Clima laboral - Sergas
Informe do estudo de CLIMA LABORAL do Sergas
Elaborado por: Servizo central de prevención de riscos laborais Subdirección xeral de Políticas de Persoal División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional
1/21
Clima laboral - Sergas
Índice
1. Presentación: ............................................................................................................ 5
2. Obxectivo: ................................................................................................................. 5
3. Resultados. ............................................................................................................... 6
3.1. Mostra estudiada ...................................................................................................... 6
3.2. Exposición aos factores de risco psicosocial. Puntuacións “crudas”........................ 7
3.3. Exposición aos factores de risco psicosocial. Prevalenza da exposición................. 9
3.4. Identificación de exposicións problemáticas e exposicións favorables. ................. 11
3.5. Principais exposicións problemáticas ..................................................................... 13
3.6. Outras exposicións problemáticas .......................................................................... 15
3.7. Exposicións favorables. .......................................................................................... 15
3.8. Dimensións non incluídas nas clasificacións anteriores. ........................................ 16
3.9. Información sobre as dimensións de saúde, estres e satisfacción......................... 17
4. Conclusións ............................................................................................................ 20
3/21
Clima laboral - Sergas
1. Presentación:
A avaliación do clima laboral responde a necesidade de coñecer as condicións de
traballo dos profesionais do Sergas. Este é o primeiro paso para deseñar,
contando coa opinión dos traballadores, programas e políticas de persoal dirixidos
a corrixir todos aqueles factores e aspectos que inciden negativamente sobre a
realización do traballo, o desenvolvemento profesional, a prevención de riscos de
orixe psicosocial, a conciliación da vida laboral e familiar e a xestión de recursos
humanos.
Este proxecto foi desenvolto desde xaneiro a setembro do 2006. Consistiu no
estudo das condicións de traballo que refiren os traballadores, para elo realizouse
unha enquisa a 4000 traballadores e empregouse o Método Istas 21 (CoPsoQ).
Este método de avaliación dos factores de risco psicosocial esixe a participación
voluntaria dos traballadores, baséase no estudo das experiencias e percepcións
que teñen os profesionais sobre as súas condicións de traballo, está validado, é
fiable e dispón de métodos de análise, criterios de valoración, materiais prácticos e
ferramentas para a súa aplicación.
Debemos subliñar a boa acollida en todos os ámbitos da organización e
destacamos sobre todo a participación dos traballadores, dada a súa
voluntariedade, o que nos permite afirmar que os datos recollidos son de boa
calidade e reflicten as condicións de traballo percibidas polos profesionais das
institucións sanitarias públicas galegas.
A información obtida é de alto valor e seguro que resulta imprescindible a hora de
deseñar e propoñer actuacións en materia de prevención de riscos laborais e de
políticas de persoal de xestión de recursos humanos encamiñadas a unha mellora
continua das condicións de traballo de todos os profesionais do Sergas.
2. Obxectivo:
Realizar a avaliación dos factores de risco psicosocial dos profesionais do Sergas.
Coñecer a repercusión dos factores psicosociais sobre as condicións de traballo e
o clima laboral.
Coñecer o grao de conciliación da vida laboral e familiar e os factores
relacionados.
5/21
Clima laboral - Sergas
3. Resultados.
3.1. Mostra estudiada
Tal e como se recolleu no proxecto de estudo do clima laboral do Sergas, o estudo
desenvolveuse sobre unha mostra de 4000 traballadores xa que resulta
practicamente imposible aplicarlle o método Istas 21 (CoPsoQ) a máis de 32.000
traballadores fixos e eventuais, distribuídos en máis de cincocentos centros de
traballo repartidos por toda Galicia.
A mostraxe, estratificada en oito grupos de estudo, é fixa, non proporcional,
tomando de forma aleatoria a 500 persoas dentro de cada grupo. Con unha
resposta estimada do 60%, obteranse 300 individuos de cada grupo, permitindo
que para a máxima varianza (p=q=0,5) cun intervalo de confianza do 95%, o erro
sexa inferior ao 6%. As estimacións correspondentes á totalidade do Sergas, terán
un erro máximo ± 2%.
O prazo establecido para contestar os cuestionarios foi desde 20 de marzo ao 30
de abril. Os cuestionarios contestados neste período foron 2310, o que supón unha
taxa do 57,78%. Non obstante e segundo recolle o método Istas 21 (CoPsoQ), a
análise débese facer sobre a taxa de resposta total, que se calcula dividindo os
cuestionarios contestados (2310) entre a poboación diana (4000) menos a
poboación á que non se lle puido achegar o cuestionario (de baixa, vacacións, etc.
N=166) durante o período de estudo, o que permite acadar unha taxa de resposta
total do 60,25%.
Na táboa 1 recóllense os datos de participación para cada grupo de estudo.
Táboa 1: Datos de participación globais Grupo poboación mostra Sí % Sí
Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas 6603 500 303 60,6
Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A. Primaria 2411 500 235 47,0
Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A. Especializada 7179 500 313 62,6
Grupo 4: Facultativos de A. Primaria 2850 500 301 60,2
Grupo 5: Facultativos de A. Especializada 4704 500 280 56,0
Grupo 6: Persoal de administración 3584 500 352 70,4
Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento. 2242 500 273 54,6
Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores). 2846 500 253 50,7
Taxa de resposta 32419 4000 2310 57,7
6/21
Clima laboral - Sergas
3.2. Exposición aos factores de risco psicosocial. Puntuacións “crudas”.
O método Istas 21 (CoPsoQ), mediante o uso da súa ferramenta informática de
explotación de datos, permítenos obter as puntuacións “crudas” acadadas, que son
as puntuacións medianas comparadas (mediana é o valor que ocupa o lugar
central dunha serie, unha vez ordenada en forma crecente). Trátase de comparar
as puntuacións, estandarizadas do 0 ao 100, coas da poboación de referencia. Os
resultados acadados agrúpanse en dimensións positivas, que son aquelas para
as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuación altas, e
dimensións negativas, que son aquelas para as que a situación máis favorable
para a saúde dáse en puntuacións baixas respectivamente.
Os valores acadados polas dimensións positivas preséntanse na táboa 2,
ordenadas as dimensións desde a situación máis desfavorable a máis favorable
(de maior a menor diferenza entre o valor acadado para o Sergas e o valor de
referencia do método Istas 21 (CoPsoQ)).
Presentan un valor desfavorable a previsibilidade, a estima, a calidade liderado, o
control de tempos traballo, o apoio social, a influencia, o reforzo e o sentimento de
grupo, mentres que presentan un valor favorable a claridade de rol, a posibilidade
de relación social, a integración na empresa, a posibilidade de desenvolvemento e
o sentido de traballo.
Os valores acadados polas dimensións negativas preséntanse na táboa 3,
ordenadas as dimensións desde a situación máis desfavorable a máis favorable
(de maior a menor diferenza entre o valor acadado para o Sergas e o valor de
referencia do método Istas 21 (CoPsoQ)). Todas as dimensións negativas dos
profesionais do Sergas están nunha situación máis desfavorable que a
poboación de referencia.
7/21
Clima laboral - Sergas
Táboa 2: Puntuacións medianas comparadas de dimensións positivas
G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas
Previsibilidade 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 37,5 59,3 Estima 56,2 56,2 50,0 43,7 56,2 50,0 56,3 50,0 52,7 74,2
46,8 40,6 37,5 25,0 43,7 31,2 43,8 31,3 38,8 56,5 37,5 43,7 37,5 31,2 50,0 50,0 37,5 37,5 40,6 54,2
Apoio social 62,5 62,5 62,5 50,0 62,5 62,5 56,3 56,3 60,3 67,0 Influencia 37,5 50,0 37,5 37,5 50,0 37,5 31,3 18,8 38,2 44,9 Reforzo 62,5 62,5 62,5 50,0 62,5 50,0 62,5 50,0 59,0 61,9
75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,0 75,3 Claridade rol 81,2 75,0 75,0 68,7 75,0 75,0 81,3 75,0 76,2 75,4 Posib. relación social 87,5 62,5 75,0 50,0 75,0 75,0 75,0 75,0 74,2 69,1
68,7 62,5 62,5 62,5 62,5 56,2 75,0 62,5 64,1 58,9 Posibil. desenvolvemento 62,5 75,0 68,7 68,7 75,0 50,0 56,3 43,8 63,9 55,5 Sentido traballo 91,6 91,6 91,6 83,3 91,6 75,0 91,7 83,3 88,6 74,9
DIMENSIÓNS POSITIVAS Pob. Ref.
Calidade liderado
Control tempos traballo
Sentimento grupo
Integración empresa
Táboa 3: Puntuacións medianas comparadas de dimensións negativas
DIMENSIÓNS NEGATIVAS G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas Pob. Ref.
Inseguridade 62,5 50,0 46,8 43,7 37,5 50,0 56,3 62,5 51,1 23,2 Esconder emociones 62,5 50,0 62,5 62,5 50,0 62,5 50,0 75 59,8 36,6 Esix. psic. emocionais 58,3 50,0 66,6 66,6 66,6 50,0 41,7 58,3 59,3 36,3 Esix. psic. sensoriais 75,0 81,2 87,5 93,7 93,7 75,0 68,8 56,3 80,2 58,0 Dobre presenza 56,2 50,0 56,2 43,7 43,7 56,2 43,8 43,8 50,5 35,3 Esix. psic. cuantitativas 43,7 37,5 50,0 56,2 50,0 56,2 43,8 43,8 47,6 36,4 Esix. psic. cognitivas 50,0 62,5 68,7 81,2 81,2 50,0 43,8 34,4 60,4 49,2 Conflicto rol 43,7 43,7 50,0 56,2 50,0 43,7 43,8 50,0 47,7 37,0
Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas; Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A.P.; Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.E.; Grupo 4: Facultativos de AP.; Grupo 5: Facultativos de A.E.; Grupo 6: Persoal de administración; Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento; Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores)
8/21
Clima laboral - Sergas
3.3. Exposición aos factores de risco psicosocial. Prevalenza da exposición.
Igualmente o método Istas 21 (CoPsoQ), mediante o uso da súa ferramenta
informática de explotación de datos, permítenos obter a prevalencia de exposición
ou proporción de traballadores do Sergas e de cada grupo, incluídos en cada tercil
de referencia. A través dos resultados poden observarse a porcentaxe de
traballadores expostos en cada un dos tres niveis de exposición. Nivel de
exposición máis desfavorable (cor vermello), nivel de exposición intermedia (cor
amarelo) e nivel de exposición máis favorable (cor verde). Estas porcentaxes
obtéñense aplicando os puntos de corte de cada unha das dimensións (terciles da
poboación de referencia do método) aos datos obtidos dos cuestionarios do
Sergas.
O conxunto de resultados preséntase de forma comprensible mediante táboas e
gráficos por dimensións psicosociais. Na figura 1 e na táboa 4 preséntase os datos
obtidos para o conxunto do Sergas.
De non existir diferenzas cos valores de referencia nas exposicións, todas as
porcentaxes que se mostran deberían presentar exactamente o valor de 33,3%.
9/21
Clima laboral - Sergas
− Sergas. Figura 1: Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de
referencia.
1 2 3 4 5 6 7 8 9
i le Si i i ia i le
Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia.
0,00%
33,33%
66,66%
99,99%
10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21
Má s desfavorab tuac ón ntermed Má s favorab
Táboa 4: Porcentaxe de traballadores do Sergas en cada nivel de exposición de referencia.
1 Dobre presenza 2 Esix. psic. cuantitativas 3 Esix. psic. sensoriais 4 Esix. psic. cognitivas 5 Esix. psic. emocionais 6 Esconder emocións 7 Influencia 8 Control tempos traballo 9 Posibilidades desenvolvemento 10 Sentido traballo 11 Integración empresa 12 Inseguridade 13 Claridade rol 14 Conflicto rol 15 Previsibilidad 16 Apoio social 17 Reforzo 18 Posib. relación social 19 Sentimento grupo 20 Calidade liderado 21 Estima
Máis desfavorable
69,1 51,7 68,4 53,9 68,7 71,1 43,8 54,4 20,0 13,3 27,8 68,0 30,7 61,9 56,6 38,6 27,6 25,4 29,9 60,1 72,2
Sit. intermedia
22,8 30,4 20,7 29,3 23,7 21,1 29,4 25,6 26,4 20,5 34,1 22,4 24,8 19,3 29,3 28,9 42,0 34,3 31,4 22,6 16,1
Máis favorable
8,1 17,9 10,9 16,8 7,6 7,9
26,8 20,1 53,6 66,2 38,1 9,6
44,5 18,8 14,1 32,6 30,4 40,3 38,7 17,4 11,7
10/21
Clima laboral - Sergas
3.4. Identificación de exposicións problemáticas e exposicións favorables.
Os resultados presentados no apartado anterior permiten a identificación de
exposicións problemáticas, sendo a base técnica obxectiva para establecer
prioridades e orientar a acción preventiva.
Os criterios fundamentais para a identificación e clasificación destas exposicións
son: a porcentaxe de persoas expostas no nivel “vermello” (máis desfavorable para
a saúde), a porcentaxe de persoas expostas no nivel “verde” (máis favorable para
a saúde) e existencia de desigualdades entre a poboación de estudo comparando
as porcentaxes “vermellas” e “verdes”.
Seguindo estes criterios a clasificación sería a seguinte:
− Principais exposicións problemáticas. Son as dimensións nas que a
porcentaxe de traballadores expostos á situación máis desfavorable é maior
ou igual a 50 %. Sobre estas dimensións deberíase actuar prioritariamente.
− Outras exposicións problemáticas. Son as dimensións nas que a
porcentaxe de traballadores en situación máis desfavorable está entre o 49
e o 33,3%. As accións sobre estas dimensións non son prioritarias mentres
se manteñan as dimensións con unha porcentaxe >50%
− Exposicións favorables, son as dimensións nas que a porcentaxe de
traballadores exposto a unha situación favorable é maior do 33,3%.
Na figura 2 preséntanse de forma gráfica a clasificación das dimensión atendendo
aos criterios expostos para a localización de problemas.
11/21
Clima laboral - Sergas
Figura 2: Clasificación das dimensión atendendo aos criterios expostos para a localización de problemas,
G1 G2 G3 G4 G5 G6 G7 G8 Sergas 1 Dobre presenza P P P P P P P P P 2 Esixencias psicolóxicas cuantitativas P X P P P P P P P 3 Esixencias psicolóxicas sensoriais P P P P P P P F P 4 Esixencias psicolóxicas cognitivas P P P P P X X F P 5 Esixencias psicolóxicas emocionais P P P P P P P P P 6 Esconder emocións P P P P P P P P P 7 Influencia P F P P P P P P P 8 Control tempos traballo P P P P P P P P P 9 Posibilidades desenvolvemento F F F F F P F P F 10 Sentido traballo F F F F F F F F F 11 Integración empresa F X F X X P F P F 12 Inseguridade P P P P P P P P P 13 Claridade rol F F F P F P F F F 14 Conflicto rol P P P P P P P P P 15 Previsibilidade P P P P P P P P P 16 Apoio social P P P P P P P P P 17 Reforzo X X X P X X X P X 18 Posibilidade de relación social F P F P X F F F F 19 Sentimento grupo F F X P X P F F F 20 Calidade liderado P P P P P P P P P 21 Estima P P P P P P P P P
Nota 1: Grupo 1: Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas; Grupo 2: DUE, matronas, fisioterapeutas de A.P.; Grupo 3: DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.E.; Grupo 4: Facultativos de A.P..; Grupo 5: Facultativos de A.E.; Grupo 6: Persoal de administración; Grupo 7: Persoal de hostalería, oficios e mantemento; Grupo 8: Persoal de apoio asistencial (celadores)
Nota 2: Vermello: Principais exposicións problemáticas, laranxa: Outras exposicións problemáticas, verde: Exposicións favorables e amarelo: Situación intermedia.
12/21
Clima laboral
3.5. Principais exposicións problemáticas
Son aquelas dimensións que atendendo á porcentaxe de traballadores expostos a
situacións máis desfavorables para a saúde presentan unha porcentaxe >50%. As
dimensións máis desfavorables para a saúde por grupo e orde de prevalenza son:
− O Sergas (Global)
A estima (72,2), o esconder emocións (71,1), a dobre presenza (69,1), as
esixencias psicolóxicas emocionais (68,7), as esixencias psicolóxicas
sensoriais (68,4), a inseguridade (68,0), o conflicto de rol (61,9), a calidade de
liderado (60,1), a previsibilidade (56,6), o control sobre o tempo de traballo
(54,4), as esixencias psicolóxicas cognitivas (53,9) e as esixencias psicolóxicas
cuantitativas (51,7).
− Grupo 1. Auxiliares de enfermería e técnicos especialistas
A dobre presenza (81,2), a inseguridade (78,7), o esconder emocións (73,6),
as esixencias psicolóxicas emocionais (68,9), a estima (65,1), o control sobre o
tempo de traballo (61,3), as esixencias psicolóxicas sensoriais (60,3), o
conflicto de rol (53,7), a previsibilidade (51,9), a calidade de liderado (50,3).
− Grupo 2. DUE, matronas, fisioterapeutas de A. Primaria
A estima (66,7), as esixencias psicolóxicas sensoriais (66,2), a dobre presenza
(66,1), o esconder emocións (66,1), a inseguridade (64,9), as esixencias
psicolóxicas emocionais (59,9), a calidade de liderado (59,3), o conflicto de rol
(54,8), a previsibilidade (54,1), e as esixencias psicolóxicas cognitivas (53,9).
− Grupo 3. DUE, matronas, fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais de A.
Especializada
As esixencias psicolóxicas sensoriais (82,1), a dobre presenza (81,9), as
esixencias psicolóxicas emocionais (78,4), o esconder emocións (78,4), a
estima (74,3), esixencias psicolóxicas cognitivas (67,4), a inseguridade (66,7),
o conflicto de rol (66,0), o control sobre o tempo de traballo (65,1), a calidade
de liderado (64,3), a previsibilidade (58,4), e as esixencias psicolóxicas
cuantitativas (54,5).
− Grupo 4. Facultativos de A. Primaria
13/21
Clima laboral
As esixencias psicolóxicas cognitivas (93,6), as esixencias psicolóxicas
sensoriais (89,8), a estima (86,7), as esixencias psicolóxicas emocionais (83,3),
o esconder emocións (83,3), o conflicto de rol (77,2), a calidade de liderado
(70,5), o control sobre o tempo de traballo (66,4), as esixencias psicolóxicas
cuantitativas (64,5), a inseguridade (62,1), a previsibilidade (61,5), a dobre
presenza (60,9), o apoio social (53,4), e a posibilidade de relación social (52,8).
− Grupo 5. Facultativos de A. Especializada
As esixencias psicolóxicas sensoriais (89,8), as esixencias psicolóxicas
cognitivas (89,4), as esixencias psicolóxicas emocionais (77,1), a estima (71,5),
o conflicto de rol (67,4), o esconder emocións (60,8), as esixencias psicolóxicas
cuantitativas (59,8), a calidade de liderado (56,7), a previsibilidade (56,0), a
inseguridade (54,4), e a dobre presenza (50,4).
− Grupo 6. Persoal de administración
A estima (74,3), a dobre presenza (73,7), a inseguridade (70,0), o esconder
emocións (68,3), a calidade de liderado (65,5), as esixencias psicolóxicas
cuantitativas (63,4), a previsibilidade (60,0), as esixencias psicolóxicas
sensoriais (59,5), o conflicto de rol (56,8), e as esixencias psicolóxicas
emocionais (53,2).
− Grupo 7. Persoal de hostalería, oficios e mantemento.
A estima (70,7), a inseguridade (69,9), o control sobre o tempo de traballo
(58,3), a dobre presenza (57,1), a previsibilidade (54,1), a Influencia (53,7), a
calidade de liderado (50,5), e o esconder emocións (50,2).
− Grupo 8. Persoal de apoio asistencial (celadores).
O esconder emocións (78,6), a inseguridade (75,1), a estima (74,1), a calidade
de liderado (69,1), a Influencia (68,8), o conflicto de rol (67,6), a dobre
presenza (61,8), as esixencias psicolóxicas emocionais (60,9), a previsibilidade
(59,6), o control sobre o tempo de traballo (58,4), e as posibilidades de
desenvolvemento (53,4).
14/21
Clima laboral
3.6. Outras exposicións problemáticas
As dimensións nas que a porcentaxe de traballadores que están en situación máis
desfavorable (49 e o 33,3%) por grupo e orde de prevalenza son:
− Sergas: a influencia (43,8) e o apoio social (38,6).
− Grupo 1: a influencia (45,9) as esixencias psicolóxicas cuantitativas (45,3), as
esixencias psicolóxicas cognitivas (35,1) e o apoio social (35,0).
− Grupo 2: o control sobre o tempo de traballo (49,3), as posibilidades de
relación social (42,9) e o apoio social (35,0).
− Grupo 3. a influencia (43,8) e o apoio social (33,3).
− Grupo 4. o reforzo (47,1), a influencia (45,4), o sentimento de grupo (37,2) e a
claridade de rol (35,5).
− Grupo 5. o apoio social (36,4) e o control sobre o tempo de traballo (33,6).
− Grupo 6. a influencia (40,9), o apoio social (40,3), a claridade rol (39,7), as
posibilidades de desenvolvemento (39,3), a integración na empresa (38,3), o
control sobre o tempo de traballo (35,9) e o sentimento de grupo (35,6).
− Grupo 7. o conflicto de rol (49,8), as esixencias psicolóxicas sensoriais (49,1),
as esixencias psicolóxicas emocionais (47,9), as esixencias psicolóxicas
cuantitativas (46,1) e o apoio social (42,2).
− Grupo 8. as esixencias psicolóxicas cuantitativas (46,4), o apoio social (46,4) a
integración na empresa (33,9) e o reforzo (33,6).
3.7. Exposicións favorables.
Atendendo á porcentaxe de traballadores expostos (>33,3%) as dimensións máis
favorables para a saúde por grupo e orde de prevalenza son:
− Sergas: O sentido do traballo (66,2), as posibilidades de desenvolvemento
(53,6), a claridade de rol (44,5), as posibilidades de relación social (40,3), o
sentimento de grupo (38,7), a integración na empresa (38,1)
15/21
Clima laboral
− Grupo 1: o sentido do traballo (72,9), a claridade de rol (54,2), as posibilidades
de relación social (49,8), o sentimento de grupo (48,1), as posibilidades de
desenvolvemento (44,4), e a integración na empresa (44,0).
− Grupo 2: o sentido do traballo (71,7), as posibilidades de desenvolvemento
(68,8), a claridade de rol (47,3), a influencia (43,2) e o sentimento grupo (43,2).
− Grupo 3. o sentido do traballo (72,0), as posibilidades de desenvolvemento
(61,9), as posibilidades de relación social (49,1), a claridade de rol (38,9) e a
integración na empresa (33,6)
− Grupo 4. as posibilidades de desenvolvemento (64,1), e o sentido do traballo
(58,1).
− Grupo 5. as posibilidades de desenvolvemento (83,6), o sentido do traballo
(73,8), a influencia (42,9) e a claridade de rol (42,5).
− Grupo 6. o sentido do traballo (42,3) e as posibilidades de relación social
(35,4).
− Grupo 7. o sentido do traballo (65,3), a integración na empresa (54,8), a
claridade de rol (52,4), o sentimento de grupo (45,0), as posibilidades de
relación social (41,4) e as posibilidades de desenvolvemento (36,8).
− Grupo 8. o sentido do traballo (53,8) as esixencias psicolóxicas cognitivas
(50,4), a claridade de rol (48,3) as posibilidades de relación social (45,5) o
sentimento de grupo (38,2) e as esixencias psicolóxicas sensoriais (35,7).
3.8. Dimensións non incluídas nas clasificacións anteriores.
Atendendo á porcentaxe de traballadores expostos algunhas das dimensión non se
poden incluír na clasificación exposta nos apartados anteriores. Preséntanse esas
dimensións por grupos de análise.
− Sergas: o reforzo.
− Grupo 1: o reforzo.
16/21
Clima laboral
− Grupo 2: as esixencias psicolóxicas cuantitativas, a integración na empresa e
o reforzo.
− Grupo 3. o reforzo e sentimento de grupo.
− Grupo 4. a integración na empresa.
− Grupo 5. o reforzo, as posibilidades de relación social, a integración na
empresa e o sentimento de grupo.
− Grupo 6. o reforzo, e as esixencias psicolóxicas cognitivas.
− Grupo 7. o reforzo e esixencias psicolóxicas cognitivas.
3.9. Información sobre as dimensións de saúde, estres e satisfacción.
Estas dimensións do método Istas 21 (CoPsoQ) tratan de dar unha idea de cómo
están os indicadores de saúde dos traballadores avaliados e cómo están estes
para a poboación de referencia. Non se debe intentar, a partir destes datos,
establecer relacións causais, que deberán ser avaliadas mediante estudos
específicos. Preséntase os resultados do Sergas.
− Saúde xeral no Sergas
Táboa 5: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de saúde xeral (peor, medio, mellor)
Idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 33,0 20,9 44,3
36 - 45 22,5 22,5 51,1 > 45 22,7 20,0 51,3
Todas as idades 24,5 21,0 50,0
HOMES < = 35 31,1 22,1 45,7 36 - 45 23,9 21,1 52,4
> 45 22,1 21,1 52,1 Todas as idades 23,8 21,3 51,4
MULLERES < = 35 33,9 20,6 43,7 36 - 45 22,1 23,4 50,0
> 45 23,5 19,5 50,4 Todas as idades 25,3 21,0 48,8
17/21
Clima laboral
− Saúde mental no Sergas
Táboa 6: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de saúde mental (peor, medio, mellor)
idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 32,7 23,8 42,8
36 - 45 32,4 22,6 42,7 > 45 38,4 21,3 36,9
Todas as idades 35,4 22,2 39,8
HOMBRES < = 35 41,1 27,1 30,8 36 - 45 40,0 23,7 34,1
> 45 41,6 21,4 34,2 Todas as idades 41,0 22,8 33,7
MULLERES < = 35 30,7 23,1 45,8 36 - 45 28,4 23,1 46,1
> 45 36,2 21,4 38,7 Todas as idades 32,4 22,3 42,7
− Vitalidade no Sergas
Táboa 7: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo a percepción do seu estado de vitalidade (peor, medio, mellor)
idade Peor % Medio % Mellor % TODOS < = 35 20,9 25,5 53,4
36 - 45 24,1 24,4 50,0 > 45 31,6 24,4 41,6
Todas as idades 27,3 24,6 46,4
HOMBRES < = 35 30,5 21,8 47,6 36 - 45 27,4 27,7 42,8
> 45 36,8 26,2 34,9 Todas as idades 33,1 26,1 38,9
MULLERES < = 35 18,7 26,4 54,8 36 - 45 22,3 22,8 53,6
> 45 28,6 23,2 45,7 Todas as idades 24,4 23,8 50,2
18/21
Clima laboral
− Síntomas de estres/satisfacción no Sergas:
Táboa 8: Puntuacións medianas comparadas.
Dimensión Mediana Pob. referencia
Síntomas conductuais de estres 31,25 21,7
Síntomas somáticos de estres 18,75 13,0
Síntomas cognitivos de estres 25,0 18,8
Satisfacción co traballo 50,0 62,4
Táboa 9: Porcentaxe de traballadores distribuídos segundo os síntomas de estres/satisfacción (peor, medio, mellor)
Dimensión Peor Intermedio Mellor
Síntomas conductuais de estres 57,13 24,49 18,38
Síntomas somáticos de estres 55,97 31,95 12,08
Síntomas cognitivos de estres 60,30 30,90 8,80
Satisfacción co traballo 51,97 20,82 27,21
19/21
Clima laboral
4. Conclusións
A participación foi alta e acadou a previsión establecida no proxecto, 60%, polo
que se pode dicir que o estudo foi de interese e acadou un nivel importante
expectación entre os traballadores do Sergas, podéndose considerar un éxito dada
a súa voluntariedade.
Os resultados acadados preséntanse agrupados en dimensións positivas, (aquelas para as que a situación máis favorable para a saúde dáse en puntuación
altas) e dimensións negativas, (aquelas para as que a situación máis favorable
para a saúde dáse en puntuacións baixas).
Os valores acadados polas dimensións positivas presentan un valor desfavorable para a previsibilidade (posibilidade de dispoñer de información
adecuada, suficiente e a tempo para adaptarnos aos cambios), a estima (refírese
ao respecto e recoñecemento, ao apoio adecuado e ao trato xusto), a calidade
liderado (dispoñer de habilidades suficientes para xestionar equipos humanos), o
control sobre os tempos traballo (marxe de autonomía sobre o tempo de traballo e
descanso, pausas, permisos, vacacións), o apoio social (recibir o tipo de axuda
que se necesita e no momento adecuado, tanto de compañeiros como dos
superiores), a influencia (ter marxe de decisión, de autonomía, respecto ao contido
e as condicións de traballo, horario, ritmo, compañeiros, etc.), o reforzo (recepción
de mensaxes dos compañeiros e superiores en relación a realización do traballo
para así modificar as cousas que fallan) e o sentimento de grupo. Presentan un
valor favorable a claridade de rol, a posibilidade de relación social, a integración
na empresa, a posibilidade de desenvolvemento e o sentido de traballo.
Os valores acadados polas dimensións negativas presentan unha situación máis desfavorable que a poboación de referencia, estas dimensión son: a
inseguridade no traballo, a esixencia de esconder emocións, as esixencias
psicolóxicas emocionais, as esixencias psicolóxicas sensoriais, a dobre presenza,
as esixencias psicolóxicas cuantitativas, as esixencias psicolóxicas cognitivas e o
conflito de rol.
Os resultados obtidos no estudo reflicten que:
- As dimensións relacionadas coas esixencias psicolóxicas do traballo
presentan unha exposición máis problemática para a os grupos sanitarios. Para
20/21
Clima laboral
os grupos non sanitarios a exposición e menos problemática. As altas
esixencias psicolóxicas poden ser un risco, sobre todo, se o traballador ten un
baixo control sobre o contido das tarefas.
- As dimensións relacionadas coas compensacións, (inseguridade e estima)
presentan exposición problemática para todos os grupos estudados.
Relacionase coa estabilidade no emprego, coas perspectivas de promoción, os
cambios non desexados e o respecto, o recoñecemento, o apoio adecuado e
trato xusto.
- A dobre presenza presentase como problemática para todos os grupos
estudados e está relacionada coa conciliación da vida laboral e familiar..
- As dimensións relacionadas co traballo activo e desenvolvemento de habilidades presentan unha exposición problemática en relación co control
sobre o tempo de traballo e a influencia, e unha exposición favorable co sentido
do traballo, as posibilidades de desenvolvemento, e a integración na empresa.
Parece reflectir que as dimensións máis relacionadas co sistema organizativo e
de mando son percibidas cómo máis problemáticas.
- As dimensións relacionadas co apoio social e a calidade do liderado presentan unha exposición problemática para o conflito de rol, a calidade de
liderado, a previsibilidade, e apoio social. Presentan unha exposición favorable
a claridade de rol, a posibilidade de relación social, e o sentimento de grupo.
Parece reflectir que as dimensións máis relacionadas co sistema organizativo e
de mando son percibidas cómo máis problemáticas.
Os datos obtidos deben servir para promover accións dirixidas a afondar na
análise daquelas dimensións máis problemáticas e deseñar actuacións dirixidas a
promover unha mellora xeral das condicións de traballo dos profesionais do
Sergas.
21/21
Top Related