2º C
A MÚSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO
A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO
O CISNE PIANISTA
MÚSICA DRACONIANA
VIRGINIA E SERGIO EN CONCERTO
TEOLÉ ,O MÚSICO QUE ENTUSIASMA AOS NENOS.
A MUSICA MÁIS FERMOSA DO MUNDO
Había unha vez un home que se sentía mùsico aìnda que non sabìa tocar
nengùn instrumento.
Estaba moi triste por isto.
Un dìa inventaron un novo instrumento chamado tromba. El enterouse e quixo
aprender a manexalo.
Practicou tanto que pronto aprendeu a tocalo moi ben Isto animouno e decidiu
facer o mesmo con outros instrumentos pero non lograba tocar o violìn.
esistìaselle!
Un dìa conseguiuno tocar un pouquiño.
Despois practicou màis, e màis e màis ata que lougrou facelo e monstroullo aos seus
amigos.
Tocou o violìn e aplaudìronlle moito.
Dicìanlle que era a mùsica màis fermosa do mundo.
Uns dìas màis tarde organizo uunha xira. Foi a Canadà, Colombia, Paris e
Madagascar.
En Madagascar viu lemures e chimpances e tocou o violìn para eles durante moito
tempo. Tanto,que chegou un momento que empezou a aburrirse e marchou.
Foi para Dinamarca .Alì sentìase moi feliz.
Xa na primera noite neste paìs retàrono a unha competiciòn musical aceptou e
gañouna utilizando a tromba e o violìn.
Quedou a vivir alì para sempre cumprindo o seu soño de ser mùsico,un mùsico moi
bo. Tanto, que dicìan del que facìa a mùsica màis fermosa no mundo.
AUTORES:
PABLO RIVERA CARNOTA
JUAN JOSÈ VARELA VILLEGAS
IDADE:7 ANOS
CURSO: 2ªC
A ORQUESTRA MÁIS FAMOSA DO MUNDO
Érase unha vez unha flor que era muy feliz, que se chamaba Sara. Un dìa foi a
un concerto en vivo e veu cantar a Lady Gaga e dìxo : eu quero cantar como
Lady Gaga.E empezou a practicar para ser unha estrela do pop ou do rock.
E empezou a cantar nos concertos, e foi moi famosa.
Un dìa levantouse, mirouse no espello e viu que estaba enferma da gorxa e dìxo:
non podo cantar esta noite. E foi o médico, e lle dixo: tes que esperar uns meses para
que te poñas ben. E esperou tres meses, e nada. Pero o mes seguinte púxose mellor e foi
o concerto, pero cando chegou non había nadie. Chegou a casa e púxose a cantar.
Despois foi crecendo e tuvo tres fillos que sabían tocar a tromba, a flauta e o violín, e
pasaron anos, e xa tiñan trinta e catro anos. Despois cando a súa nai morreu, decidiron
montar unha orquesta para ser como a súa nai. E despois inventaron unha canción nova
que se trataba do amor, e foi moi famosa. Escoitábase na radio, na televisión,...Un día
Lady Gaga pediulles a banda que tocase con ela o venres pola tarde. Entón o venres
pola tarde Lady Gaga veu en limusina a recoller a banda, empezou a orquesta e
fixéronxe moi moi famosos como a súa nai.
AUTORES: KEVIN BALSA VÁZQUEZ E MÓNICA VILLAR FERREIRO
CURSO: 2º C
IDADE: 7 ANOS
O CISNE PIANISTA
Érase unha vez un cisne que vivía só nun lado do estanque dun parque. Onde el vivía
só se oía o son dunha guitarra eléctrica. Odiaba ese son e aínda por riba os outros cisnes
do estanque, que estaban acostumados a oír outro tipo de música, ríanse del.
Un día decidiu cambiar de lugar e foi vivir a un lado do estanque onde se oía o son
dun piano. Esta música si que lle gustaba.
Gustáballe tanto que un día decidiu ir mercar un piano a unha tenda de música e
aprender a tocalo. Despois dun tempo conseguiu tocalo moi ben e os cisnes e patos do
estanque fixéronse fans del.
O cisne pianista fíxose tan famoso que era coñecido en todos os estanques, ríos e
mares ata que cansado e xa velliño morreu disfrutando da música do seu instrumento.
Está enterrado no lago do parque e todos tocan alí o piano que colocaron na súa
memoria. Alí a guitarra de rock está prohibida.
Só se pode tocar o piano e música clásica en honor ao cine pianista.
Din que aínda anda por alí a súa pantasma.
AUTORAS: TANIA SÁNCHEZ BARREIRO E NEREA RAMOS G ÓMEZ
CURSO: 2º C
IDADE: 7 ANOS.
MÚSICA DRACONIANA
Érase unha vez un dragón chamado Yaratina.
Era un dragón moi grande , de cor verde e vermello.
Yaratina tiña sete anos e ademais do seu gran tamaño, chamaban a atención as agullas
que tiña no lombo e na súa cola .
De pequeno , os seus país regaláranlle un gran anel de bronce que parecía máxico e que
lucía nunha das súas garras da perna dereita dianteira. Todos quedaban abraiados ante
aquel ser tan grande e chamativo. Naceu e criouse nunha montaña onde un escorpión
negro lle ensinou a ser tan forte como unha rocha.Todos os habitantes da montaña
sentían respecto e un pouco de medo por ser tan grande e forte así como pola súa
aparencia.
Pero o noso grandísimo dragón tiña unha cualidade oculta que nada pegaba co seu
aspecto. Adoraba a música. Sabíao todo sobre a música, compositores e instrumentos.
Tocaba a guitarra, a frauta a gaita…
Os veciños pensaban que era o seu anel o que lle daba esa forza.
Un día entrou nunha das covas da montaña na que vivía e atopouna chea de
instrumentos musicais: una batería, guitarras de todo tipo… Todos estes instrumentos
eran dourados. Eran moi bonitos.
Comezou a tocalos e saíu una música marabillosa que atraeu a todos os habitantes da
montaña ata a cova. Alí escoitaron o concerto que deu e quedaron sorprendidos ante a
beleza das melodías.
Quixeron mercarlle por moitísimos cartos os instrumentos para poder facer eles esa
música bonita pero Yaratina non quixo saber nada dese tema.
Seguiu compoñendo e tocando ata gañar un premio da música. Eran moitos cartos e
unha enorme nota musical de ouro. Cos cartos construíu un gran pazo onde ensinaba a
todos os que quixeran a cantar, tocar instrumentos ou todo o que quixeran sobre o tema
da música.
O dragón Yaratina ,ao que todos lle tiñan tanto respecto e un pouco de medo ,converteu
a montaña nun lugar moi alegre e divertido no que non faltaban os concertos,festivais e
bailes
AUTORES: Martín Ramírez Rodríguez e Pedro Ruiz García
CURSO: 2º C
IDADE: 7 ANOS
VIRGINIA E SERGIO EN CONCERTO
Érase unha vez un neno chamado Sergio. Ía a clases de música coa súa amiga Virginia.
Un día Sergio díxolle a Virginia:
-Queres ir mercar un instrumento conmigo?.
-Claro que si!- contestoulle a nena- Espérote na Praza de Santiago.
Así o fixeron e cando chegaron a tenda preguntoulle Sergio á dependenta:
-Tes unha guitarra ou calquer outro instrumento de corda?.
- Como non!- contestoulle –Que queres unha guitarra, un violín, un contrabaixo…?.
-Un contrabaixo, por favor. Contestoulle Sergio.
Cando chegou Sergio á casa díxolle súa nai:
-Sergio, imos de viaxe a Portugal.
- Oh, mamá- contestoulle Sergio. Non pode ser. Teño un concertó en Lugo.
A súa nai preguntoulle:
-Quen te invitou a un concerto?.
- Ninguén. Ímolo facer Virginia e eu.-Contestou o rapaz.
-Síntoo pero non podes ir. O avión está chegando.-Aclaroulle súa nai.
-Pero mamá, o concertó é entre martes e o venres!.- Replicou.
-Non. Xa está reservado o avión.
-Mamá, vaite ti e deixame quedar con Virginia-Pediulle o neno.
-Vale!Deixareite pero pórtate ben e intenta tocar o mellor posible. Corre a facer as
maletas!- Pediulle a súa nai.
- Vaite, mamá. O avión vai marchar e xa sei facer as maletas eu só.
A nai marchou e Sergio, despois de facer a maleta, foi á casa da súa amiga Virginia.
Tlin, tlin, tliiin! Tlin, tlin, tliin…!- tocou Sergio o timbre.
-Quen é?- preguntou unha voz dende dentro mentres viña a abrir a porta.
- Son Sergio. Veño quedar aquí dende o martes ao venres con Virginia. A miña nai
marchou e deume permiso para quedar aquí.
-Xa, xa o sei. Podes quedar aquí dende o martes ao venres.- Aclaroulle a nai de Virginia
que foi quen lle abriu.- Entra,xa sei o do concerto. Vai onda Virginia que está no seu
cuarto.
-Ola, Sergio! Saudou o pai da nena.
-Ola!,contestou o invitado-Xa é de noite e vou durmir.
Ao día seguinte foron cunha orquestra a tocar e cantaron unha canción. Tiveron moito
éxito en Lugo, Galicia, España, Portugal e toda Europa.
AUTORES:
Sergio Rivera Souto
Virginia Piñeiro Bernárdez
CURSO:
2º C
IDADE: 7 anos
TEOLÉ ,O MUSICO QUE ENTUSIASMA A OS NENOS.
Había una vez un neno ao que lle gustaba moito a música.El tiña moitas ganas
de cumplir anos para comenzar no conservatorio.Chamábase Teolé.Era loiro.
Cando cumpriu oito anos entrou no conservatorio e comezou a tocar o
saxofón.Todo o mundo o adoraba.Cando foi maior convertiuse nun compositor moi
famoso,ata lle fixeron un museo na provincia de A Coruña.Tres meses despois marchou
a vivir a Australia.
Un día un neno do colexio de C.E.I.P. de Sigüeiro díxolle a súa nai:¡Mamá,imos
ir de excursión ao museo de Teolé!,mamá,¿Cómo se fixo o museo e quen é Teolé?-
preguntou o neno.Pois mira meu fillo,Teolé é un home que toca o sasxofón e tamén é un
compositormoi famoso.
Agora que xa che expliquei quen era Teolé vouche explicar o do museo.
El compuxo moitas cancións e por iso fixéronlle o museo.Alí están as cancións
pegadas nas paredes,tamén haberá unha banda que toque as cancións.
Ao día seguinte,o neno chegou ao colexio e marchou no autobús moi contento
para o museo.Cando chegou alí quedou pampo.Pensou que ese museo era o máis bonito
que vira na súa vida.
De regreso a súa casa díxolle a súa nai que ían facer un grupo de música
chamado:AS COMPOSICIÓNS DE TEOLÉ.
De inmediato emepezaron a planificar concertos.O día do concertó viron entrar a
un home loiro.O neno sabía perfectamente que era Teolé.
Coñecéronse,fixéronse moi amigos e foron de xira polo mundo.
AUTORAS
SARA E LUCÍA
CURSO 2ºC
IDADE 7 ANOS
Top Related