.
“LIBRO DA NOSA
FANTASÍA”
Escrita libre
com fondo
musical
Lémbrome
Non me lembro
Gostame
Non me gosta
Lipograma
Tautograma
S+7
Con fondo musical
Escrita libre
Procedemento: a profe púxonos música e pediunos que
escribiramos o que nos inspirara, que puxeramos os nosos
sentimentos. .
Escoitamos distintos tipos de música: de terror (de distintas
películas), as catro estacións de Vivaldi, música eclesiástica e
despois escollimos nós unha.
Tamén acompañamos a escrita con algúns debuxos e con imaxes
que buscamos na internet.
Aquí vos poñemos algún dos nosos traballos:
MÚSICA DE TERROR
Nunha caixa
Un sentimento de rabia
Contido nunha caixa
Sen chave nen pechadura,
Que é aquilo que vexo ,
Unha loucura? ou unha dúbida
Todos a unha para encontrar
a pechadura.
O ferreiro fixo a chave
e todo quedou nunha nave.(Carlos)
Alumn@s de 5º primaria do C.E.I.P. A PONTE
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA” Páxina 2 de 11
Ogros,monstruos e pantasmas
todo é mentira
porque non existe nada deso na vida.
Películas de medo
nada é real
porque todo é un efecto especial.
¡Ai Xesus! ¡Que berros!
parece que estivera
nun inferno. (Andrea G)
AS CATRO ESTACIÓNS DE VIVALDI
Cando a música de Vivaldi escoito,
sinto que chega a primavera ,
leda como unha bolboreta
voando libre polo ceo .
Os paxariños cantan
nos seus niños , fermosos trinos.
Os campos florecen
coma coloridas alfombras.
As árbores recuperan as súas follas,
vístense con bonitos vestidos verdes.
O ceo é un gran mar en calma.
¡Gústame a primavera!
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 3 de 11
Páxina 3 de 11
Indo polos campo
cheos de ledicia.
Cun violín que toca,
ata que a música atopa.
Tristura, ledicia
algo bon para as noticias.
A furia necesaria
para encontrar a alguén,
que che axuda a quitarche a tristura.
Música, sentimentos
algo que está en movemento.
Natureza. (Santi)
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA” Páxina 4 de 11
MÚSICA ECLESIÁSTICA
Estos cantos
danme tanta tristeza
que me doe a cabeza.
Síntome coma si estivera
nadando sen parar
dentro dunha peceira.
Invádeme a morriña
coma si vivira
lonxe da miña terriña.
Inmortal
A morte é apacible,
pero eu son inmortal.
Cando a vida me chama cara alá,
vou correndo sen parar.
Non son igual que un mortal,
eu non morro porque son inmortal.
Cando acaba unha vida,
a persoa xa non ten saída. (Carlos)
MÚSICA LIBRE
Waka waka(isto é África)
Moito fútbol en África,
xogando e cantando o waka waka.
Goles, paradas e moitas xogadas máis,
para que as disfrutes cos teus pais.
Isto é África e pasarémolo ben,
vas disfrutar así que, ven.
O mundial acabou (Victor)
e a todos felices deixou.
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 5 de 11
Páxina 5 de 11
Procedemento: Aquí tiñamos que escribir sobre cousas que lembrábamos de
cando eramos máis pequenos. Despois foi o que non lembrabamos, o que nos
gostaba, o que non…
Lémbrome
Lémbrome de cando caín da bici.
Lémbrome de cando rompín o brazo.
Lémbrome de cando morreu o meu pai. (Yeray
Lémbrome do cheiro da papilla do meu irmán.
Lémbrome das miñas bonecas.
Lémbrome da viaxe das vacacións.(Andrea)
Lémbrome do día que fomos ao chino.
Lémbrome do baile de fin de curso.
Lémbrome do meu primeiro cabalo. (Jenni)
Lémbrome de cando me castigou a miña nai,
Lémbrome de cando se mancou o meu irmán,
Lémbrome de cando o avó foi ao hospital (Fani)
Lémbrome do cruceiro que nos pagou o avó
Lémbrome de cando fomos esquiar,
Lémbrome da miña festa de cumpleanos (Andrés)
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA” Páxina 6 de 11
Non me lembro de cando aprendín a ler.
Non me lembro de cando empecei a escola.
Non me lembro de cando era pequeno.
Non me lembro da nai do meu pai
Non me lembro de cando me quitaron as anginas.
Non me lembro
Góstame xogar ao fútbol,
Góstame o Barça
Góstame o xogo de Villa (Santi)
Góstame bailar coas amigas,
Góstanme as festas,
Góstame xogar coa play. (Rocío)
Góstame a fotografía.
Góstame ler cómics (Carlos)
Góstame ---- Non me gosta
Non me gostan os deberes
Non me gosta estudar
Non me gosta traballar
Non me gosta tocar a frauta (Rubén)
Non me gosta o parte
Non me gosta ler
Non me gosta perder ao fútbol (Alberto)
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 7 de 11
Páxina 7 de 11
Lipograma
Isto é coma unha “liposucción”. Nós iamos quitar letras no canto de graxa;
empezamos a facer a actividade de xeito colectivo.
Foi primeiro que faltase unha consoante porque é moito máis sinxelo, logo unha
vogal e para rematar dúas vogais.
B
O ordenador estropeouse ata mañá pola mañá. Aurora usou o
diccionario para aprender frases novas e estudar Lingua Castelá. O
ordenador arreglouse e quedamos felices. (Victor)
Paulo meteu un golazo por toda a escuadra. Despois foi á casa dun
amigo a xogar á <<play station 3 e á <<wi>>. A Paulo metéronlle 5
goles e ao seu amigo Pedro 8 goles na play. (Santi)
Hoxe levanteime cedo para ir ao catecismo. Despois de almorzar
alí. Á tardiña xoguei co tractor e o remolque onde carguei a comida
das vacas (Yeray)
E
Antón camiña chupando unha bola salgada. Traballando duro
chupa outra bola con sal amarga. Mira unnas margaridas laranxas
chupando outra bola azul. (Victor)
Ana non fixo os traballos das cancións. Logo castigárona un ano.
Ana ficou chorando na porta da casa mirando o libro da misa.
(Santi)
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 8 de 11 “LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
E Cando xogo ás canicas coas miñas amigas na miña casa, logo nos pasa o día.
Rimos moito xuntas coa miña irmá, a máis cabrita; logo toca a frauta ainda non
moi mal-. Rimos cando a miña irmá toca a frauta, pois fai moita graza. Logo
xogamos ao parchís; cando gaña a miña irmá non paramos de rir (Andrea)
Un día pola tarde, Marcos andaba cazando corzos ao lado da miña casa. Cando
ía marchar, non sabía o camino. Cada minuto ía máis calor, máis calor…Xa
canso das voltas, tirou a mochila ao chan, non podía máis!!
Saíu na súa busca o tío Antonio, camiñou ata cansar. Por fin, ao cabo dunhas
horiñas atopouno!! (Laura)
I
O sábado fun á casa de Encarna, xogamos a un xogo de coches coa PSP
UO Ana atada estaba a Clara
da mañá ata a tarde
na cabaña da cascada
na cascada da baixada (Ángela)
BE
Cuarto ao marcar un gol co marcador a catro; con pouca vista apunta, tira,
marca, gooooooooool (Carlos)
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 9 de 11
Páxina 9 de 11
Tautograma
(Condición que tiñan que aparecer provincias ou comunidades españolas)
Susana sorriu satisfeita , sabendo setenta solucións segredas sen sentido. Sempre
soñou ser SUSANA.
Alberto anda acalourado ata Albacete, alí acompaña a Andrés ata Ávila. A avioneta
achégase a Ávila. Ávila autoriza a aterrizaxe á avioneta.
Andrea abandonou Andalucía andando ata Arteixo, alí agachándose avistou a águia.
(Andrea L.)
(Condición era que aparecerá un verbo de cada conxugación)
Para poder parpadear podo pedir parecer pouco privado por pasar por parva
pensando parecer pouco pesada. (Penelope)
(Condición era que aparecerán nomes propios de persoa)
Carlos camiñaba cantando contento,
Carme cavilaba contenta,
Carlos con Carme, camiñan co colacao
Comendo continuamen Carlos con Carme.
Carlos con Carme cantando cavilando
Carlos canta, Carme cavila. (Andrea G)
Despois de discutir durante dous días, doce duendes de Dinamarca decidiron dividirse
dúas docenas de diamantes de Darío Durán. Darío, despois de descubrilo dixo:
¡Devolvédemelos! Despois de dous días decidiu denuncialos. Dez duendes
desilusionados devolveron diamantes. Despois de decembro, desilusionados de
devolvelos descubriron duascentas docenas de dólares. Despilfarraron durante doce
días. (Laura)
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 10 de 11 “LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Redacción alfabética
Procedemento: Primeiro fixemos unha redacción todos xuntos. Logo fixémolas
todos.
Ana bailaba con Dionisio, entón Felipe garboso hidratou indebidamente longas
macetas no oco pequeno que rezumaba salitre tostada ulindo viño xoven
zorregado. (Carlos)
Antes buscaba cabalos domados e famélicos. Garañóns hábiles invadían
lugares movidos na orixinal parroquia queimada recentemente sen ter unha
veiga xenial zarzallada. (Iago)
S +7
Procedemento: Foi cando mais usamos o dicionário.
*Ana saiu de compras cara o centro comercial e comprou unhas zapatillas de
coiro
Ana saiu de compresa cara a cepa comercial e comprou unha zaranda de col.
(Victor)
*Imos dicir a verdade, non vale dicir mentira que o nariz lle medre a quen verdade
non diga.
Polo mar vai un teixugo, polo monte unha sardiña e vai polo río Louro unha lura en
zapatillas.
Polo maratón vai un telégrafo pola moqueta unha saúde e vai polo riso Louro
unha luz en zarzallos.
“LIBRO DA NOSA FANTASÍA”
Páxina 11 de 11
Páxina 11 de 11
Imos dicir a vergoña, non vale dicir mercadoría que inda a natación lle medre a quen
vergonza non diga.
Polo maratón vai un telégrafo, polo moqueta unha saúde e vai polo riso Louro unha
luza en zarzallas.
Polo maratón vai un telégrafo pola moqueta unha saúde e vai polo riso Louro unha
luz en zarzallos. (Alberto)
Había unha vez dúas vilas gobernadas por dous alcaldes moi brutáns.: Paulo Estaca
e Pedro Garrote. De cativos non foran á escola e é moi posible que chegasen a ser
tan brutáns. Estaban tan atarefados coas estatuas e os palacios que non se
ocupaban de facer escolas.
Había unha vez dúas viandantes gobernadas por dous alces moi brutáns.: Paulo
Estaca e Pedro Garrote. De caudillos non foran á escolopendra e é moi posible que
chegasen a ser tan brutáns. Estaban tan atarefados coas estelas e os paláns que
non se ocupaban de facer escolopendras. (Santi)
Top Related