1. CLASES DE SUBSTANTIVOS
Presentación adaptada e complementada de Víctor
López Baliño a partir dunha presentación da profesora
Noemí Pazó sobre o xénero.
SON FEMININOSOS REMATADOS EN –AXE e -XE OS REMATADOS EN –SE, -ITE,
A MAIORÍA DAS ÁRBORES FROITEIRAS OUTROS
A paisaxe, a homenaxe, a friaxe, a
orixeA análise, a énfase,a xénese, a hipótese, a
otite, a hepatite...
A maceira, a cerdeira, a pereira, a nogueira...
O traxe, o paxe, o garaxe
O/A personaxe
A árbore, a arte, a canle, a calor, a cor, a
dor, a pantasma, a ponte, a síndrome, a
suor
Se o nome da froita é masculino tamén o é o da árbore: limón-limoeiro, pexego-pexegueiro...
PERO Figo-figueira, castaña-castiñeiro
SON MASCULINOS
OS NOMES DAS LETRAS OS REMATADOS EN -OTE
OS REMATADOS EN ME OUTROS
O a, o be, o ce... O dote, o lote...
O cume, o lume, os legumes, o abdome, o
exame, o arame, o réxime
a síndromea podredumea servidume
o leite, o mel, o sal, o sinal, o labor, o nariz, o sangue, o sorriso,
o cárcere
Na maioría dos casos sabes a solución (filla/fillo –presidente/presidenta, avó/avoa –
deus/deusa...)
PERO
SE REMATAN EN –án FAN O FEMININO EN á
...se son despectivos fan o feminino en -ana
alemán/alemá catalán/catalácapitán/capitá ourensán/ourensá
lacazán/lacazana, paspán/paspana folgazán/folgazana...
SE REMATAN EN –ón FAN O FEMININO EN -oa
...se son despectivos/aumentativos fan o feminino en - ona
patrón/ patroa león/leoaladrón/ladroa
abusón/abusona papón/papona cabezón/cabezona...
Eu inventarei por iso a cidade,os lugares ocultos, as rúas;crearei o aroma das camelias,as cancións dos músicos,a herba baixo os teus pés...eu crearei este lugar para que o amor nunca morra,meu pequeno de ollos máxicos,e a ti tamén.e só se amarras un globo á miña man,e xuras que será o can o que camiñe ao noso lado,que será chespir coas súas patiñas levitando sobre o chan,se o fas, se mo xuras,entón creareite a ti tamén.para que habites no meu colo para sempre…meu berlín.ese será o teu nome, porque terás un ollo de cada corcomo a cidade.e este será o teu libro,para que ti nunca o saibas. Adaptado do poema de María Lado, “Berlín”.
“Engadimos adxectivos”
amarelo azul vermello gris verde negro
branco negro En que cor están escritas as palabras anteriores?
GRAOS DO ADXECTIVO
El é un tipo listo.
Ten sempre menos cartos ca min.
É tan falangueiro como / coma Xurxo.
Gústalle máis o caldo con repolo que con grelos.
A lebre é rapidísima.
É o mellor xogador de pimpón do colexio.
CONCORDANCIA ENTRE SUBSTANTIVO E ADXECTIVO
Mar, ceo e paisaxe norteñ….
Melodía e letra nostálxic….
Automóbil e vivenda antig….
Televisión e móbil ultramodern…
Contracción de ca… fonte de confusións
O A OS AS
CA có / ca o cá / ca a cós / ca os cás / ca as
Emprega ca / có / cá / cós / cás / coa / cos / coas.Se tiras ………………….. cousas quedarás sen elas.Por que tiraches ………………….. martelo? Pensas que é peor …………… teu?As leitugas naceron mellor ………………….. ano pasado.Chegou ……………… lingua de fóra e ……….. xeonllos cheos de magoaduras.Os amorodos déronse mellor ………………….. da última tempada.Lois é máis amigo de ir cear os venres ………………….. Xoán.Meu irmán é máis novo ………………….. miña curmá.
Top Related