos”: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/horario_cursos.html.
NÚMERO DE CRÉDITOS
6 ECTS, co dobre de sesións expositivas que interactivas.
5
REQUISITOS PREVIOS
É recomendábel ter aprobadas as materias Teoría e Crítica literarias (1º curso) e
Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada (2º curso).
LINGUAS QUE SE UTILIZARÁN
O profesor impartirá a docencia en lingua galega. Nas lecturas utilizaranse tamén o
inglés, o castelán, o francés e outras linguas románicas.
A MATERIA NA TITULACIÓN
A súa función vén determinada polo carácter social do fenómeno literario, algo que foi
xa explorado con anterioridade na materia básica de segundo ano Conceptos
fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada e tamén no conxunto das
distintas materias sobre historia e crítica literarias que conforman os cinco graos
impartidos na Facultade.
De par do estudo desa dimensión social do literario en distintos planos (a cultura, as
institucións, o público e a lectura, o libro e outros formatos de transmisión, aspectos
económicos e de mercado, a literatura e o campo do poder), incorpórase unha mirada
pendente das relacións dos Estudos literarios e filolóxicos coas ciencias sociais —e
especificamente coa socioloxía— e coas súas metodoloxías, escolas e aplicacións a partir
do século XIX.
Igualmente, a materia propiciará a conceptualización e os métodos precisos para que o
alumnado asimile e poña en práctica as bases dunha socioloxía do texto.
PROFESORADO E TITORÍAS
Arturo Casas Vales (E, I e T, coordinador da materia)
Facultade de Filoloxía
Burgo das Nacións – Campus Norte
15782 Santiago de Compostela
Gabinete: 435. Teléfono: 881811870.
Correo electrónico: [email protected].
Páxina web académica: http://webspersoais.usc.es/persoais/arturo.casas.
Titorías: Figuran no horario do profesor para o curso 2018-2019. De se producir
algunha modificación esta será anunciada no mesmo lugar. As horas de titoría marcadas
corresponden ás que o profesor atende no seu gabinete, preferibelmente tras cita previa a
fin de evitar esperas inconvenientes no corredor. No que respecta ás titorías colectivas,
véxase o indicado no apartado sétimo desta Guía.
6
2. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS
OBXECTIVOS
Por se tratar dunha materia situada na segunda metade do Grao, o alumnado chega a ela
con algúns coñecementos referidos á perspectiva sociolóxica, así como cunha formación
básica sobre as principais correntes de estudo da literatura en tanto fenómeno social. Entre
os obxectivos específicos que se apoiarán neses fundamentos cabe salientar os seguintes:
1) Presentar un esquema diacrónico da emerxencia e consolidación da socioloxía na
esfera das ciencias sociais e outro complementario sobre as investigacións sociolóxicas
da cultura e da literatura.
2) Determinar os posíbeis obxectos de estudo sociolóxico no espazo disciplinar dos
Estudos literarios.
3) Considerar as dialécticas entre o individual e o social e entre autonomía e
heteronomía da produción cultural, artística e literaria.
4) Reflexionar sobre o tratamento de tales dialécticas por parte das disciplinas
enmarcadas nos Estudos literarios e desde as diversas epistemoloxías en xogo.
5) Fornecer os coñecementos teórico-críticos necesarios para entender e analizar a
dimensión social dos discursos/prácticas literarios e espectaculares e a súa
correspondencia coas estruturas e os modelos sociais e culturais.
6) Deseñar unha sistematización conceptual que permita profundizar no estudo da
representación literaria da realidade social e económica, en particular nas sociedades
complexas da modernidade e da globalización posmoderna.
7) Achegar métodos científicos, capacidade analítica e aplicacións de diversa
procedencia metodolóxica para situar o feito literario e os seus efectos nas coordenadas
históricas, culturais, sociais, económicas e de xénero que lle son propias.
8) Analizar as condicións institucionais, políticas, ideolóxicas e identitarias da literatura
en tanto discurso social.
COMPETENCIAS
1) Correlacionar os conceptos fundamentais das ciencias sociais na súa proxección
sobre os campos cultural e literario.
2) Entender os obxectivos, posibilidades e métodos da socioloxía da literatura e as súas
relacións con outros saberes disciplinares integrados como Estudos literarios.
3) Aplicar con sentido crítico a rede conceptual asimilada sobre calquera serie textual,
pertencente ou non á tradición lingüístico-cultural na que o estudante se estea a formar de
forma preferente.
4) Analizar e interpretar con fundamento sociolóxico os discursos e os imaxinarios
sociais, as políticas culturais e as distintas axencialidades que participan no campo
literario.
5) Profundizar na autorreflexión como suxeitos lectores, sociais, culturais, políticos e
académicos.
7
3. CONTIDOS
A materia Socioloxía da literatura comprende os seis temas seguintes:
1. A investigación social e os paradigmas sociolóxicos.
2. Obxectos de estudo da socioloxía cultural e da socioloxía da literatura.
3. Suxeitos e prácticas no espazo público.
4. A institución literaria.
5. Socioloxía do texto.
6. O campo literario.
Nas páxinas seguintes preséntase cada un destes temas mediante unha breve descrición,
a organización interna das súas epígrafes e unha mínima selección bibliográfica,
específica para cada tema.
8
1. A investigación social e os paradigmas sociolóxicos
O primeiro tema funciona como introdución ás ciencias sociais e á socioloxía.
Aténdense aspectos epistemolóxicos e outros referidos aos métodos de investigación
sociolóxica. Ademais, preséntanse o desenvolvemento histórico da disciplina, partindo
de Marx, Durkheim e Weber, e as súas conexións con outras ciencias sociais, con especial
atención á súa situación actual. Así mesmo, este é o lugar no que se delimitan os axentes
e grupos que protagonizan a realidade social e os seus conflitos.
1.1. As ciencias sociais e a socioloxía. Relacións cos estudos culturais, artísticos e
literarios.
1.2. Os obxectos de estudo na socioloxía. Métodos cuantitativos e cualitativos na
investigación sociolóxica.
1.3. Paradigmas sociolóxicos.
Bibliografía fundamental recomendada1
Adorno, Theodor W. (2001), “Sociedad”, en Epistemología y ciencias sociales, Madrid,
Cátedra e Universitat de València, 9-18.
Altamirano, Carlos, e Beatriz Sarlo (1980), Conceptos de sociología literaria, Buenos
Aires, Centro Editor de América Latina, 153 pp.
Bruce, Steve (2000), “Social Constructions”, en Sociology: A Very Short Introduction,
Oxford, Oxford University Press, 18-45.
Elias, Norbert (1999), “Introducción” a Sociología fundamental, Barcelona, Gedisa, 13-
36.
Lamo de Espinosa, Emilio (2003), “¿Para qué la ciencia social?”, en Salvador Giner
(coord.), Teoría sociológica moderna, Barcelona, Ariel, 25-42.
Martuccelli, Danilo (2006), “Sociología y postura crítica”, en B. Lahire. (dir.), ¿Para qué
sirve la sociología? Buenos Aires, Siglo XXI Editores Argentina, 157-174.
Santos, Boaventura de Sousa (2002), “Por que é tão difícil construir uma teoria crítica?”,
en A crítica da razão indolente: Contra o desperdício da experiência, 4ª ed., São Paulo,
Cortez Editora, 23-37.
1 O profesor irá sinalando a medida que avance o curso as referencias bibliográficas de lectura obrigada
para cada un dos temas. É moi recomendábel a lectura completa, xa nas primeiras semanas, do libro de
Altamirano e Sarlo que se recolle nesta primeira relación.
9
2. Obxectos de estudo da socioloxía cultural e da socioloxía da literatura
Este tema entra directamente no espazo da socioloxía da literatura. Faino indagando
sobre todo nas relacións existentes con outras disciplinas e na súa propia emerxencia
como dominio autónomo de investigación, con precedentes importantes xa a comezos do
século XIX. Resulta inasumíbel o trazado dunha especie de historia da disciplina pero si
cabe perfilar unha cartografía conceptual e de tendencias analíticas e metodolóxicas que
constituirá un bo fundamento para os temas seguintes.
2.1. Antropoloxía e socioloxía cultural.
2.2. Análise cultural, análise crítica do discurso e socioloxía literaria.
2.3. A cultura como sistema. Cultura, literatura e sociedade.
2.4. Constitución histórica da socioloxía da literatura como disciplina. Converxencias
coas ciencias políticas e económicas e co materialismo cultural.
2.5. Conceptos, obxectivos e escolas na socioloxía da literatura.
Bibliografía fundamental recomendada
Alexander, Jeffrey C., e Philip Smith (2000), “¿Sociología cultural o sociología de la
cultura? Hacia un programa fuerte para la segunda tentativa de la sociología”, en
Jeffrey C. Alexander, Sociología cultural. Formas de clasificación en las sociedades
complejas, Barcelona, Anthropos e Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales,
37-54.
Bourdieu, Pierre, (2003), “Sobre el poder simbólico” en Intelectuales, política y poder,
Buenos Aires, Eudeba, 65-73.
Ariño Villaroya, Antonio (2003), “Sociología de la cultura”, en Salvador Giner
(coord.), Teoría sociológica moderna, Barcelona, Ariel, 295-331.
Harris, Marvin (2000), “Holismo”, en Teorías sobre la cultura en la era posmoderna,
Barcelona, Crítica, 133-139.
Weber, Max (1973), “Estudios críticos sobre la lógica de las ciencias de la cultura
(1906)”, en Ensayos sobre metodología sociológica, Buenos Aires, Amorrortu, 102-
174.
Wodak, Ruth (2001), “What CDA Is About — A Summary of Its History, Important
Concepts and Its Developments”, en Ruth Wodak e Michael Meyer (eds.), Methods
of Critical Discourse Analysis, Londres, SAGE, 1-13.
10
3. Suxeitos e prácticas no espazo público
A literatura é un feito social situado asemade nos espazos da intimidade e da
publicidade. A noción de espazo público foi desenvolvida ao longo do século XX desde
ángulos non sempre coincidentes por pensadores como Arendt, Luhmann, Habermas e
Chartier, entre outros. Desde unha perspectiva sociolóxica faise preciso describir e
entender as prácticas literarias e os seus suxeitos, así como os condicionantes que inciden
nunhas e noutros. De aí a entidade da noción de “ideoloxía”, que neste tema converxerá
coa atención á figura do intelectual e á intervención social desenvolvida polos
investigadores do espazo público a través do seu propio labor de obxectivación e análise.
3.1. Debates sobre a noción de espazo público.
3.2. Crítica e opinión pública. A ideoloxía e o literario.
3.3. A figura do intelectual e os movementos sociais. Do intelectual orgánico ao
intelectual colectivo.
3.4. Investigar é actuar. O investigador como axente no espazo público.
Bibliografía fundamental recomendada
Blesa, Túa (2015), “Maurice Blanchot y la cuestión de los intelectuales”, en A. Martí
Monterde e B. Padró Nieto, Qui acusa? Figures del inteŀlectual europeu, Barcelona,
Universitat de Barcelona, 337-355.
Bourdieu, Pierre (2003), “Campo del poder, campo intelectual y habitus de clase”, en
Intelectuales, política y poder, Buenos Aires, Eudeba, 23-42.
Bourdieu, Pierre (2006), Autoanálisis de un sociólogo, Barcelona, Anagrama, 2006.
154 pp.
González-Millán, Xoán (2000), “Os espacios públicos” e “A sociedade civil”, en
Resistencia cultural e diferencia histórica. A experiencia da subalternidade, Santiago
de Compostela, Sotelo Blanco, 63-104.
Elias, Norbert (1990), “Compromiso y distanciamiento”, en Compromiso y
distanciamiento. Ensayos de sociología del conocimiento, ed. M. Schröter, Barcelona,
Península,11-60.
Luhmann, Niklas (1990), Sociedad y sistema: la ambición de la teoría. Barcelona, Paidós
e Universitat Autònoma de Barcelona, 144 pp.
Rabotnikof, Nora (2005), “El espacio público como expresión de la sociedad ilustrada:
Jürgen Habermas”, en En busca de un lugar común. El espacio público en la teoría
política contemporánea, México D. F., Universidad Nacional Autónoma de México,
165-218.
Sapiro, Gisèle (2007), “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et
idéologie”, COnTEXTES: 2. http://contextes.revues.org/165 [Consulta: 09/06/2014].
Torres Feijó, Elias (2002), “Como sair do cerco: a legitimaçom galeguista da literatura
galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica
literária”, en T. López e F. Salinas (eds.), Actas do Simposio Ricardo Carvalho Calero
"Memoria do Século", A Coruña: Universidade da Coruña e AS-PG, 31-66. Accesíbel
en http://www.grupogalabra.com/images/stories/pdf/elias /Como_sair_do_cerco.pdf
[Consulta: 09/06/2014].
11
4. A institución literaria
Neste tema abórdanse os aspectos institucionais do fenómeno literario e as súas
relacións coa produción, a recepción e o mercado do libro e doutros produtos culturais.
Preséntanse ademais as plataformas teórico-metodolóxicas que prestan atención
destacada a eses aspectos, desde a socioloxía do libro até a socioloxía da lectura, e
márcanse algunhas pautas para a análise dos factores e funcións implicados na
institucionalización da literatura: o ensino, as academias, as industrias culturais e
editoriais, os medios de comunicación, as redes sociais, a historia literaria, as identidades
e os imaxinarios sociais, o gusto, a reprodución social, a hexemonía, as transferencias e
outros.
4.1. Produción, mediación e mercado. A socioloxía empírica da literatura e as teorías
empírico-sistémicas.
4.2. Socioloxía da lectura e da recepción.
4.3. O ensino da literatura.
4.4. A institucionalización da literatura.
Bibliografía fundamental recomendada
Aron, Paul, e Alain Viala (2005), L’Enseignement littéraire, París, Presses
Universitaires de France, 128 pp.
Chicharro, Antonio (2011), “Sociología de la recepción y la lectura (aspectos
introductorios)”. En P. Aullón de Haro e M. D. Abascal (eds.), Teoría de la lectura,
Málaga, Universidad de Málaga, 289-308.
Dirkx, Paul (2000), “Le texte dans le social”, en Sociologie de la littérature, París,
Armand Colin, 94-117.
Donnat, Olivier (2004), “Encuestas sobre los comportamientos de lectura. Cuestiones
de método”, en Bernard Lahire (coord.), Sociología de la lectura. Del consumo
cultural a las formas de la experiencia literaria, Barcelona, Gedisa, 59-83.
Dubois, Jacques (2005), “Vers une théorie de l’institution littéraire”, en L’Institution de
la littérature, Loverval, Éditions Labor, 29-55.
Escarpit, Robert (1974), “Éxito y supervivencia literarios”, en R. Escarpit, et al., Hacia
una sociología del hecho literario, Madrid, Edicusa, 133-164.
González-Millán, Xoán (1994), “Os procesos institucionais”, en Literatura e sociedade
en Galicia (1975-1990), Vigo, Edicións Xerais, 23-62.
López-Iglésias Samartim, Roberto (2010), “Défices projetivos e estratégias de
planificação cultural no campo editorial dum sistema periférico (Galiza: 1968-1978)”,
en M. A. Tavares Maleval e L. Tato Fontaíña (eds.), Estudos Galego-Brasileiros 4.
Língua, Literatura, Identidade, 255-276. Accesíbel en
http://www.poesiagalega.org/uploads/media/samartim_2010_planificacion.pdf
[Consulta: 09/06/2014].
Sapiro, Gisèle (2014), “Sociologie de la réception”, cap. IV do volume La Sociologie
de la littérature, París: La Découverte, 2014, 85-106.
12
5. Socioloxía do texto
Constitúe xa unha especie de tradición nos estudos sociolóxico-literarios a
diferenciación entre dúas perspectivas complementarias que conducen respectivamente á
investigación sobre o papel que xogan os textos / discursos no mundo social (“o texto no
mundo”) e á investigación do mundo social tal como aparece proxectado ou representado
nos textos (“o mundo no texto”). A primeira perspectiva atendeuse no tema anterior e
reaparecerá no derradeiro desta programación. A segunda é a que agora corresponde
enfocar, sendo moi amplas as súas posíbeis aplicacións, pois van desde os problemas
típicos das primeiras propostas marxistas relativos aos modos da conciencia social e á
socioloxía das formas e os xéneros literarios até, por exemplo, os desenvolvementos do
estruturalismo xenético e a sociocrítica.
5.1. O marxismo e a socioloxía da literatura.
5.2. Estética, poética e socioloxía en Bakhtin.
5.3. A Escola de Fráncfort e a teoría crítica hoxe.
5.4. Os xéneros literarios en perspectiva sociolóxica.
5.5. A sociocrítica.
Bibliografía fundamental recomendada
Amoretti Hurtado, María (2003), “Sociocriticismo: Institucionalidad e historia de un
cuerpo teórico en formación”, Revista de Filología y Lingüística de la Universidad
de Costa Rica: XXIX (1), 7-30. Accesíbel en http://www.latindex.ucr.ac.cr/filologia-
29-1/rfl-29-1-1.pdf. [Acceso: 09/06/2014].
Bajtin, M. (P.N. Medvedev) (1994), “Objeto y tareas de los estudios literarios
marxistas”, en El método formal en los estudios literarios. Introducción crítica a una
poética sociológica, Madrid, Alianza, 41-86.
Benjamin, Walter (1987), “¿Qué es el teatro épico? (Primera versión) Un estudio sobre
Brecht”, en Tentativas sobre Brecht. Iluminaciones 3, Madrid, Taurus, 15-29.
Chicharro, Antonio (1994), “La Teoría de la Crítica sociológica”, en P. Aullón de Haro
(ed.), Teoría de la crítica literaria, Madrid, Trotta, 387-453.
Cros, Edmond (2003), “El texto cultural: Viridiana, de Luis Buñuel (1961)”, en La
sociocrítica, Madrid, Arco Libros, 181-196.
Goldmann, Lucien (1964), “Introduction aux problèmes d’une sociologie du roman”,
en Pour une sociologie du roman, París, Gallimard, 21-57.
Jarque, Vicente (1997), “Benjamin, crítico literario”, En V. Jarque (ed.), Modelos de
crítica: la escuela de Frankfurt, Teoría / Crítica: 4, 91-112.
Sánchez-Mesa Martínez, Domingo (1996), “Una teoría en expansión: la poética social
dialógica del Círculo de Bajtín”, en A. Sánchez Trigueros (dir.), Sociología de la
literatura, Madrid, Síntesis, 191-214.
Sayre, Robert (2011), “L’Incidence du social sur le texte II: Dimensions textuelles”, en
La Sociologie de la littérature. Histoire, problématique, synthèse critique, París,
L’Harmattan, 175-230.
Zima, Pierre V. (2009), “Notions sociologiques fondamentales” e “Vers une sociologie
du texte”, en Manuel de sociocritique, 2ª ed., París, L’Harmattan, 13-29 e 117-185.
13
6. O campo literario
O derradeiro tema dedícase íntegramente á teoría dos campos sociais de Pierre Bourdieu
e á súa concreción como socioloxía do campo literario. Certamente, isto presupón ter moi
presentes a evolución da socioloxía en xeral e tamén da socioloxía da arte e da literatura
no derradeiro terzo do século XX, así como as relevantes liñas de continuidade, debate e
aplicación do pensamento bourdiano no espazo dos estudos literarios, moi dinámicas na
actualidade. Alén dunha profundización no eido conceptual e no metodolóxico,
atenderase aquí a comprensión por Bourdieu do oficio de sociólogo e todo o que xira en
torno á proposta dunha socioloxía reflexiva. Á vez, serán obxecto de análise algunhas
aplicacións no terreo da historiografía literaria e as relacións literarias internacionais.
6.1. Bourdieu e a socioloxía: método e programa de investigación.
6.2. Habitus, capital cultural e bases sociais do gusto.
6.3. Para unha ciencia da produción cultural e literaria.
6.4. Campo literario e nación. Aplicacións supranacionais da teoría do campo literario.
6.5. Alternativas críticas a Bourdieu.
Bibliografía fundamental recomendada
Bourdieu, Pierre (1995), “El punto de vista del autor. Algunas propiedades generales
de los campos de producción cultural”, en Las reglas del arte. Génesis y estructura
del campo literario, Barcelona, Anagrama, 318-416.
Bourdieu, Pierre (2004). O campo literario. Ames: Laiovento. Introdución de C. Pérez
Varela, 136 pp.
Bourdieu, Pierre, e Loïc Wacquant (2005), “La lógica de los campos”, en Una
invitación a la sociología reflexiva, Buenos Aires, Siglo Veintiuno Editores
Argentina, 147-172.
Figueroa, Antón (2010). “Campo de produción ideolóxico e campo literario”, en
Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, Ames, Laiovento, 53-112.
Gutiérrez, Alicia B. (2002), “Conceptos y temas mayores”, en Las prácticas sociales.
Una introducción a Pierre Bourdieu, Ciempozuelos, Tierradenadie Ediciones, 9-29.
Heinich, Nathalie (2007), “L’Ordre du culturel: entre art et cultures”, en Pourquoi
Bourdieu, París, Gallimard, 107-137.
Jurt, Joseph (2007), “Préface: Champ littéraire et nation”, en J. Jurt (ed.), Champ
littéraire et nation, Friburgo, Frankreich-Zentrum, 9-33.
Lahire, Bernard (2005), “Campo, fuera de campo, contracampo”, en B. Lahire (dir.), El
trabajo sociológico de Pierre Bourdieu. Deudas y críticas, Buenos Aires, Siglo
Veintiniuno Editores Argentina, 29-69.
Thumerel, Fabrice (2002), “Une nouvelle approche historiographique”, en Le Champ
littéraire français au XXe siècle. Éléments pour une sociologie de la littérature, París,
Armand Colin, 51-70.
Viart, Dominique (2010), “«L’Illusion biographique» ou Bourdieu après la bataille?”,
en Jean-Pierre Martin (dir.), Bourdieu et la littérature. Suivi d’un entretien avec Pierre
Bourdieu, Nantes, Éditions Cécile Defaut, 207-235.
14
4. BIBLIOGRAFÍA XERAL
DICIONARIOS E GLOSARIOS
ALTAMIRANO, C. (dir.), Términos críticos de sociología de la cultura, Buenos
Aires, Paidós, 2002.
ALTAMIRANO, C., e B. SARLO, Conceptos de sociología literaria, Buenos Aires,
Centro Editor de América Latina, 1980.
GINER, S., E. LAMO DE ESPINOSA e C. TORRES (eds.), Diccionario de
Sociología, Madrid, Alianza, 1998.
PAYNE, M. (ed.), A Dictionary of Cultural and Critical Theory, Oxford, Blackwell,
2000.
SCOTT, J., e G. MARSHALL (eds.), Dictionary of Sociology, 3ª ed., Oxford, Oxford
U.P., 2009.
TEIXEIRA COELHO, Dicionário crítico de política cultural, São Paulo,
Iluminuras, 2004.
WILLIAMS, R., Palabras clave. Un vocabulario de la cultura y la sociedad, edición
revisada e ampliada, Buenos Aires, Nueva Visión, 2003.
REPOSITORIOS DIXITAIS E OUTROS RECURSOS TELEMÁTICOS
ANGENOT, M., Marc Angenot, http://marcangenot.com. [Consulta: 09/06/2017].
BARRABAND, M., et al. (eds.), Gremlin. Groupe de Recherche sur les Médiations
Littéraires et les Institutions. http://www.legremlin.org. [Consulta: 09/06/2017].
BENSCHOP, A. (ed.), SocioSite. Social Science Information System, Ámsterdam,
Universiteit van Amsterdam, 1996. http://www.sociosite.net. [Consulta:
09/06/2017].
CARVALHO, F. (ed.), ANPOCS. Portal das Ciências Sociais Brasileiras, São
Paulo. http://www.anpocs.org/portal. [Consulta: 09/06/2017].
GLINOER, A. (ed.), Socius. Ressources sur le littéraire et le social, Sherbrooke.
http://ressources-socius.info. [Consulta: 09/06/2017].
GUITIÁN GALÁN, M. (ed.), Teoría sociológica para todos. Repositorio digital,
México, UNAM. http://132.248.132.82/teoriasociologicaparatodos. [Consulta:
09/06/2017].
IRANZO, J. M. (coord.), PURESOC. Publicaciones y Recursos de Sociología y
Ciencias Afines, Pamplona, Universidad Pública de Navarra, 2003.
http://www.unavarra.es/puresoc. [Consulta: 09/06/2017].
MERCKLÉ, P. (dir.), Bibliothèque idéale des sciences sociales, Lyon.
http://books.openedition.org/enseditions/177. [Consulta: 09/06/2017].
SOCIOCRÍTICA. ORG, http://www.sociocritica.org. [Consulta: 09/06/2017].
TREMBLAY, J.-M. (dir.), Les Classiques des Sciences Sociales, Chicoutimi-
Saguenay, Université du Québec à Chicoutimi. http://classiques.uqac.ca. [Consulta:
09/06/2017].
15
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ADORNO, Th. W., Epistemología y ciencias sociales, Madrid, Cátedra e Universitat
de València, 2001.
ARON, P., e A. VIALA, Sociologie de la littérature, París, Presses Universitaires de
France, 2006.
BAJTIN, M. (P.N. Medvedev), El método formal en los estudios literarios.
Introducción crítica a una poética sociológica, Madrid, Alianza, 1994.
BAJTIN, M. (V. N. Voloshinov), El marxismo y la filosofía del lenguaje. Los
principales problemas del método sociológico en la ciencia del lenguaje, Madrid,
Alianza, 1992.
BENJAMIN, W., Sobre arte, técnica, linguagem e política, introdución de Th. W.
Adorno, Lisboa, Relógio d’Água Editores, 1992.
BERIAIN, J., e J. L. ITURRATE (eds.), Para comprender la teoría sociológica, 2ª
ed., Estella, Editorial Verbo Divino, 2008.
BOURDIEU, P., Las reglas del arte. Génesis y estructura del campo literario,
Barcelona, Anagrama, 1995.
BOURDIEU, P., Intelectuales, política y poder, Buenos Aires, Eudeba, 2003.
BOURDIEU, P., O campo literario, Ames, Laiovento, 2004.
BOURDIEU, P., e L. WACQUANT, Una invitación a la sociología reflexiva,
Buenos Aires, Siglo Veintiuno Editores Argentina, 2005.
CHICHARRO, A., “La Teoría de la Crítica sociológica”, en P. Aullón de Haro (ed.),
Teoría de la crítica literaria, Madrid, Trotta, 1994, 387-453.
CHICHARRO, A., El corazón periférico. Sobre el estudio de literatura y sociedad,
Granada, Universidad de Granada, 2005.
CHICHARRO, A., e F. LINARES ALÉS (eds.), Sociocrítica e interdisciplinariedad,
Granada, Instituto Internacional de Sociocrítica & Ediciones Dauro, 2010.
Accesíbel en http://sociocritica.org/wp-
content/uploads/2012/05/SOCIOCRITICA-E-INTERDISCIPLINARIEDAD.pdf.
[Consulta: 09/06/2014].
CROS, E., La sociocrítica, Madrid, Arco Libros, 2003.
DELAMONT, S., Feminist Sociology, Londres, SAGE, 2003.
DIRKX, P., Sociologie de la littérature, París, Armand Colin, 2000.
DUBOIS, J., L’Institution de la littérature, Loverval, Éditions Labor, 2005.
EAGLETON, T., Walter Benjamin o Hacia una crítica revolucionaria, Madrid,
Cátedra, 1998.
ELIAS, N., Sociología fundamental, Barcelona, Gedisa, 1999.
ELLIOT, A. (ed.), The Routledge Companion to Social Theory, Londres, Routledge,
2010.
ESCARPIT, R., Sociología de la literatura, Barcelona, Oikus-Tau, 1971.
EVEN-ZOHAR, I., Ideational Labor and the Production of Social Energy:
Intellectuals, Idea Makers and Culture Entrepreneurs, Tel Aviv, Unit of Culture
Research - Tel Aviv University, 2010. Accesíbel en http://www.tau.ac.il/-
~itamarez/works/books/ez-Intellectual_Labor.pdf. [Consulta: 09/06/2014].
FIGUEROA, A., Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, Ames,
Laiovento, 2010.
GINER, S. (coord.), Teoría sociológica moderna, Barcelona, Ariel, 2003.
16
GONZÁLEZ-MILLÁN, X. Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990), Vigo,
Edicións Xerais, 1994.
GONZÁLEZ-MILLÁN, X., Resistencia cultural e diferencia histórica. A
experiencia da subalternidade, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2000.
GUTIÉRREZ, A. B., Las prácticas sociales. Una introducción a Pierre Bourdieu,
Ciempozuelos, Tierradenadie Ediciones, 2002.
HABERMAS, J., Historia y crítica de la opinión pública. La transformación
estructural de la vida pública, 4ª ed., Barcelona, Gustavo Gili, 1994.
HEINICH, N., La sociología del arte, Buenos Aires, Nueva Visión, 2002.
JAMESON, F., Teoría de la postmodernidad, 3ª ed., Madrid, Trotta, 2001.
LAHIRE, B. (coord.), Sociología de la lectura. Del consumo cultural a las formas
de la experiencia literaria, Barcelona, Gedisa, 2004
LAHIRE, B. (dir.), El trabajo sociológico de Pierre Bourdieu. Deudas y críticas,
Buenos Aires, Siglo Veintiuno Editores Argentina, 2005.
LUKÁCS, G., Sociología de la literatura, edición de P. Ludz, Madrid, Península,
1966.
LUHMANN, N., Sociedad y sistema: la ambición de la teoría. Barcelona, Paidós e
Universitat Autònoma de Barcelona, 1990.
MALCUZYNSKI, M.-P. (ed.), Sociocríticas. Prácticas textuales / Cultura de
fronteras, Ámsterdam, Rodopi, 1991.
MARTIN, J.-P. (dir.), Bourdieu et la littérature. Suivi d’un entretien avec Pierre
Bourdieu, Nantes, Éditions Cécile Defaut, 2010.
SÁNCHEZ TRIGUEROS, A. (dir.), Sociología de la literatura, Madrid, Síntesis,
1996.
SAPIRO, G., La Sociologie de la littérature. París: La Découverte, 2014.
SAYRE, R., La Sociologie de la littérature. Histoire, problématique, synthèse
critique, París, L’Harmattan, 2011.
VIALA, A., Naissance de l’écrivain. Sociologie de la littérature à l’âge classique,
París, Éditions de Minuit, 1985.
ZIMA, P. V., Manuel de sociocritique, 2ª ed., París, L’Harmattan, 2009.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ADORNO, Th. W., Notas sobre literatura, ed. R. Tiedemann, Obra Completa, vol.
11, Tres Cantos, Akal, 2003.
ALEXANDER, J. C., Sociología cultural. Formas de clasificación en las sociedades
complejas, Barcelona, Anthropos e Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales,
2000.
ALONSO, L. E., et al. (eds.), Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo,
Madrid, Fundamentos, 2004.
ALTHUSSER, L., et al., Literatura y sociedad, Buenos Aires, Tiempo
Contemporáneo, 1974.
ALTHUSSER, L., et al., Para una crítica del fetichismo literario, ant. J. M. Azpitarte
Almagro, Madrid, Akal, 1975.
ARIÑO, A., Sociología de la cultura. La constitución simbólica de la sociedad,
Barcelona, Ariel, 1997.
ARIÑO VILLARROYA, A. (ed.), Las encrucijadas de la diversidad cultural,
Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas, 2005.
17
ARON, P., e A. VIALA, L’Enseignement littéraire, París, Presses Universitaires de
France, 2005.
BÉRA, M., e Y. LAMY, Sociologie de la culture, 3ª ed., París, Armand Colin, 2011.
BIRON, M., e P. POPOVIC (eds.), Sociocritique de la poésie, en Études Françaises,
27 (1), 1991.
BLESA, T., “Maurice Blanchot y la cuestión de los intelectuales”, en A. Martí
Monterde e B. Padró Nieto, Qui acusa? Figures del inteŀlectual europeu, Barcelona,
Universitat de Barcelona, 2015, 337-355.
BOSCHETTI, A., La Poésie partout. Apollinaire, homme-époque (1898-1918), París,
Éditions du Seuil, 2001.
BOSCHETTI, A. (dir.), L’Espace culturel transnational, París, Nouveau Monde,
2010.
BOURDIEU, P., La distinción. Criterio y bases sociales del gusto, 3ª ed., Madrid,
Taurus, 2006.
BOURDIEU, P., Autoanálisis de un sociólogo, Barcelona, Anagrama, 2006.
CALHOUN, C. (ed.), Social Theory and the Politics of Identity, Oxford, Blackwell,
1994.
CANDIDO, A., Literatura e sociedade, 9 ª ed., Rio de Janeiro, Ouro sobre Azul,
2006.
CARRETERO PASÍN, Á. E., Pouvoir et imaginaires sociaux. La légitimation de
l’ordre social dans les sociétés postmodernes, París, L’Harmattan, 2006.
CASTRO NOGUEIRA, L., et al., Metodología de las ciencias sociales. Una
introducción crítica, Madrid, Tecnos, 2005.
CHAMPAGNE, P., L. PINTO e G. SAPIRO (dirs.), Pierre Bourdieu, sociólogo,
Buenos Aires, Nueva Visión, 2007.
CHARTIER, R., e H.-J. MARTIN, Histoire de l’édition française, 4 vols., París,
Promodis, 1983-1986.
CHICHARRO, Antonio, “Un balance de la teoría y crítica literaria sociológica en
España hasta los años novísimos”, en Para una historia del pensamiento literario
en España, Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2004, 95-111.
CHICHARRO, A., “Sociología de la recepción y la lectura (aspectos
introductorios)”. En P. Aullón de Haro e M. D. Abascal (eds.), Teoría de la lectura,
Málaga, Universidad de Málaga, 2011, 289-308.
CROS, E., “Sociología de la literatura”, en M. Angenot et al. (dirs.), Teoría literaria,
Madrid, Siglo Veintiuno, 145-171.
DELDIME, R. (ed.), 1èr Congrès Mondial de Sociologie du Théâtre: Roma 27-28-
29 juin 1986: Actes, Roma, Bulzoni, 1988.
EAGLETON, T., La idea de cultura. Una mirada política sobre los conflictos
culturales, Barcelona, Paidós, 2001.
EAGLETON, T., La estética como ideología, presentación de R. del Castillo e G.
Cano, 2ª ed., Madrid, Trotta, 2011.
ESCARPIT, R., et al., Hacia una sociología del hecho literario, Madrid, Edicusa,
1974.
EVEN-ZOHAR, I., Papers in Culture Research, Tel Aviv, Unit of Culture Research
- Tel Aviv University, 2010. Accesíbel en http://www.tau.ac.il/-
~itamarez/works/books/EZ-CR-2005_2010.pdf. [Consulta: 09/06/2014].
FABRE, G., Pour une sociologie du procès littéraire. De Goldmann à Barthes en
passant par Bakhtine, París, L’Harmattan, 2001.
18
FERRERAS, J. I., Fundamentos de sociología de la literatura, Madrid, Cátedra,
1980.
FIGUEROA, A., Nación, literatura, identidade. Comunicación literaria e campos
sociais en Galicia, Vigo, Xerais, 2001.
FURIÓ, V., Sociología del arte, Madrid, Cátedra, 2000.
GALLAS, H. Teoría marxista de la literatura, 2ª ed., México D. F., Siglo XXI, 1977.
GARCÍA CANCLINI, N., Diferentes, desiguales y desconectados. Mapas de la
interculturalidad, Barcelona, Gedisa, 2006.
GEE, J. P., e M. HANDFORD (eds.), The Routledge Handbook of Discourse
Analysis, Londres e Nova York, Routledge, 2012.
GIDDENS, A., Sociología, 3ª ed., Madrid, Alianza Editorial, 2000.
GÓMEZ, J. J. (ed.), Crítica, tendencia y propaganda. Textos sobre arte y
comunismo, 1917-1954, Sevilla, Círculo de Cultura Socialista, 2004.
GONZÁLEZ-MILLÁN, X., A narrativa galega actual (1975-1984). Unha historia
social, Vigo, Edicións Xerais, 1996.
GRAMSCI, A., Os intelectuais e a organización da cultura, ed. X. González Gómez,
Ames, Laiovento, 2010.
HABERMAS, J., Escritos filosóficos, vol. I: Fundamentos de la sociología según la
teoría del lenguaje, Barcelona, Paidós, 2011.
HANNEMAN, R., e M. RIDDLE (2005). Introduction to Social Network Methods,
Riverside, University of California. Accesíbel en http://faculty.ucr.edu/-
~hanneman/nettext. [Consulta: 09/06/2014].
HARRIS, M., Teorías sobre la cultura en la era posmoderna, Barcelona, Crítica,
2002.
HAUSER, K., O deseño dun círculo marxista. Introdución ao pensamento de Terry
Eagleton, Santiago de Compostela, Estaleiro, 2012.
HAUSER, S., Entre modernidade e utopía. Unha introdución ao pensamento de
Fredric Jameson, Santiago de Compostela, Estaleiro, 2012.
HOOPER, K., e M. PUGA MORUXA (eds.), Contemporary Galician Cultural
Studies. Between the Local and the Global, Nova York, The Modern Language
Association of America, 2011.
JACOBS, M. D., e N. W. Hanrahan (eds.), The Blackwell Companion to the
Sociology of Culture, Oxford: Blackwell, 2005.
JARQUE, V. (ed.), Modelos de crítica: la escuela de Frankfurt, monográfico de
Teoría / Crítica: 4, 1997.
JURT, J. (ed.), Champ littéraire et nation, Friburgo, Frankreich-Zentrum,
2007.KEUNEN, B., e B. EECKHOUT (eds.), Literature and Society: The Function
of Literary Sociology in Comparative Literature, Bruxelas, Peter Lang, 2001.
KLINKENBERG, J.-M. (dir.), L'Institution littéraire, en Textyles, 15, 1998.
LAHIRE, B. (dir.), ¿Para qué sirve la sociología? Buenos Aires, Siglo XXI Editores
Argentina, 2006.
LEMIRE, M., et al. (dirs.), La Vie littéraire au Québec, 6 vols., Sainte-Foy, Presses de
l’Université Laval, 1991-2010.
LUKÁCS, G., Sociología de la literatura, 4a ed, Barcelona, Península, 1989.
MANNHEIM, K., Ensayos de sociología de la cultura, 2ª ed., Madrid, Aguilar,
1963.
MARGULIS, M., Sociología de la cultura. Conceptos y problemas, Buenos Aires,
Biblos, 2009.
19
MARTÍN-BARBERO, J., De los medios a las mediaciones. Comunicación, cultura y
hegemonía, Barcelona, Anthropos e Universidad Autónoma Metropolitana, 2010.
MARTÍNEZ, A. T., Pierre Bourdieu. Razones y lecciones de una práctica sociológica,
Buenos Aires, Manantial, 2007.
MCKENZIE, D. F., Bibliografía y sociología de los textos, Madrid, Akal, 2005.
MORENO PESTAÑA, J. L., e F. VÁZQUEZ GARCÍA (eds.), Pierre Bourdieu y la
filosofía, Barcelona, Montesinos, 2006.
MUÑOZ, B., Modelos culturales. Teoría sociopolítica de la cultura, Barcelona,
Anthropos e Universidad Autónoma Metropolitana, 2005.
NORDMANN, C., Bourdieu / Rancière. La política entre sociología y filosofía,
Buenos Aires, Ediciones Nueva Visión, 2006.
PINTO, L., Pierre Bourdieu et la théorie du monde social, París, Éditions Albin
Michel, 2002.
RABOTNIKOF, N., En busca de un lugar común. El espacio público en la teoría
política contemporánea, México D. F., Universidad Nacional Autónoma de
México, 2005.
RAGONE, G., Introduzione alla Sociologia della letteratura. La tradizione, i testi,
le nuove teorie, Nápoles, Liguori Editore, 1996.
RANCIÈRE, P., Política de la literatura, Buenos Aires, Libros del Zorzal, 2011.
RITZER, G., Teoría sociológica contemporánea, 3ª ed., México D. F., McGraw-
Hill, 1997.
RODRÍGUEZ, F., Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (A persoa e a obra
de onte a hoxe), A Coruña, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 2011.
RODRÍGUEZ, J. C., La norma literaria, Granada, Diputación Provincial, 1984.
RODRÍGUEZ, J. C., Teoría e historia de la producción ideológica. Las primeras
literaturas burguesas, Torrejón de Ardoz, Akal, 1990.
RODRÍGUEZ, J. C., Para una teoría de la literatura (40 años de Historia), Madrid,
Marcial Pons, 2015.
RUBY, C., Rancière y lo político, Buenos Aires, Prometeo Libros, 2010.
SAID, E., Cultura e imperialismo, Barcelona, Anagrama, 1996.
SAMPEDRO, F., Ideoloxía e distorsión. Ensaio sobre o imaxinario ideolóxico,
Vigo, Edicións Xerais, 1997.
SANTOS, B. de SOUSA, El milenio huérfano. Ensayos para una nueva cultura
política, Madrid e Bogotá, Trotta e ILSA, 2005.
SANTOS, B. de SOUSA, Renovar la teoría crítica y reinventar la emancipación
social (Encuentros en Buenos Aires), Buenos Aires, CLACSO, 2006.
SAPIRO, G., “Collective Biographies and the Theory of “Literary Field”: On the
Contribution of Prosopography to the Sociology of Literature”, Skeptron
Occasional Papers, 9, 1996.
SAPIRO, G., “The Literary Field Between the State and the Market”, Poetics:
Journal of Empirical Research on Culture, the Media and the Arts, 31 (5/6), 2003,
19-41.
SENNETT, R., El declive del hombre público, Madrid, Península, 1978.
SHEVTSOVA, M., Sociology of Theater and Performance, Verona, QuiEdit, 2009.
THUMEREL, F., Le Champ littéraire français au XXe siècle. Éléments pour une
sociologie de la littérature, París, Armand Colin, 2002.
VAN REES, C. J. (ed.), Empirical Sociology of Literature and the Arts, monográfico
de Poetics, 13 (4/5), 1992.
20
WILLIAMS, R., Marxismo y literatura, Barcelona, Península, 1997.
WODAK, R., e M. MEYER (eds.), Methods of Critical Discourse Analysis, Londres,
SAGE, 2001.
ŽIŽEK, S., Ideología. Un mapa de la cuestión, Buenos Aires, Fondo de Cultura
Económica, 2004.
21
5. METODOLOXÍA
A materia ten dúas dimensións básicas, a conceptual e a analítico-aplicada. Procurarase
que exista un equilibrio entre elas tanto nas sesións expositivas a cargo do profesor como
nas sesións interactivas, nas que o alumnado deberá implicarse cunha participación
destacada mediante o traballo individual e en grupo. A concreción deste traballo e das
súas modalidades materializarase nas primeiras semanas do mes de febreiro de 2019, unha
vez coñecido o número e procedencia dos estudantes e os seus intereses específicos, e
buscando en calquera caso o acordo previo entre estes e o profesor.
Nas sesións interactivas o material de apoio incentivará unha comunicación que deberá
desenvolver as competencias relacionadas coa capacidade analítica e coas habilidades
empíricas, teórico-críticas, interpretativas e argumentativas. O profesor dedicará unha
parte destas clases á orientación xeral sobre as converxencias e diverxencias dos
conceptos e metodoloxías en xogo con outras formas de achegarse ao coñecemento do
literario nas súas dimensións cultural e social, polo que se introducirán chaves
favorecedoras do diálogo fluído con disciplinas e perspectivas non representadas
expresamente no cadro sinóptico de contidos, desde a estética á filosofía política pasando
por exemplo pola antropoloxía e a historia cultural ou pola sociolingüística.
En función do calendario académico da USC para o curso 2018-2019 prevense trece
sesións expositivas de dúas horas (os luns) e catorce interactivas dunha hora, que se
desenvolverán os xoves. Habilitarase unha aula virtual que ofrecerá textos de apoio para
a preparación da materia.
Recomendacións para o estudo da materia
É importante o reforzo das capacidades lectoras e analíticas no campo do ensaio nas
súas orientacións antropolóxica, sociolóxica, ética e política. Así mesmo, o alumnado
deberá esforzarse en asimilar os conceptos fundamentais da tradición teórica sociolóxica
(partindo de Marx, Durkheim e Weber) e disporse para unha problematización de
referentes xa presentes noutras materias dos módulos do Minor Teoría da literatura e
Literatura comparada. Entre eles, por exemplo, a cultura de masas, os medios de
comunicación, as industrias culturais ou a funcionalidade social dos intelectuais.
Aconséllase en todo caso o aproveitamento das horas de titoría, momentos nos que a
aprendizaxe pode ser máis personalizada.
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia
lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural,
multilingüística). Só deste xeito os contidos teóricos poderán ser contrastados nunha
proxección mesmo retrospectiva, que afecte ás lecturas xa realizadas por cada alumno/a
e ás que converxan no tempo co seguimento desta materia.
Así mesmo, recoméndase poñer en relación os contidos específicos da materia cos
doutras afíns, en especial as básicas Teoría e Crítica literarias e Conceptos fundamentais
de Teoría literaria e Literatura comparada e coa materia do mesmo módulo Análise
cultural.
22
Tempo de estudo e traballo persoal
Ás horas presenciais (49 h.), dedicadas ás sesións expositivas (24 h.), interactivas (13
h.), titoriais (8 h.) e de avaliación (4 h.), súmanse 99 horas non presenciais distribuídas
do seguinte modo:
• Estudo a partir das sesións expositivas, interactivas e titoriais: 24 h. (4 horas por
tema).
• Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 26 h. (4 horas e 20
minutos por tema).
• Lecturas: 36 h. (6 horas por tema).
• Preparación de probas: 15 h.
23
6. AVALIACIÓN
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área
Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das
probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias
acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Estas vehicularanse no
fundamental en forma de traballos individuais e/ou en grupo e exposicións orais.
Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación
activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras
actividades prácticas que se consideren de especial interese formativo e académico.
Os principais elementos que se valorarán son os seguintes:
• Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.
• Participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se
convoquen. Asistencia regular e puntualidade.
• Participación nas actividades e calidade desa participación.
• Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como
participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación
de traballos en grupo.
• Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita,
orixinalidade e creatividade.
• Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de
traballos realizados en grupo.
1ª Oportunidade (maio): Un 70% da cualificación final dependerá da realización dun
exame. O outro 30% procederá da participación crítica e informada nas aulas e da
realización de tarefas diversas asignadas polo profesor. Este factor estará ligado
fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas. Será optativa a presentación dun
traballo de curso dunhas 4.000 palabras, cuxa cualificación (entre 0 e 2 puntos) será
sumada directamente á puntuación alcanzada por exame e participación. A asistencia non
computa de seu, mais de acordo coa normativa vixente é obrigatoria. Un número de
ausencias non xustificadas superior ao 20% implicará o suspenso.
A efectos informativos, completado o calendario oficial de clases no mes de maio, o
profesor fará pública unha relación dos alumnos/as que superaron ese máximo de faltas.
En función da mesma normativa, quedan excluídos da obriga sinalada quen obteñan unha
dispensa oficial de asistencia a clase notificada ao profesor polo Decanato da Facultade.
No seu caso o exame final quedará constituído en elemento único de avaliación.
Alén do indicado, resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de
valoración, até un máximo de 0,5 puntos, a participación en eventuais actividades
complementarias (conferencias, elaboración de enquisas ou estudos de caso, por
exemplo) que sexan programadas ao longo do período lectivo.
2ª Oportunidade (xullo): Mantéñense as pautas que se acaban de concretar, así como
a proporcionalidade da nota do exame e do resto de probas.
Nota importante: Advírtese que o plaxio na realización dos traballos ou a utilización
indebida e non indicada de fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso coa
cualificación máis baixa.
24
7. DISTRIBUCIÓN E CALENDARIO
CRONOGRAMA
O período de clases do segundo cuadrimestre abrangue do 29 de xaneiro ao 14 de maio
de 2019. A sesión interactiva do xoves 31 de xaneiro dedicarase á presentación da
materia. Indícase a distribución mensual restante dos temas do programa tomando como
referencia os luns, día das sesións expositivas.
TITORÍAS
As titorías constitúen un reforzo personalizado das sesións expositivas e interactivas.
Serven para profundizar nas cuestións que presentan dificultades e para ampliar sectores
que sexan do específico interese do alumno/a. Nese labor titorial o profesor terá a ocasión
de comprobar en que medida se progresa na aprendizaxe, polo que este tempo acaba
propiciando unha dimensión didáctica de axuste de disfuncións no plano individual e no
colectivo.
Cada alumno/a disporá de tres horas de titorías presenciais en grupo, que se
complementarán coas individualizadas que sexan necesarias. As titorías en grupos de dez
alumnos/as irán en horario de tarde. A previsión inicial é que se sitúen na segunda
quincena de febreiro, na primeira quincena de abril e na primeira quincena de maio. A
súa concreción será resolta de mutuo acordo entre alumnado e profesor.
EXAMES
22/05/2019 09:30 Aula C06 2º Cuadrimestre
04/07/2019 09:30 Aula C06 2º Cuadrimestre
Top Related