Somos seres dotados para a linguaxe e grazas a ela e con ela
construimos o que somos. Temos por iso unha inesgotable confianza
nas palabras, no seu poder para argumentar e emocionar, para per-
suadir e civilizar. Coas palabras elaboramos mundos, teorías, rela-
cións, ficcións, leis, sonos…, aínda que tamén con elas podemos des-
truír, danar, engañar ou confundir. É por iso que, entre outras mi-
sións, confiamos nas palabras para defender as virtudes e as recompen-
sas da lectura. Estamos convencidos de que se acertamos nas descri-
cións, as metáforas ou os razoamentos poderemos orientar aos escéticos
ou os indiferentes cara aos libros, impulsalos a descubrir os gozos que
outros descubriron antes.
Eu, aínda que gran parte dos días me mostro seguro da forza das
palabras para invitar a ler e procuro ser consecuente, non poucas veces
dubido de que a reiterada apoloxía da lectura poida espertar curiosida-
de, ánimo ou paixón polos libros. É posible mostrar realmente a alegr-
ía dende a que un fala cando defende a lectura dun libro? Que perci-
ben en verdade os outros cando obsevan o meu entusiasmo ou o meu
silencio ditoso? Entenden os meus argumentos ou dan o mesmo signifi-
cado a palabras como emoción, pracer
ou fantasía? Neses días indecisos pen-
so que é imposible traspasar a outros a
íntima felicidade que un sentiu lendo un
poema, un ensaio, un conto, unha nove-
la. O titubeo non impide, non obstante,
a perseveranza. Crédito da Imaxe
É por iso que sempre preferirei a discreción do exemplo á baran-
funda dos discursos. Se me presento ante un grupo de nenos limítome
a abrir un álbum ilustrado e lelo con delicadeza e fervor, se estou en
fronte de adolescentes no lles falo nin como un colega nin como un
académico senón como alguén que coa súa idade descubriu nos libros o
que a vida lle ocultaba, se debato cos meus alumnos procuro inculcar-
lles amores antes que deberes cara aos libros, se traballo con profeso-
res aléntoos a actuar sempre como lectores antes que como eruditos, se
me dirixo a nais ou país intento facerlles ver a importancia de ofrecer
modelos e estímulos, se converso con outros lectores sobre un libro non
oculto os meus pensamentos pero non os erixo en verdade, Non sei se
esa actitude é convincente, se axuda ou non a crear lectores, pero penso
que actúo como deberían actuar sempre os lectores, sen arrogancia, sen
conciencia de superioridade, procurando regalar o único que nos está
permitido: o testemuño cunha alegría, a manifestación dunha experien-
cia singular cun conxunto de palabras que alguén armou para nós,
aínda que o seu rostro nos sexa descoñecido ou a súa vida trasncorrese
hai milenios ou o seu cuarto diste centos de quilómetros do noso.
Juan Mata
Crédito da imaxe
Texto cedido polo
autor ás Bibliote-
cas Escolares Gale-
gas con motivo do
“Día do Libro”
لقراءة تمنحل األجنحة التى تاخذك حيث التسطيع قداماك
“Leer te da las alas que te llevan
donde no pueden tus pies”
Alaa Hamed
Para que les?
“Eu leo para evadirme da realida-
de, deixar voar a imaxinación e
descubrir as sorpresas que cada li-
bro agocha tras as súas páxinas.”
Alexia Novo
Para que les?
“Desde que tengo consciencia de mi
ser, los libros me han acompañado en
la soledad como amigos fieles.
Han ensanchado el horizonte de mi
mente, me han enriquecido culturalmen-
te, me han proporcionado una gran fe-
licidad.
No concibo la vida sin libros.”
Alsira Fernández
Para que les?
A lectura representa:
- un exercicio de liberdade que permite unha au-
toactualización e unha reflexión continua sobre
a vida e o seu sentido .
- unha oportunidade de evasión e enriquecemento
ao permitirme vivir, sentir e achegarme a situa-
cións e personaxes diferentes á miña realidade.
unha oportunidade de realización persoal e
profesional a través dos retos que outros nos
propoñen por medio da palabra.”
Amelia Conde
Para que les?
“A lectura é algo implícito ó
meu traballo. É algo funda-
mental para o meu desenvol-
vemento persoal e profesio-
nal ”
Antonio Durán
(Morris)
Para que les?
“Leo para viaxar sen medo
máis alá dos muros que choen a
casa da miña ignorancia. Cada
vez que regreso dunha lectura,
derrubo un muro da miña ca-
sa.”
Antonio Reigosa
Para que les?
Para que les?
“Leo porque, coa lectura, xa non
sei se as estrelas son o leite da de-
usa Venus ou xigantescas esferas
de hidróxeno e helio.”
Antonio Rivera
“Leo para viaxar. Leo para
poder visitar outros planetas.
Leo para coñecer. Leo para
descubrir. Leo para divertir-
me. Leo para pasar medo.
Leo para... vivir.”
Anxo Fariña
Para que les?
“Leo para aprender a falar coas árbores,
a escoitar o rio e saber porque o vento
abraza as montañas. Leo para refuxiar-
me das batallas, das guerras e o odio en-
tre os humanos. Quero ser un refuxiado
no pais dos libros capaz de construir con
cada unha das letras de calquera deles a
palabra Esperanza. Por [...]
Anxo Moure
Para que les?
Para que les?
“Leo porque son curiosa e
agradezo os libros que me fan
cuestionar a miña persoal per-
cepción da vida. Que sexan un
revulsivo. Que rebenten os
límites e os prexuízos.”
Anxos Sumai
Para que les?
“Para mi la lectura es una
forma de desarrollar mi imagi-
nación y de olvidar por un
momento mis problemas.”
Araceli García
“Simplemente leo para alimen-
tar mi imaginación, para eva-
dirme y pasar un buen rato al
mismo tiempo que aprendo co-
sas nuevas casi sin darme cuen-
ta”
Beatriz Armada
Para que les?
“Leo para vivir outras vidas,
para viaxar a outros lugares,
correr aventuras, coñecer ou-
tras xentes e para sentir ou-
tras realidades.”
Begoña Fernández
Para que les?
“Para ser non só persoa, se-
nón, ás veces, tamén perso-
naxe.”
Caridad Silva
Para que les?
“Un libro sempre é útil. Na Pontepedri-
ña, ou na Baía de San Salvador.
Poderíamos vivir sen libros... e sen ami-
gos, e sen amor, e sen pernas… pero que
necesidade hai de prescindir de aquelo que
nos fai felices?
A pregunta debería ser ao revés.
Realmente es quen de vivir sen a lectura?
Carlos Blanco
Para que les?
Para que les?
“O primeiro que observo é or re-
trato do autor ou autora. Come-
zando a ler, vou meténdome na
súa per para saber como pensa e
o comparo co meu pensamento. É
como vivir dúas vidas á vez.
Apaixoante!”
Carmen Arnoso
“…gústame que me vexan
lendo, por se me preguntan
¿Que les?, e conversamos.”
Celso Fdez. Sanmartín
Para que les?
“Eu leo para nutrirme. Leo
para sobrevivir.”
Cristina Novoa
Para que les?
Para que les?
“Eu leo para que os meus pro-
blemas non teñan tanta impor-
tancia. Para evadirme do mun-
do real e vivir as aventuras que
corren as personaxes. Para sen-
tirme libre e voar en dirección á
felicidade.”
Cristina Prieto Solano
Para que les?
“Teño dous lectores dentro de
min. Gaña por goleada o que
pretende divertirse con histo-
rias de policías e detectives, pe-
ro o que necesita respostas on-
tolóxicas sobre a existencia
aparece de cando en vez.”
Diego Ameixeiras
“Para soñar, para viaxar,
para vivir.”
Domingo Villar
Para que les?
“Leo para escribir, para pensar, pa-
ra crear, para aprender cancións, pa-
ra celebrar os momentos de silencio
ou abrir a carta do meu amigo, leo
porque os libros son como camiños
que percorren a paisaxe interior de
quen os escribe, leo para aprender a
ler.”
Eduardo Rodríguez Cunha (Tatán)
Para que les?
Para que les?
“Para vivir tódalas historias
imaxinables. Viaxando en tem-
po, espazo e vivenzas dende o
meu sillón e adquirindo cultu-
ra, vocabulario, ortografía...”
Elisa Naveiras Santiago
“Leo porque me gusta enriquecer
mi punto de vista, conocer el mun-
do que me rodea, andar con ojo
avizor por la vida y sentirme vivo,
en definitiva.”
Emilio Varela
Para que les?
Cubrirme de puntos suspensivos
Poñerme na pel doutra persoa, mesmo dun animal.
Mesmo dun oso.
Deitarme na Vía Láctea.
[Mesmo na pel dun extraterrestre]
Enredarme no eco dunha palabra que resoa como unha caramuxa.
[Mesmo na pel dun limoeiro]
Entendelo case todo. Peitearme con puntos e comas. E saber dicir o que quero dicir
cando me toca dicir, e dicilo ben e dicilo alto e dicilo forte e poder
escribilo para que haxa outro que o lea e cubrilo de puntos sus-
pensivos e...
Para min todo iso é ler.
Estíbaliz Espinosa
Para que les?
"Eu leo para entender as cou-
sas como os exercicios. Tamén
leo para entreterme e aprender
novas palabras"
Fernando Maceiras
Para que les?
“En cada minuto dun día, e doutro,
e doutro máis… atoparía unha no-
va razón para ler. Leo para seguir
reconstruíndome. Leo, logo son unha
privilexiada.”
“Leo para poder dicir Si,
para saber dicir Non,
con convicción”
Fina Casalderrey
Para que les?
“Leo por diversión,con imaxinación.
Leo por curisiodadidade,con experimenta-
ción.
Leo por sentirme libre,con ilusión.
Leo por coñecerme,por coñecervos,por co-
ñecer outros mundos,outras músicas outras
cores,outros cadros e debuxos,outras xentes
que tamén len...
Leo porque me gusta.”
Guadi Galego
Para que les?
“Ler, como escribir, é levarnos
do Eu ao Nós, é devolver á
palabra a dignidade perdida,
recuperar a facultade de dialo-
gar co que somos, co que fo-
mos, e ata co que seremos.”
Gonzalo Moure
Para que les?
“Para medrar por dentro e acabar
de ser persoa.”
Helena Villar Janeiro
Para que les?
“A min gústame ler porque é
outra maneira de vivir noutros
sitios ou outras situacións,
novas experiencias.”
Inma Lavandeira
Para que les?
Para que les?
“Leo porque los libros me
ayudan a olvidar los proble-
mas, a evadirme de aquello
que me preocupa o me ago-
bia.”
Iria Carpente
Para que les?
“Eu leo para:
- Evadirme da vida cotiá, dos problemas,
das preocupacións.
- Imaginar mundos fantásticos, marabi-
llosos...
- Gozar nos meus ratos de ocio.
- Informarme do que pasa no mundo, na
sociedade, no meu entorno máis próxi-
mo.”
José Gómez
“Leo para vivirte
Leo para sentirte
Leo para crecer
Leo para non morrer”
José M. Mouriz Cabalo
Para que les?
“Porque é unha necesidade, como o
respirar”
Juan Bautista Fdez. Lamelas
Para que les?
“A mi me gusta leer para di-
vertirme y conocer el mundo
que me rodea”
Juan Carlos Valerón
Para que les?
“Porque me gusta soñar.
Gústame converterme nun Tuareg do Sahara, nun
investigador privado que desmantela os cimentos da
xustiza dun país, nun mariño conquistador de novos
pobos, nun médico que descubre a vacina contra o
cancro…
Tamén me gusta afondar e reflexionar sobre as in-
xustizas que asolan o noso mundo.
Nos libros temos a axuda que precisamos e en to-
dos os xéneros literarios encontramos cultura, har-
monía e sobre todo boa compaña.”
Juan José López Bellón
Para que les?
“Leo para vivir outras vidas, ou-
tras experiencias e outros mundos
e, así, entender o meu.”
Juan Pablo Patiño
Para que les?
Para que les?
“Leo para vivir máis.”
Kiko da Silva
"Eu leo para soñar sen durmir,
para falar sen mover a boca,
para camiñar sen mover os pés,
para ser quen non son, para
crer nun novo mundo, para vi-
vir..."
Laura López
Para que les?
“Yo leo para poder sentirme
bien, para aprender, para enterar-
me de lo que puede estar pasando
y sobre todo, para que cada uno
de los textos que lea me sirva pa-
ra entretenerme y pasar un buen
rato.”
Leonardo A. Sanz Diego
Para que les?
"Eu leo para descubrirme nos outros
e para descubrir aos outros en min.
Leo para viaxar, para aprender, pa-
ra soñar e para ser quen de facer
eses soños realidade a través da
maxia da lectura"
Loly Lago
Para que les?
“Leo para saber cosas”
Lucía Solano (6 años)
Para que les?
"Leo para coñecer, para
viaxar, para ter aventuras, e...
para transportarme a outros
lugares e culturas"
Luis Dávila
Para que les?
“Leer es una manera de vivir
muchas vidas.”
Luísa López Muiños
Para que les?
Para que les?
“Leo como respiro, para vivir. As
lecturas expresan o latexo da vida,
dende o entusiasmo por coñecer até
a melancolía de saber que se vai, in-
exorablemente, derramando.”
Manuel Bragado
Para que les?
Para que les?
“”Para aprender e estar no
mundo. Viaxar, soñar, non
renegar da especie, vivir as
cen mil vidas que non vivirei,
experimentar a reencarnación.
Se estou triste. Ou feliz.”
Mª Isabel Serantes
Para que les?
”Leo porque quero coñecer as
distintas caras que ten unha
mesma realidade, quero avivar
os sentimentos, acender a
imaxinación….
Porque si non leo cómo vivir-
ía?”
Mª José Paz
“Leo para aprender, para saber
más cosas.
Cuando leo Alicia en el país de
las maravillas me creo que es
verdad”
María Jurado (7 años)
Para que les?
“Leo, sobre todo mulleres, para
compartir a súa rebeldía, para vivir
noutros mundos posibles e aprender
así a facer mellor aquel no que eu
vivo.”
María Reimóndez
Para que les?
"Leo para nutrirme coa pala-
bra dos outros.
A lectura é o meu alimento,
sen ela non podería vivir!"
Mercedes Castro
Para que les?
"Eu leo porque me gusta, nece-
sítoo para vivir outras experien-
cias a través da lectura, coñecer
outras culturas.
Para min é un vicio moi sán!!"
Meren Martínez
Para que les?
Para que les?
“Para abrir a mente a formas
de pensar e sentir moi diver-
sas, que me fagan replantexar-
me as miñas.
E, sobre todo, por pracer”
Montse Rodríguez
Os deportistas pasamos moitas horas adestrando, pero tamén en
aeroportos,hoteis e hospitais.
Neses intres de espera, concentración e tempos interminables de re-
cuperación, un libro é a mellor axuda para amenizar na terminal
do aeroporto, disipar a tensión no hotel antes da competición e
conbatir a frustración cando te estas a recuperar dunha lesión.
Nas tres Olimpiadas nas que participei tiña un libro o carón da
cama na villa olímpica. E igual que unha canción ou un perfume
recordan a esa chica ou ese día especial. Cando agora collo ese li-
bro na miña casa, lebro todas as emocions, ledicias e tristezas que
me aconteceron naquel momento. Porque ler un libro faiche feliz
cando o lés pero tamén cando recordas o momento no que o liches
a persona que cho regalo ou o lugar onde o conseguiches.
Porque ler e recordar, e ¿quen non quere ter recordos?
Pablo Cimadevila
Para que les?
“Eu leo para saber quen son, para
coñecerme e recoñecerme nas historias
que escriben outras persoas, que vi-
ven outras personaxes.”
Paula Carballeira
Para que les?
“Para vivir, para soñar, para coñe-
cer, para ser... Se non les non hai
nada... A lectura é vide e é esperan-
za... A esperanza de ser mellores per-
soas, de ser máis xustas, solidarias,
comprometidas, integrales... A espe-
ranza de ser nós mesmas/os ”
Pedro Brandariz
Para que les?
Para que les?
“Leo para aprender,
para pasar o tempo e para que o tempo non
pase,
para comprender o mundo e para entenderme,
para estar acompañada e poder estar soa,
para ir ao pasado e ao futuro,
para estar na miña realidade e en todas as
outras… máis ben,
para que non leo?
Pilar Sampedro
Para que les?
“A min gústame ler porque é un
xeito de poñerlle cara aos personaxes
que os escritores nos describen. Ade-
mais é unha forma de entrar nas rea-
lidades e fantasías que nos relatan,
un xeito de abstraerse do presente pa-
ra trasladarte ao imaxinario”
Pinto de Herbón
Para que les?
“Leo para saber máis desa mesmísima
realidade da que fuximos cando practica-
mos ese exercicio intenso chamado lectu-
ra. Leo para atopar respostas a pre-
guntas que ninguén fará. Leo para en-
cher ocos alí onde a felicidade non che-
ga. E leo tamén para reter ese tempo
que escapa entre os dedos fugaz.”
Rafa Villar
“A min a lectura entretenme por-
que é unha forma simple de diver-
sión e que pos a proba a túa ima-
xinación.”
Raquel Eiroa Martínez
Para que les?
Para que les?
“Eu leo para divertirme cando
estou aburrido e tamén leo pa-
ra aprender e porque me gusta
ler.”
Roque Sanfiz Arias
“Leo para fuxir e para en-
contrarme no máis fondo de
min mesma. Leo para saber e
para ignorar. Para ver dende
outros ollos e dende as tripas
dos meus. Leo para ser ti.”
Rosa Aneiros
Para que les?
“Eu leo para aprender sobre
outras culturas, outras formas
de pensar e de vivir, pero so-
bre todo porque me divirte e
disfruto cun libro nas mans.”
Rosa Fariña
Para que les?
“É unha vía de escape, unha forma de vivir outra
vida cando che apeteza e sin molestar a nin-
guén… pero con tanta intensidade como se fose
a túa propia historia. E logo, cando rematas e
pensas éste sí, este é o mellor de todos. Ata que
chega outro que fai que sintas o mesmo.
É un vicio moi recomendable, e aínda que cree
adición sempre haberá amigos, veciños, bibliotecas
ou clubes de lectura para compartilo.”
Rosi Rivera
Para que les?
“Eu quería ser corsario e escapar de
Long John Silver, pretendín ser un neno
libre como Pipi Lamstrung, soñei con
acompañar a Verne na viaxe ao centro
da Terra e con cazar tigres canda San-
dokan, pretendín embarcarme no Pequoq.
Soamente un lugar no que conseguín
realizar todos eses soños: na biblioteca.”
Santiago Jaureguizar
Para que les?
"Eu leo porque me gusta ler so-
bre todo comics de risa. Tamén
leo para aprender e mellorar a
lectura. Pero sobre todo leo por-
que me gusta"
Sergio González Fachal
Para que les?
Para que les?
“A literatura expándenos fóra do
noso eu e ao tempo reforza o noso
eu, fainos máis donos. E por iso é
unha experiencia única e intrans-
feríbel, porque todo ocorre dentro
nosa.”
Suso de Toro
Para que les?
"Eu leo para aprender, divertirme e
para pasar un bo rato imaxinando
as aventuras que nel acontecen.
Leo para saber o que ocorre nou-
tros lugares, para saber que cami-
ño escoller ou para, simplemente,
ler."
Tamara Miragalla
Para que les?
Para que les?
"Leo para vivir miles de vidas de
papel y sentir así el roce de lo eter-
no."
Toni Solano
“É o secreto da eterna juventude.
Todo aquelo que se atopa fora do
sentido e conhecimento a imagina-
zom o recompom á sua vontade. É
um efecto terapeutico com o mundo e
com uma mesma. Um reencontro
constante e uma aventura perpetua.”
Ugía Pedreira
Para que les?
“Leo para imaginarme otra, para
soñarme yo misma, para reinven-
tarme. Leo por afición, por aflic-
ción y por compulsión. Leo, luego
existo.”
Virginia Imaz (Oihulari Clown)
Para que les?
“Leo para lerme. Leo para saber
quen son. Que quero ser. Leo para
encontrarme nos textos. Non vou na
procura do que o texto di, senón do
que di de min. Así a lectura fáiseme
experiencia e vida.”
Xabier P. Docampo
Para que les?
Para que les?
“Home, case sempre me preguntan porque camiño,
porque subo os montes…pero por que leo…..?
Pois supoño, que é un acto reflexo igual que cami-
ñar, so que os obxectivos son diferentes. Camiñando
quero chegar a un sitio, a un lugar, case sempre
alto (para iso son montañeiro), pero lendo, non che-
go a ningures, simplemente recollo datos. Eses da-
tos que logo necesito para desenrolar a miña vida,
e ás veces as miñas aventuras.
E si non salgo a camiñar nalgún tempo, entón, me
traslado ao interior do libro, e penso que estou
alí.”
Xan Ramírez
“Para descubrir a chorima,
abraiarme coa súa cor, pro-
bar con ela a dor e a ledicia
e acompañala polo planeta.”
Xoán Vázquez
Para que les?
Para que les?
“Para poder sorrir, mirar a
chuvia, ás paredes de Tapies,
sentir a Leonard Cohen, emo-
cionarme con De Profundis,
para viaxar… sobre todo fa-
cer viaxes imaxinarias.”
Xosé Cobas
“Non podería vivir sen fantas-
ía, o maxín é o que nos fai ter
ilusión, esperanza e ser felices.
Ese mundo completo de fantasía
só está nos libros…”
Xosé M. Martínez Fraguela
Para que les?
Para que les?
“Leo para multiplicar a miña
vida por mil, para sentir que
os pés se me elevan, e para
poderme mirar sempre dende
fóra.”
Xosé Tomás
"Leo porque é o camiño mellor para apren-
der a poñerme na pel de outros e de outras,
leo para viaxar a outros espazos e outros
tempos sen saír de aquí, para atopar nas
de outros/as as palabras que nomeen o
que me resulta dicífil de pronunciar, leo pa-
ra achegarme a outras realidades que están
nesta e leo sempre, tamén, para gozar"
Yolanda Castaño
Para que les?
Pequena Escolma das Respostas Recibidas
Para que les? Alaa Hamed
Guía Exipcio
Alexia Novo
Estudante
Alsira Fernández
Ama de Casa
Amelia Conde
Orientadora
Antonio Durán (Morris)
Actor
Antonio Reigosa
Escritor, creador de “Galicia Encantada”
Antonio Rivera
Profesor
Anxo Fariña
Escritor e ilustrador
Anxo Moure
Creador do Proxecto “Contos Solidários”
Anxos Sumai
Escritora
Araceli García
Estudante
Beatriz Armada
Estudante
Begoña Fernández
Profesora
Caridad Silva
Profesora
Carlos Blanco
Actor
Carmen Arnoso
Mestra
Celso Fernández Sanmartín
Contacontos
Cristina Novoa
Mestra, Asesora Bibliotecas Escolares
Cristina Prieto Solano
Estudiante, Escritora (15 anos)
Diego Ameixeiras
Xornalista, Guionista
Domingo Villar
Escritor
Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”
Titiriteiro. “Tanxarina Títeres e Marionetas”
Elisa Naveiras Santiago
C.M.I. Unidade de Fene
Emilio Varela
Periodista, Naturalista
Estíbaliz Espinosa
Escritora, Actriz, Cantante…
Fernando Maceiras Fernández
Estudante
Fina Casalderrey
Escritora
Guadi Galego
Cantante
Gonzalo Moure
Escritor
Helena Villar Janeiro
Escritora
Inma Lavandeira
Ama de Casa
Iria Carpente
Estudante
José Gómez
Mestre
José Manuel Mouriz Cabalo
Profesor
Juan Bautista Fernández Lamelas
Profesor
Juan Carlos Valerón
Futbolista – Xogador do Deportivo da Coruña
Juan José López Bellón
Marino
Juan Pablo Patiño
Profesor
Kiko Da Silva
Ilustrador
Laura López
Estudante
Leonardo A. Sanz
Estudante
Loly Lago
Profesora, Coordinadora Bca. Escolar “O Segrel do
Penedo” (IES de Fene)
Lucía Solano
Estudante de Castelló (6 anos)
Luis Dávila
Humorista Gráfico
Luisa López Muiños
Ama de Casa
Manel Cráneo
Escritor, Ilustrador
Manuel Bragado
Editor de Xerais, “Brétemas”
Mª Isabel Serantes
Mestra
Mª José Paz
Psicopedagoga
María Jurado
Estudante (7 anos)
María Reimóndez
Escritora, Tradutora
Mercedes Castro
Escritora, Editora
Meren Martínez
Ama de Casa
Montse Rodríguez
Conserxe
Pablo Cimadevila
Deportista
Paula Carballeira
Escritora, Actriz
Pedro Brandaríz
Cómico
Pilar Sampedro
Mestra, Asesora Bibliotecas Escolares
Pinto de Herbón
Regueifeiro
Rafa Villar
Escritor, Poeta
Raquel Eiroa Martínez
Estudante
Roque Sanfiz Arias
Estudante
Rosa Aneiros
Escritora
Rosa Fariña
Ama de Casa
Rosi Rivera
Auxiliar Xeriatría
Santiago Jaureguizar
Xornalista, Escritor
Sergio González Fachal
Estudante
Silvestre Gómez Xurxo
Escritor
Suso de Toro
Escritor
Tamara Miragaya López
Estudante
Toni Solano
Profesor, Bloguero Re(paso) de lengua
Ugía Pedreira
Directora Centro Dramático Galego, Cantante
Virginia Imaz “Oihulari Clawn”
Paiasa, Narradora e Escritora
Xabier P. Docampo
Escritor
Xan Ramírez
Presidente Club de Montaña Ferrol
Xoán Vázquez Vázquez
Profesor
Xosé Cobas
Ilustrador
Xosé M. Martínez Fraguela
Mestre
Xosé Tomás
Ilustrador
Yolanda Castaño
Escritor
Os carteis onde van enmaquetadas as respostas son
obra de Jaime Izaguirre un arquitecto, deseñador e
debuxante galego que gratuitamente cedeu os seus
deseños ás Bibliotecas Escolares Galegas con moti-
vo do Día Internacional do Libro.
Top Related