Download - INFORME SOBRE A FORMACI N NO SECTOR DO MAR · PDF file- 7 - Ademais da flota pesqueira, hai que ter en conta aqueles barcos dedicados á acuicultura ou actividades auxiliares e que

Transcript

UNIDADES DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE

EMPREGO DO BARBANZA-NOIA

Informe sobre a Formación no Sector do M ar

- 1 -

- 2 -

ÍNDICE

1. Introdución ......................................................................................... - 4 -

2. Contextualización:O sector do mar no Pacto................................ - 5 -

2.1 Flota pesqueira............................................................................ - 5 -

2.2 Facturación en lonxa .................................................................. - 7 -

2.3 Cultivos mariños ......................................................................... - 8 -

2.3.1 Bateas................................................................................... - 8 -

2.3.2 Acuicultura do mexillón .................................................... - 9 -

2.3.3 Parques de cultivo mariño, granxas mariñas, cetarias, criadeiros e estacións depuradoras e centros de expedición- 10 -

2.4 Afiliacións ao Réxime Especial do Mar................................... - 11 -

2.5 Contratos rexistrados no Pacto.............................................. - 12 -

2.6 Evolución das ofertas de emprego.......................................... - 14 -

2.7 Evolución do número de empresas ........................................ - 14 -

2.8 Paro ............................................................................................ - 15 -

2.9 Asociacionismo ......................................................................... - 17 -

3. Análise de distintos informes.......................................................... - 18 -

4. Conclusións ....................................................................................... - 19 -

5. A formación no sector do mar ....................................................... - 21 -

6. Conclusións finais ............................................................................. - 34 -

7. Outras consideracións ..................................................................... - 35 -

- 3 -

- 4 -

1. Introdución O territorio que abrangue o Pacto Territorial de Emprego Barbanza- Noia e que discorre polas comarcas do mesmo nome debe en gran parte a súa identidade ao mar, tanto polas características do medio físico (península asentada entre a Ría de Arousa e a Ría de Muros - Noia, á vez que bañada polo Océano Atlántico), como polas do medio social, pois moita da poboación residente na península do Barbanza traballa neste sector ou en actividades parellas e grande parte da actividade industrial da zona está ligada á transformación dos produtos do mar. Neste sentido, o presente informe intenta achegar algúns datos sobre o sector que nos axuden a comprender a importancia da formación dirixida ao mesmo.

Para iso, en primeiro lugar tentarase plasmar de maneira sintética os aspectos máis

salientables que nos axuden a enmarcar a situación do sector de maneira xeral, algúns dos cales xa aparecían recollidos noutros estudos e informes realizados pola UPD (“Análise Inicial da Situación” e informes sobre o paro, empresas e contratos), para logo pasar a comentar os distintos recursos formativos existentes na zona e deixar constancia da información obtida a partir das enquisas realizadas aos representantes sindicais e á Oficina Local do ISM sobre a situación e necesidades da formación.

- 5 -

2. Contextualización:O sector do mar no Pacto Neste primeiro apartado farase a diversos temas como: a flota pesqueira do Pacto, a facturación en lonxa, os cultivos mariños, as afiliacións ao réxime especial do mar, os contratos ou o paro relacionados co sector, co fin de que esta información nos axude a comprender a importancia do mar en Galicia e, concretamente, no territorio do Pacto.

2.1 Flota pesqueira O Pacto conta cunha flota pesqueira de gran importancia (preto do 30% do total da Comunidade Autónoma), composta por un total de 1.379 buques, dos cales o 99% faena en caladoiros nacionais. No cadro seguinte amósase a distribución dos mesmos por comarcas e segundo o tipo de caladoiro no que desenvolven o seu labor.

Os buques de Barbanza están incluídos dentro da Zona III (Arousa), mentres os da comarca de Noia pertencen á Zona IV (Muros).

O 47,02% dos barcos da zona III

pertence ao Barbanza, cifra que se eleva se nos referimos á zona IV, onde o 86,66% da flota corresponde á comarca de Noia.

Se comparamos os datos do Pacto

cos totais de Galicia encontramos que o 28,42% dos buques galegos está dentro da zona Pacto, porcentaxe nada desprezable que ascende ata case o 30% en relación aos buques que faenan en caladoiros nacionais.

FLOTA

Nº DE BUQUES SEGUNDO CALADOIRO ZONA

NACIONAL COMUNITARIO INTERNACIONAL

TOTAL BARCOS

ZONA III AROUSA 1.797 5 12 1.814

COMARCA BARBANZA 836 5 12 853

ZONA IV MUROS 607 0 0 607

COMARCA DE NOIA 526 0 0 526

PACTO 1.362 5 12 1.379

TOTAL GALICIA 4.590 127 136 4.853

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. Datos a 30-12 -09.

FLOTA DO PACTO

PORTO CALADOIRO Nº BARCOS

NACIONAL 836

COMUNITARIO 5 COMARCA DE BARBANZA

INTERNACIONAL 12

TOTAL BARBANZA 853

NACIONAL 526

COMUNITARIO 0 COMARCA DE

NOIA

INTERNACIONAL 0

TOTAL NOIA 526

NACIONAL 1362

COMUNITARIO 5 PACTO

INTERNACIONAL 12

TOTAL DE BUQUES NO PACTO 1.379

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca da Consellería do Mar

da Xunta de Galicia. Datos a 30-12 -09.

- 6 -

Se observamos a evolución da flota vemos como no período 2000-2009 o número de buques descende en todos os territorios de estudo, aínda que no caso do Pacto presenta unha variación maior que na Coruña e en Galicia, sendo as cifras de -40,38%, -23,78% e -37,41%, respectivamente. Comparando os dous últimos anos, a maior variación volve a corresponder á zona Pacto (-1,22%), variación negativa que en Galicia é algo menor (-1,18%), mentres que a provincia de A Coruña experimenta unha evolución máis positiva, incrementando a flota pesqueira no último bienio en case un 20%

EVOLUCIÓN DA FLOTA

ANO ÁREA

2000 2008 2009

VARIACIÓN 2000-2009

VARIACIÓN 2008-2009

BARBANZA 1.560 873 853 -45,32 -2,29

NOIA 753 523 526 -30,15 0,57

PACTO 2.313 1.396 1.379 -40,38 -1,22

A CORUÑA 3.856 2.458 2.939 -23,78 19,57

GALICIA 7.754 4.911 4.853 -37,41 -1,18

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería do Mar. Datos a 30-12-09.

Centrándonos na área do Pacto, aínda que todos os portos sufriron un descenso no

número de embarcación respecto ao ano 2000, aqueles que acusaron unha maior baixada foron os de Rianxo e Cabo de Cruz, superando o 50% de variación en ambos os dous casos.

Entre o 2008 e o 2009, tres portos incrementaron levemente a súa flota: o de Porto do

Son, que o fixo en 3 embarcacións e os de Portosín e Riveira, en 1. Os demais, agás o de Palmeira que se mantén estable en relación ao ano anterior, seguen unha tendencia decrecente.

EVOLUCIÓN DA FLOTA

ANO PORTO

2000 2008 2009

VARIACIÓN 2000-2009

VARIACIÓN 2008-2009

AGUIÑO 164 123 122 -25,61 -0,81

A POBRA DO CARAMIÑAL

172 117 108 -37,21 -7,69

CABO DE CRUZ

206 96 94 -54,37 -2,08

CORRUBEDO 17 17 16 -5,88 -5,88

NOIA 576 421 420 -27,08 -0,24

O FREIXO 6 SEN DATO SEN DATO ----- -----

PALMEIRA 29 22 22 -24,14 0,00

PORTO DO SON

76 44 47 -38,16 6,82

PORTOSÍN 95 58 59 -37,89 1,72

RIANXO 550 212 204 -62,91 -3,77

RIVEIRA 422 286 287 -31,99 0,35

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería do Mar. Datos a 30-12-2009.

- 7 -

Ademais da flota pesqueira, hai que ter en conta aqueles barcos dedicados á acuicultura ou actividades auxiliares e que suman un total de 331 en todo o Pacto (27,84% do total de Galicia); 330 na comarca de Barbanza e 1 na de Noia.

BUQUES DESTINADOS Á

ACUICULTURA/AUXILIARES

ÁREA PORTO Nº BARCOS

A Pobra do Caramiñal 57

Cabo de Cruz 127

Rianxo 145

Riveira 1

COMARCA DE BARBANZA

Total Barbanza 330

TOTAL AROUSA (Zona III) 813

Noia 1 COMARCA DE NOIA Total Noia 1

TOTAL MUROS (Zona IV) 26

TOTAL PACTO 331

TOTAL GALICIA 1.189

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Plataforma Tecnolóxica de Pesca da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Datos a 30-12 -09.

2.2 Facturación en lonxa Ao igual que é necesario coñecer a flota e a súa evolución para comprender a importancia do sector marítimo-pesqueiro na zona, tamén cómpre estudar as capturas e facturación en lonxa que achega este tipo de actividade.

Na área do Pacto hai un total de 8 lonxas, das cales 5 pertencen á comarca do Barbanza e as 3 restantes á comarca de Noia; a saber: Aguiño, Cabo de Cruz, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Riveira, Noia, Porto do Son e Portosín. Segundo o Anuario de Pesca da Xunta de Galicia (2008) a lonxa de Riveira pode ser considerada a máis importante do Pacto e unha das máis importantes de Galicia, ao ocupar o segundo lugar no ránking das lonxas que máis cantidade venden, só por detrás da lonxa de Vigo (Asociación de Vendedores) e o quinto en canto ao importe que factura. As lonxas de Portosín, Noia e Rianxo tamén están incluídas entre as 20 lonxas máis importantes de Galicia en canto a cantidade vendida (nos postos 6, 10, e 16, respectivamente).

No tocante á facturación, Noia ocupa o 6º posto, Rianxo o 12º, Portosín o 13º e Aguiño o 20º. Con todo, hai que sinalar que, no que respecta ao prezo por quilo, a lonxa de Aguiño é a que acada uns valores máis elevados (12,52 €/kg), seguida polas de A Illa de Arousa (10,03 €/kg ) e o Grove (Confraría) (8,49 €/kg). Noia e Rianxo sitúanse no 6º e 8º posto , vendendo a 5,79 €/kg no primeiro caso e a 4,75 €/kg no segundo, mentres Riveira e Portosín ocupan os últimos postos, cuns importes de 1,20 €/kg e 0,53 €/kg, respectivamente. Deste xeito, os datos tan positivos da lonxa de Riveira débense fundamentalmente ao importante volume de vendas, máis que ao prezo que alcanzan as capturas. Pese a este dato, hai que destacar que, aínda que nas cinco lonxas principais os prezos medios descenden con respecto a 2007, en Riveira increméntase nun 2,20%; o mesmo

- 8 -

sucede en Portosín e Rianxo, que experimentan un ascenso do 45,39% e 50,76%, respectivamente, mentres Noia e Aguiño sofren unha baixada do -6,08% e -9,20%. No seguinte cadro amósase o total de vendas nas lonxas da área Pacto no período 2001-2009:

TOTAL DE VENDAS DA ÁREA PACTO

PERÍODO CANTIDADE (kg)

IMPORTE (€)

PREZO MEDIO UNITARIO

2001 25.161.046,43 34.195.312,22 1,36

2002 26.272.047,58 41.004.644,12 1,56

2003 24.873.194,61 45.684.498,09 1,84

2004 34.902.898,65 58.364.722,43 1,67

2005 38.522.027,41 58.228.940,57 1,51

2006 36.804.256,21 58.605.526,84 1,59

2007 41.727.740,67 67.214.380,44 1,61

2008 45.557.142,73 71.486.581,27 1,57

2009 48.053.181,87 63.797.532,74 1,33

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Plataforma Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Como podemos comprobar, a cantidade vendida experimentou un incremento dende o 2001 ata o 2009, cunha variación do 90,98% e cun crecemento continuado no último trienio. O importe de venda segue unha evolución progresiva dende o 2001 ata o 2008, aínda que neste último ano comeza a descender. Con todo, a variación do período 2001-2009 tamén é positiva, chegando case ao 87%. Non ocorre o mesmo co prezo medio unitario, moito máis variable e cun descenso do -2,31% respecto ao 2001.

2.3 Cultivos mariños Os cultivos mariños teñen unha forte presenza na zona Pacto e supoñen unha importante achega á actividade socioeconómica da zona. Así, pois, a continuación, farase referencia aos diferentes tipos de establecementos de cultivos mariños.

2.3.1 Bateas Na área Pacto existen tres distritos diferenciados: o de Noia, o de Riveira e o do Caramiñal (Fonte: INTECMAR. Datos extraídos do estudo “Análise Inicial da Situación“)

O Distrito de Noia conta cun polígono no que se sitúan 27 bateas das que 23 se dedican ao cultivo do mexillón, 2 á ostra plana, 1 a moluscos en xeral e outra combina o cultivos de ostra plana e moluscos. No Distrito de Riveira hai 2 polígonos que acollen un total de 64 bateas dedicadas integramente ao cultivo do mexillón.

- 9 -

O Distrito do Caramiñal é o máis extenso dos tres, ao contar con 7 polígonos e 660 bateas especializadas fundamentalmente no cultivo do mexillón. En 5 delas cultívanse conxuntamente outras especies como as ameixas babosas, ameixas finas, ameixas xaponesas e ostras planas.

2.3.2 Acuicultura do mexillón

O mexillón ten un importante peso na zona, sendo o cultivo do mesmo unha actividade que achega un volume de facturación considerable. Na seguinte táboa recóllense as cifras relativas aos distritos marítimos de Noia (provincia marítima de A Coruña), A Pobra do Caramiñal e Riveira (provincia marítima de Vilagarcía):

ACUICULTURA DO MEXILLÓN NO PACTO (2003-2008)

PERÍODO NOIA A POBRA DO CARAMIÑAL

RIVEIRA PACTO

Kg 1.441.891 64.475.150 8.628.913 73.104.063

€ 1.053.280 29.695.106 4.755.322 34.450.428 2003

€ / Kg 0,73 0,46 0,55 0,51

Kg 2.018.353 75.930.837 11.208.232 87.139.069

€ 1.091.672 31.651.919 5.921.884 37.573.803 2004

€ / Kg 0,54 0,42 0,53 0,47

Kg 997.955 51.113.953 10.169.559 61.283.512

€ 533.356 20.592.549 5.248.106 25.840.655 2005

€ / Kg 0,53 0,4 0,52 0,46

Kg 2.167.293 80.429.799 13.036.315 93.466.114

€ 1.202.897 34.047.236 6.593.310 40.640.546 2006

€ / Kg 0,56 0,42 0,51 0,46

Kg 1.144.533 45.628.291 8.456.475 54.084.766

€ 619.135 20.276.701 4.920.752 25.197.453 2007

€ / Kg 0,54 0,44 0,58 0,51

Kg 1.093.642 42.143.661 5.654.095 48.891.398

€ 600.369 18.022.123 3.225.640 21.848.132 2008

€ / Kg 0,55 0,43 0,57 0,45

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos dos Anuarios de Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos- Consellería do Mar.

Os datos indican unha variación negativa no Pacto entre o 2003 e o 2008, tanto nos quilos, coma no importe e no prezo medio unitario , acusando descensos do -33,12%, -36,58% e -12,38%, respectivamente. Por distritos, todos presentan descensos nos tres parámetros, agás Riveira, que incrementa o prezo por quilo nun 3,73%

- 10 -

Segundo o “Anuario da Pesca 2008” (Xunta de Galicia), entre o 2007 e o 2008 produciuse un descenso xeneralizado tanto nos quilos como no importe de venda en cada unha das tres provincias marítimas destacadas na acuicultura do mexillón en Galicia (A Coruña, Vilagarcía e Vigo), así como no total de Galicia (-9,30% e -13,92%) e nos distritos marítimos de Noia (-4,45% e -3,03%), Riveira (-33,14% e -34,45%) e A Pobra do Caramiñal (-7,64% e -11,12%), que pertencen ao Pacto. Hai que subliñar neste apartado a importancia de A Pobra do Caramiñal que, no 2008, aglutinaba a maior porcentaxe de quilos de mexillón (o 22,32%) e do importe de vendas deste molusco en Galicia (o 21,43% ) . Por outra banda, o prezo medio por quilo situábase por debaixo da media de Galicia (0,43 €/kg fronte ao 0,45 €/kg da Comunidade Autónoma), sendo Bueu, Riveira e Noia os distritos que acadaban os maiores valores (0,73 €/kg, 0,57 €/kg e 0,55 €/kg, respectivamente). A nivel xeral e tomando como referente o citado Anuario, debemos sinalar que a produción de acuicultura mariña en Galicia descendeu no 2008 con respecto ao 2007, descenso derivado da caída da produción do grupo dos bivalvos. O mexillón, especie máis representativa da acuicultura de Galicia, volveu a experimentar un descenso na produción neste último período, aspecto influenciado polo conflito vivido polo sector, cunha paralización case total da comercialización destinada á industria nos meses de agosto e setembro, sobre todo. Esta baixada veu determinada polo descenso da produción destinada á industria (un 34%), xa que a dirixida ao consumo fresco incrementou nun 15%

2.3.3 Parques de cultivo mariño, granxas mariñas, cetarias, criadeiros e estacións depuradoras e centros de expedición

Neste apartado sintetízanse os datos xa recollidos na “Análise Inicial da Situación“: No Pacto hai un total de 9 parques de cultivo mariño, situado un deles no concello de

Outes e os restantes no concello de Boiro. A inmensa maioría cultivan diferentes clases de ameixas (babosa, fina, xaponesa) e tan só hai catro (todos situados no concello de Boiro) que reparten os seus recursos entre as ameixas e outras especies diferentes coma o berberecho, a ostra plana e o mexillón.

En canto ás granxas mariñas, o Pacto acolle un total de 6, repartidas equitativamente entre

as dúas comarcas. Concretamente, 1 en Boiro, 1 en Outes, 2 en Porto do Son e 2 en Riveira, todas dedicadas ao cultivo do rodaballo.

Na parroquia de Aguiño, no concello de Riveira, sitúase unha Asociación de Produtores de

Rodaballo, así como a sede do Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura, pertencente ao Cluster de Acuicultura de Galicia.

As 10 cetarias presentes no Pacto (10) dedícanse fundamentalmente ao cultivo de

crustáceos e sitúanse nos concellos de: Boiro (3), Outes (2), A Pobra do Caramiñal (1), Porto do Son (1) e Riveira (3).

Os criadeiros son algo máis escasos, podendo atopar 2 na comarca de Noia (1 en Outes e

outro en Porto do Son) e 3 na comarca de Barbanza (2 en Boiro e 1 en Riveira). Os cultivos son algo máis variados, dende diferentes tipos de ameixas ata vieiras, zamburiñas, volandeiras ou carneiros, entre outros.

- 11 -

Finalmente, existe unha ducia de estacións depuradoras na nosa área, distribuídas do seguinte xeito: Boiro (4), Outes (2), A Pobra do Caramiñal (1) e Riveira (5). Respecto aos centros de expedición, só hai 4 en todo o Pacto (en Boiro, Outes, A Pobra do Caramiñal e Riveira), a maioría na comarca de Barbanza.

2.4 Afiliacións ao Réxime Especial do Mar

Aínda que non resulta doado atopar unha fonte estatística oficial que recolla o número de persoas que traballan directa ou indirectamente nos diferentes sectores da pesca, hai que subliñar de entrada o importante número de afiliados/as ao réxime especial do mar, pois segundo a análise dos datos proporcionados pola Rede Local do ISM, Galicia concentra aproximadamente o 50% do total do país (49,90% - datos do 2008) e o concello de Riveira conta co terceiro porto con maior número de traballadores/as do mar de España, case á par de Cambados (1.453 e 1.462 respectivamente), só superados polo porto de Alxeciras, con 2.071 persoas afiliadas en alta neste réxime. Hai que sinalar que no 2005 e 2007 Riveira situábase no segundo posto a escala nacional, experimentando unha variación no período 2005-2008 do -16,97%, o que en termos absolutos tradúcese en 297 afiliados/as menos.

TOTAL AFILIADOS/AS1 OFICINA LOCAL 2005 2007 2008 VARIAC.

05-08 VARIAC. 07-08

BOIRO 863 811 833 -3,48 2,71

NOIA2 1.146 1.186 1.117 -2,53 -5,82

POBRA DO C.

395 380 398 0,76 4,74

RIANXO 770 714 720 -6,49 0,84

RIVEIRA 1.750 1.685 1.453 -16,97 -13,77

BARBANZA 3.778 3.590 3.404 -9,90 -5,18

C. NOIA 1.146 1.186 1.117 -2,53 -5,82

PACTO 4.924 4.776 4.521 -8,18 -5,34

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da REDE LOCAL DO ISM3.

Como se aprecia na táboa, o número de afiliados/as ao Réxime Especial do Mar descendeu no período 2005-2008 en todas as oficinas locais agás na de A Pobra do Caramiñal, onde sufriu un incremento pouco significativo (3 afiliados/as). O concello no que, tanto en termos absolutos como porcentuais, descendeu máis o número de afiliados/as foi Riveira (297 menos que no 2005; -16,97% de variación).

1 O número de afiliados/ as non se corresponde necesariamente co número de traballadores/ as, senón que se relaciona co número de situacións que obrigan a cotizar; así, unha persoa contabilizarase tantas veces coma situacións de cotización teña. Os datos só fan referencia a traballadores/ as do sector pesqueiro que traballan no concello no que se atopan afiliados/ as.

2 A Oficina Local de Noia abrangue os concellos de Noia, Outes e Porto do Son.

3 Recorreuse a datos do ISM, pois a información que recolle o IGE é incorrecta, ao incluír erróneamente os concellos da comarca do Barbanza na provincia de Pontevedra, por pertenceren á provincia marítima de Vilagarcía.

- 12 -

Analizando a variación entre os dous últimos anos (2007-2008) pódese comprobar como a situación vai mellorando en Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo, que suman 22, 18 e 6 afiliados/as máis que no 2007. Noia e Riveira seguen presentando unha variación negativa. Despois de experimentar un crecemento de 40 afiliados/as no 2007 respecto ao 2005, Noia perde 69 afiliados/as no 2008, mentres Riveira, que restara 65 no período 2007, experimenta o maior descenso no último ano (232 afiliados/as menos que no ano anterior)

A continuación amósase a evolución da afiliación neste réxime tanto a nivel estatal no

Pacto, en Galicia e no conxunto de España.

Pese ao descenso experimentado no número de afiliados/as totais no período 2005-2008, tanto a nivel estatal (algo máis do 7,5%) coma autonómico (-7,10%) e do Pacto (8,18%), queda patente a importancia de mellorar a formación neste sector ao ser unha importante fonte de emprego no Pacto e no conxunto da nosa Comunidade Autónoma.

AFILIADOS/AS EN ALTA AO RÉXIME ESPECIAL DO MAR

2005

% sobre o

TOTAL 2007

% sobre o

TOTAL 2008

% sobre o

TOTAL VARIACIÓN 2005-2008

VARIACIÓN 2007-2008

PACTO 4.924 11,77% 4.776 11,94% 4.521 11,68% -8,18 -5,34

GALICIA 20.787 49,67% 20.096 50,23% 19.312 49,90% -7,10 -3,90

TOTAL ESPAÑA

41.851 40.007 38.704 -7,52 -3,26

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Rede Local do ISM.

2.5 Contratos rexistrados no Pacto

Neste sentido consideramos tamén interesante achegar os seguintes datos derivados da análise da contratación, previamente recollidos no estudo “Análise Inicial da Situación”: O total de contratos da Agricultura de da Pesca incrementouse entre o 2002 e o 2008, tanto en Galicia como na provincia e no Pacto, sendo moi superior o incremento porcentual neste último, tal e como se aprecia na táboa que se presenta a continuación: con todo, esta variación do 109,1% corresponde en números absolutos a un total de 613 contratos máis.

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE AFILIADOS/AS NO RÉXIME ESPECIAL DO MAR

4.9244.776

4.521

4.200

4.400

4.600

4.800

5.000

1 2 3

PACTO

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE AFILIADOS/AS NO RÉXIME ESPECIAL DO MAR

20.787

20.096

19.312

18.500

19.000

19.500

20.000

20.500

21.000

1 2 3

GALICIA

EVOLUCIÓN DO NÚMERO DE AFILIADOS/AS NO RÉXIME ESPECIAL DO MAR

41.851

40.007

38.704

37.00038.00039.00040.00041.00042.00043.000

1 2 3

ESPAÑA

- 13 -

VARIACIÓN 2002-2008 GALICIA

TOTAL Agricultura e pesca Industria Construción Servizos

Total de contratos 10,4 23,7 -29,0 -12,5 22,0

Indefinido 51,8 7,2 27,5 140,1 55,9

Temporal e Outros 9,8 29,3 -31,2 -16,0 22,0

Prácticas e Formación -32,1 -31,9 -46,4 -35,4 -27,1

VARIACIÓN 2002-2008 CORUÑA

TOTAL Agricultura e pesca Industria Construción Servizos

Total de contratos 13,3 40,2 -32,9 -13,4 27,4

Indefinido 58,1 0,7 41,6 178,6 54,3

Temporal e Outros 12,7 52,2 -35,8 -17,8 27,7

Prácticas e Formación -29,0 -26,7 -40,1 -28,7 -26,5

VARIACIÓN 2002-2008 PACTO

TOTAL Agricultura e pesca Industria Construción Servizos

Total de contratos 8,3 109,1 -41,7 -13,7 32,1

Indefinido 49,0 181,5 72,7 41,7 19,0

Temporal e Outros 8,2 99,8 -44,0 -15,0 33,8

Prácticas e Formación -27,4 50,0 -60,4 -15,4 -26,4

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Instituto Galego das Cualificacións.

Igualmente, no período 2000-2008 prodúcese no Pacto un importante incremento dos contratos asociados á sección CNAE Pesca (104,92%), moi superior ao de Galicia e a provincia, onde medran de forma lixeira (3,92% e 15,18% , respectivamente).

Se nos referimos a grandes grupos de ocupación, o grupo 6 (Traballadores cualificados na agricultura e na pesca) tamén experimenta unha situación de incremento global no período, correspondendo o 16,19% ao Pacto e o 24,44% e 49,92% a Galicia e A Coruña, respectivamente.

Ademais, a ocupación de Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados está entre as 10 máis contratadas masculinas nos concellos do Pacto durante o período 2000-2008, ocupando o posto 6, cun total de 5.517 contratos. Destaca o feito de que os primeiros postos relativos a contratación feminina e masculina respectivamente corresponden ás seguintes ocupacións: Matachíns e traballadores das industrias cárnicas e do peixe (36.977 contratos no Pacto, ocupando o posto 6 en Galicia e 7 na provincia) e Operadores de carretillas elevadoras (15.734 contratos) e Peóns de industrias manufactureiras (15.451 contratos), o que indica a gran importancia do sector conserveiro na zona, industria ligada claramente ao sector do mar. Durante o 2009 a ocupación Pescador por conta allea de altura estivo entre as máis contratadas masculinas para a comarca de Barbanza (210 contratos) e Noia (74 contratos), así como a de Pescador por conta allea de auga doce e de auga salgada en Noia (72 contratos). Así mesmo, a ocupación Peóns da pesca, estivo entre as máis contratadas femininas nesta comarca, cun total de 48 contratos. Se consideramos entre as ocupacións máis contratadas só aquelas que a 2008 presentan un saldo neto superior a 50, atopamos a seguinte situación por comarcas :

Na comarca de Barbanza, a ocupación Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados ten un saldo neto de 66, un indicador de estabilidade alta, con tendencia a subir, crecemento sostido e

- 14 -

unha ocupabilidade alta. No caso da comarca veciña, a mesma ocupación acada no 2008 un saldo de 189, contando cun indicador de estabilidade media, con tendencia a subir, crecemento sostido e unha ocupabilidade moi alta.

En Noia aparecen outras dúas ocupacións relacionadas co sector do mar entre as máis

contratadas, aínda que cun saldo menor: Capitáns e oficiais de ponte (saldo neto: 59) e Pescadores por conta allea de auga doce e de augas costeiras (saldo: 62). En ambos os dous casos, os indicadores sinalan unha estabilidade media, con tendencia á subida e ocupabilidade moi alta; no primeiro, a tendencia presenta un crecemento sostido e no segundo, un crecemento relevante.

2.6 Evolución das ofertas de emprego

Igualmente, tamén resulta de interese coñecer a evolución das ofertas de emprego por seccións CNAE, centrándonos na Pesca: (Fonte: “Análise Inicial da Situación“)

Hai que subliñar que a variación das ofertas asociadas á sección CNAE Pesca no período 2005-2008 é do 177,78% no Pacto (de 9 a 25 ofertas), fronte ao incremento porcentual máis moderado presentado na Coruña (41,38%; de 58 a 82 ofertas) e en Galicia (75%; de 96 a 168 ofertas), o que indica unha evolución positiva.

No tocante ás 10 ocupacións máis ofertadas nos concellos do Pacto, aparece Traballadores cualificados por conta allea na cría de especies acuáticas durante no intervalo 2000-2004, mentres desaparece no 2005-2008.

2.7 Evolución do número de empresas Segundo o “Informe Semestral do Número de Empresas” do 1º semestre de 2009, elaborado pola UPD do Pacto Territorial de Emprego Barbanza - Noia, as empresas do Pacto experimentaron un descenso do -5,95% respecto ao mes de xaneiro deste ano, feito propiciado fundamentalmente pola diminución acontecida na comarca de Noia. Centrándonos na análise dos distintos réximes, foi o do mar o que sufriu unha baixada máis acentuada (do -53,53%; de 269 empresas en xaneiro a 125 en xuño). Por sector de actividade e réxime, apréciase un descenso do -54,14% no número de empresas do sector primario incluídas no réxime do mar, feito responsable da variación negativa no sector. Dos 3 CNAES incluídos no sector primario é o da Pesca e Acuicultura o único con variación negativa; un -51,79% respecto ao mes de xaneiro (de 280 a 135).

- 15 -

2.8 Paro

Da análise do paro realizada no estudo “Análise Inicial da Situación“, chegamos ás seguintes conclusións:

Por CNAE, a sección Pesca experimenta unha variación negativa no número de parados/as entre o 2000 e o 2008 (-0,73%), o que indica unha lixeira baixada, ao pasar de 426 a 423 no intervalo, comportamento oposto ao da provincia e a Comunidade Autónoma, onde se produce un incremento do paro nesta sección, aínda que de carácter lixeiro, sobre todo na provincia. O comportamento é similar se comparamos o 2005 e o 2008 (de 441 a 423), aínda que dende o 2006 segue unha tendencia ascendente.

Considerando os 9 grandes grupos de ocupación e como se pode apreciar na seguinte táboa, o número de persoas en paro asociadas ao grupo 6 Traballadores cualificados na agricultura e na pesca increméntase entre o 2005 e o 2009, tanto no Pacto, coma na provincia e en Galicia. Na variación porcentual o Pacto acada maiores cifras, agás entre o 2008 e o 2009, intervalo onde o crecemento do paro neste grupo está por debaixo da situación provincial e autonómica.

PARADOS/AS ASOCIADOS/AS AO GRUPO 6: Traballadores cualificados na Agricultura e na

Pesca

PORCENTAXE DE VARIACIÓN ÁREA

2005 2006 2007 2008 2009 05-08 05-09 08-09

PACTO 753 616 695 898 1.100 19,26 46,08 22,49

A CORUÑA

5.115 4.547 4.061 6.056 7.444 18,40 45,53 22,92

GALICIA 15.140 13.555 13.637 17.016 21.249 12,39 40,35 24,88

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Instituto Galego das Cualificacións.

Entre as 10 ocupacións máis demandadas masculinas nos concellos do Pacto (2000-2008) aparece a de Pescador por conta allea de altura (no 4º posto), fronte á provincia e a Comunidade onde non aparece no ránking, o que nos dá unha idea do carácter mariñeiro do Pacto. No 2009 aparece tamén entre as máis demandadas por comarcas, cun total de 382 demandas.

Hai que sinalar que nos concellos do Pacto, a ocupación Capitáns e oficiais de ponte aparece entre as 10 que sofren crecemento sostido do paro (2005-2008), mentres en Galicia e na Coruña non están presentes. No tocante ás ocupacións con decrecemento sostido están: Traballadores cualificados por conta allea na cría de especies acuáticas (que tamén permanece no 2005-2009, con 41 parados este último ano) e, aínda que con menor relevancia, Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados.

Na táboa seguinte pódese apreciar a evolución do paro asociado a cada unha das ocupacións nas que este diminúe no período 2005-2008 (decrecemento sostido).

- 16 -

Ocupacións con decrecemento sostido nos concellos do Pacto

Nº PARADOS

CÓDIGO DENOMINACIÓN 2005 2006 2007 2008

Variac. % 05-08

8375 Operadores de máquinas para elaborar produtos derivados de froitas, verduras e froitos secos

102 78 57 49 -51,96

6321 Traballadores cualificados por conta allea na cría de especies acuáticas

79 52 49 47 -40,51

8362 Operadores de teares e outras máquinas tecedoras 21 18 17 16 -23,81

7933 Xastres, modistos e sombreireiros 18 16 15 10 -44,44

3532 Animadores comunitarios 21 14 10 9 -57,14

2839 Outro profesorado técnico de formación profesional 10 9 7 5 -50

4523 Telefonistas 10 9 6 5 -50

2912 Graduados sociais e asimilados 15 8 7 5 -66,67

3026 Técnicos en química industrial 12 8 5 4 -66,67

8162 Operadores de caldeiras e máquinas de vapor 13 9 6 4 -69,23

2433 Filólogos, intérpretes e tradutores 13 7 6 4 -69,23

7802 Panadeiros, pasteleiros e confeiteiros 7 6 4 X X

8550 Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados 15 9 5 X X

5112 Auxiliares de enfermaría de atención primaria 5 X X X X

2399 Outros diversos profesionais do dereito 5 4 X 0 -100

1110 Dirección xeral e presidencia executiva X X X 0 -100

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Instituto Galego das Cualificacións.

Partindo dunha situación máis actual (“Informe do Paro Rexistrado” – novembro 2009), pode observarse unha diminución no sector da Agricultura e Pesca no Pacto (-7.85%) e na comarca de Barbanza (-16,29%) respecto ao mesmo mes do 2008, fronte ao incremento experimentado nos demais sectores e territorios. Este comportamento decrecente débese aos descensos de Lousame (-38,46%) , Boiro (-21,05%), A Pobra do Caramiñal (-20,00%) e Riveira (-18,27%), pois en Outes permanece estable e nos demais concellos aumenta entre un 10 e un 23 % aproximadamente.

Na variación intermensual e, despois da diminución acaecida neste sector no mes de outubro con respecto a setembro, derivada fundamentalmente do inicio da campaña marisqueira nunha das comarcas do Pacto, en novembro prodúcese un incremento do paro respecto ao mes anterior, máis acusado na comarca de Noia (3,27% no Pacto, 2,34% en Barbanza e 4,93% en Noia). Este feito derívase do incremento experimentado en 5 dos 8 concellos, maiormente nos de Porto do Son (17,31%) e Rianxo (10,34%). Outes e Boiro presentan sendas diminucións (-28,57% e -2,17%), mentres Lousame conserva os mesmos valores que no mes de outubro.

Así, no mes de novembro de 2009 o poboación parada do sector Agricultura e Pesca, representa no Pacto o 5,44% do total, cifra algo inferior á do mes anterior (5,56%), sendo o grupo que acolle unha menor porcentaxe de poboación parada. O sector servizos é o que presenta uns maiores valores (46,46% do paro total), aínda que debe terse en conta que tamén é o sector maioritario para as contratacións.

COMPOSICIÓN DO PARO NO PACTO. NOVEMBRO 2009

Agricultura/ Pesca 5,44

Industria 17,31

Construción 20,76

Servizos 46,46

Sen emprego anterior 10,02

Fonte: Informe do Paro Rexistrado -novembro 2009. UPD do Pacto

Territorial de Emprego Barbanza- Noia.

- 17 -

2.9 Asociacionismo Na “Análise Inicial da Situación“ recóllese tamén o importante tecido asociativo empresarial vinculado ás actividades pesqueiras e marisqueiras existente no Pacto, entre o que se encontran as Asociacións de Armadores do palangre, do arrastre, do cerco e de artes menores. Ademais, cóntase con 9 Asociacións de Mexilloeiros, todas elas situadas na comarca de Barbanza (5 en Boiro, 2 en Rianxo e 2 en A Pobra do Caramiñal) e 9 Confrarías de Pescadores (6 en Barbanza e 3 en Noia). Hai que destacar tamén outras dúas asociacións ás cales pertencen moitas empresas situadas no Pacto, unha de carácter autonómico e outra nacional: AGADE (Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos) e ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos)

- 18 -

3. Análise de distintos informes

Así mesmo e, xunto co dito ata o momento consideramos de interese analizar os datos do Informe Saídas Profesionais Comarcais 2009 (Instituto Galego das Cualificacións), xa que achega datos sobre os 20 grupos ocupacionais con mellores perspectivas laborais segundo a comarca: No caso de Barbanza, Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados aparece como o segundo grupo con óptimas perspectivas, só superado polo de Camareiros, barmans e asimilados. Capitáns e oficiais de ponte tamén está recollido como un grupo que presenta boas perspectivas. En Noia, estes dous grupos (Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados e Capitáns e oficiais de ponte ) están encadrados dentro dos grupos con óptimas perspectivas (no primeiro e segundo posto respectivamente, seguidos polo de Enfermeiros), aos cales se suma o de Pescador por conta allea de auga doce e de augas costeiras, como ocupación con boas perspectivas laborais. Xa no estudo do 2008, que se utiliza para a elaboración do Informe de Priorización do ano seguinte, aparecía o grupo Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados, como grupo con óptimas perspectivas para a comarca de Barbanza (no 8º posto) e con boas perspectivas para a de Noia (2º posto). Capitáns e oficiais de ponte estaba contemplada como ocupación con óptimas perspectivas para a comarca de Noia (en segunda posición, trala de Animadores comunitarios). Esta é unha cuestión que resulta de interese coñecer pois é un dos datos cos que se traballa, xunto cos de insercións netas relacionadas coas especialidades formativas, recomendacións do ano anterior, ou estudo de fontes documentais (noticias relacionadas con aspectos socioeconómicos e laborais das comarcas galegas) para a elaboración do Informe de Priorización Comarcal (cursos recomendables por familias profesionais para a programación das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a traballadores Desempregados - AFD). Con todo, o Informe de Priorización do 2009 non recollía como prioritaria ningunha especialidade da familia marítimo-pesqueira nin para o Pacto nin para ningunha das restantes comarcas de Galicia.

- 19 -

4. Conclusións

� Pacto conta cunha flota pesqueira de grande importancia , composta por un total de 1.379 buques , que representan o 28,42% do total da Comunidade Autónoma. A este dato hai que sumar os barcos dedicados á acuicultura e actividades auxiliares (331), que supoñen o 27,84% do total galego. A flota pesqueira descendeu no período 2000-2009 tanto no Pacto como na provincia e na nosa Comunidade, aínda que a variación é moito maior no noso territorio, ao pasar de 2.313 buques no 2000 a 1.379 no presente ano. Con todo, a flota da zona, tanto aquela dedicada a actividades de pesca como acuícolas, conta cunha gran relevancia no conxunto de Galicia.

� As lonxas do Pacto teñen un gran peso , ocupando a lonxa de Riveira o segundo posto no

ránking segundo quilos vendidos de toda Galicia e o quinto en canto ao importe de facturación (datos de 2008). A metade das lonxas da zona (4) están entre as 20 máis importantes de Galicia en canto a cantidade vendida, número que se incrementa se consideramos a facturación. Ademais, a lonxa de Aguiño é a que acada uns valores máis elevados, cunha media de 12,52 €/kg. A nivel xeral tanto a cantidade vendida como o importe de venda experimentaron un crecemento dende o 2001 ata o 2009, cunha variación do 90,98% e 86,53%, respectivamente, aínda que o prezo medio unitario descendeu nun -2,31% respecto ao 2001.

� Os cultivos mariños supoñen unha importante achega á actividade económica da zona, con

751 bateas, dedicadas maioritariamente ao cultivo do mexillón, especie máis representativa na acuicultura galega. Neste sentido destaca o concello de A Pobra do Caramiñal que no 2008 concentraba a maior porcentaxe en canto a cantidade (22,32%) e importe de vendas (21,43%) deste produto en Galicia. Este molusco conta no Pacto cun volume de facturación considerable, aínda que, ao igual que sucede no total de Galicia, entre o 2003 e o 2008 a variación é negativa tanto nos quilos recollidos, como no importe e o prezo medio unitario.

� Aínda que non teñen o importante peso das bateas, tamén existen na zona parques de cultivo mariño (9), granxas mariñas (6), cetarias (10), criadeiros (5), estacións depuradoras (12) e centros de expedición (4).

� As afiliacións ao Réxime Especial do Mar presentan un descenso xeneralizado tanto no Pacto, como en Galicia e en España, pero hai que ter en conta que a nosa Comunidade Autónoma concentra aproximadamente o 50% do total do país e o concello de Riveira conta co terceiro porto con maior número de traballadores do mar de España, precedido por Alxeciras e Cambados.

� No que respecta á contratación, entre o 2000 e o 2008 prodúcese un incremento tanto dos contratos da sección CNAE Pesca, como do grupo 6 (Traballadores cualificados na agricultura e na pesca), este último de carácter máis moderado, estando a ocupación Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados entre as 10 máis contratadas masculinas nos concellos do Pacto. Entre as ocupacións cun saldo neto superior a 50 no 2008 atópanse tamén algunhas ligadas ao mar, como Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados no Pacto ou Capitáns e oficiais de ponte e Pescadores por conta allea de auga doce e de augas costeiras en Noia, que presentan boas perspectivas nos indicadores estudados.

� Tamén evolucionan positivamente a s ofertas de emprego asociadas ao CNAE Pesca entre

o 2005 e o 2008, cun 177,78% de variación, que supón 16 ofertas máis.

- 20 -

� O número de empresas descende no Pacto no primeiro semestre de 2009, correspondendo o maior descenso ás do réxime do mar.

� O paro experimenta unha lixeira baixada na sección Pesca (2005-2008), aínda que se incrementa no grupo 6 (Traballadores cualificados na agricultura e na pesca), encontrándose entre as ocupacións con decrecemento sostido nos concellos do Pacto as de Traballadores cualificados por conta allea na cría de especies acuáticas e Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados. A análise do paro de novembro de 2009 apunta unha pequena diminución no sector da Agricultura e da Pesca respecto ao mesmo mes do 2008.

� No territorio existe un importante tecido asociativo empresarial vinculado ás actividades pesqueiras e marisqueiras.

� O Informe “Saídas Profesionais Comarcais” de 2009 inclúe varias ocupacións relacionadas co mundo do mar dentro dos grupos con óptimas ou boas perspectivas laborais. Aínda que no Informe de 2008 xa aparecía algún destes grupos, o Informe de Priorización de 2009 non recollía como prioritaria ningunha especialidade da familia marítimo-pesqueira para a programación dos cursos de formación dirixidos prioritariamente a traballadores/as desempregados/as.

En conclusión, todo o dito ata o momento danos unha idea da importancia do sector pesqueiro na zona como fonte de emprego, o que xustifica a importancia da inversión en formación para este sector e da toma de medidas concretas que permitan mellorar a cualificación das persoas do sector do mar.

- 21 -

5. A formación no sector do mar

Ao longo das seguintes páxinas faremos un percorrido pola situación da formación profesional vinculada ao sector do mar en cada un dos subsistemas: a formación profesional inicial ou regrada e a formación profesional para o emprego (que integra os anteriores subsistemas da formación ocupacional e continua). En canto á formación de carácter regrado relacionada coa familia profesional “Marítimo-pesqueira” existe no Pacto unha Escola Oficial Náutico-Pesqueira que imparte dous ciclos formativos; un de grao medio e outro de grao superior: Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque e Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque. Durante o período 2003-2005 e 2006-2008 sumouse á oferta o ciclo medio de Pesca e transporte marítimo, correspondente a dúas promocións de persoas formadas, que xa non se imparte na actualidade.

Así, pois, dos 7 ciclos pertencentes a esta familia, só se imparten 2 na zona do Pacto, aínda que o peso do sector ten unha importancia considerable, como quedou patente nos anteriores apartados do estudo.

CICLOS FORMACIÓN PROFESIONAL REGRADA EN GALICIA (FAMILIA MARÍTIMO-

PESQUEIRA)

CICLO CENTRO CONCELLO

CM Mergullo de media profundidade IGAFA A Illa de Arousa (Pontevedra)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira

Riveira (A Coruña)

IES Cruceiro Baleares Culleredo (A Coruña) CM Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico Vigo (Pontevedra)

CM Operacións de cultivo acuícola IGAFA A Illa de Arousa (Pontevedra)

IES Cruceiro Baleares Culleredo (A Coruña) CM Pesca e transporte marítimo

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico Vigo (Pontevedra)

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol Ferrol (A Coruña)

IES Cruceiro Baleares Culleredo (A Coruña) CS Navegación, pesca e transporte marítimo

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico Vigo (Pontevedra)

CS Produción acuícola IGAFA A Illa de Arousa (Pontevedra)

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol Ferrol (A Coruña)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira

Riveira (A Coruña)

IES Cruceiro Baleares Culleredo (A Coruña)

CS Supervisión, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico Vigo (Pontevedra)

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira tamén funciona como centro homologado para a impartición dos cursos conducentes a titulacións profesionais da Mariña Mercante, sendo o único centro destas características na zona Pacto. Empresas de formación como Salvacon ou Emproga tamén contan con homologación ao respecto e son responsables da impartición dalgúns cursos na zona.

- 22 -

Con todo, hai que sinalar un dato que, cando menos, resulta curioso: na páxina do Ministerio de Fomento a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira aparece como centro situado na provincia de Pontevedra, cando en realidade pertence á de A Coruña. O mesmo ocorría ao consultar o número de afiliados ao sector do mar; segundo os datos do Instituto Galego das Cualificacións practicamente non hai afiliados a este sector na comarca de Barbanza (Boiro, Pobra, Rianxo e Riveira), pois nas estatísticas aparecen englobados erroneamente na provincia de Pontevedra, ao pertenceren á provincia marítima de Vilagarcía. O total de afiliados/as da área Pacto (Barbanza e Noia) que contempla este organismo son só os pertencentes á comarca de Noia, co sesgo que supón este feito ao consultar a información.

Entre os cursos ofertados dende a E.O Náutico-Pesqueira de Riveira nos últimos anos están algúns como: Ampliación de caballaje para mecánico naval maior e mecánico maior naval, Mariñeiro de ponte, Patrón costeiro polivalente ou Patrón portuario, entre outros.

Aínda que non forma parte da oferta do centro, actualmente tamén se imparte nas súas instalacións (dependendo da demanda de confrarías, asociacións… e das concesións) formación para conseguir o curso básico de “Mariñeiro pescador” (antes denominado “Competencia de mariñeiro”), de carácter presencial. Con anterioridade existía a posibilidade de realizar no centro os exames para conseguir a titulación por libre (antiga “Competencia de mariñeiro”)

Este curso (50 horas lectivas) habilita para desempeñar labores de tripulante subalterno en

buques de pesca e auxiliares de acuicultura, así como de manexo, con fins comerciais, de embarcacións de menos de 10 metros de eslora dedicadas á actividade extractiva ou acuícola.

Ademais da oferta formativa, no centro pódense realizar os exames para a obtención de

titulacións para o goberno de embarcacións de recreo (Patrón de navegación básica, Patrón de embarcación de recreo, patrón de iate …), a través das convocatorias anuais (2 ao ano).

No relativo á formación para o emprego (accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) non existe oferta formativa asociada á familia marítimo-pesqueira (AFD), nin se desenvolveu durante o período analizado (2000-2009) ningún curso do antigo Plan FIP, non estando sequera contemplados entre as especialidades prioritarias para a zona, nin para o conxunto da Comunidade Autónoma que recolle o Informe de Priorización Comarcal 2009.

Así mesmo, tampouco estivo presente nas especialidades dos Programas Mixtos de Emprego-Formación desenvolvidos no Pacto ata o momento.

Esta situación vén sendo sinalada dende fai tempo polas organizacións sindicais e mesmo

polo persoal orientador da zona e AEDLs, que botan en falta formación específica para este sector dentro da oferta para persoas desempregadas (Formación AFD).

Con todo, dentro do ficheiro de especialidades da formación ocupacional aparecen

recollidas 10 relativas á familia marítimo-pesqueira, das cales 7 contan con certificado de profesionalidade asociado.

- 23 -

ESPECIALIDADES FORMATIVAS DA FAMILIA MARÍTIMO- PESQUEIRA(FPO)

DENOMINACIÓN CERTIFICADO DE

PROFESIONALIDADE NIVEL

Confección e mantemento de artes e aparellos Si (Novo) 2

Engorde de peixes, crustáceos e cefalópodos Si (Novo) 2

Mergullador profesional Si 2

Pescador de baixura Non 2

Pescador de litoral Si 2

Mecánico de litoral Si 2

Cultivador de moluscos no medio natural Non 2

Mariscador Si 2

Piscicultor de engorde en augas mariñas Non 2

Piscicultor en augas continentais (cría e engorde) Si 2

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería de Traballo e Benestar.

Quizais o problema sexa que non existe ningún centro colaborador homologado na zona, nin na provincia para impartir especialidades da formación profesional para o emprego (ocupacional) relacionadas con esta familia. No conxunto de Galicia, só existen centros colaboradores homologados en Pontevedra (Marín, Moaña e Burela) para impartir as especialidades de Pescador de baixura, no caso de Marín e Burela e Cultivador de moluscos no medio natural, no caso de Moaña. No Centro de FPO de Bueu si se conta cunha oferta formativa de formación ocupacional para esta familia profesional: formación dirixida á consecución de títulos profesionais da Mariña Mercante, certificados de especialidade, títulos profesionais de pesca, formación sanitaria e especialidades de FPO (antigo Plan FIP; agora Formación AFD), pero tamén se atopa fóra da área Pacto (provincia de Pontevedra). Outro recurso específico para a formación relacionada co sector do mar é o Portal de Formación Pesqueira (Pescagalicia) da Consellería do Mar.

Entre a oferta están os cursos on-line, algún dos cales conta tamén unha parte presencial. Nestes momentos, a oferta está integrada polos seguintes cursos: Patrón costeiro polivalente, patrón local, manipulador de alimentos e power point.

Tamén existe unha importante oferta de cursos (49) que poden solicitar os

traballadores en activo ou desempregados, tanto de xeito individual, como a través de confrarías, asociacións… e que se poñen en marcha cando se reúne o grupo mínimo para impartilo. Normalmente realízanse en instalacións da entidade solicitante, ou en centros da Consellería, como, por exemplo, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Riveira.

Neste sentido, atopamos o curso de Mariñeiro Pescador, que, xunto co de Formación Básica

(este dependente do Ministerio de Fomento) son imprescindibles para o traballo no mar. A este respecto e segundo sinalan os Sindicatos existe unha necesidade de ampliar a oferta,

debido á gran demanda existente que non se atopa cuberta. No caso do curso de Mariñeiro pescador (antes denominado Competencia de mariñeiro, que se obtiña por libre), co cambio de normativa pasou a ser un curso presencial, o que supuxo a necesidade de implicar moitos máis

- 24 -

recursos para a súa impartición que nas anteriores convocatorias para sacalo por libre, un número de prazas limitado e asistencia obrigada, de aí que a oferta existente non cubra na actualidade toda a demanda.

Tamén hai que sinalar a Formación dirixida á consecución de titulacións profesionais ou

certificados de especialidade da Mariña Mercante (Ministerio de Fomento – Dirección General de la Marina Mercante):

O Ministerio de Fomento, a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante tamén oferta

unha serie de cursos para a obtención de titulacións ou certificados para o traballo no mar. Entre os centros con homologación para impartir este tipo de formación está a Escola Oficial Náutico – Pesqueira de Riveira, centro de formación dependente da Consellería do Mar, así como empresas privadas, como Salvacon ou Enproga, que imparten este tipo de formación no Pacto.

A continuación amósase a relación dos centros homologados en Galicia:

CENTROS HOMOLOGADOS PARA IMPARTIR FORMACIÓN CONDUCENTE A TITULACIÓNS PROFESIONAIS DA MARINA

MERCANTE

CENTRO PROVINCIA

Centro de Formación Marítima de Bamio (ISM) Pontevedra

Escuela de F.P Marítima Pesqueira de Bueu Pontevedra

Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico Pontevedra

ISM Dirección Provincial de Vigo Pontevedra

ISM Dirección Provincial de Vilagarcía Pontevedra

Seguridade Galega Nosa Terra (SEGANOSA) Pontevedra

Ensino Profesional Galego (ENPROGA) A Coruña

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol A Coruña

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira A Coruña∗∗∗∗

ETS de Náutica e Máquinas de A Coruña A Coruña

ISM Dirección Provincial de A Coruña A Coruña

Salvamento e Contraincendios (SALVACON) A Coruña

Centro Integral de Ensinanza Vicente Gradaílle Lugo

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Fomento (Dirección General de la Marina Mercante)

∗∗∗∗ Na web do Ministerio aparece como centro pertencente á provincia de Pontevedra.

Detállanse a modo de exemplo as homologacións coas que contan algúns dos centros autorizados para impartir esta formación e aos que recorren moitos das persoas traballadoras do mar do Pacto para completar a súa formación: a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira, empresas como Salvacon ou Enproga, a través das súas unidades móbiles, e o Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio que, aínda estando situado fóra do Pacto, recibe un importante número de alumnado procedente do mesmo.

- 25 -

CURSOS BAMIO CURSOS ESCOLA OFICIAL NÁUTICO

PESQUEIRA DE RIBEIRA

NOME DO CURSO NOME DO CURSO

Formación básica Formación básica

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos) Radar de punteo automático (ARPA)

Operador xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítimos

Operador de SMSSM

Operador restrinxido do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítimos

Operador restrinxido de SMSSM

Familiarización en buques tanque Patrón portuario

Buques petroleiros Mariñeiro de ponte

Buques gaseiros Mariñeiro de máquinas

Buques quimiqueiros

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Fomento. (Resolución do 17 de febreiro de 2009, Resolución do 28 de abril de 2009 e Resolución do 28 de setembro de 2004))

Básico buques de pasaxe

Buques ro-ro de pasaxe e buques de pasaxe distintos a buques ro-ro

Radar de punteo automático (ARPA)

Compensador de agullas náuticas

Oficial de protección do buque

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Fomento. (Resolución do 12 de agosto de 2009 e Resolución do 10 de febreiro de 2009))

CURSOS SALVACON CURSOS ENPROGA

NOME DO CURSO NOME DO CURSO

Familliarización en buques tanque Formación básica

Buques petroleiros Avanzado en loita contra incendios

Buques gaseiros Operador xeral do SMSSM

Buques quimiqueiros Operador restrinxido do SMSSM

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos) Familiarización en buques tanque

Botes de rescate rápidos Buques petroleiros

Operador xeral do SMSSM Buques gaseiros

Operador restrinxido do SMSSM Buques quimiqueiros

Avanzado en loita contra incendios Básico de buques de pasaxe

Radar de punteo automático (ARPA) Buques ro-ro de pasaxe e buques de pasaxe distintos a ro-ro

Formación básica Radar de punteo automático (ARPA)

Básico de buques de pasaxe Botes de rescate rápidos

Buques ro-ro de pasaxe e buques de pasaxe distintos a buques ro-ro

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos)

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Fomento. (Resolución do 26 de novembro de 2007)

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Fomento. (Resolución do 10 de xaneiro de 2008)

- 26 -

Na formación para o emprego e, concretamente, da antes denominada formación continua (accións formativas dirixidas prioritariamente a traballadores/as ocupados), existen dúas alternativas: A formación de demanda e a formación de oferta.

Na Formación de demanda: as empresas dispoñen de créditos formativos (bonificacións

nas cotizacións á Seguridade Social) para organizar as súas propias accións formativas, de carácter máis específico e adaptado ás necesidades da empresa (xestionándoas directamente ou a través de entidades organizadoras) ou para autorizar os permisos individuais de formación.

Dentro da Formación de oferta (cursos gratuítos, que xestionan distintas entidades,

previa concesión de subvención para o desenvolvemento das accións) están os Plans de formación intersectoriais e sectoriais:

Plans de formación intersectoriais: dentro das accións prioritarias recollidas na convocatoria

de subvencións só aparece un curso dentro do apartado marítimo-pesqueiro: “Mergullo xeral” (Orde do 23 de setembro de 2009).

Nas accións prioritarias correspondentes á convocatoria de subvencións para a realización

de Plans de formación sectorial a oferta de cursos considerados prioritarios é moito máis ampla e variada: “Buques gaseiros”, “Cultivo de moluscos”, “Certificado de botes de rescate rápidos”, “Navegación e pesca: Formación básica”, “Patrón portuario”, “Seguridade integral de buques”, etc. (Orde do 26 de outubro de 2009)

No sector específico da Pesca e Acuicultura, na formación de oferta de ámbito estatal

atopamos nestes momentos 11 accións formativas, das cales 10 son en modalidade a distancia ou de teleformación e a restante, de carácter mixto, pero fóra da área Pacto (Cangas-Vigo). No sector da Mariña Mercante non hai cursos dispoñibles neste momento (Fundación Tripartita para a Formación no Emprego)

Con todo, este tipo de formación depende da existencia de entidades solicitantes; en

moitos casos, os Sindicatos. Analizando as accións formativas xestionadas por Sindicatos no período 2000-2008 a

porcentaxe de cursos relacionados coa navegación, pesca e transporte marítimo e supervivencia é do 16%, superada só por aquelas relacionadas coa seguridade e saúde laboral (22%) e informática/ aplicacións informáticas (17%).

Na programación do Fondo Social Europeo para ocupados, empresas como Veicar

tamén xestionan formación para este sector. Para o 2009, por exemplo, cóntase con 2 cursos de “Rescate en altura” para o Pacto (Boiro e Riveira).

Incluímos dentro deste apartado a Formación do Instituto Social da Mariña (ISM),

xa que os cursos están dirixidos principalmente a traballadores afiliados e en situación de alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar no momento da solicitude, aínda que tamén se contemplan outros destinatarios: (Orden TAS 167/2008, del 24 de Enero, por la que se regula la formación profesional marítima y sanitaria del Instituto Social de la Marina; BOE, 4 de febrero de 2008)

- As persoas que non estando en alta no REM, nin noutro réxime da Seguridade Social, tampouco estean inscritos como demandantes de emprego e presenten ante o ISM unha solicitude de cursos dentro da acción formativa que resulte legalmente esixida para poder embarcar e/ou iniciar unha actividade no sector marítimo. - Os traballadores inscritos como demandantes de emprego cando, no momento da solicitude se dea algunha das seguintes circunstancias: residan nunha Comunidade

- 27 -

Autónoma sen competencias transferidas en materia de emprego; estean dados de alta nun réxime distinto ao REM e ademais estean inscritos como demandantes dun emprego propio do sector marítimo e soliciten formación naqueles cursos obrigatorios para poder embarcarse e/ou realizar unha actividade no citado sector; trátese de persoas que, non sendo perceptoras de prestacións nin subsidios por desemprego, inscríbanse como demandantes de emprego de traballos propios do sector marítimo e pesqueiro, e sexa a inscrición como demandante de emprego, así como o contar cos certificados de formación inicial esixidos, requisito previo para participar nun proceso de selección para un posto de traballo no sector marítimo-pesqueiro; atópense inscritos nas oficinas de emprego e, en virtude dun expediente de regulación de emprego, teñan suspendidos temporalmente os seus contratos de traballo, así como aqueles nos que a suspensión da relación laboral vén imposta por unha resolución administrativa publicada no BOE e/ou no boletín oficial da Comunidade Autónoma, impoñendo unha parada da flota; sexan traballadores que conten con contratos de carácter fixo-discontinuo. - As persoas que queden dentro do ámbito subxectivo de aplicación de convenios de colaboración que puideran celebrarse coas Comunidades Autónomas en materia de formación marítima competencia destas; ou de encomendas de xestión ou outras fórmulas que legalmente permitan adoptar acordos a partir dos que o ISM poida outorgar formación aos traballadores inscritos como demandantes de emprego que soliciten ocupación en traballos que determinen a súa inclusión no REM.

As instalacións e centros do ISM para a formación están representadas por: as Escolas de

Formación Profesional Náutico- Pesqueiras, os Centros Nacionais de Formación Marítima, as Unidades Móbiles de Pesca e Navegación e as aulas e talleres das Casas do Mar. O Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio (na provincia de Pontevedra) é un dos centros que imparte este tipo de cursos, aínda que se atopa situado fóra do ámbito xeográfico do Pacto.

A relación de cursos do Plan Anual de formación 2009 do ISM a impartir en Bamio é a seguinte:

- 28 -

CURSOS BAMIO 2009 (ISM) CURSOS BAMIO 2009 (ISM)

NOME DO CURSO Nº NOME DO CURSO Nº

Actualización buques gaseiros 8 Formación básica (4 módulos) 1

Actualización buques petroleiros 5 Formación sanitaria actividades subacuáticas 3

Actualización buques quimiqueiros 4 Formación sanitaria especifica avanzada 10

Actualización buques ro-ro de pasaxe e buques de pasaxe distintos a buques ro-ro

2 Frigorista de instalacións navais N.1 2

Actualización familiarización en buques tanque 4 Frigorista de instalacións navais N.2 e pesqueiras 1

Actualización de certificado de operador xeral de S.M.S.S.M.

2 Xestión integral de ponte 4

Autómatas industriais 1 Xestión técnica de instalacións de frío 1

Automatismos eléctricos 2 Inglés técnico marítimo nivel II 3

Básico de buques de pasaxe 1 Instalacións eléctricas nivel I 3

Botes de rescate rápidos 3 Mantemento mecánico do buque 1

Buques gaseiros 10 MARPOL 73/ 78 4

Buques petroleiros 10 Oficial de protección do buque 6

Buques quimiqueiros 9 Operador xeral SMSSM 9

Buques ro-ro de pasaxe e buques de pasaxe distintos a buques ro-ro

5 Operador de torno para cámara de máquinas 4

Busca e salvamento (IAMSAR) 8 Prevención de lexionela e tratamento de augas 1

Cartas electrónicas/ ECDIS 10 Prevención e loita contra a contaminación. Nivel avanzado

1

Código ISM 2 Prevención e loita contra a contaminación. Nivel superior.

1

Compensador de agullas náuticas 2 Radar de punteo automático/ ARPA 8

Control de tráfico marítimo (VTS) 3 Sistemas de aire acondicionado 1

Control e acople de alternadores 2 Soldadura eléctrica para mantemento a bordo 4

Embarcacións de supervivencia e botes de rescate (non rápidos)

30 Transporte de mercadorías perigosas en bultos 2

Familiarización en buques tanque 10 TOTAL 203

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos do Ministerio de Trabajo e Inmigración.

Fai anos existía no Pacto, concretamente no concello de Riveira, unha Escola de Formación

do ISM. Entre os cursos da escola que, ademais, contaba cun horario amplo que se adaptaba ás

necesidades da xente do sector (de 9:00 a 23:00) estaban: Patrón costeiro polivalente, Patrón local de pesca, Competencia de mariñeiro, Mariñeiro de ponte, Mariñeiro de máquinas, Supervivencia no mar e contraincendios, Formación sanitaria específica, Soldadura eléctrica, Neumohidráulica, Cociñeiro de buques e Frigorista de instalacións mercantes e pesqueiras.

O peche da Escola de formación do ISM, co traspaso de competencias deste

organismo á Xunta de Galicia no 2006, provocou que algunha da formación que acollía deixase de impartirse na zona, quedando outra cuberta pola Escola Náutico–Pesqueira e polas unidades móbiles que se trasladan á zona.

Ás veces, as direccións provinciais poden realizar cursos nas Casas do Mar se contan con

aulas homologadas.

- 29 -

O tema da formación no ámbito pesqueiro é moi heteroxéneo, polo cal faremos resumiremos brevemente os recursos máis representativos para a zona:

� Por unha banda, están os centros da Consellería do Mar, un dos cales está situado no Pacto:

CENTROS DE FORMACIÓN (Consellería do Mar)

NOME DO CENTRO SITUACIÓN

IGAFA: Instituto Galego de Formación en Acuicultura Illa de Arousa - Pontevedra

Instituto Politécnico Marítimo - Pesqueiro do Atlántico Vigo - Pontevedra

Escola Oficial Náutico - Pesqueira de Ferrol Ferrol - A Coruña

Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol (pertencente á Escola) Ferrol - A Coruña

Escola Oficial Náutico - Pesqueira de Riveira Riveira - A Coruña

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos da Consellería do Mar.

� IGAFA: é o único centro da nosa Comunidade Autónoma que actualmente imparte formación profesional de acuicultura e mergullo. Os ciclos que oferta están recollidos na táboa do apartado dedicado á formación profesional regrada: dous ciclos medios Mergullo de media profundidade e Operacións de cultivo acuícola e un ciclo superior de Produción acuícola.

As súas instalacións son tamén usadas para impartir cursos da Consellería do Mar e para a

realización dos exames para o goberno de embarcacións de lecer. � Instituto Politécnico Marítimo - Pesqueiro do Atlántico: dirixido á formación integral das tripulacións dos barcos pesqueiros de altura, de litoral e de cabotaxe, tanto na sección de ponte como na de máquinas.

Entre a súa oferta formativa están os seguintes ciclos formativos: Operación, control e

mantemento de máquinas e instalacións do buque, Pesca e transporte marítimo, Navegación, pesca e transporte marítimo, Supervisión, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque, os dous primeiros de grao medio e os outros de grao superior.

Imparte tamén cursos profesionais da Mariña Mercante (Capitán de pesca, Mecánico naval e

Patrón costeiro polivalente) e, ao igual que o resto de centros de formación da Consellería do Mar, tamén realiza exames para a obtención de titulacións para o manexo de embarcacións de lecer.

Conta cunha Aula de Formación Sanitaria, posta en funcionamento recentemente co

obxectivo de dar a formación adecuada segundo os estándares do IMO aos mandos dos buques pesqueiros e mercantes de Galicia.

� Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Riveira: como se expuxo con anterioridade, imparte ciclos da Formación Profesional Regrada e funciona tamén como centro homologado para impartir formación conducente a titulacións profesionais da Mariña Mercante.

Ademais, as súas instalacións tamén son usadas para impartir cursos da Consellería do Mar,

solicitados por confrarías, asociacións… e para a realización dos exames para o goberno de embarcacións de recreo.

- 30 -

� Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol: Acolle tanto oferta de FP regrada como de FP para o emprego.

Nela impártense dous ciclos formativos de grao superior: Navegación, pesca e transporte marítimo e Supervisión, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque, así como formación para a obtención de titulacións da Mariña Mercante: Mariñeiro de Ponte, Mariñeiro de Máquinas e Patrón Portuario.

Tamén acolle cursos da Consellería do Mar: Patrón Local de Pesca, Patrón Costeiro Polivalente

e Mariñeiro Pescador. Poden acceder tanto persoas desempregadas como ocupadas, aínda que normalmente son

persoas en activo que aproveitan o período de descanso para completar a formación. Tamén é un dos centros nos que se realizan os exames para a obtención de titulacións

para o goberno de embarcacións de lecer (PER, PNB e Patrón de Iate).

� Aula de Seguridade, Supervivencia e Loita contra incendios, única existente deste tipo en Galicia, creada para reducir a sinistralidade laboral no sector do mar.

Conta con tres seccións equipadas co material necesario para aprender o control de

avarías, medidas contraincendios, supervivencia, salvamento e primeiros auxilios.

� Tamén hai empresas homologadas que imparten formación para o sector do mar na zona do Pacto, entre as que destacan Salvacon e Enproga:

- Salvacon: aínda que é unha empresa privada non realiza practicamente cursos a nivel privado, xa que resulta moi complicado conseguir o número mínimo de alumnos/as. Por iso, traballa fundamentalmente para Confrarías, Sindicatos ou Empresas que contratan os seus servizos trala concesión das subvencións para a formación.

Imparten formación variada, contando con homologación tanto para cursos do ISM (de formación sanitaria específica inicial e avanzada) como da Mariña Mercante. Así mesmo, tamén contan con cursos non homologados, pero de interese para o sector do mar: Inglés técnico para o sector do mar, Teledetección de túnidos, BTM…

Case sempre imparten os cursos por medio das unidades móbiles que poden desprazarse a

calquera punto de España e, en ocasións, en locais das entidades contratantes (Por exemplo, en cursos que non precisan prácticas).

Entre os cursos máis solicitados están o de Formación básica e o de SMSSM.

- Enproga: dispón de instalacións fixas e móbiles para poder desprazarse aos distintos lugares onde se require a formación.

Contan tamén cunha ampla variedade de cursos e con homologacións do Ministerio de Fomento e da Office of the Maritime Administrator da Republic of the Mashalls Islands.

� Centros de Formación do ISM:

Bamio: é tamén un centro con homologación para impartir as titulacións da Mariña

Mercante e tamén cursos do ISM. Os máis demandados son os cursos homologados, pero tamén outros que favorecen que a persoa mellore a súa cualificación.

- 31 -

O ISM tamén dispón de locais nas Casas do Mar situadas nas distintas localidades costeiras, nas que pode realizar cursos se contan coas condicións adecuadas para desenvolvelos.

� Finalmente, diferentes asociacións da zona, como as Confrarías de Pescadores ou os Sindicatos tamén xestionan formación, para o que contratan a empresas privadas con homologación (Por exemplo Salvacon ou Enproga), ou utilizan os centros e recursos da Consellería do Mar.

Para completar este estudo decidiuse entrar en contacto coas Asociacións Sindicais e a

oficina Local do ISM para recoller as impresións e demandas que, como coñecedoras da situación, teñen ao respecto da formación para o sector do mar.

A análise das enquisas realizadas achéganos os seguintes datos, que recollemos de forma

sintética: Todas as persoas enquisadas coinciden de forma unánime na necesidade de incrementar a

oferta formativa, debido á gran demanda existente por parte da poboación. Os cursos máis demandados entre o 2008 e o 2009 foron: Buques de pasaxe ro-ro,

formación básica, buques petroleiros, buques gaseiros, buques quimiqueiros, mariñeiro de ponte e máquinas, embarcacións de supervivencia e botes de rescate rápidos, contraincendios… e outros como competencia de mariñeiro ou sanidade marítima, moitos dos cales son obrigatorios para o traballo no sector.

Respecto a aqueles cursos con demanda, pero sen oferta, sinálanse algúns como

mergullador, e outros dos que é insuficiente, como: formación básica, buques petroleiros, gaseiros, quimiqueiros… e os sinalados anteriormente como máis demandados.

Por outra banda e, como especialidades que sería de interese incluír dentro da Formación

Profesional Ocupacional estarían : Formación básica, buques ro-ro, pescador de baixura, pescador de litoral, redeira, confección e mantemento de artes e aparellos, e outros como: sanidade marítima, GMDSS, competencia de mariñeiro, mariñeiro de ponte e de máquinas, buques gaseiros, petroleiros e quimiqueiros, sanidade marítima, contraincendios-supervivencia…

En xeral, considérase que, aínda que a oferta formativa é adecuada, é insuficiente, sendo

necesario impartir máis cursos de : formación básica, mergullador, redeira, mariñeiro de ponte, mariñeiro de máquinas, buques ro-ro, avanzado en loita contraincendios, botes de rescate rápidos, botes de rescate non rápidos, buques petroleiros, buques quimiqueiros, buques gaseiros… así como toda aquela formación esixida para exercer a actividade de mariñeiro nas distintas flotas. Ademais disto, non existe formación voluntaria específica para algunhas especialidades.

A maioría das persoas enquisadas coinciden na necesidade de novos equipamentos para a

formación do sector do mar, entre os que podería estar, algún centro especializado para a realización dos cursos, ou na habilitación dos xa existentes (pex. A Escola Oficial de Formación Náutico-Pesqueira). Alúdese así mesmo, á homologación de aulas para impartir formación dirixida prioritariamente a persoas desempregadas.

Finalmente, coméntanse unha serie de dificultades coas que se atopa a formación para o

sector do mar:

- 32 -

Un dos principais problemas atopados reside nos requisitos esixidos para a realización dos cursos, que en moitas ocasións resulta difícil cumprir para as persoas interesadas. Neste sentido, moitos dos cursos están dirixidos a traballadores en activo e de alta no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, feito que dificulta, por unha banda, o acceso a aquelas persoas que queren traballar por primeira vez no sector e, por outra, aos traballadores en activo, xa que, en moitos casos, cando están desembarcados e poderían facer os cursos, non poden ao estar de baixa na empresa. Unha das dificultades sinaladas é tamén a propia dispoñibilidade dos traballadores, principalmente no sector pesqueiro.

Xunto con isto, as empresas non acostuman a promocionar a formación (reticencia á

concesión dos permisos), o que suma outra dificultade para que os traballadores poidan acceder á mesma.

Por outra parte, tamén se sinala a inexistencia de oferta por parte da Administración

dentro da formación dirixida prioritariamente a persoas desempregadas en relación ao sector do mar, así como de aulas homologadas para impartila, feito xa remarcado na análise da formación existente no Pacto e que vén demandando tamén o persoal orientador e axentes de emprego e desenvolvemento local da zona.

Así mesmo, tamén se fai mención á falta de financiamento para a formación non regrada e

puntualmente, á falta de alumnado, debido á grande mobilidade dos mariñeiros, o que implica que cando o curso se pon en marcha é posible que xa estea embarcado.

Para mellorar a situación reclámanse medidas como: unha maior flexibilidade nas

condicións de acceso aos cursos (abertos tanto a parados como activos e persoas doutros sectores, o que implicaría modificar a normativa da formación de activos), unha maior coordinación entre as organizacións relacionadas co sector do mar, unha implicación real das empresas na formación dos seus traballadores, maior equipamento e/ou maior aproveitamento dos recursos existentes ou maior financiamento para a formación non regrada. Así mesmo, considérase necesario centralizar a oferta existente, de forma que esta estea en relación á demanda real dos cursos, incrementando a oferta daqueles máis demandados e dando preferencia aos cursos básicos para exercer a actividade.

- 33 -

- 34 -

6. Conclusións finais � O sector do mar ten unha especial relevancia na zona do Pacto, derivada tanto da importante flota pesqueira como da facturación en lonxa, atopándose a metade das lonxas do Pacto entre as máis importantes de Galicia en canto a cantidade e importe. No sector da acuicultura tamén ten un posto destacable, sobre todo no que ao cultivo de mexillón se refire, concentrando un dos concellos do Pacto a maior porcentaxe en cantidade e importe de vendas do mexillón de toda a Comunidade Autónoma. � Aínda que as afiliacións ao Réxime Especial do Mar descenden, seguen contando cun importante peso tanto no conxunto de Galicia como do Estado. � En canto ao paro, este experimenta unha lixeira baixada nos últimos anos na sección Pesca, aínda que se incrementa se temos en conta os grupos ocupacionais. Con todo, entre as ocupacións con decrecemento sostido do paro nos concellos do Pacto están algunhas ligadas ao sector do mar.

� Os datos de contratación achegan valores positivos para este sector, o que segue a corroborar, xunto cos datos do informe de Saídas Profesionais Comarcais que elabora o Instituto Galego das Cualificacións, a potencialidade do sector pesqueiro e a necesidade de mellorar e destinar máis recursos á formación. � Na análise da formación, encontramos que o IGAFA concentra os ciclos de mergullo e acuicultura de toda Galicia, a pesares de que a acuicultura tamén ten unha gran relevancia na zona do Pacto. Tampouco no Pacto existe oferta formativa en mergullo, pese a que existe demanda dos mesmos por parte da poboación. � Hai que destacar o feito de que non existe oferta dentro da formación dirixida prioritariamente a traballadores/as en situación de desemprego (AFD) e a maioría dos cursos están dirixidos a traballadores/as en activo, co requisito engadido de estar de alta no REM, o que dificulta o acceso aos mesmos. Neste sentido, sería importante flexibilizar os requisitos, para que toda persoa interesada en formarse ou completar a súa formación para o traballo no sector do mar tivese a oportunidade de facelo. � É necesario incrementar a oferta formativa, que, aínda que adecuada, é insuficiente. � Tamén sería necesario contar con novos equipamentos para impartir esta formación ou habilitar algún dos xa existentes (pex. A Escola Oficial de Formación Náutico-Pesqueira). Do mesmo xeito, sería preciso contar con aulas homologadas para impartir formación relacionada co sector marítimo-pesqueiro, dentro da formación dirixida prioritariamente a persoas desempregadas. � En xeral, a mellora da formación para o sector pasaría por medidas como: flexibilizar as condicións de acceso aos cursos, conseguir unha maior coordinación entre as organizacións do sector, mellorar a implicación das empresas na formación dos/as traballadores/as, mellorar o aproveitamento dos recursos existentes e/ou construír novas instalacións, incrementar o número de cursos, sobre todo daqueles máis demandados e básicos para exercer a actividade no mar, ou centralizar a oferta formativa, entre outras.

- 35 -

7. Outras consideracións

Suxestións para desenvolver un Plan de Acción para a mellora da cualificación no sector pesqueiro no ámbito do Pacto Territorial de Emprego Barbanza-Noia

En base ao estudo realizado, achegamos unha serie de propostas que poderían tomarse en consideración de cara á mellora da oferta formativa, a optimización dos recursos e o avance no desenvolvemento do sector:

1. Establecer unha mesa de diálogo social no ámbito do Pacto Territorial na que participasen Confrarías de Pescadores, Organizacións Sindicais e Empresariais, así como a Administración Pública, dirixida á elaboración dunha estratexia para a mellora da formación profesional do sector.

2. A citada estratexia a elaborar tería como obxectivos:

a) Establecer unha canle de información e diálogo sobre as necesidades de formación

no sector.

b) Consensuar unha fórmula para coordinar e unificar a información sobre a demanda de formación no sector.

c) Estudar e propor modos de optimización de equipamentos existentes e a posible

creación doutros que se considerasen precisos para a diversificación e ampliación da oferta formativa.

d) Buscar fórmulas e propor modos innovadores para mellorar a accesibilidade á

formación, especialmente para persoas desempregadas, pero tamén para aqueles/as traballadores/as do mar que demandasen a posibilidade de maior cualificación.

- 36 -

Unidade de Promoción e Desenvolvemento Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego do

Barbanza-Noia

Equipo Técnico:

Santiago Páramo Aller

Director

Beatriz Pérez Rey

Técnica en Prospección e Análise do Mercado de Traballo

Sandra Pérez González

Técnica en Emprendemento e Promoción do Emprego

Carolina Pampín Pérez

Técnica en Orientación e Mellora da Empregabilidade

Carmen Paz Brión

Persoal de Apoio

Xaneiro 2010

- 37 -

ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL DE

EMPREGO DO BARBANZA-NOIA