MEMORIA DE ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
2015-2016
1. INTRODUCCIÓN.
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias reuníase regularmente tódolos
primeiros martes de mes, para programar e organizar as actividades a realizar cada mes.
A principios de curso elaborouse un Plan Xeral de Actividades para traballar ao longo do
curso, que se desenvolveu na súa maioría e ampliouse con actividades que non estaban
programadas.
En xeral a valoración foi positiva, houbo unha gran implicación no centro nas actividades
propostas.
2. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS.
Actividades programadas dende o propio colexio para festexar días sinalados
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas escolares, do día 19 ao 27 de outubro dende a
biblioteca levouse a cabo unha serie de actividades no que os nenos e nenas de primaria exploraron as
distintas seccións da biblioteca seguindo unhas pistas que deixara Pepón (a mascota da biblio). Ese día
aproveitouse tamén para que os alumnos/as colleran o seu primeiro libro e comezouse a levar a mochila
viaxeira para casa.
HALLOWEEN – SAMAÍN
Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a festa de Halloween-Samaín cunha gran exposición de
manualidades na entrada do colexio feita con rolos de papel. Ademais este ano houbo un obradoiro
de maquillaxe para os nenos e nenas de Educación de Infantil realizado polos alumnos/as de 6º de
Educación Priamaria e un túnel do terror para os alumnos/as de 3º a 6º que tivo moito éxito.
Os mestres de inglés tamén prepararon o seu particular recuncho de Halloween con distintas
actividades realizadas dende o seu departamento como a elaboración de diversas manualidades
relacionadas co tema e un obradoiro de cociña terrorífica para os alumnos/as de 1º e 2º.
Dende o Equipo de Biblioteca tamén prepararon a ambientación da Biblioteca: fixeron unha
selección de contos de medo e proxectaron o video-conto “La leyenda del espantapájaros”.
MAGOSTO
A celebración do magosto tivo lugar o 11 de novembro. Pola mañá os alumnos e alumnas poideron
disfrutar dunha degustación de produtos típicos de outono e castañas asadas.
A continuación todos os nenos tiveron unha xornada de xogos populares organizada polos mestres de
Educación Física. Os xogos eran rotatorios e os alumnos/as cambiaban de xogo cada cinco minutos.
Dividiuse o patio en dúas zonas : unha para Educación Infantil e 1º e outra para o resto do alumnado de
Primaria.
Ademais este ano, a través da biblioteca organizouse un concurso de “caracastañas” onde os nenos/as
podían participar cun debuxo dun personaxe famoso “castañizado”.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro na hora de ler conmemorouse a Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Alumnos/as de 6º de Primaria “plantaron” a semente de reflexión nas aulas. Para iso contáronlles aos
distintos cursos o libro de Anthony Brown, “O libro dos porcos” e fixeron que os nenos e nenas
pensaran quen da súa casa era o que máis traballaba e se eles facían algo para colaborar nas distintas
tareas domésticas.
CELEBRACIÓN DO NADAL
Para celebrar a chegada do Nadal levouse a cabo as seguintes actividades:
- Concurso de postais de Nadal
- Videoconferencia con Papá Noel o 11 de decembro para os alumnos/as de 3 anos.
- Pequeno festival os días 15 e 16 de decembro coas actuacións do grupo de teatro, actuación
de pandeiretas, actuación do grupo de música “Little band” e a entrega de premios de postais
de nadal promovido polo Equipo de Biblioteca e Normalización Lingüística
- Función de teatro no Auditorio de Celanova o día 17 de decembro para disfrutar dunha obra
de teatro a cargo da Editorial Galaxia: “O espantallo amigo”
- Panxoliñas e visita de Papá Noel polas clases o día 18.
DÍA DA PAZ
O día da Paz celebrouse o 3 de febreiro , no que se organizou un acto no ximnasio onde mestres
e alumnos/as interpretaron a canción de paz de Bob Dylan “Blowin’ in the wind”.
Tamén os distintos cursos realizaron un traballo de investigación sobre distintos países e
continentes do mundo que foi exposto na entrada principal do colexio. Desta maneira
repartíronse os páises:
- Educación Infantil: México.
- 1º: África.
- 2º: Grecia
- 3º: EEUU
- 4º: Brasil.
- 5º: Exipto
- 6º: China.
ENTROIDO
O Entroido celebrouse o 5 de febreiro cunha chocolatada con churros e un desfile temático adicado
ao tema traballado no Día da Paz: “Os países do mundo”. Desta maneira cada curso disfrazouse cun
traxe típico do país sobre o que fixeran o seu traballo de investigación:
- Educación Infantil: Méxicanos.
- 1º: Áfricanos.
- 2º: Gregos
- 3º: Vaquieros e indios de América
- 4º: Brasileiros.
- 5º: Exiptos
- 6º: Chineses.
Ao final do desfile, todo o colexio, cantou e bailou a canción de Álvaro Soler “Bajo el mismo
sol”.
DÍA DA POESÍA
Para conmemorar o Día mundial da poesía levouse a cabo unha lectura de poemas de Manuel María
por megafonía por parte dalgúns alumnos/as de 5º. Os poemas escollidos foron: “Galicia”, “O
caracol”, “O meu burriño” e “O afiador”.
Ademais comezouse a elaborar un libro ilustrado dalgúns poemas de Manuel María. Cada curso
foille asignado un poema do poeta que tiñan que ilustrar e recitar.
- 3 anos A: “O caracol”
- 3 anos B: “O meu burriño”
- 4 anos A: “A lúa”
- 4 anos B: “O sol”
- 5 anos: “O arco da vella.
- 1ºA: “O cuco”.
- 1ºB: “Carballos”
- 2º: “O semáforo”
- 3ºA: “ O mar”
- 3ºB: “O carro”
- 4ºA: “O inverno”
- 4ºB: “O miño”
- 5º: “O afiador”
- 6ºA: “Galicia”
- 6ºB: “Poemiña para namorar unha rosa”
DO LIBRO
O Día do libro celebrouse o 22 de abril coa actividade “Apadriña a un lector” organizada polo
equipo da Biblioteca. Os nenos/as de 3º a 6º de Primaria léronlle un conto aos nenos de Educación
Infantil, 1º e 2º. Os libros escolléronnos días antes na Biblioteca tendo en conta a idade dos oíntes.
A verdade que resultou unha actividade preciosa porque a escola estaba chea de pequenos lectores
repartidos por tódolos recunchos do centro.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O 18 de maio celebrouse no Auditorio de Celanova o Día das Letras Galegas coas seguintes
actuacións:
- Obra de teatro “O elixir” por parte dos alumnos/as de teatro extraescolar.
- Pandeirada por parte do alumnado de pandeireta.
- Actuación musical do grupo Little band do colexio.
- Presentación da curtometraxe “Diamantes” por parte dos alumnos do obradoiro de
audiovisuais.
- Presentación do libro de teatro “Facendo teatro” elaborado polos alumnos/as de 5º e 6º para
os contratos-programa
- Proxección de varios vídeos curtos dos poemas de Manuel María e as súas ilustracións
recitados polos distintos cursos.
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Este ano para celebrar o fin de curso organizouse unhas xornadas de convivencia repartidas en tres
días:
- 14 de xuño: Infantil
- 15 de xuño: 1º, 2º e 3º.
- 16 de xuño: 4º, 5º e 6º.
As xornadas consistiron no seguinte:
- Obradoiro de cociña promocionando a pataca da Limia e a terneira galega.
- Recepción de pais de alumnos/as
- Función de monicreques titulada “Romeo e Xulieta: amor baixo dunha maceta” interpretada
plos alumnos/as de 4º de EP.
- Camiñata pola Carballeira de Santa María.
- Charla e exposición de aves rapaces na carballeira.
- Xogo medioambiental cun técnico forestal.
- Actividades con cabalos.
- Visita guiada polo colexio para visualizar proxectos e traballos realizados ao longo do curso.
- Jinkana en bicicleta.
- Comida campestre.
ACTO DE GRADUACIÓN DE 6º DE PRIMARIA.
O xoves 16 de xuño os alumnos/as de 6º de Primaria celebraron no salón de actos a súa despedida
onde se lles fixo entrega dun diploma, unha foto recordatoria e un libro de fichas de traballos feitas
ao longo do curso. Estiveron acompañados polos seus seus familiares e mestres.
ACTO DE GRADUACIÓN DE 5 ANOS.
O martes 21 de xuño tivo lugar no salón de actos do colexio a graduación dos alumnos/as de 5 anos
de Educación Infantil para celebrar o fin da súa etapa en Infantil e o seu paso a Primaria. Foi un
acto moi bonito e emotivo onde estiveron presentes os familires dos nenos/as e algúns dos mestres
que lles deran clases.
ACTIVIDADES DENTRO DA NOSA ESCOLA
CHARLAS
Durante todo o curso os alumnos disfrutaron das seguintes charlas:
- 10 de outubro: charla de primeiros auxilios para o alumnado de 5º e 6º, para as nais
encargadas de comedor e para os mestres.
- 14 de decembro: charla e clase de programación informática adaptada aos alumnos/as de 2º de
Primaria organizado polo CPEIG (Colexio Profesional de Enseñaría Informática de galicia).
- 27 de xaneiro: charla cos bombeiros de Celanova sobre como previr os incedios e simulacro de
evacuación no centro.
- 08 de marzo: charla sobre a igualdade para os alumnos/as de 5º e 6º impartida pola Cruz
Vermella.
- 18 de marzo: charlas medioambientais para o alumnado de 4º e 6º de Primaria.
- 06 de marzo: charla e exhibición de judo.
ANIMACIÓN Á LECTURA
- 21 de xaneiro: sesión de contacontos para o alumnado de 3º a 6º.
- 16 de marzo: sesión de contacontos para todo o colexio organizados pola ANPA.
- 08 de abril: sesión de contacontos para o alumnado de Primaria por cortesía da Editorial SM.
- 18 de abril: sesión de contacontos para o alumnado de Educación Infantil por cortesía da
Editorial Vicens Vives.
- 20 de abril: sesión de contacontos para o alumnado de 1º, 2º e 3º.
- 17 de xuño: sesión de contacontos para os alumnos/as de Educación Infantil.
Este ano ademais o Equipo da Biblioteca organizou unhas xornadas de contacontos para promover a
animación á lectura:
- Xornadas de Kamishiabi: onde os voluntarios da biblioteca agasallaron aos seus compañeiros
sesións de contos co teatrillo xaponés, kamishibai. Os contos elexidos foron: “O gato con botas”
e “por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?”
- Visitas das Coelerni-exploradoras: alumnas de 6º a través dun sorteo cada venres líanlle aos
nenos afortunados un libro na biblioteca o luns na hora de ler.
- Xornadas de contacontos: alumnos/as de 6º escollían e interpretaban un libro para os máis
peques do colexio. Entre os libro interpretados están: “O seis barbudos”, “O valente coello que
quiso soñar”, “Bola de manteiga” e “O soño de Esther”.
TEATRO
- 30 de septembro: actuación teatral no Auditorio de Celanova a cargo do grupo de teatro
Sarabela.
- 17 de decembro: función de teatro no Auditorio de Celanova a cargo da Editorial Galaxia e a
súa obra “O espantallo amigo”
- 20 de maio: participación dos alumnos de teatro extraescolar no festival de teatro de Bande coa
obra “O elixir”.
- 14, 15 e 16 de xuño: función de monicreques “Romeo e Xulieta: amor baixo duna maceta”
interpretada polos alumnos/as de 4º de EP.
COORDINADORA COMARCAL
Os alumnos/as dos centros da coordinadora comarcal de dinamización lingüística Terras de
Celanova-Baixa Limia participaron ao longo do curso levando a cabo diferentes actividades:
- Elaboración dun almanaque tendo en conta a paisaxe da contorna vista dende un punto de
vista romántico.
- Exposición de traballos sobre o romanticismo na paisaxe.
- Encontro pola normalización lingüística na comarca.
OBRADOIRO DE COCIÑA
Os días 14, 15 e 16 de xuño os alumnos de todo o colexio participaron nun obradoiro de cociña co
motivo de celebrar o fin de curso. Foi levado a cabo polo pai de Roque de 5 anos e os seus pinches
de cociña. O nenos disfrutaron dunha mañá rodeada de produtos de orixe galega e poideron facer
creacións como:
- Croqueta de queixo rebozada con pataca fritida.
- Trufa de chocolate blanco e pataca fritida.
- Mini pizzas.
- Brochetas de froita con smoothie.
- Mini hamburguesas
- Pepitos
PROXECTOS
PROXECTO VOZ NATURA
A través de Voz natura continuouse coa posta en valor da carballeira de Santa María.
Durante o curso realizouse as seguintes actividades:
Charlas de concienciación medioambiental
Creación dun sistema acuático.
Preparación e limpeza de sendeiros.
Limpeza de futura área de actividades.
Ampliación e acondicionamento de dous sectores da carballeira.
Identificación de árbores da carballeira: carballos, piñeiros, nogueiras, castiñeiros...
Produción da composteira: restos orgánicos, herba, terra e caliza agrícola.
Recoñecemento de pegadas de animais que frecuentan este ecosistema como é o raposo.
Aprendizaxe na medición das árbores: diámetro, tronco, altura, anos..
Plantación de árbores
Panel informativo
Clases na natureza en lugar de na aula
Actividade de mapa do tesouro: un paseo cun xogo con pistas divertidas sobre a natureza e a
utlilización dun compás.
Charla sobre prevención de incendios e manexo de mangueira.
CONCURSOS
Este ano os alumnos e alumnas participaron nos seguintes concursos:
- Concurso da Constitución Española.
- Concurso de Pintura rural Infantil de Fertiberia.
- Concurso de panxoliñas de Celanova.
- Concurso de poesía, debuxo e narración de San Rosendo
SAÍDAS
VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL
O 11 de decembro os nenos/as de 3 anos de Educación Infantil asistiron á aula CEMIT no concello
de Celanova a falar con Papá Noel vía videoconferencia a facerlle as súas peticións de agasallos.
XERMOLIÑO
O 7 de abril os alumnos/as de 6º de EP acudiron ao polideportivo de Celanova para realizar
actividades de hábitos saúdables en convivencia con alumnos doutros centros.
XUNTANZA CURROS
O 24 de maio tivo lugar a xuntanza de Curros en Celanova. Os alumnos/as de 5º de Primaria
reuníronse con nenos/as doutros colexios a realizar activiades organizadas pola Fundación Curros
Enríquez. As actividades realizadas foron as seguintes:
- Concerto de órgano no mosteiro de Celanova.
- Visita á Carballeira de Santa Cruz.
- Comida campestre.
- Función de teatro.
- Visita a Vilanova.
XUNTANZA
O 30 de maio os alumnos/as de 6º acudiron a unha xornada de convivencia dos centros da comarcal
de galego.
CONCERTOS DIDACTICOS
O 21 de xuño os alumnos/as dende os 2º ata 6º asistiron aos concertos didácticos no AMIC
organizado pola Escola de Música de Celanova. Alí os nenos e nenas poideron disfrutar de pezas
musicais sacadas de bandas sonoras de distintas películas así como bailar e cantar a cancíons
coñecidas tocadas pola mesma banda. Tamén houbo algunha participación por parte dalgúns
nenos/as do noso colexio.
SAÍDAS AO AUDITORIO
Durante todo o curso os alumnos/as poideron disfrutar de varias actuacións musicais e pezas teatrais
no Auditorio Municipal de Ourense. Os espectáculos vistos este ano foron os seguintes:
- 4 e 5 anos: Obra de teatro “Aurora”
- Todo Infantil: Actuación musical a cargo de Mamá Cabra
- 1º e 2º: Musical “Rodarirrodari”
- 3º e 4º: Actuación musical “Cousas de catro” polo grupo Odaiko.
- 4º e 5º: Obra de teatro en inglés “Alice”
DEPORTE ESCOLAR
CROSS DE MUÍÑOS
O 01 de decembro os alumnos/as dende 2º ata 6º acudiron a Muíños a participar na fase
clasificatorio do cross comarcal de Muíños.
XOGOS POPULARES
O 03 e 10 de decembro os alumnos/as de 6º de EP participaron nunhas sesións de xogos populares
no patio do colexio.
CAMPO A TRAVÉS
O 06 de marzo tivo lugar a final de campo a través onde participaron os alumnos/as que se
clasificaron no Cross de Muiños.
DUATHLÓN
O 10 e 24 de abril, alumnos/as do noso colexio participaron na proba clasificatoria e final de
duatlón en Maceda e en Maside do programa "Xogade" de Duathlón Escolar 2015.
BADMINTÓN
O 10 de maio o equipo de badmintón do colexio participou no campionato comarcal en Ramirás.
SEMANA DA BICI
Do 07 ao 10 de xuño os alumnos/as dende 3º a 6º participaron nas xornadas de bicicleta oranizada
no colexio.
EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO
O último gran reto das actividades son as Viaxes de Fin de Curso, que este ano quedaron da
seguinte maneira:
3 anos……………...A Chaira de Amoroz (09 de xuño)
4 anos……………...A Chaira de Amoroz (08 de xuño)
5 anos……………...A Chaira de Amoroz (10 de xuño)
1º anos……………..A Chaira de Amoroz (02 de xuño)
2º anos……………..A Chaira de Amoroz (01 de xuño)
3º ......................................Vigo: visita ao aeroporto, visita ao zoo, paseo en ferry a Cangas (21 de
xuño)
4º………………………....A Coruña: Visita ao Domus, visita ao acuario e ruta por A Coruña (04 de
xuño)
5º…………………………Visita ás bodegas Viña Costeira, mini golf en Laias, actividades
acuatícas en Castrelo de Miño (08 de xuño)
6º………………………… Excursión a Manzaneda do 18 ao 20 de xaneiro / Excursión ao
Ecoparque en Marín (06 de xuño)
Os gañadores do certamen de panxoliñas de Celanova xunto cos gañadores do concurso de San
Rosendo foron de excursión a Ourense o 04 de maio onde visitaron as termas de Outariz, comeron
nunha hamburguesería e disfrutaron dunha película no cine.
TODAS AS ACTIVIDADES ESTAN COLGADAS NA PAXINA DO COLE
http://centros.edu.xunta.es/ceipcurrosenriquez.celanova
3. VALORACIÓN.
En xeral, amosámonos moi satisfeitos co desenvolvemento do Proxecto de Actividades
Extraescolares e Complementarias, pois superou as nosas expectativas;fixemos máis actividades das
previstas, e as poucas que non fixemos, foron suplidas por outras de maior interese.
Houbo unha gran participación de mestres e alumnos/as nas actividades propostas, así como unha
gran colaboración por parte dos pais e do concello.
Destacar tamén a páxina web do centro como medio de información cara as familias de todas as
actividades programadas por meses.
As propostas de actuación de mellora cara o vindeiro ano céntranse principalmente en realizar máis
actividades que fomenten a lectura e o mellor aproveitamento e uso das novas tecnoloxías e
recursos audiovisuais, e como non, estaremos abertos a todas as iniciativas que xurdan a principio
de curso no noso Equipo, dende logo continuaremos coas actividades que por experiencia
consideremos de interese entre a comunidade escolar.
Celanova a 22 de xuño de 2016
Coordinadora de Actividades Extraescolares e Complementarias.
Silvia Alonso Pérez