Lois Pereiro
17 de maio de 2011
Día das Letras Galegas
Naceu en Monforte de Lemos, en 1958de familia procedente do Incio.
Estudou no colexio dos Escolapios,e comezou a escribir con 15 anos.
Tras rematar o COU marchou a Madrid,onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía.
CAR CRASH
A sombra deste horror metalizado
escribirás os diálogos da morte
da cóxega homicida da memoria
no centro geométrico do choque
deixando a porta aberta a outras escenas
na emulsión dos meus ollos queimpresionan
imaxes de accidente e feridas.
Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar,adicada ao vidro,
regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá.
Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
NADA
Cun saúdo ó corpo
Á terra
e nada
déronlle terra estraña
á frol maldita
da súa peor imaxe
ó seu cadáver
en plena posesión do seu futuro
aduviñándose na súa pel
o alento envolto en seda dunha amante
presente na súa ausencia
as mans xeadas
un perfumo mortal
e outra vez nada.
Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña,onde se une á revista La Naval. Neste periodo
entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que
figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio
Valcárcel, participando en varias antoloxías coma De amor e
desamor (1984) e De amor e desamor II (1985),e colaborando
en revistas como La Naval, Trilateral, Anima+l e Luzes de
Galiza.Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta
Náufragos do Paradiso.
III
Namorado outra vez
do amor que levo dentro
a sede enfurecida dun futuro
esgotou as miñas alternativas
levándome dereito cara ó impacto;
un proxectil conxelado no aire
a poucos metros dun corazón frío
e agardo o menor signo de calor
para abrir a súa pel e entrar no sangue
vencido pola forza do desexo
cegamente e sen medo
ó posible desastre.
1983 e 1987 viaxou canda Fernando Saca por Europa.
Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe,
de cinema e, sobre todo, de televisión.
XIV(Contra a morte o amor que vai conmigo)
dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido a miñaa inexistencia
soñando nas túas noites
ou prorrogado en ti.
Publicou dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e
Poesía última de amor e enfermidade (1995).No 1996, ano da súa morte, saíu á luz Poemas para
unha Loia,que recolle obras da época madrileña, publicadas na
revista Loia,e que inclúe o ensaio Modesta proposición para
renunciar a
facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia,
publicado no nº 27 de Luzes de Galiza.
1859 a 1861
Olivanando sen gloria a liña destes rostrosdesperta a súa ialma maxinada
ó eixo dos escravos futuros señoríos
O escuro e incomprendido signo de belezaentra dende o corpo do meu doncel pasado.
Milleiros de segundos penduradosdo clima ensortellado
a primeira estación fría.cantas veces en presenza dun espello renegas
dos obxectos primordiais?
Ise marcado pracer groseiro e gris,feble, efémero.......
Canto das causas da morte de Pereiro,malia estar daquela enfermo de SIDA, foron un
cúmulo de doenzas que remataron cunha insuficiencia
hepática.Oficialmente e segundo unha sentenza da
Audiencia Provincial de Lugo, logo dun preito para que o Estado pagase o enterro,
o motivo do seu pasamento foi unha intoxicaciónpor aceite de colza desnaturalizado.
XVIII
Hai cousas para as que segue a ser únicacomo entrar na súa vida a sangue e ferro
en petición de axuda
E cando un se desfai por dentroesvaecido
só ela atende e cura esa emerxencia.
Ou convertir un destino impulsivonun erro pervertido
innecesario.
Nos últimos anos,víñase reivindicando a dedicación do día das
Letras Galegas a este poeta monfortino.No marco desa campaña sitúase unha reedición
da súa obra poética verquida ó castelán, catalán e vasco,
xunto cos textos orixinais en galego.
LEONORA EN CONFIDENCIA
Sabe que arbres de misterioretorcen os adultos predicando?
mollada a língoaen pincel negro,
iluminada escurece.
Descansa o díaen calma de arma branca
millor en ti,doncel profanadora
a boca mártir.preparada a estar máis soia.
Morreu na Coruña en 1996, e
Finalmente, o 26 de xuño de 2010a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o
Día das Letras Galegas do 2011.
DISPOIS DO TEMPO FRÍO
Dispois do tempo fríosabes que estamos perdidos
entre un poucode violencia.
As raíñas do corazón durmidono bosco escuro aínda se loita
e fora do mar area húmida
Co que alimentar a os nenosque tería contigo
se unha nube azul baixase á terra
pero dispois distoqueda o silencio
en guerra
Top Related