CONCELLO DE MUROS
1
PROXECTO: SINALIZACIÓN TURISTICA INTELIXENTE DO CONCELLO
DE MUROS
MEMORIA EXPLICATIVA DE ACTUACIÓNS PARA O FOMENTO DA
ACCESIBILIDADE E SINALIZACIÓN DOS RECURSOS TURÍSTICOS NO MEDIO
RURAL
RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades
locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio
rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no
marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017
1. FUNDAMENTACIÓN 2
2. IDENTIFICACIÓN DO PROXECTO 2
3. CONTEXTUALIZACIÓN 2
4. XUSTIFICACIÓN 3
5. MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO 26
6. ORZAMENTO 34
CONCELLO DE MUROS
2
1.- FUNDAMENTACIÓN
O Concello de Muros pretende aproveitar a convocatoria feita pola Axencia de Turismo
de Galicia ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2016 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e
sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo
Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020,
e se anuncia a convocatoria para o ano 2017
2.- IDENTIFICACIÓN DO PROXECTO
O título do proxecto é: “SINALIZACIÓN TURÍSTICA INTELIXENTE PARA O
CONCELLO DE MUROS”
3. CONTEXTUALIZACIÓN
3.1. Datos xeográficos
O municipio de Muros está situado no extremo noroccidental da ría de Muros e Noia, a
máis setentrional das Rías Baixas. Xunto co concello de Carnota conforman a comarca
de Muros que presenta unha superficie de 138,9 Km2. A comarca linda ao norte coa
comarca de Xallas, ao leste coa comarca de Noia e ao sur e ao oeste co océano
Atlántico. O termo municipal de Muros atópase limitado ao noroeste polo termo
municipal de Carnota (comarca de Muros), ao nordeste polos municipios de Mazaricos
(comarca de Xallas) e Outes (comarca de Noia) e ao sur pola ría de Muros e Noia.
A extensión do termo municipal é de 72,5 Km2 distribuída en sete parroquias: Abelleira,
Esteiro, Louro, Muros, Serres, Tal e Torea. Cada unha destas parroquias divídese a súa
vez en varios lugares ou núcleos de poboación ata un total de 104, que varían tanto nas
súas dimensións como no número de habitantes. A densidade é de 121,85 hab./Km2 ,
aínda que a maioría da poboación se concentra na franxa litoral, o concello de Muros é
un exemplo máis da elevada dispersión da poboación, característica de Galicia.
CONCELLO DE MUROS
3
Parroquias Lugares Superficie (Km2)
Abelleira (Sto. Estevo) 22 12,2
Esteiro (Sta. Mariña) 24 19,1
Louro (Santiago) 13 9,4
Muros (San Pedro) 8 5,2
Serres (San Xoán) 18 14,7
Tal (Santiago) 10 2,7
Torea (San Xián) 9 9,4
Municipio 104 72,5
Táboa 1: Número de lugares e superficie das distintas parroquias do
Concello de Muros.
3.2. Poboación
Os últimos datos oficiais tomados polo Instituto Nacional de Estatística recollen unha
poboación de 8834 habitantes, dos cales 4280 son homes e 4554 son mulleres (Cifras
oficiais da poboación a 1 de xaneiro. Ano 2016).
4.- XUSTIFICACIÓN
O Concello de Muros quere dinamizar a súa información turística có fin de ampliar os
recursos dispoñibles destinados ao turismo en xeral, cos seguintes obxectivos
fundamentais:
• Mellorar a imaxe que transmite a través das novas tecnoloxías, tendo en conta a
importancia do sector turístico do municipio
• Incrementar o número de visitantes que recibe o Concello e ao mesmo tempo
desestacionalizar o turismo .
• Ter unha referencia a través da sinalización intelixente coa información de interese
para os habitantes e os visitantes de Muros.
• Facilitar o contacto cos cidadáns e visitantes.
• Promover a distintas actividades que no ámbito turístico se están a desenvolver.
CONCELLO DE MUROS
4
Propoñemos a necesidade de contar cunha sinalización intelixente , xa que o Concello
carece deste recurso que permita unha comunicación eficiente cós visitantes ou
potenciais visitantes, considerando por tanto de vital importancia a existencia deste tipo
de sinalización como medio de comunicación para a dinamización turística do noso
Concello.
O concello de Muros conta co galardón de Municipio turístico e ten un amplo repertorio
de recursos turísticos, dentro do patrimonio histórico artístico cabe destacar a Vila de
Muros declarada Conxunto histórico en 1970. Tamén merecen especial mención os
petroglifos prehistóricos do noso concello, entre eles, dous son singulares no conxunto
da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas.
Tampouco nos podemos esquecer do patrimonio popular e tradicional, espallado por
todo o concello, e que se converteu no noso sinal de identidade, así podemos atopar
gran cantidade de hórreos, muíños de río, pero é o Muíño de Mareas do Pozo do
Cachón, , o que atrapa o interese de todos os visitantes, situado na parroquia de Serres
que na actualidade ten a función de Centro Cívico e Cultural.
No que se refire a patrimonio natural merece especial mención o LIC “Monte e Lago de
Louro” que é o espazo natural más importante do litoral do municipio, tanto polos seus
valores ecolóxicos como polos paisaxísticos. Tamén destaca neste ámbito o roteiro
“Pedra do Cadro a Braña” na parroquia de Esteiro.
Puntos a sinalizar:
PATRIMONIO HISTÓRICO – ARTÍSTICO:
ARTE RUPESTRE (OS PETROGLIFOS)
Os gravados rupestres ou petroglifos son manifestacións simbólicas das comunidades
prehistóricas, e pódense considerar unha das manifestacións culturais máis interesantes
da prehistoria galega.
CONCELLO DE MUROS
5
Os petroglifos do noso concello, coñecidos ata o de agora, están repartidos pola maioría
das parroquias, con especial incidencia nas de Serres e Louro, entre eles, dous son
singulares no conxunto da arte rupestre galega, Cova da Bruxa e Laxe das Rodas.
Coa Guía de los petroglifos de Muros de Eiroa e Rey (1984) lévase a cabo unha
catalogación dos xacementos rupestres dos que daquela se tiña noticia, non obstante, hai
que ter en conta que a finais da década dos noventa lévase a cabo unha serie de
prospeccións nos que aparecen e se catalogan unhas dez estacións novas polo que na
actualidade contabilízanse máis dunha trintena de petroglifos espallados por todo o
concello.
O repertorio figurativo dos petroglifos muradáns inclúe tanto motivos xeométricos
coma figurativo-naturalistas, sendo as representacións xeométricas en Muros, coma no
resto do contexto galaico, as máis abundantes e espalladas.
Con respecto aos motivos naturalistas, en Muros atopamos representacións de animais:
cervos, un escena de equitación e a figura dun cánido, e a representación dunha figura
humana. A figura humana e o cánido de Cova da Bruxa son manifestacións únicas
dentro da arte rupestre de Galiza, e os cervos, malia a atopalos nunha soa estación,
presentan unha variedade de formas que fan que sexa un xacemento singular en Galicia,
pois nestes, as cornamentas son representadas con liñas rectas que nacen na cabeza do
animal e que se ramifican.
É de apreciar a notable escaseza de representacións figurativo-naturalistas fronte a un
notable desenvolvemento das xeométricas. As composicións son pouco frecuentes e
existe dificultade para saber coa suficiente nitidez se sobre certas rochas o que
apreciamos é a simple acumulación de figuras no mesmo plano, de diferentes momentos
ou do mesmo momento, pero sen estar relacionadas entre si, ou ben se varias delas
forman unha combinación xeral.
O grao de esquematización que presenta este tipo de figuras fai que a identificación
exacta da especie representada sexa difícil.
CONCELLO DE MUROS
6
Pese a todo isto os animais adoitan aparecer representados en actitudes características
do seu comportamento natural, o que indica un notable grao de observación do mundo
animal por parte do gravador.
Os autores dos gravados deixaron neles unha mensaxe lexible (expresa ou non expresa)
para os membros da súa comunidade que posuían as claves para poder interpretalos.
Para nós, que pertencemos a unha cultura afastada no tempo, resúltanos tremendamente
difícil achegarnos á función e significado deste mundo, pois, non posuímos o código
para descifralos, xa que a cultura que os fixo desapareceu por completo.
Intervencións arqueolóxicas:
Ata o de agora interveuse en tres estacións de arte rupestre, en Cova da Bruxa (outubro
2006), Laxe das Rodas (setembro 2007), e Naraio I (setembro do 2008) investigacións
levadas a cabo polo “Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste (GEPN)”,
Departamento de Historia I, Facultade de Historia, Universidade de Santiago de
Compostela. Os obxectivos fundamentais deste tipo de proxectos son de carácter
científico, social, cultural e educativo, ademais dende o concello estanse a realizar
visitas guiadas aos tres xacementos dirixida ao público en xeral e aos escolares.
CONCELLO DE MUROS
7
A VILA DE MUROS, CONXUNTO HISTÓRICO
Contexto histórico:
Declarada Conxunto histórico en 1970, foi fundada polo rei Sancho IV o Bravo no
século XIII, conservando desta época o primeiro documento veraz que se refire a Muros
e aos seus arredores (1286), e poboada por Alfonso IX de León (1188 - 1230). A finais
do século XIII deixa de ser vila de señorío, para depender da Sede Compostelá, por
concesión de Fernando IV (1299). Non obstante, a existencia de Muros como poboado
é bastante anterior ao século XIII, e mostra diso son as numerosas estacións rupestres
prehistóricas espalladas por todo o concello, ademais do castro de Miraflores (parroquia
de Muros), o castro de Ríomao (San Xián de Torea), o castro de Ventín (Santiago de
Louro) e o castro de Santa Catalina (Santiago de Tal) que nos serven de testemuña para
corroborar este dato.
A historia de Muros non se pode desligar da importancia comercial do seu porto e do
mar. Xa no ano 1452, o rei de Castela, Xoán II, cita o Porto de Muros coma un dos
máis grandes de Galicia, habilitándoo para exportar e importar, nel cabían máis de
cincuenta barcos, segundo o relato do cardeal Hoyos, que visitou o porto de Muros no
século XVII.
No século XIX fan presenza na vila empresarios cataláns que se instalan en Muros para
inaugurar, tanto no núcleo como nas parroquias costeiras, unha serie de fábricas de
salgado de sardiñas e arenque fundamentalmente que marcaron a vida laboral desta.
Moitas destas fábricas unha vez que deixan de funcionar como tal, sofren un cambio de
uso converténdose moitas delas en vivendas ou edificacións similares, é o caso da casa
Romaní, o restaurante Anido (Serres), o Caldeirón (Louro)...
Os cataláns chegan a nosa ría por considerala propicia para establecer a súa industria.
Un importante suceso relacionado co mundo do mar no que estivo implicado a xente de
Muros, e que a fixo merecedora do título Moi Humanitaria, distinción feita no ano 1906
polo rei Alfonso XIII, foi o afundimento en augas muradás, o día 28 de outubro do ano
CONCELLO DE MUROS
8
1905, do buque de Guerra da Arma Española Cardeal Cisneros, non só por salvar
de morrer afogados aos máis de cincocentos homes que formaban parte da tripulación,
senón tamén por acollelos durante varios días solidariamente nas súas casas. A este
novo título hai que engadir o de Moi Nobre e Moi Leal que xa lle fóra concedido no ano
1612.
Prazas do concello:
Praza do Concello: tamén denominada Curro da Praza, por se celebrar nela a principios
do século pasado multitudinarias corridas de toros.
Praza de Santa Rosa ou praza do Cristo: antes da colocación do cruceiro, esta praza
chamábase Da Leña e a partir da súa colocación o 15 de decembro do 1789, coñécese
coa actual denominación.
Rúa Real: rúa que conecta coa tamén coñecida rúa da Axesta, conformando as dúas a
principal arteria interior da vila. Vila que conserva a súa estrutura medieval, que se
caracteriza por ter un estrutura labiríntica conformada por rúas tortuosas e algunhas sen
saída e innumerables canellóns estreitos, por mor dos ataques piratas, mais, tamén puido
obedecer a un sistema ideado para resgardarse da climatoloxía da zona.
Praza da Pescadería: a súa denominación débese a que é nela onde as mulleres
instalaban os seus postos de peixe, que cubrían con lonas a modo de toldos. Presidida
por unha fonte de cantería que reproduce a silueta dun réptil alado, e que foi construída
no ano 1929 polo mellor canteiro da vila, D. Francisco Iglesias.
CONCELLO DE MUROS
9
Praza do Mercado: antigamente coñecida como a Praza Maior, que está presidida por
un monumental edificio de planta rectangular situado entre rúas estreitas e salvando o
desnivel do terreo, que distribúe as catro alturas coas que conta o mercado. Este edificio
é unha proba da importancia comercial que antigamente tivo esta vila.
A Vivenda:
Estas están compostas por un baixo aportalado en arco apuntado ou de medio punto que
en ocasións queda por debaixo do nivel das rúas, onde antigamente se situaban as pías
para salgar o peixe, e un ou dous pisos onde resalta a presenza de consistentes balcóns
corridos con balaustrada de ferro forxado, soportados por grandes ménsulas de cantería.
Antigamente era frecuente ver como os homes arranxaban os aparellos de pesca,
mentres que as mulleres salgaban e lavaban o peixe. Na actualidade estes baixos fan a
función de paseo cuberto. Todos estes edificios combínanse ao longo das rúas con
outras edificacións máis actuais onde o movemento modernista deixou a súa pegada e
con casas antigas ás que se incorporaron galerías, seguindo a moda de finais do século
XIX.
CONCELLO DE MUROS
10
Arquitectura Hospitalaria:
O Hospital da Trindade ou de San Pedro: fundado no século XIV polo xuíz da vila D.
Diego Rodríguez de Muros. Funcionou coma hospital de pobres ata os anos corenta do
século pasado, albergando actualmente o Centro Social da Terceira Idade. Está feito a
base de pedras de cantería e conta cun claustro sen rematar que data posiblemente de
principios do século XIX. A principios do século XIX decídese construír un novo
edificio e a obra fíxose, ao parecer, sobre o mesmo terreo no que estaba asentado o
primitivo hospital.
Arquitectura civil:
Casa Consistorial: substitúe a un edificio anterior, comeza a súa construción no ano
1958, converténdose nun símbolo dos novos tempos. A obra é proxectada polos
arquitectos Antonio Tenreiro Rodríguez e Pelegrín Estellés, que intentan deseñar un
edifico que non rompa có entorno. O resultado foi unha construción de tres andares que
repite no piso baixo o motivo do arco apuntado, con intención de recordarnos o pasado
gótico da vila. Os traballos de acondicionamento realízanse relativamente pronto e no
CONCELLO DE MUROS
11
ano 1960 inicia a súa andadura como principal centro administrativo deste municipio.
Cine París: pertencente ao século XX, situado no paseo marítimo da vila cara á ría, é un
dos exemplos de edificios de carácter público – cultural que salpican as rúas da vila
como o “Teatro Mercedes”, emprazado preto do edificio do Concello, mais perderon os
dous as súas funcións orixinais. O interese do edificio céntrase na composición da
fachada principal de catro arcos rebaixados configurando un soportal que alberga a
entrada ao cine. Os arcos apoianse en piares de sección cadrada realizados en pedra;
sobre eles, no segundo piso, tres agrupacións moldéanse a base de curvas sen maior
profusión decorativa que a mesma xeometría.
Fábricas de Salgado: aparecen no século XIX coa presenza de empresarios cataláns
instalan fábricas de salgado en diversos núcleos galegos, dando orixe a unha
arquitectura propia para o desenvolvemento destas actividades: ao corpo principal da
vivenda apéganselle perpendicularmente dous corredores, pechándose ao fondo para
configurar no medio un patio cuberto onde se levaban a cabo os traballos co peixe,
colocándose nun dos corpos a maquinaria e noutro os fosos de salgadura. Un destes
exemplos é o que se sitúa na parroquia de Serres pertencente á familia Romaní, unha
das máis importantes da comarca e principal promotora deste tipo de industria. Tamén a
Casa Anido restaurada recentemente aínda que con outros fins.
CONCELLO DE MUROS
12
Arquitectura Relixiosa:
Santa María do Campo (actual igrexa parroquial de San Pedro de Muros): a igrexa
primitiva era de estilo románico datada no século XII, pero dela só se conserva a
portada principal. O edificio actual foi iniciado polo arcebispo de Santiago Lope de
Mendoza na primeira metade do século XV, pero a obra é rematada polo concello de
Muros tal e como figura nunha inscrición.
Esta igrexa convertese a principios do século XVI en Colexiata, grazas aos Reis
Católicos e ao Papa, polo cal os veciños non pagaban os décimos á igrexa de Santiago.
Na actualidade obsérvanse diversos estilos froito das remodelacións que sufriu ao longo
do tempo. Así aprécianse partes barrocas na torre e no pórtico realizado no século
XVIII grazas ao gremio do mar. Pero o estilo que predomina é o chamado gótico
“mariñeiro” datado no século XV.
Capela de San Xosé: propiedade de Dª Luísa Málvarez, trátase dunha edificación
barroca do século XVIII. O cruceiro data do 1727, ano no que a capela foi fundada por
Pedro Teixido de Turnes e a súa muller Catalina Pérez de Reloba, tal e como se nos
indica nas inscricións que figuran na fachada. Nos anos corenta do século pasado
CONCELLO DE MUROS
13
constrúese un colexio de monxas neste lugar quedando a capela pegada ao colexio. En
torno ás décadas 70 e 80 do século XX, as monxas, non se sabe moi ben os motivos,
marchan da vila e a capela volve a ser de novo unha edificación independente.
Capela da Virxe do Carme: de estilo barroco, a capela foi construída no ano 1766.
Situada no barrio do Carme, está dedicada á patroa dos mariñeiros. No seu interior
albérgase a imaxe da patroa das xentes do mar: a Virxe do Carme, que hai pouco se
descubriu que se trata dunha obra do escultor Gambino, de procedencia italiana.
CONCELLO DE MUROS
14
Capela de Nosa Señora das Angustias ou do Santo Cristo de Burgos: fundada no ano
1657.Formaba parte da antiga igrexa parroquial de San Pedro que se atopaba situada nos
extramuros da vila. No atrio celebrábanse sesións municipais e oficiábanse
enterramentos; moitas das lousas con escudo serviron para o empedrado das rúas.
Antiga Igrexa Parroquial de San Pedro: igrexa de estilo barroco pertence ao século
XVII, aínda que a primitiva obra pertencía ao século X, unicamente mantén en pé o que
foi a capela maior, hoxe capela das Angustias de propiedade privada, e a sancristía,
convertida na actualidade en centro de interpretación do patrimonio sacro da vila.
Capela do Remedios: fundada en 1744 por Dª María Pose de Leis e a súa filla Isabel,
casada con D. Pedro Ventura Varela Taboada. O cruceiro desta capela comprende dúas
épocas. A base é do ano 1586 segundo consta na data gravada nela. Esta base pode
proceder dalgún cemiterio, posiblemente do que rodeaba á igrexa de San Pedro, que foi
colexiata interina nos tempos da fundación desta e cuxas lousas sepulcrais, brasonadas
en inscricións, empregáronse nas rúas da vila ao deixar de facerse alí os enterramentos e
cesar o culto parroquial.
A columna e a cruz coas súas imaxes pertencen a unha época posterior e é de supoñer
que foi realizado en 1744, ano da fundación desta capela.
CONCELLO DE MUROS
15
Capela de San Roque: a edificación actual, datada no 1765 segundo o cardeal Hoyos,
constitúe unha reedificación sobre outra igrexa existente datada así mesmo no 1609.
Foi construída en honor a santo que goza de gran popularidade na actualidade en todo o
municipio. No interior destaca a imaxe, que se sacaba en procesión o día 16 de agosto,
acompañada por innumerables persoas que se cobren cun hábito e capuchón para desta
forma homenaxealo e pedirlle o seu favor.
Capela da Virxe do Camiño: santuario que debido á gran devoción dos fieis, chegou a
converterse nun famoso templo ao que concorrían os devotos en peregrinación e os
mariños e atribulados coas súas ofrendas para implorar o remedio aos seus males.
Existían pendentes das paredes da súa capela maior, cadros alusivos a ofrecementos
CONCELLO DE MUROS
16
feitos por navegantes da vila. O barrio da Virxe do Camiño debeu tomar o seu nome da
Ermida dedicada á Virxe. No seu interior acolle a imaxe da Virxe, que, segundo a
tradición, chegou por mar e foi atopada na praia veciña. Tamén conserva no seu interior
a reprodución dunha fragata de guerra que data do ano 1767, que posiblemente
fose colocada alí como un “exvoto” á Virxe do Carme que por aquel momento se
veneraba neste santuario.
Capela de San Marcos: pequena capela situada ás aforas da vila de Muros, no monte de
San Marcos, entre as localidades de Campo de Cortes e Louro.Levantada por Lorenzo
Estévez no 1480, segundo indica unha inscrición. Trátase dunha capela gótica moi
sinxela.
CONCELLO DE MUROS
17
Capela de Santa Cruz: situada no antigo camiño do convento de franciscanos en Louro,
no alto de Campo de Cortes, a uns 2 km da vila, cara o lugar de Louro, encóntrase en
ruínas, e hoxe desfeita por se empregaren os restos dos seus materiais na ampliación do
Espírito Santo, situada no alto do barrio muradá de Campo de Cortes. Na actualidade
tan só se conserva o cruceiro que se atopa no lado sur da desaparecida capeliña do
mesmo nome.
Capela do Espírito Santo: de estilo románico, está situada no camiño de Muros a Louro
na chamada “Punta de Campo de Cortes”, construída aquí porque, segundo a tradición,
foi onde se rompeu o carro que transportaba a imaxe do seu interior, que foi atopada na
praia. Foi reconstruída no ano 1927.
CONCELLO DE MUROS
18
Convento de San Francisco: Ten a súa orixe no século XIII, é un dos monumentos
mellor conservados de todo o termo municipal. Foi fundado como crematorio no ano
1233 e sobre el levantouse unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial,
que no ano 1432 pasou a ser convento, mais a súa vida verase paralizada no ano 1835
por causa da exclaustración dos relixiosos, pero anos despois, concretamente no 1873,
volveu a ser ocupado polos membros da orde franciscana que se encargaron da súa
restauración.
Aínda que por moi pouco tempo, este convento albergou o primeiro colexio de rapaces
que querían exercela profesión relixiosa, pero debido ao crecente número de estudantes
tívose que trasladar a Herbón. Chamando ás portas, e pedindo permiso, é posible
visitala igrexa e o adro interior do convento.
Destaca no conxunto do mosteiro a presenza da igrexa de estilo gótico e un fermoso
claustro de magnífica factura e coidado deseño que, segundo unha inscrición atopada
data do ano 1646.
Nas proximidades do convento, ascendendo polo monte, desenvólvese un orixinal Vía
Cruces composto por quince estacións, nas que se relatan escenas da Paixón de Cristo,
construído no ano 1877 grazas aos donativos dos fieis. Durante anos, o domingo de
Ramos e o posterior ao 26 de novembro, festa de San Leonardo de Porto Mauricio, ao
vía cruces acudía unha gran afluencia de veciños.
CONCELLO DE MUROS
19
PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DO CONCELLO
Tampouco nos podemos esquecer do patrimonio popular e tradicional, espallado por
todo o concello, e que se converteu no noso sinal de identidade.
O feito de que o noso concello se atope á beira da ría de Muros e Noia, cunha
importante fachada marítima, protexida polos montes próximos á mesma, explica que
ata non hai moito convivise unha economía mixta, agrícola – mariñeira, que se plasma
nas construcións que daban reposta ás súas necesidades.
Son moitos os elementos materiais que definiron a vida, o traballo, a arte e os costumes
populares galegas de tempos pasados, e que perduraron no noso concello, podemos
atopar elementos típicos da cultura galega como: vivendas tradicionais, muíños de auga,
hórreos, cruceiros, petos de ánimas, pombais, fontes..., que teñen un significado
especial, xa que contribuíron a marcar a cultura e a economía da nosa sociedade. O seu
estudo axúdanos a comprender como se afrontaban os problemas cotiás, e tamén nos
permiten comprender as relacións simbólicas e espirituais das crenzas populares, tan
arraigadas aínda hoxe en día no noso pobo.
CONCELLO DE MUROS
20
Cabe destacar neste ámbito, os muíños: todo aquel que se achegue a Muros pode
adiviñar a importancia que tivo, e que segue tendo nalgúns lugares do concello, o
cultivo de cereais, pois alberga infinidade de muíños de río, dos cales podemos ver
algún hoxe en día en funcionamento, como poden ser o Muíño de Lestón á beira do río
Rateira, na parroquia de Torea ou o Muíño da Pontella á beira do río Maior, na
parroquia de Esteiro. Na parroquia de Louro sería interesante facer un percorrido pola
beira do río Longarela, onde podemos contemplar unha ringleira de muíños, dos cales
dous están hoxe restaurados.
Non obstante, é o Muíño de Marea do Pozo do Cachón, tamén coñecido como A
Ponte dos Muíños, o que atrapa o interese de todos os visitantes, situado na parroquia de
Serres. Falamos dun antigo muíño de marea construído ao carón do río Valdexería na
segunda década so século XIX, sendo o máis grande de Galicia e un dos máis
importantes de Europa.
As obras de rehabilitación leváronse a cabo entre os anos 1990 e 1994, a mans do
arquitecto D. Jesús Anaya Díaz, pero pouco despois da finalización destas, en novembro
dese mesmo ano, unha riada destrúe parte do muíño e leva por diante unha das pontes,
polo que tiveron proseguir coas obras de reconstrución, que remataron no 1999.
Na actualidade ten a función de Centro Cívico e Cultural, dividido en dúas partes, por
un lado pódese visitar o que foi o antigo muíño e por outro lado temos o edificio anexo,
CONCELLO DE MUROS
21
que ten a función de sala de exposicións temporais, destacando a mostra de artesanía
que se vén celebrando dende fai varios anos no verán, entre os meses de xullo e
setembro.
Nas inmediacións pódese gozar dunha área recreativa que conecta co edificio a través
de catro pontes de madeira, na que a xente da parroquia de Serres celebra as súas festas
patronais. Nun futuro prevese converter este grande edificio en museo ou centro de
interpretación.
CONCELLO DE MUROS
22
PATRIMONIO NATURAL (ESPAZO NATURAL PROTEXIDO):
LIC “ES 1110012 MONTE E LAGOA DE LOURO”
Datos informativos
Código do LIC ES1110012
Situación Localizado no suroeste da provincia da Coruña, pertence
á comarca de Muros.
Concellos: Muros e Carnota
Superficie 1.160,88 ha.
Coordenadas: Latitude: N 42º 46´19´´, Lonxitude: W 9º 7´25´´
Altitude media 14 m
Clima A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia
atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e
adscríbese no sector galaico-portugués. Sitúase no
dominio climático hiperhúmido. A precipitación media
anual é de 1.801 mm, a temperatura media é de 12,6 ºC e
non se detectan xeadas durante todo o ano
Outras figuras de protección Zona de Especial Protección dos Valores Naturais
(ZEPVN).
O Espazo Natural Protexido do Monte e Lagoa de Louro, é o espazo máis importante do
litoral do municipio de Muros polos seus valores ecolóxicos e paisaxísticos. Este
complexo litoral (cunha superficie de 1.096 Has compartidas co veciño Municipio de
Carnota), presenta unha gran diversidade de ecosistemas e hábitats dun incuestionable
valor ao coincidir zonas tan diversas coma montes e cantís litorais, praias e dunas,
lagoa, mariña e carregal, bosque de ribeira, etc.
CONCELLO DE MUROS
23
O Monte Louro é unha elevación solitaria ao bordo do mar, formando unha pequena
península entre as praias de Area Maior e San Francisco. Morfoloxicamente representa
un "inselberg" ou monte illa, que marca o límite entre a ría e o mar aberto, constituído
por rochas graníticas (granito de dúas micas e granito de megacristais). Está unido ao
continente polo planalto litoral, orixinado no plistoceno a partir dun tómbolo, dobre e
heteroxenético, formado na fachada atlántica coa praia-barreira de Area Maior, que
pecha a Lagoa de Louro, e cara á ría polo antigo depósito sedimentario de San
Francisco.
O Monte Louro foi incluído no Inventario de Puntos de Interese Xeolóxico Nacional
(PIX) polo Instituto Geológico y Minero de España, publicado na década dos oitenta, en
función da singularidade da súa xeomorfoloxía, constituíndo un destacado recurso
didáctico, referencia na xeoloxía ambiental.
O seu actual relevo débese aos diferentes procesos erosivos que orixinaron diversas
formas características do modelado granítico, presentando dous cumios ben
diferenciados, de 226 e 244 metros respectivamente. No pico norte predominan os
matos xunto con piñeiros e algún carballo, destacando a presenza, na aba leste do
monte, de cerquiño (Quercus pyrenaica). Na desembocadura do pequeno río Longarelo,
os procesos de acumulación de sedimentos xerada polo transporte mariño, deu orixe á
construción dunha praia-barreira que pechou o paso ás augas continentais orixinando o
"lagoon” de Louro.
A Lagoa litoral de Louro ou de Xalfas, situada aos pés do Monte Louro, atópase
rodeada por un importante anel de vexetación palustre e separada do mar aberto por un
sistema dunar moi ben conservado. A lagoa, duns douscentos metros de diámetro e
comunicada co mar só durante os temporais, está illada do mar por un importante cinto
dunar, tipo de cordón, e representan unha grande acumulación areosa que nalgún caso
chega aos 15 m de altitude. Ademais, son moi importantes as grandes depresións de
deflación con corredores moi marcados de dirección NO-SL por ventos do NL. Nos
temporais as fortes ondadas aproveitan as cubetas de deflación, formando abanicos de
tormenta. A lagoa atópase xa moi ateigada de sedimentos, presentando unha notable
CONCELLO DE MUROS
24
flutuación estacional na súa salinidade, e, nas súas marxes, a característica zonificación
de mariñas en contacto coas dunas e uceiras cara ao interior.
Estes humidais constitúen ecosistemas moi valiosos, cunha enorme diversidade
biolóxica, determinada polas particulares condicións existentes. Os hábitats naturais de
interese comunitario que motivaron a súa inclusión como Lugar de Importancia
Comunitaria son os que seguen: lagoas costeiras, cantís con vexetación das costas
atlánticas e bálticas, pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae),
dunas móbiles embrionarias, dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas
brancas), dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises), uceiras secas
europeas, uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo, prados húmidos mediterráneos
de herbas altas do Molinion-Holoschoenion, bosques aluviais de Alnus glutinosa e
Fraxinus excelsior (Alno padion, Alnion incanae e Salicion albae).
As duras variables ambientais (vento, salinidade, alta insolación, sequidade, escaseza de
nutrientes, mobilidade da area, etc.), fan que o número de especies de plantas que aquí
habitan sexa escaso, pero de moi alto valor ecolóxico, por estaren moi especializadas e
adaptadas ao ambiente litoral e seren exclusivas destes ecosistemas.
No monte e lagoa de Louro existe unha vexetación constituída, na súa maior parte, por
especies pirófitas e acidófilas capaces de sobrevivir en solos degradados e está
dominada por toxais de Ulex europaeus. A auga da lagoa é salobre e existen
comunidades vexetais adaptadas aos diferentes grados de salinidade e hidromorfia. Hai
unha superficie considerable de cañaverais (Phragmites australis), de xuncais de
Scirpus holoschoenus e de Schoenus nigricans e de praderías de Puccinella.
A lagoa é un lugar de invernada de aves acuáticas, principalmente anátidas, limícolas e
mariñas, cunha ampla variedade de especies aniñantes e invernantes. Entre elas
destacan: alavanco real (Anas platyrhynchos), galiñola negra (Fulica atra), galiñola
(Gallinula chloropus), agulla colipinta (Limosa lapponica), garza cincenta (Ardea
cinerea), garzota (Egretta garzetta), corvo mariño real (Phalacrocorax aristotelis),
gaivotas (Larus sps.), charneco (Anas crecca), e somorgullo pequeno (Tachybaptus
ruficollis). No Tomo II (Aves) do “Atlas de Vertebrados de Galicia” (SGHN, 1995),
CONCELLO DE MUROS
25
que inventaria as especies de aves aniñantes en Galicia, informa da importancia e
diversidade desta zona incluíndo Louro dentro das Áreas de Interese Ornítica en
Galicia, na categoría B (cun número de aves aniñantes entre as 66 e 79 especies).
Entre os anfibios e réptiles debemos destacar a existencia de especies mediterráneas,
que teñen na zona o seu límite setentrional de distribución, como sapo de espolóns
(Pelobates cultripes) e o esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Ademais destas
especies é frecuente na zona atopar: a serpe riscada (Elaphe scalaris), a lagartixa rabuda
(Psammodromus algirus), o lagarto arnal (Lacerta lepida), o lagarto das silvas (Lacerta
schreiberi), e a saramaganta rabilonga (Chioglossa lusitanica).
Por último cabe destacar a presenza dun mamífero bioindicador das boas condicións das
augas dos ríos, como é a lontra (Lutra lutra).
CONCELLO DE MUROS
26
5.- MEMORIA EXPLICATIVA DO PROXECTO
ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS PARA A CONTRATACIÓN DA
SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DE SINALIZACIÓN INTELIXENTE
PARA O MUNICIPIO DE MUROS
Artigo 1º. OBXECTO DA MEMORIA
O obxecto da presente memoria é describir os traballos e fixar as condicións técnicas
que rexerán a subministración e instalación de sinalización intelixente para o municipio
de Muros.
Artigo 2º. DEFINICIÓN
2.1 Introdución e antecedentes
A sociedade de información e o coñecemento xerou un profundo impacto nos hábitos
relacionados con todas as actividades sociais, culturais e económicas. O turismo non
podía ser alleo a iso, non hai que esquecer que tanto a adopción de internet como o
desenvolvemento do comercio electrónico foron máis rápidos no sector turístico que
noutros sectores económicos.
Así pois a adaptación á nova economía dixital é clave para a promoción económica e
turística do municipio de Muros. De modo que tanto o sector público (xestores do
destino) como o privado (comercios, empresas hostaleiras, de restauración, de
actividades turísticas e outras) teñen que estar preparados para cubrir os requirimentos e
necesidades do novo visitante ou turista dixital (moi informado, multicanle moi
esixente) se queren aspirar a ser un destino recoñecido a nivel nacional e internacional.
O obxectivo básico para a transformación do municipio de Muros nun Destino
Intelixente no ámbito da promoción e información turística é integrar e atender as
necesidades de todos os actores implicados:
CONCELLO DE MUROS
27
• Os turistas e visitantes esperan un municipio que lles acolla e acompañe,
dándolles información antes da viaxe, recibíndoos e guiándoos con sinalización
durante a súa estancia.
• Os servizos turísticos necesitan rendibilizar os investimentos realizados para
crear produtos e servizos turísticos, e entre outras cousas requiren para iso
ferramentas de promoción que lles dean visibilidade para chegar aos seus
clientes da maneira máis directa e económica posible cando cheguen ao destino
de Muros.
• O sector público xestor do destino, en particular o concello, desexa promover a
economía do seu municipio de forma sustentable e competitiva, e desexa
aproveitar o turismo para xerar riqueza e emprego non deslocalizable.
Para cumprir estes obxectivos, o concello de Muros consciente da importancia do sector
do turismo no municipio, desexa levar a cabo a implantación dun sistema de
sinalización turística intelixente que permite alcanzar os obxectivos antes citados.
2.2 Obxecto
O obxectivo é a dotación de equipamentos de sinalización turística intelixente para a
cidade de Muros, que inclúe os seguintes compoñentes básicos:
Compoñente 1: Equipamentos de sinalización
• Sinalización dinámica direccional do núcleo urbano
o Sinalización direccional peonil
• Sinalización informativa peonil
o Paneis directorio / planímetro de Información Turística
Compoñente 2: Sistemas de xestión e información
• Conectores Off-On: Chips NFC
• Servizo para a xestión de sinalización
• Sistema de información turística
CONCELLO DE MUROS
28
Co fin de que a cidade de Muros dispoña dun equipamento de sinalización Intelixente
estruturado, funcional e operativo, este deberá cumprir os seguintes requirimentos
xerais:
Calidade de equipamentos de sinalización (continente)
Mobiliario de excelente calidade que poña en valor os recursos sinalizados, e que á súa
vez sexa fácil de manter (engadir, quitar ou substituir calquera dos elementos) evitando
así custos suplementarios unha vez realizada o investimento inicial. O deseño e o
contido da información ten que ser claro e conciso, para facilitar ao máximo a
comprensión a turistas e outros visitantes.
Calidade da información (contidos)
O municipio de Muros conta con numerosos servizos, puntos de interese e recursos
turísticos. Por iso, para facilitar ao visitante ou turista a organización dunha visita ou
estancia no municipio, é necesario estruturar a información. Por iso, é moi importante
que a representación en mapas da información relativa aos puntos de interese e recursos
turísticos estea xeolocalizada, tematizada, e sobre todo xerarquizada (por niveis de
interese e por nivel de zoom) para que o usuario, en pouco tempo, poida descubrir os
principais atractivos do municipio e organizar ao redor deles unha viaxe ou estancia en
Muros.
Actualización de contidos (personalización segundo a localización)
Para un municipio como o de Muros a capacidade de xestionar a información turística
dos seus recursos é un elemento esencial na política de promoción turística. Por iso, o
servizo técnico de turismo require unha plataforma que lle permita xestionar, de
maneira autónoma, directamente a información que mostrará en cada unha das
conexións on-line dos seus sinais intelixentes.
CONCELLO DE MUROS
29
Tecnoloxía (acceso fácil e gratuíto)
Implantarase un servizo na nube (“cloud computing”) que funcione con calquera
navegador web e cuxo deseño permita o seu utilización en calquera soporte:
computadores fixos, portátiles, tabletas e teléfonos móbiles de tipo Smartphone. En
tanto que administración pública, a información turística que ofrecerá o municipio de
Muros nos seus sinais intelixentes deberá ser gratuíta e de fácil acceso para os turistas
ou visitantes.
2.3 Descrición do os traballos a desenvolver
Compoñente 1: Equipamentos de sinalización
O traballo consistirá no seguinte:
- Subministración dos sinais dos tipos que se especifican na presente memoria
(artigo 3º).
- Retirada dos equipamentos actuais cuxa función e finalidade sexa asumida pola
nova sinalización.
- Instalación de todos os elementos sinalizadores de acordo cun estudo de detalle
previamente realizado polo contratista e validado polos técnicos competentes polos
técnicos do concello.
- Elaboración do deseño e dos textos explicativos de cada un dos recursos
(sinalización identificativa e interpretativa de recursos).
- Elaboración dos decorados a incluír nos puntos de información turística, no que
se incluirán todos os elementos destacados do municipio e barrio ou zona de
localización.
- Todos os tipos de sinais deberán levar, no lugar que se determine, os logotipos
das administracións competente.
CONCELLO DE MUROS
30
Compoñente 2: Sistemas de xestión e información
Unha sinalización moderna é un elemento prioritario na ordenación do sistema de
mobilidade do municipio de Muros, tanto para a posta en valor dos seus recursos como
para o consumo das actividades e servizos, en particular os ligados ao turismo. Para iso
resulta fundamental que a sinalización estea integrada e poida satisfacer tamén os
requirimentos e expectativas dixitais dos turistas e visitantes, proporcionándolles unha
orientación e información clara.
Unha aplicación importante de Internet das Cousas no ámbito do turismo é a capacidade
de integrar nos equipamentos de sinalización peonís (sinais de orientación, tótems,
planímetros, paneis interpretativos, placas, etc.) conexións ao sistema de información
turística online do destino. Con iso sumamos a universalidade de acceso do sistema de
sinalización coas posibilidades brindadas polas novas tecnoloxías online.
A implementación do sistema intelixente de sinalización no municipio de Muros deberá
incluír os seguintes conceptos e requirimentos:
- Tecnoloxías de conexión Off-On a implementar: chips NFC e Beacons.
- Implementación dun sistema de xestión de dispositivos de conexión capaz de
traballar con información xeorreferenciada e que funcione na nube. O sistema deberá
inventariar todos os sinais intelixentes do municipio.
- Implementación dun sistema de información turística multidioma para o
municipio de Muros que permita a consulta da información en cada conexión on-line.
En cada sinal intelixente a información que recibirá o usuario poderá ser actualizada de
maneira sinxela polos técnicos do concello e ofrecerá información relevante para o
turista ou visitante (en particular os recursos e puntos de interese próximos, servizos
turísticos, lugares de compras, paradas de taxi e servizos de urxencia).
CONCELLO DE MUROS
31
- Formación técnica aos técnicos do concello para a xestión do sistema intelixente
de sinalización.
Artigo 3º. RELACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE SINALIZACIÓN
- Sinalización direccional peonil en núcleo urbano
Sinal direccional peonil de recursos: 45 ud
Instalación: 11 ud
Deseño contidos: 11 ud
- Puntos, directorios de Información Turística
Puntos de Información Turística dobre cara de 1.400 x 1.400 mm: 5 ud
Instalación punto de información: 5 ud
Deseño contidos: 5 ud
Artigo 4º. CARACTERÍSTICAS DOS EQUIPAMENTOS DE SINALIZACIÓN
Punto de Información
Placa
Placa nunha soa peza en chapa de aluminio maciza de 8 mm. de grosor. Tratamento de
superficie do aluminio mediante anodizado ou conversión química. Esta placa estará
lacada en po en cor gris pola parte posterior e lateral. A rotulación da cara dianteira
realizarase mediante impresión dixital mediante sistema de inxección de tinta (piezo)
cunha resolución de impresión de 1400 ppp. As tintas utilizadas deben ser eco-
solventes, proporcionando gran durabilidade e unha alta gama de cores sen agresións ao
medio ambiente. A impresión realizarase sobre vinilo adhesivo de alta calidade de base
CONCELLO DE MUROS
32
PVC, onde se aplicará, unha vez realizada a impresión, unha lamina transparente de
protección Ou.V. e antigraffiti. Dimensión da placa: 1400 x 1400 x 8 mm.
Soportes
Soportes telescópicos cun diámetro estable de 90 mm, realizados en aluminio aliaxe
6060, 6005, 6062 ou 6063 ó similar, extrusionado e posteriormente anodizado (mínimo
15 micras). Lacados en po en cor gris. A parte inferior do soporte será lisa, e a parte
superior onde vai fixada a placa será con guías por tal de permitir a súa fixación. Na
parte superior fixarase un tapón para obstruír a parte superior e asegurar a
impermeabilidade.
Sistema de fixación
O sistema de fixación da placa ao soporte realizarase mediante sistema de pinza de
aluminio maciza, de tal maneira que se garanta a rixidez da unión. A tornillería deberá
quedar totalmente oculta.
Anilla de personalización
O conxunto irá personalizado con dous anillas da mesma sección que o soporte, de cor
diferente, e co grafismo do escudo do Concello.
Sinalización direccional peonil
Indicador de lugar
Indicadores nunha soa peza en chapa de aluminio maciza de 8 mm. de grosor.
Tratamento de superficie do aluminio mediante anodizado ou conversión química. Estes
indicadores estarán lacados en po en cor RAL. a elixir. A rotulación realizarase
mediante vinilo homologado reflector RA1. A rotulación será a dobre cara.
Dimensión dos indicadores: 800 x 90 x 8 mm.
CONCELLO DE MUROS
33
Soportes
Soportes telescópicos cun diámetro estable de 90 mm, realizados en aluminio aliaxe
6060, 6005, 6062 ou 6063 ó similar, extrusionado e posteriormente anodizado (mínimo
15 micras). Lacados en po en cor gris forxa. A parte inferior do soporte será lisa, e a
parte superior onde van fixados os indicadores será con guías por tal de permitir a súa
fixación cada 45º. Na parte superior fixarase un tapón para obstruír a parte superior e
asegurar a impermeabilidade.
O soporte deberá incluír un beacon conectado co seu sistema de información no que o
concello poida verificar o correcto funcionamento do sistema tal e como se describe no
artigo artigo 2, epígrafe 2.3.
Sistema de fixación
O sistema de fixación dos indicadores ao soporte realizarase mediante sistema de pinza
de aluminio maciza, de tal maneira que se garanta a rixidez da unión. A tornillería
deberá quedar totalmente oculta.
Anilla de personalización
O conxunto irá personalizado cunha anilla da mesma sección que o soporte, de cor
diferente, e co grafismo do escudo do Concello.
Todas estas sinais, instalaranse en zona de dominio público municipal, rúas, camiños,
etc do concello de Muros.
CONCELLO DE MUROS
34
6.- ORZAMENTO
Unidades Descrición Prezo/ud Prezo
Cap. 1 -Sinalización peonil
45 Placa dobre cara de aluminio de
800x90x8mm, con decorado rotulado
con vinilo de corte RFT. RA1 (EG).
Incluída pinza de fixación, tubo exterior
de 8 posicións e tornillería. Incluída
instalación.
125,50 € 5.647,50 €
11 Soporte telescópico de aluminio de Ø90
x 5mm de 3m de base con tubo interior
de 1,50m, con imprimación cromo-
fosfato e pintado ó forno. Incluído tapón
de 40mm e instalación.
225,00 € 2.475,00 €
11 Anilla de personalización de aluminio Ø
90mm de 80mm de altura, acabado
color RAL
15,00 € 165,00 €
5 Tapón de plástico para conxuntos de 90
mm de diámetro e 100 mm de altura,
preparado para albergar BEACONS.
89,50 € 447,50 €
5 Punto de información a dobre cara de
1400x1400 mm, con decorado impreso
en vinilo a toda cor con protección
antigrafiti. Doble soporte lateral
telescópico de Ø 90x5mm de 1,50 m e
pinza de suxeición. Incluído tapón de
40mm acabado lacado e instalación.
2.150,00 € 10.750,00 €
Cap. 2 - Sistema de sinalización
intelixente
1 Implantación, asistencia e mantemento
do sistema de información intelixente e
integración na sinalización turística
intelixente. Incluído código QR, chip NFC
e BEACONS (5ud) nos elementos de
sinalización.
10.500,00 € 10.500,00 €
CONCELLO DE MUROS
35
500 Tarxeta NFC 1,50 € 750,00 €
TOTAL 30.735,00 €
IVE 21% 6.454,35 €
TOTAL IVE INCLUIDO 37.189,35 €
Top Related