Día do Libro
O día 23 de abril celébrase o Día mundial do Libro (tamén
denominado Día Internacional do Libro) e como o seu nome
indica é en todo o mundo.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de
outubro de1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de
Cervantes Saavedra.
As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración
do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes
agasallasen ás mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
No 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día
do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva
catalá.
O costume de adicar ese día á festa do libro foi estendéndose desde España ata outros países.
O 15 de novembro de 1995, a UNESCO (Organización das Nacións
Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) decidiu proclamar
este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor.Polo
tanto a primeira celebración do Día mundial do Libro tivo lugar o 23
de abril de 1995. Esta xornada ten como fin promover o libro e
proporcionar a través del o acceso á cultura do maior número de
persoas posible.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos
Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de
Cervantes o 23 de abril de 1616 se correspondía coa data do
aniversario da morte de William Shakespeare Ese mesmo día tamén
se conmemora a morte do escritor Garcilaso de la Vega.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo
Rei,en Alcalá de Henares (Madrid), ese día.
CUESTIONARIO
O 23 de abril celébrase o DÍA DO LIBRO…
Con que finalidade?
_______________________________________________________
Que organismo internacional promove esta celebración?
_______________________________________________________
A partir de que ano se celebra en España o Día do libro? e no resto do
mundo?
Por que foi escollida a data do 23 de abril?
_______________________________________________________
_______________________________________________________
Que premio literario se concede en España nesta data?
En que lugar se desenvolve tan importante acontecemento?
_______________________________________________________
O 23 de abril de 1616, falecen tres grandes escritores universais
Cales son os seus nomes?
______________________________________________________
_______________________________________________________
Se hoxe é 23 de abril, cantos días quedan para que remate o ano?
Aclara o significado de UNESCO. (sigla)
_____________________________________________________________________
En que comunidade autónoma, o día 23 de abril, a namorada agasalla cun Libro ao namorado?
Miguel de Cervantes Saavedra
Miguel de Cervantes Saavedra (Alcalá de
Henares, 29 de setembro de 1547 –Madrid, 22
de abril de 1616) foi un soldado,
novelista, poeta e dramaturgo español..
O seu espírito aventureiro levouno a Italia
como camareiro do cardeal Acquaviva. Alístase
no exército e participa en numerosas batallas;
estando a bordo da galera Marquesa, da Liga
Pontificia española, xenovesa e veneciana, á fronte dun posto de
perigo no combate de Lepanto (1571), recibe dous arcabuzazos no
peito e outro na man esquerda, quedando así inutilizada esta para o
resto dos seus días. Sendo este o motivo polo que tamén é coñecido
como o “ Manco de Lepanto”.
É considerado unha das máximas figuras da literatura española e
universalmente coñecido por ter escrito Don Quijote de la Mancha,
que moitos críticos describiron como a primeira novela moderna e
unha das mellores obras da literatura universal, ademais de ser o
libro máis editado e traducido da historia, só superado pola Biblia.
CERVANTES…
Nome completo:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- -
Data na que naceu e na que morreu:
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
¿Cal é a súa obra máis coñecida?
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
¿Con qué sobrenome era coñecido?
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Escribe o comenzo do libro “Don Quijote”

Top Related