Download - O castelo interior.ppt

Transcript
Page 1: O castelo interior.ppt
Page 2: O castelo interior.ppt

« Nulla ti turbi,nulla ti rattristi,tutto passa:solo Dio non muta.La pazienzatutto conquista.Se hai Dio nel cuorenulla ti manca:solo Dio basta. »(Santa Teresa di Gesù, Poesía, 9)

Page 3: O castelo interior.ppt
Page 4: O castelo interior.ppt

Apenas vos comuniquedes, pechade os ollos do corpo e abride os ollos da alma para fixalos no fondo do voso corazón a onde o Señor descendeu.

Page 5: O castelo interior.ppt

A porta do castelo é a oración. Pretender entrar ao ceo sen antes entrar en nós mesmos para mellor coñecernos e considerar a nosa miseria, para

ver o moito que lle debemos a Deus e a necesidade que temos da súa misericordia, é unha verdadeira loucura.

Page 6: O castelo interior.ppt

Podemos considerar a nosa alma como un castelo todo dun diamante ou moi claro cristal, onde hai moitos apousentos, así como no ceo hai moitas moradas .

Page 7: O castelo interior.ppt

No centro, no medio de todo, está a estancia principal, aquela onde pasan as cousas de moito segredo entre Deus e a alma.

Page 8: O castelo interior.ppt

Pois tornando ao noso fermoso e deleitoso castelo, temos que ver como poderemos entrar nél.

Page 9: O castelo interior.ppt

Parece que digo algún disparate; porque se este castelo é a alma, claro está que non hai para que entrar, pois estase xa dentro.

Page 10: O castelo interior.ppt

… hai moitas almas que están na ronda do castelo (...) e que non se lles dá nada por entrar dentro, nin saben que hai naquel tan precioso lugar, nin quen está dentro nin aínda que habitacións ten.

Page 11: O castelo interior.ppt

A porta para entrar neste castelo é a oración e a meditación.

Page 12: O castelo interior.ppt

As almas sen oración son como un corpo tolleito e paralítico que ten

mans e pés, pero non os pode mover.

Page 13: O castelo interior.ppt

Quen comezou a facer oración non pense máis en deixala, a pesar dos pecados nos cales poida chegar a caer. Coa oración poderá erguerse axiña, pero sen ela é moi difícil.

Page 14: O castelo interior.ppt

Xa que a oración non é outra cousa, para min, senón unha relación de amizade, un encontrarse frecuentemente sós e a soas con Quen sabemos que nos ama .

Page 15: O castelo interior.ppt

O amor verdadeiro e a amizade que dura danse en paridade de condiciónes, e á vez, sabemos que mentres o noso Señor non pode ter ningún defecto, nós somos de natureza viciosa, sensual e ingrata, por iso non podemos amalo tanto como El merece.

Page 16: O castelo interior.ppt

Quixer facervos comprender que a alma non é o pensamento e que a vontade non está gobernada pola imaxinación. Sería unha gran desdita se o fose. Non ven, polo tanto, que o proveito da alma non consiste no moito pensar, senón no moito amar.

Page 17: O castelo interior.ppt

Facede sempre o posible por estarlle sempre cerca. Se vos habituades a telo cerca, e El verá que o facedes con amor e que buscades todo medio para contentalo, non só non vos faltará, senón que non poderedes quitalo do contorno.

Page 18: O castelo interior.ppt

Terédelo con vós por todas partes, e axudaravos en cada traballo. Credes que sexa pouca cousa ter sempre cerca así un tan bo amigo?

Page 19: O castelo interior.ppt

Non pido xa de concentrarnos todas nel. Pídovos soamente que o miredes. E quen vos pode impedir de querer sobre El poñer os ollos da vosa alma, aínda que sexa un instante se non podedes máis?

Page 20: O castelo interior.ppt

Se estades alegres podedes contemplalo resucitado, e ao velo saír do selpulcro, a vosa alegría abundará (...) Se en vez estades aflixidas ou entre traballos, podedes meditalo mentres está no horto das oliveiras (...) atado á columna (...) perseguido polos uns e cuspido polos outros, renegado, abandonado polos amigos (...) reducido a tanta soidade que ben poderiades achegarvos e consolarvos mutuamente.

Page 21: O castelo interior.ppt

El agora ha mirarvos con aqueles os seus ollos tan belos, compasivos e cheos de bágoas; esquecerá as súas dores para consolar as vosas, sempre e cando vós o miredes e lle pidades de consolarvos.

Page 22: O castelo interior.ppt

Debemos reencontrarnos a nós mesmas aínda no medio das ocupacións, sendo sempre unha gran vantaxe recordarnos, de tanto en tanto, aínda que sexa fugazmente, o Hóspede que temos en nós.

Page 23: O castelo interior.ppt

Sr. Alba Vernazza fma