Imos de excursión! 4 de marzo de 2013
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
As 9 saímos de Taragoña no bus!
Polo camiño fumos vendo a peli de "Río"!!!
Chegamos ao Salón do Libro preparados para pasalo ben!
Primeiro tivemos un obradoiro onde fixemos uns robots que despois convertíronse nun móvil que adornará a nosa aula...
Visitamos unha das salas decorada como se estivesemos dentro de un ordenador! Aprendimos como funcionaban os primeiros módems.
Coñecimos en persoa a ORBIL, a mascota do Salón do Libro! Non daba tanto medo coma pensabamos...
Visitamos a exposición con todos os traballos que fixeron as diferentes escolas... Vaia chuladas vimos!
Máis maquetas ben bonitas! Pero... a nosa??
Máis maquetas... Xa comezabamos a impacientarnos... a nosa, a nosa??
E por fin: CEP Brea Segade!
A nosa motora de Cambeses!!!!
E xa máis tranquilos seguimos disfrutando do Salón...
Entramos nunha máquina dos desexos onde ao pasar por dentro fai que se cumpran! Nós pedimos o noso!
Explicáronnos curiosidades sobre a invención da máquina de escribir... Sabedes que só coa liña de arriba das teclas podemos escribir TE QUIERO??
E a merendar para coller forzas para seguir coas visitas!
Visitamos tamén a redacción do Diario de Pontevedra e nos ensinaron todo o que fan para poder sacar todos os días o xornal
Nós tamén somos noticia así que mañán sairemos no Diario de Pontevedra na sección de Sociedade!!!!!
E chegou a hora de comer!!! Tortilla, bocatas, filetes de polo, patacas!
Vaia festín!
E que mellor para baixar a comida que xogar!!!!
E a excursión rematou e moi
cansadiños volvemos a Taragoña...
esperando que chegue a próxima!!!!