CEIP Plurilingüe de
Monterroso
PLAN DE
ADAPTACIÓN Á
SITUACIÓN
COVID NO CURSO
2021-2022
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
1
INDICE
Medidas de prevención básica.................................................................2
Medidas xerais de protección individual..................................................7
Medidas de limpeza..................................................................................12
Material de protección.............................................................................15
Xestión dos abrochos...............................................................................16
Xestión das peticións dos supostos de vulnerabilidade..........................16
Medidas de carácter organizativo...........................................................17
Medidas en relación coas familias e ANPAS ...........................................20
Medidas para o alumnado transportado.................................................22
Medidas específicas para o uso doutros espazos.....................................24
Medidas especiais para os recreos...........................................................27
Medidas específicas para alumnado de educación infantil e os dous
primeiros cursos de primaria....................................................................31
Normas específicas para alumnado de NEE..............................................31
Previsións específicas para o profesorado................................................32
Medidas de carácter formativo e pedagóxico...........................................33
Anexo I: Plano de entradas do centro........................................................37
Anexo II: Planos de circulación do centro..................................................38
Anexo III: Plan de continxencia..................................................................40
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
2
MEDIDAS DE PREVENCIÓN BÁSICA
1. CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
Barrio dos Piñeiros, 9 ,27560 MONTERROSO (Lugo)
Teléf. 982 37 71 80 648 43 16 38
2. Equipo COVID:
María José Carreira López (Tfno: 677094447)
Verónica Gómez Conde (Tfno: 606927223)
Miriam Paz Aira (Tfno: 663039921)
3. Espazo de illamento COVID:
Antigo despacho de xefatura de estudos. O membro do equipo directivo que estea
nese momento sen docencia ocuparase de contactar coa familia do alumno/a que
presente síntomas compatibles coa enfermidade.
Materiais dispoñibles:
Máscaras FFP2
Xel hidro alcohólico
Papeleira con tapa, de pedal
Panos desbotables
4. Alumnado:
Curso Número de alumnos/as
4º de infantil 13
5º de infantil 20
6º de infantil 23
1º de primaria 18
2º de primaria 17
3º de primaria 20
4º de primaria 20
5º de primaria 19
6º A de primaria 16
6º B de primaria 15
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
3
5. Cadro de persoal do centro educativo:
Persoal Número de efectivos
Docente 18
Non docente 6
6. Grupos estables de convivencia.
Grupo Aula Titora Profesorado do grupo
4º de infantil Infantil 4
Begoña Darriba Rodríguez
María Begoña Carballo Quintá Mª Pilar Fernández Vázquez María Fouz Moreno Yolanda Sobrino Val
5º de infantil Infantil 5
Silvia García Iglesias María Begoña Carballo Quintá Mª Pilar Fernández Vázquez María Fouz Moreno Yolanda Sobrino Val
6º de infantil Infantil 3
María José Carreira López
María Begoña Carballo Quintá Mª Pilar Fernández Vázquez María Fouz Moreno Yolanda Sobrino Val
1º de primaria Primaria 1
Miriam Paz Aira Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos Yolanda Sobrino Val
2º de primaria Primaria 3
Mª Guillermina Mosquera Sánchez
Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos Yolanda Sobrino Val
3º de primaria Primaria 2
Jimena García Devesa Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos Yolanda Sobrino Val
4º de primaria Primaria 4
Marta Saavedra Carballo Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos Yolanda Sobrino Val
5º de primaria Primaria 7
María del Carmen Otero Cebral
Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
4
Yolanda Sobrino Val
6º A de primaria
Primaria 9
Mª Esperanza Díaz Sindín Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos Yolanda Sobrino Val
6º B de primaria
Primaria 10
Patricia González Álvarez Mª Begoña Carballo Quintá María Fouz Moreno Marta Otero Pazos Yolanda Sobrino Val
Nos niveis de infantil estableceranse grupos colaborativos de catro ou cinco nenos e
nenas (en función da matrícula do curso) para a actividade dentro da aula, tratando de
minimizar o contacto entre nenos e nenas de grupos diferentes. Estes grupos serán
estables polo menos para cada trimestre.
Medidas para os grupos estables de convivencia:
Tódalas aulas contarán con máscaras, xel hidro-alcohólico, panos desbotables e
papeleira con tapa e pedal.
Cada alumno/a gardará o seu material persoal de uso exclusivo no seu pupitre.
Preferentemente en estoxos e carpetas pechados.
Cada alumno/a desinfectará a súa cadeira e a súa mesa cun pano desbotable e xel
hidro-alcohólico ó chegar pola mañá e antes de irse ó finaliza-la xornada lectiva.
Igualmente os mestres de primeira e última sesión, desinfectarán a mesa e cadeira do
docente e supervisarán que o alumnado leve a cabo esta tarefa. Exceptuamos ó
alumnado de infantil.
Ventilarase a aula polo menos quince minutos, ó inicio da xornada, ó finalizar a mesma
e, cando menos durante o período de recreo. O profesorado será responsable que que
se realicen estas ventilacións, e manteranse as fiestras aberta durante todo o tempo
que sexa posible.
Cando chegue un mestre/a novo sexa titora (que non tivo a primeira hora de docencia
co grupo ou especialista) á aula procederá igualmente á desinfección do espazo propio
do docente.
Minimizar os desprazamentos do alumnado pola escola, reducindo no posible os
cambios de aula.
Cando o alumnado dun grupo se desprace a outra aula (ximnasio, aula de música, aula
TIC, etc.), farao sempre baixo a responsabilidade e coa tutela do mestre que vaia
impartir a docencia na aula que non é de referencia para o grupo. O grupo fará os seus
desprazamentos en ringleira, seguindo as normas de desprazamento indicadas nos
corredores. Se a aula á que se dirixen está ocupada, agardarán fóra dela ata que todo o
alumnado a abandone. O grupo que sae desinfectará cadeiras, mesas e o material que
teña utilizado.
As comidas de media mañá, que os alumnos traen da casa, faranse na aula, con cada
alumno/a sentado no seu pupitre.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
5
Uso obrigatorio da máscara durante toda a xornada lectiva, agás no momento do
xantar e na comida de media mañá. O alumnado de infantil non usará máscara durante
a actividade lectiva.
7. Medidas específicas para os grupos de infantil.
Como norma xeral o alumnado de infantil non usará máscara durante a xornada
lectiva.
O alumnado de infantil que veña en transporte escolar si usará máscara no autobús,
pero non utilizará máscara durante as clases. Cando se inicie a actividade lectiva cada
neno/a gardará a máscara nun estoxo na mochila e volveraa poñer cando remate o
horario de comedor, para viaxar no autobús.
As titoras e as mestras que imparten clase en infantil poñerán especial atención ó
lavado de mans, especialmente antes da merenda e antes de ir ó comedor, que se fará
nos baños das aulas usando auga e xabón. Tamén se tratará de concienciar ós nenos e
nenas da necesidade de manter certa distancia social.
Vixiarase especialmente o uso de xel hidro-alcohólico, que se fará só baixo supervisión
adulta e en situacións onde non se poida usar auga e xabón.
Minimizaremos o uso de materiais compartidos, especialmente aqueles que sexan
máis difíciles de hixienizar.
Na celebración dos días de anos na clase utilizaremos para comer a torta materiais
desbotables dun só uso.
A organización xeral do traballo en aula será de grupos colaborativos de catro ou cinco
membros, estables, cando menos durante cada trimestre. Trataremos de que os
materiais de traballo sexan de uso exclusivo en cada grupo, e non se comparta cos
outros.
8. Canles de comunicación co equipo COVID.
As canles de comunicación co equipo COVID para comunicar casos de sintomatoloxía
compatible, ausencias de persoal e comunicación por parte das familias de incidencias
e ausencias, serán:
Os teléfonos do centro:
982 37 71 80 648 43 16 38
O correo electrónico do centro:
9. Rexistro de ausencias:
O rexistro de ausencias do persoal será levado a cabo pola xefatura de estudos,
utilizando o servizo XADE.
O rexistro de ausencias do alumnado farase tamén en XADE, por parte da titora de
cada grupo.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
6
10. Comunicación das incidencias ás autoridades sanitarias e educativas.
No caso das ausencias que estean relacionadas con COVID comunicaranse á directora
na mesma xornada en que se produzan e sempre coa maior celeridade posible.
A directora comunicará as incidencias COVID a través da canle informática específica
(Educovid) habilitada pola Consellería de Educación no menor espazo de tempo
posible e sempre dentro da mesma xornada.
Tamén fará a directora as comunicacións que lle sexan solicitadas pola inspección
educativa (incidencia no centro da enfermidade, número de alumnos confinados, etc.).
No caso de ausencia da directora, as comunicacións a inspección e na aplicación
Educovid serán realizadas pola xefa de estudos.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
7
MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
11. Esbozo da situación dos pupitres na aula:
Esta distribución corresponde coa que utilizaremos en xeral en tódalas aulas de
primaria. Aínda que a superficie de tódalas aulas non é exactamente a mesma, esta
distribución encaixa en todas.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
8
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
9
12. Identificación dos espazos ou salas a utilizar cando o tamaño da aula non permita
gardar as distancias mínimas.
Aínda que contamos con aulas pequenas, posto que non pasamos de 20 alumnos/as
en ningunha aula de primaria, podemos utilizar as aulas convencionais.
13. Medidas para o uso dos espazos de PT e AL, departamento de orientación ou aulas
especiais.
Aulas de PT e AL:
Uso obrigatorio da máscara nas aulas de PT e AL.
Non poderán estar xuntos nestas aulas alumnos e alumnas de diferentes grupos
estables de convivencia.
Non haberá simultáneamente nestas aulas máis de tres alumnos/as, sentados en
pupitres individuais.
Cada alumno/a desinfectará a súa cadeira e a súa mesa cun pano desbotable e xel
hidroalcohólico ó chegar á aula e antes de irse.
Ventilar as aulas, cando menos cinco minutos, entre sesión e sesión.
O alumnado utilizará o seu propio material minimizando o uso de material común.
O alumnado, coa supervisión da mestra, desinfectará ó finalizar a sesión o material de
uso común que teña utilizado.
As mestras de PT e AL recollerán ó alumnado na súa aula e acompañarano de volta
cando finalice a sesión.
Cando as actividades a realizar así o requiran, as mestras poderán prescindir da
máscara, igual que o alumnado, utilizando unha mampara de protección que permita
ver as caras e protexa a alumnos e docentes.
As actividades de sopro, cando sexa posible, realizaranse ó aire libre.
Departamento de Orientación:
Uso obrigatorio da máscara no departamento de orientación.
O alumnado acudirá ó departamento de orientación de maneira individual.
Cada alumno/a desinfectará a súa cadeira e a mesa cun pano desbotable e xel
hidroalcohólico ó chegar ó departamento e antes de irse.
Ventilar o departamento, cando menos cinco minutos, entre sesión e sesión.
O alumnado utilizará o seu propio material minimizando o uso de material común.
A orientadora desinfectará o material que teña usado o alumno/a, de se-lo caso, ó
finaliza-la sesión.
A orientadora recollerá ó alumnado na súa aula e acompañarano de volta cando
finalice a sesión.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
10
Aulas especiais do centro:
Consideramos como tal a aula de música, a aula de inglés, a aula de relixión e a aula
TIC, así coma calquera outra aula que non sexa utilizada como aula habitual dun grupo
estable de convivencia.
Tódalas aulas contarán con máscaras, xel hidroalcohólico, panos desbotables e
papeleira con tapa e pedal.
Cada alumno/a utilizará material persoal de uso exclusivo sempre que sexa posible.
Preferentemente levará este material dende a súa aula habitual en estoxos e carpetas
pechados.
Cando o alumnado dun grupo se desprace a outra aula, que non é a súa de referencia,
(ximnasio, aula de música, aula TIC, etc.), farao sempre baixo a responsabilidade e coa
tutela do mestre que vaia impartir a docencia na aula que non é de referencia para o
grupo. O grupo fará os seus desprazamentos en ringleira, seguindo as normas de
desprazamento indicadas nos corredores. Se a aula á que se dirixen está ocupada,
agardarán fóra dela ata que todo o alumnado da sesión anterior a abandone. O grupo
que sae desinfectará cadeiras, mesas e o material que teña utilizado.
Cando un grupo se desprace a unha aula que non é a de referencia, o mestre
responsable encargarase da ventilación da aula cando menos durante cinco minutos
(dez se a aula estivo ocupada na sesión anterior). Manteranse abertas as fiestras todo
o tempo que sexa posible.
Minimizar os desprazamentos do alumnado dentro da aula.
Minimizar os desprazamentos do alumnado pola escola, evitando os cambios de aula
sempre que sexa posible.
14. As titorías coas familias do alumnado realizaranse por teléfono ou vídeo conferencia
sempre que sexa posible. Preferentemente no horario semanal establecido para ese
fin no horario do profesorado.
As titorías serán sempre previamente concertadas entre o mestre/a e a familia.
Se se realizan as titorías de maneira presencial (no caso de que así o solicite a familia
ou o profesorado o considere conveniente) faranse sempre co uso de máscara,
desinfección de mans e das mesas e cadeiras utilizadas, e mantendo como mínimo un
metro e medio de separación entre os asistentes. As reunións de titoría presenciais
realizaranse na aula que determine o mestre, en función das necesidades nese intre:
se é posible as titoras usarán a súa aula e os mestres especialistas a aula que utilizan
para gardar o seu material.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
11
15. As comunicación xerais do centro dirixidas ás familias faranse a través da páxina web
do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonterroso/
A dirección tamén usará a plataforma Abalar para enviar informacións ás familias.
As comunicación do profesorado coas familias farase preferentemente a través de Abalar.
A comunicación das familias ó profesorado farase a través de Abalar de maneira preferente.
Cando se trate de comunicar a ausencia dun alumno/a por unha sospeita de COVID ou un caso
confirmado, usarase preferentemente o teléfono do colexio:
Números de teléfono: 982 37 71 80 648 43 16 38
Tamén se utilizará o correo electrónico do colexio:
Cando un mestre/a utilice outros xeitos de comunicación coas familias farao constar na
súa programación.
Para outras persoas, distintas á familias, utilizarase o correo electrónico e os teléfonos
do centro escolar.
16. A máscara será de uso obrigatorio para o profesorado e para o alumnado de primaria
en todo momento. A única excepción será no comedor, mentres se está a xantar e no
tempo en que o alumnado tome a comida de media mañá.
A máscara tamén será de uso obrigatorio durante os recreos e no transporte escolar
para o alumnado de primaria e os adultos.
Para outros adultos que accedan ó centro, sexan familia do alumnado ou outro persoal
(do concello, comerciais, servizos de paquetería, etc.), a máscara é de uso obrigatorio
en todo momento.
O alumnado de infantil non estará obrigado a usar a máscara durante o
desenvolvemento das clases nin no recreo, por decisión do equipo docente. Si a usará
no transporte escolar.
17. Este Plan aparecerá na páxina web do centro. Remitirase unha copia a cada membro
do claustro e do consello escolar (correo electrónico) e tamén se lle facilitará unha
copia ó persoal non docente.
Cada titora será responsable de difundir entre o alumnado as medidas recollidas neste
plan que lles afectan.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
12
MEDIDAS DE LIMPEZA
18. Asignación de tarefas ó persoal de limpeza, espazos e mobiliario a limpar de xeito
frecuente.
Temos dúas persoas encargadas da limpeza no centro. Unha delas encárgase do andar
alto do edificio e outra do andar baixo. Ámbalas dúas teñen unha parte do seu horario
de traballo durante a xornada lectiva, de maneira que as zonas máis sensibles serán
limpadas dúas veces durante a mañá.
Os espazos que requiren ser limpados de maneira frecuente, dúas veces ó longo da
xornada, serán:
Baños do andar baixo (diante da entrada do comedor).
Baños do andar alto.
Baños e vestiarios do ximnasio.
Pasamáns das escaleiras e da rampla de acceso traseira.
Portas de acceso ó exterior. Dianteiras, traseiras e do patio de infantil.
19. Distribución horaria do persoal de limpeza.
A persoa encargada da limpeza do andar alto estará no centro durante a xornada
lectiva de 10:30 a 13:00. Realizará unha limpeza dos puntos máis sensibles durante
este tempo. Pola tarde estará no centro de 16:00 a 21:00, e realizará unha limpeza e
desinfección xeral de todo o andar alto.
O encargado da limpeza no andar baixo é o conserxe do centro. O seu horario pola
mañá é de 09:00 a 14:35. Durante a mañá limpará unha vez os baños do andar baixo.
Pola tarde realizará a limpeza e desinfección xeral do andar baixo da escola.
20. Material e protección para a realización das tarefas de limpeza.
É obrigatorio o uso de máscara por parte do persoal de limpeza e tamén o uso de
luvas.
Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia ( en proporción 1:50),. Así coma
calquera outro desinfectante viricida autorizado polas autoridades sanitarias.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
13
21. Cadro de control de limpeza dos aseos.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
14
22. Modelo de checklist para anotar a ventilación das aulas
CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
CONTROL DE VENTILACIÓN DA AULA AULA:
DÍA HORAS
ENTRADA RECREO
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
15
23. Determinación dos espazos para a xestión de residuos.
O papel usado para o secado de mans, para a desinfección de mesas e cadeira ou o
papel usado en caso de mocos, tose ou espirros, será desbotado en papeleiras de
pedal con tapa, que logo irán ós colectores da “fracción resto”, en bolsas de plástico
pechadas.
O mesmo se fará co material desbotado cando se realice a limpeza (máscaras do
persoal, luvas).
No caso de que algunha persoa presente síntomas compatibles coa Covid 19 durante a
xornada lectiva, será illada nun espazo predeterminado. As máscaras e panos que se
utilicen con esa persoa desbotaranse na papeleira con pedal e tapa nese espazo. Esa
bolsa do lixo extraerase, cando a persoa que presentou síntomas abandone o centro, e
será introducida nunha segunda bolsa de lixo, que se pechará para ser depositada no
colector de “fracción resto” do lixo.
MATERIAL DE PROTECCIÓN
24. Rexistro e inventario do material do que dispón o centro.
A compra, inventario e distribución do material para a prevención da Covid 19 corre a
cargo da secretaria do centro, que forma parte do Equipo Covid.
A compra inicial de material, para comezar o curso consistíu en:
Material Cantidade
Máscaras cirúrxicas 3 capas 2400
Máscaras FFP2 200
Xel hidroalcohólico, garrafa de 5 litros. 8
Alcohol en pulverizador 10
Desinfectante en pulverizador 17
Temos material mercado o curso pasado (panos desbotables, papeleiras con tapa,
termómetros, dispensadores de xel...)
Seguiremos mercando o que sexa preciso en función das necesidades.
25. Determinación do sistema de compras do material de protección.
As compras estanse a realizar ós fornecedores habituais do centro, atendendo a
optimizar os recursos económicos dos que dispoñemos.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
16
26. Procedemento de distribución e entrega de material e da súa reposición.
A secretaria do centro leva un rexistro do material que se entrega a cada aula ou que
se utiliza en cada espazo, para facer a reposición do material de maneira controlada.
XESTIÓN DOS ABROCHOS
27. Xestión dos abrochos.
A xestión dos abrochos realizarase de acordo co Plan de Continxencia que figura como
ANEXO I neste Plan de Adaptación á situación COVID 19 no curso 2021-2022.
28. As comunicación das incidencias relacionadas coa COVID 19 serán realizadas en
primeiro lugar pola directora do centro. No caso da súa ausencia serán realizadas pola
xefa de estudos.
XESTIÓN DAS PETICIÓNS DE SUPOSTOS DE VULNERABILIDADE
29. As persoas interesadas en ser declaradas persoal sensible por causas de saúde,
deberán dirixir a súa solicitude á directora do centro, segundo o modelo que aparece
no ANEXO XII do “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de
ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022”
A dirección do centro emitirá, para cada solicitude, un informe no que se indiquen as
tarefas e condicionantes específicos do posto de traballo do solicitante e a
determinación das medidas de protección existentes. Utilizarase o ANEXO XIII do
“Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non
universitario de Galicia para o curso 2021-2022”. A dirección remitirá as solicitudes e
os informes emitidos á Inspección Médica da Xefatura Territorial da Consellería De
Educación, esta remisión realizarase a través do correo electrónico.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
17
MEDIDAS DE CARÁCTER ORGANIZATIVO
30. Determinación das entradas e saídas.
O alumnado transportado accederá á escola inmediatamente en canto baixe do
autobús e dirixirase directamente á súa aula.
Os nenos e nenas de infantil entrarán pola porta principal. Dirixiranse ó corredor onde
se sitúan as aulas de infantil. Alí agardarán en bancos situados no corredor ata que se
inicie a actividade lectiva.
Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto entrarán pola escaleira
exterior que accede directamente ó corredor onde están as súas aulas.
O alumnado de quinto e sexto entrará pola porta principal e a escaleira principal,
dirixíndose inmediatamente ás súas respectivas aulas.
A saída do alumnado producirase dende o comedor da escola. Sairán na orde en que
os recollan os autobuses e dentro disto, na orde en que viaxen colocados no autobús,
enchendo o mesmo de atrás a adiante.
Cando sexan chamados polo encargado de comedor ou a coidadora na que este
delegue, sairán do comedor, coa máscara posta. Os colaboradores de comedor
responsabilizaranse de que tódolos alumnos hixienicen as mans antes de saír do
comedor. Recollerán as súas cousas e sairán directamente para o autobús. O persoal
colaborador do comedor velará en todo momento por que se manteña a distancia
entre o alumnado e a meirande orde posible.
As familias non accederán ó recinto escolar para recoller ós nenos e nenas, agardarán
no exterior e evitarán formar grupos. Exceptuamos ás familias do alumnado de infantil:
un adulto poderá entrar no recinto da escola, na entrada principal para recoller ó neno
ou nena, permanecendo no lugar o tempo imprescindible.
Estableceranse quendas de vixilancia de catro mestres/as cada día para a entrada.
Un dos docentes permanecerá entre a cancela de entrada por onde accede o
alumnado e a porta principal da escola. O seu labor será evitar que o alumnado se
deteña e forme grupos na entrada.
Outro mestre/a estará no corredor de infantil. Controlará a entrada do alumnado
desta etapa educativa e que cada neno/a agarde o inicio da actividade lectiva nun
banco do corredor.
Un terceiro docente estará no andar alto, no corredor onde están as aulas de primeiro,
segundo, terceiro e cuarto de primaria. Vixiará a entrada do alumnado e que cada
neno/a se dirixa á súa aula, tamén controlará a orde nesas aulas ata o inicio da
actividade lectiva.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
18
O cuarto docente estará na zona da escaleira principal no andar alto e controlará que o
alumnado de quinto e sexto de primaria se dirixa ás súas aulas e permaneza nelas ate
o inicio da actividade lectiva.
Na saída da escola ó remata-la xornada lectiva haberá un mestre de garda na porta
principal. Controlará que o alumnado non permaneza no recinto escolar e que a saída
se faga de xeito organizado.
No caso do alumnado que non utiliza o comedor escolar haberá unha modificación nos
horarios de saída para gradar o acceso ó comedor:
Infantil, primeiro e segundo de primaria sairán ás 14:15
Terceiro e cuarto de primaria sairán ás 14:25
Quinto e sexto de primaria sairán ás 14:35.
Pretendemos así evitar que se concentren moitas familias no exterior do centro de
maneira simultánea, e tamén dosificar a chegada do alumnado ó comedor, para que
non haxa moitos nenos e nenas nos baños realizando un lavado de mans, que este ano
ten que ser especialmente rigoroso.
ANEXO I: Plano de entradas do centro
Os familiares que acompañen o alumnado ó centro non poderán acceder ó interior do
recinto, agás no caso do alumnado de infantil. O acceso, tanto para recollelos, como
para deixalos, será a través do patio de infantil, pola porta que dá directamente ás
aulas desta etapa educativa.
O pais e nais do resto do alumnado só accederán ó centro despois das 09:35, no caso
de ter que realizar algunha xestión. Para reunirse cun docente farano só no caso de ter
concertado antes cita previa.
31. Determinación de portas de entrada e saída, circulacións no centro e uso de
elevadores.
ANEXO II: Planos de circulación do centro
A circulación polo centro foi sinalizada no chan, coa colaboración do concello.
Séguense ás máximas convencionais de circulación pola dereita. Trátase de evitar que
o alumnado se cruce nos seus percorridos polo centro escolar.
O ascensor só se utilizará no caso de que un membro da comunidade educativa teña
algunha dificultade motora que lle impida ou dificulte de maneira importante o uso
das escaleiras. Utilizarase sempre de maneira individual, agás no caso do alumnado de
infantil, que só o poderá utilizar na compaña dun adulto.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
19
32. Previsións sobre a colocación de cartelería.
Colocarase cartelería informativa nas entradas, corredores, escaleiras e zonas de
recreo, recordando a distancia de seguridade e as medidas de hixiene a observar.
Tamén se colocarán recordatorios sobre as medidas de hixiene nas aulas, nos aseos e
no comedor.
Sinalouse no chan a circulación xeral polo centro. Na entrada da escola tamén se
sinalizan as distancias de espera para as familias que acoden a realizar procedemento
de carácter administrativo.
33. Entradas e saídas de alumnado transportado.
O alumnado transportado accederá á escola inmediatamente en canto baixe do
autobús e dirixirase directamente á súa aula.
Os nenos e nenas de infantil entrarán pola porta principal. Dirixiranse ó corredor onde
se sitúan as aulas de infantil. Alí agardarán en bancos situados no corredor ata que se
inicie a actividade lectiva.
Os nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto entrarán pola escaleira
exterior que accede directamente ó corredor onde están as súas aulas.
O alumnado de quinto e sexto entrará pola porta principal e a escaleira principal,
dirixíndose inmediatamente ás súas respectivas aulas.
A saída do alumnado producirase dende o comedor da escola. Sairán na orde de saída
dos autobuses e dentro disto, na orde en que viaxen colocados no autobús, enchendo
o mesmo de atrás a adiante.
Cando sexan chamados polo encargado de comedor ou a coidadora na que este
delegue, sairán do comedor, coa máscara posta. Recollerán as súas cousas e sairán
directamente para o autobús. O persoal colaborador do comedor velará en todo
momento por que se manteña a distancia entre o alumnado e a meirande orde
posible.
34. Asignacións do profesorado encargado da vixilancia.
Estableceranse quendas de vixilancia de catro mestres/as cada día. A labor destes
mestres será evitar que o alumnado forme grupos e se demore na entrada, controlará
tamén que hixienicen as mans co xel colocado en tódalas entradas do centro e velará
pola orde e a seguridade do alumnado ata que comece a actividade lectiva.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
20
Un dos docentes permanecerá entre a cancela de entrada por onde accede o
alumnado e a porta principal da escola. O seu labor será evitar que o alumnado se
deteña e forme grupos na entrada. Así mesmo, controlará que cada alumno acceda a
través da porta que lle corresponde e que as familias permanezan no exterior do
recinto.
Outro mestre/a estará no corredor de infantil. Controlará a entrada do alumnado
desta etapa educativa e que cada neno/a se dirixa á súa aula, no exterior das mesmas
instalamos bancos onde os nenos e nenas agardarán o comezo da actividade lectiva.
Un terceiro docente estará no andar alto, no corredor onde están as aulas de primeiro,
segundo , terceiro e cuarto de primaria. Vixiará a entrada do alumnado e que cada
neno/a se dirixa á súa aula. Tamén supervisará a orde ata que comece a actividade
lectiva.
O cuarto docente estará na zona da escaleira principal no andar alto e controlará que o
alumnado de quinto e sexto de primaria se dirixa ás súas aulas e permaneza nelas ate
o inicio da actividade lectiva.
MEDIDAS EN RELACIÓN COAS FAMILIAS E ANPAS
35. Previsións en relación co programa de madrugadores.
Este programa está xestionado polo Concello, seguirase o protocolo establecido para
o uso do comedor:
Entrada gradada.
Hixiene de mans ó entrar e ó saír.
Distancia dun metro e medio entre comensais, agrupados por cursos.
Sentaranse no comedor agrupados pola aula á que pertencen.
Queda totalmente prohibido o desprazamento do alumnado polo comedor excepto
para entrar e saír.
Ó rematar o almorzo poderán saír ó patio cuberto da parte de atrás do colexio, sempre
coa tutela dun adulto.
36. Realización de actividades extraescolares fóra da xornada lectiva.
O centro non vai organizar actividades extraescolares fóra da xornada lectiva que
impliquen xuntar alumnado pertencente a diferentes unidades estables de
convivencia.
Se a ANPA desexa organizar no centro algunha actividade extraescolar deberá
presentar ante o Consello Escolar un protocolo que determine as medidas de
prevención a levar a cabo. Dito protocolo detallará con claridade as responsabilidades
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
21
das persoas organizadoras e/ou xestoras de cada actividade. O alumnado participante
nas actividades terá postos fixos durante todo o tempo que dure a actividade, que
serán comunicados á dirección do centro para facilitar a trazabilidade dos contactos.
37. Determinacións para as xuntanzas de ANPAs e Consello Escolar.
As xuntanzas da ANPA estánse a desenvolver nun local do Concello que ten meirande
aforo que as nosas aulas, posto que o espazo que se viña utilizando do centro, este ano
foi habilitado como segundo comedor e preferimos que non se use para ningunha
outra cousa.
As xuntanzas de Consello Escolar levaranse a cabo de maneira telemática. De
realizarse de maneira presencial (se o pide a maioría dos seus compoñentes) faranse
na sala de mestres, por ser máis grande que a sala de reunións que se viña utilizando
nos cursos pasados.
38. Previsión de realización de titorías e comunicacións coas familias.
Realizaranse reunións de titoría sempre que o reclame unha familia ou unha mestra/e,
preferentemente no horario estipulado para iso no centro e sempre con cita previa.
As titorías realizaranse preferentemente por chamada de teléfono, videochamada ou
videoconferencia. De considerar a familia ou os docentes que se debe ter unha
reunión presencial realizarase na aula que determine o docente, seguindo as seguintes
medidas:
Uso obrigatorio de máscara para tódolos asistentes.
Hixiene de mans.
Hixienización de mesas e cadeiras utilizadas (o mestre/a será responsable de que se
realice).
Distancia física de, polo menos un metro e medio.
As comunicación xerais do centro dirixidas ás familias faranse a través da páxina web
do centro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonterroso/
Para comunicar novas ás familias a dirección tamén usará Abalar,
As comunicación do profesorado coas familias farase preferentemente a través de Abalar.
A comunicación das familias ó profesorado farase a través de Abalar de maneira preferente.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
22
Cando se trate de comunicar a ausencia dun alumno/a por unha sospeita de COVID ou un caso
confirmado, usarase preferentemente o teléfono do colexio:
Números de teléfono: 982 37 71 80 648 43 16 38
Tamén se utilizará o correo electrónico do colexio:
Cando un mestre/a utilice outros xeitos de comunicación coas familias farao constar na
súa programación.
39. Normas para a realización de eventos.
Non realizaremos no centro eventos que requiran a xuntanza de moitas persoas e que
obriguen a mesturar ó alumnado que forma parte dos distintos grupos estables de
convivencia.
MEDIDAS PARA O ALUMNADO TRANSPORTADO
40. Establecemento de medidas de entrada e saída dos vehículos no centro educativo,
espazo de espera do alumnado e criterios de priorización para o uso do transporte.
O uso de máscara será obrigatorio para todas as persoas no transporte escolar: nenos
e adultos.
As coidadoras do autobús asignarán un asento fixo a cada alumno/a a ser posible para
todo o curso e tratando de axustarse ós grupos de convivencia estables da escola.
Comunicarán á dirección a distribución do alumnado en cada ruta e notificarán
calquera cambio no momento en que se produza.
Os vehículos de transporte escolar non acceden ó recinto. Temos na rúa unha zona de
estacionamento para autobuses, que é a máis próxima ás entradas do centro.
O alumnado non agardará, nin ó baixar do autobús, nin ó subir, fóra do edificio escolar.
Para as entradas accederán á súa aula directamente en canto baixen do autobús e o
profesorado con quenda de vixilancia velará pola orde e cumprimento das normas.
Na saída, o alumnado sairá dende o comedor, na mesma orde en que saian os
autobuses e na orde en que ocupen os seus asentos, de atrás cara a adiante. Sairán ó
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
23
seren chamados polo encargado de comedor ou a colaboradora ou colaborador en que
o encargado delegue.
No caso de que se establezan medidas restritivas no aforo do transporte escolar a
causa da evolución da pandemia, suspenderíanse as autorizacións excepcionais (de
menos de dous quilómetros).
Se as prazas non fosen suficientes para transportar a todo o alumnado de máis de dous
quilómetros, cubriríanse as mesmas en orde de maior distancia da residencia do
alumno/a ó colexio.
41. Uso do comedor.
Habilitamos a aula de usos múltiples do centro como comedor para infantil e primeiro
e segundo de primaria. No comedor utilizado durante os cursos precedentes comerá o
alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria.
Cada grupo estable de convivencia come xunto, mantendo unha separación de máis
de metro e medio duns grupos a outros. Cada neno/a ten un sitio fixo, sinalado na
mesa co seu nome. En cada grupo os nenos e nenas comen o máis separados posible
(utilizando o máximo do espazo do que dispoñemos) e evitamos que estean encarados
uns fronte a outros.
Para o xantar do persoal colaborador habilitamos un espazo de paso anexo ó comedor,
este espazo é utilizado polo persoal que colabora no comedor escolar, e, nunha
quenda diferente, polo profesorado que fai uso do comedor escolar. Dunha quenda a
outra o espazo ventilarase polo menos quince minutos.
Este ano decidimos retirar os manteis, pois consideramos que a desinfección das
mesas é máis sinxela e efectiva que a dos manteis.
42. Previsión sobre o persoal colaborador do comedor.
Todo o alumnado come nunha soa quenda, en dous comedores. Contamos con oito
persoas para colaborar no comedor, que se reparten catro e catro en cada comedor.
O persoal que colabora no comedor usará máscara en todo momento. As súas funcións
recollidas nas NOF do centro, fan especial fincapé no labor educativo deste servizo,
que entra de cheo na especial vixilancia das normas de hixiene e coidado da saúde: a
supervisión do lavado de mans antes de xantar e despois é un dos puntos nos que se
porá especial atención.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
24
43. Previsión sobre o persoal de cociña e a limpeza da mesma.
Contamos con tres persoas na cociña, unha cociñeira e dúas axudantes. Son as
responsables da limpeza e desinfección de todo o enxoval, utensilios,
electrodomésticos e da propia cociña. Usarán en todo momento máscara e luvas e
gardarán a distancia interpersoal de seguridade.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O USO DOUTROS ESPAZOS
44. Previsións para o uso doutros espazos.
Consideramos como tal a aula de música, a aula de inglés, a aula de relixión e a aula
TIC, así coma calquera outra aula que non sexa utilizada como aula habitual dun grupo
estable de convivencia.
Estas aulas utilizaranse de maneira excepcional, cando sexa estritamente necesario,
baixo criterio do profesorado.
Tódalas aulas contarán con máscaras, xel hidroalcohólico, panos desbotables e
papeleira con tapa e pedal.
Cada alumno/a utilizará material persoal de uso exclusivo sempre que sexa posible.
Preferentemente levará este material dende a súa aula habitual en estoxos e carpetas
pechados.
Cando o alumnado dun grupo se desprace a outra aula, que non é a súa de referencia,
(ximnasio, aula de música, aula TIC, etc.), farao sempre baixo a responsabilidade e coa
tutela do mestre que vaia impartir a docencia na aula que non é de referencia para o
grupo. O grupo fará os seus desprazamentos en ringleira, seguindo as normas de
desprazamento indicadas nos corredores. Se a aula á que se dirixen está ocupada,
agardarán fóra dela ata que todo o alumnado da sesión anterior a abandone. O grupo
que sae desinfectará cadeiras, mesas e o material que teña utilizado.
Cando un grupo se desprace a unha aula que non é a de referencia, o mestre
responsable encargarase da ventilación da aula cando menos durante cinco minutos
(dez se a aula estivo ocupada na sesión anterior por un grupo diferente de alumnado).
Manteranse abertas as fiestras todo o tempo que sexa posible.
Minimizar os desprazamentos do alumnado dentro da aula.
Minimizar os desprazamentos do alumnado pola escola, evitando os cambios de aula
sempre que sexa posible.
XIMNASIO
Para o ximnasio establecemos, ademais, unha redución á metade do aforo dos
vestiarios, que se limparán unha vez ó longo da xornada lectiva, e outra vez cando a
xornada escolar conclúa.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
25
45. Determinacións específicas para a materia de educación física.
Utilizarase a máscara sempre, agás que se desenvolva a clase no exterior e mantendo
dous metros de distancia interpersoal. As clases desenvolveranse no exterior sempre
que sexa posible. O mestre programará actividades que minimicen a proximidade
física, sempre que sexa posible e darase especial relevancia á hixiene e aseo tralas
actividades. Tamén será necesario implicar ó alumnado na desinfección do material
compartido.
46. Proceso de cambio de aula.
Produciranse o menor número posible de desprazamentos polo centro, evitando os
cambios de aula sempre que sexa posible.
Calquera desprazamento dun grupo de alumnos e alumnas polo centro producirase
coa tutela e vixilancia dun docente, en ningún caso o alumnado cambiará de aula só.
Cando o alumnado dun grupo se desprace a outra aula, que non é a súa de referencia,
(ximnasio, aula de música, aula TIC, etc.), farao sempre baixo a responsabilidade e coa
tutela do mestre que vaia impartir a docencia na aula que non é de referencia para o
grupo. O grupo fará os seus desprazamentos en ringleira, seguindo as normas de
desprazamento indicadas nos corredores. Se a aula á que se dirixen está ocupada,
agardarán fóra dela ata que todo o alumnado da sesión anterior a abandone. O grupo
que sae desinfectará cadeiras, mesas e o material que teña utilizado.
Cando un grupo se desprace a unha aula que non é a de referencia, o mestre
responsable encargarase da ventilación da aula cando menos durante cinco minutos
(dez se a aula estivo ocupada na sesión anterior por un grupo diferente de alumnado).
Manteranse abertas as fiestras todo o tempo que sexa posible.
O alumnado só irá ó recreo cando o recolla na súa aula a mestra á que lle toque garda
de recreo con ese grupo.
47. Normas de uso da biblioteca.
Posto que contamos cunha biblioteca moi pequena, cando se utilice sempre será por
un grupo estable de convivencia, coa tutela do mestre/a responsable do grupo nesa
sesión. Para a biblioteca as normas de uso serán as mesmas que para as aula especiais:
Estas aulas utilizaranse de maneira excepcional, cando sexa estritamente necesario,
baixo criterio do profesorado.
Tódalas aulas contarán con máscaras, xel hidroalcohólico, panos desbotables e
papeleira con tapa e pedal.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
26
Cada alumno/a utilizará material persoal de uso exclusivo sempre que sexa posible.
Preferentemente levará este material dende a súa aula habitual en estoxos e carpetas
pechados.
Cando o alumnado dun grupo se desprace a outra aula, farao sempre baixo a
responsabilidade e coa tutela do mestre que vaia impartir a docencia na aula que non
é de referencia para o grupo. O grupo fará os seus desprazamentos en ringleira,
seguindo as normas de desprazamento indicadas nos corredores. Se a aula á que se
dirixen está ocupada, agardarán fóra dela ata que todo o alumnado da sesión anterior
a abandone. O grupo que sae desinfectará cadeiras, mesas e o material que teña
utilizado.
Cando un grupo se desprace a unha aula que non é a de referencia, o mestre
responsable encargarase da ventilación da aula cando menos durante dez minutos
(quince se a aula estivo ocupada na sesión anterior). Manteranse abertas as fiestras
todo o tempo que sexa posible.
Minimizar os desprazamentos do alumnado dentro da aula.
Minimizar os desprazamentos do alumnado pola escola, evitando os cambios de aula
sempre que sexa posible.
Consideramos que o préstamo de libros é unha actividade fundamental. Cando o
alumnado acuda á biblioteca para realizar préstamo, se non o fai con todo o grupo
clase, farao, como máximo en grupos de tres, con máscara e respectando as distancias
interpersoais. Hixienizarán as mans á entrada da biblioteca e á saída.
O equipo de biblioteca sinalizará os postos que se poden utilizar na biblioteca.
Mentres persista a situación de Covid 19 non se realizará a actividade extraescolar de
biblioteca, pois é un espazo moi pequeno e suporía mesturar nenos e nenas de
diferentes grupos estables de convivencia.
48. Asignación dos aseos.
O alumnado de infantil usará sempre os baños das súas clases, agás durante o horario
de comedor, durante este tempo utilizarán os aseos do comedor.
O alumnado de primaria usará os aseos da entrada do comedor e do primeiro andar.
Os aseos utilizaranse na metade do seu aforo, que aparecerá especificado na entrada
dos mesmos.
Sempre se hixienizarán as mans despois de usar os aseos, é importante que todo o
profesorado o recorde con insistencia ó seu alumnado.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
27
MEDIDAS ESPECIAIS PARA OS RECREOS
49. Organización dos recreos
Cada grupo estable de convivencia sairá ó recreo de maneira independente.
1. En infantil os grupos sairán separados ó patio que usa esta etapa educativa de
maneira habitual, as súas quendas de recreo serán:
Grupo de 3 anos: 12:50 a 13:20
Grupo de 4 anos: 11:50 a 12:20
Grupo de 5 anos: 12:20 a 12:50
No caso de que chova sairán ó patio cuberto traseiro, irán á aula de
psicomotricidade, se está baleira ou quedarán na súa aula.
2. Primeiro, segundo e terceiro de primaria sairán ó recreo de 11:25 a 11:55, en
tres espazos diferenciados de maneira rotatoria:
Pista de baloncesto
Pista de fútbol
Zona verde
No caso de que chova as zonas serán:
Pavillón
Ximnasio
Patio traseiro cuberto
3. Cuarto, quinto e sexto de primaria sairán de 12:20 a 12:50, e as súas zonas
serán:
Pista de baloncesto
Pista de fútbol
Zona verde
Patio traseiro cuberto
No caso de que chova as zonas de recreo, que tamén se utilizarán de maneira
rotatoria serán:
Pavillón
Ximnasio
Patio traseiro cuberto
Patio dianteiro cuberto
O alumnado sairá ó recreo por unha saída diferente, segundo en que lugar de recreo
lle toque:
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
28
Escaleira exterior para os que lles toque saír ó patio de baloncesto.
Escaleira principal para os que vaian á pista de fútbol, ó patio cuberto dianteiro
ou ó patio cuberto traseiro.
Rampla traseira para ir ó pavillón ou á zona verde.
En primaria permitimos o uso de pelotas, e outros materias de xogo compartidos,
trataremos de responsabilizar ó alumnado na súa hixienización tralos recreos.
50. Profesorado de vixilancia de recreo.
As gardas dos recreos serán fixas, tratarase de que os mestres que teñen unha maior
carga horaria teñan menos gardas de recreo, propoñemos a menor rotación posible de
profesorado para cada grupo, así as titoras fan as gardas coa súa titoría. A xefa de
estudos fai cada mes un calendario rotatorio de maneira que cada día os grupos vaian
cambiando de zona, de maneira que poidan aproveitar as posibilidades dos diferentes
espazos e ningún grupo quede discriminado porque lle toque sempre un espazo que lle
poida resultar menos interesante.
PROFESORADO DE GARDA EN PRIMARIA
LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
10:30-11:25
11:25-12:20
11:25-11:55
1ºMIRIAM
2ºGUILLERMINA 3ºJIMENA
1ºBEGOÑA C.
2ºAIDA 3ºMARÍA
1ºMIRIAM
2ºGUILLERMINA 3ºJIMENA
1ºLAURA
2ºGUILLERMINA 3º YOLANDA
1ºMIRIAM 2ºLAURA 3ºJIMENA
12:20-12:50
4ºBEGOÑA C. 5º MªCARMEN 6ºA VERÓNICA 6ºB MARTA OT.
4ºMARTA SAAV. 5ºMªCARMEN
6º A ESPERANZA 6º B PATRICIA
4ºMARTA SAAV.
5ºAIDA 6º A
ESPERANZA 6º B LAURA
4º MARÍA
5ºMª CARMEN 6º A
ESPERANZA 6º B PATRICIA
4ºMARTA SAAV.
5º AIDA 6º A MARÍA
6º B PATRICIA
11:55-12:50
12:50-13:45
13:45-14:35
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
29
Cadro de gardas de recreo de setembro para 1º, 2º e 3º
GRUPOS PARA OS RECREOS DE PRIMARIA
GRUPO 1: 1º de primaria
GRUPO 2: 2º de primaria
GRUPO 3: 3º de primaria
Se chove o alumnado sairá ás seguintes zonas:
PAVILLÓN
CUBERTO INFANTIL
XIMNASIO/ENTRADA PRINCIPAL
Se NON chove o alumnado sairá ás seguintes zonas:
PISTA DE FÚTBOL
ZONA VERDE
ZONA BALONCESTO
9 GRUPOS BALONCESTO 1 XIMNASIO FÚTBOL 2 CUBERTO INF. ZONA VERDE 3 ENTR. PRIN.
10 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 1 CUBERTO INF. ZONA VERDE 2 XIMNASIO
13 GRUPOS BALONCESTO 2 PAVILLÓN FÚTBOL 3 CUBERTO INF. ZONA VERDE 1 XIMNASIO
14 GRUPOS BALONCESTO 1 XIMNASIO FÚTBOL 2 CUBERTO INF. ZONA VERDE 3 ENTR.PRINC.
15 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 1 CUBERTO INF. ZONA VERDE 2 XIMNASIO
16 GRUPOS BALONCESTO 2 XIMNASIO FÚTBOL 3 CUBERTO INF. ZONA VERDE 1 ENTR. PRINC.
17 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 CUBERTO INF. ZONA VERDE 3 XIMNASIO
20 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 1 CUBERTO INF. ZONA VERDE 2 XIMNASIO
21 GRUPOS BALONCESTO 2 XIMNASIO FÚTBOL 3 CUBERTO INF. ZONA VERDE 1 ENTR. PRINC.
22 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 CUBERTO INF. ZONA VERDE 3 XIMNASIO
23 GRUPOS BALONCESTO 3 XIMNASIO FÚTBOL 1 CUBERTO INF. ZONA VERDE 2 ENTR. PRINC.
24 GRUPOS BALONCESTO 2 PAVILLÓN FÚTBOL 3 CUBERTO INF. ZONA VERDE 1 XIMNASIO
27 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 CUBERTO INF. ZONA VERDE 3 XIMNASIO
28 GRUPOS BALONCESTO 3 XIMNASIO FÚTBOL 1 CUBERTO INF. ZONA VERDE 2 ENTR. PRINC.
29 30 GRUPOS BALONCESTO 2 XIMNASIO FÚTBOL 3 CUBERTO INF. ZONA VERDE 1 ENTR. PRINC
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
30
Cadro de gardas de recreo de setembro para 4º, 5º e 6º.
GRUPOS PARA OS RECREOS DE PRIMARIA
GRUPO 1: 4º de primaria
GRUPO 2: 5º de primaria
GRUPO 3: 6ºA de primaria
GRUPO 4: 6ºB de primaria
Se chove o alumnado sairá ás seguintes zonas:
PAVILLÓN
PATIO CUBERTO INFANTIL
XIMNASIO
ENTRADA PRINCIPAL
Se NON chove o alumnado sairá ás seguintes zonas:
PISTA DE FÚTBOL
ZONA VERDE
ZONA BALONCESTO
PATIO CUBERTO INFANTIL
9 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 3 XIMNASIO CUBERTO INF. 4 CUBERTO INF
10 GRUPOS BALONCESTO 4 PAVILLÓN FÚTBOL 1 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 2 XIMNASIO CUBERTO INF. 3 CUBERTO INF
13 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 4 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 1 XIMNASIO CUBERTO INF. 2 CUBERTO INF
14 GRUPOS BALONCESTO 2 PAVILLÓN FÚTBOL 3 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 4 XIMNASIO CUBERTO INF. 1 CUBERTO INF
15 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 3 XIMNASIO CUBERTO INF. 4 CUBERTO INF
16 GRUPOS BALONCESTO 4 PAVILLÓN FÚTBOL 1 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 2 XIMNASIO CUBERTO INF 3 CUBERTO INF
17 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 4 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 1 XIMNASIO CUBERTO INF. 2 CUBERTO INF
20 GRUPOS BALONCESTO 2 PAVILLÓN FÚTBOL 3 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 4 XIMNASIO CUBERTO INF. 1 CUBERTO INF
21 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 3 XIMNASIO CUBERTO INF. 4 CUBERTO INF
22 GRUPOS BALONCESTO 4 PAVILLÓN FÚTBOL 1 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 2 XIMNASIO CUBERTO INF. 3 CUBERTO INF
23 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 4 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 1 XIMNASIO CUBERTO INF. 2 CUBERTO INF
24 GRUPOS BALONCESTO 2 PAVILLÓN FÚTBOL 3 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 4 XIMNASIO CUBERTO INF. 1 CUBERTO INF
27 GRUPOS BALONCESTO 1 PAVILLÓN FÚTBOL 2 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 3 XIMNASIO CUBERTO INF. 4 CUBERTO INF
28 GRUPOS BALONCESTO 4 PAVILLÓN FÚTBOL 1 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 2 XIMNASIO CUBERTO INF. 3 CUBERTO INF
30 GRUPOS BALONCESTO 3 PAVILLÓN FÚTBOL 4 ENTR. PRINC. ZONA VERDE 1 XIMNASIO CUBERTO INF. 2 CUBERTO INF
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
31
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E OS DOUS
PRIMEIROS CURSOS DE PRIMARIA
51. Aulas de infantil
A metodoloxía en infantil ten que ser obrigatoriamente colaborativa, é impensable un
traballo completamente individual e independente nestas idades.
Así pois en infantil establecemos pequenos grupos de traballo formados por catro
alumnos e alumnas, que serán estables na medida do posible, cando menos durante
todo o trimestre.
En infantil os baños están integrados nas aulas e en principio están pensados para ser
usados por un só neno/a cada vez, algo completamente inviable nunha aula de 20
nenos e nenas de educación infantil. Trataremos de evitar que moitos nenos e nenas
usen o baño de maneira simultánea.
Os materiais que sexan máis difíciles de limpar e desinfectar serán descartados. Tamén
reducimos o número de recantos e trataremos de hixienizar os materiais despois do
seu uso.
52. Recreos en infantil.
Non suprimimos os xogos nos recreos de infantil, mantemos os xogos de exterior que
viñamos usando nos patios durante os cursos pasados.
As merendas en infantil realizaranse na aula, organizados nos mesmos grupos
colaborativos que funcionan no resto de actividades.
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O USO DE LABORATORIOS E TALLERES DE FORMACIÓN
PROFESIONAL
53. Laboratorios e talleres
NORMAS ESPECÍFICAS PARA ALUMNADO DE NEE
54. Alumnado de NEE
Temos dous alumnos con perfil de NEE. Un deles está matriculado en infantil. Non usa
máscara, posto que na súa etapa educativa non a utilizan os nenos e nenas na nosa
escola, non consideramos que, polas súas características, sexa eficaz o uso da mesma
neste alumno.
Outro neno está en primaria e tampouco usa máscara, pois polas súas condicións non
é viable. Contamos cun informe médico que abala esta decisión.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
32
Nestes dous alumnos tratamos de extremar as medidas de hixiene, axustándonos no
posible ás súas características persoais, e tendo en conta que a súa atención educativa
débese ver o menos mermada posible. Os dous alumnos forman parte de senllos
grupos de convivencia estable para a súa actividade habitual no centro (recreos,
comedor, uso de aulas especiais...)
55. Persoal docente e coidador que atende a NEE.
Para o persoal docente de AL e PT mercáronse mamparas que permitan realizar
algunhas actividades puntuais prescindindo da máscara.
No caso dos coidadores contamos con máscaras FFP2, posto que o alumnado ó que
atende non usa máscara polas súas condicións persoais. Utilizará luvas na atención á
hixiene destes nenos.
PREVISIÓNS ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO
56. Reunións de profesorado
Usarase a sala de mestres para as reunións de claustro, pois permite manter as
distancias interpersoais. Terase a precaución de ventilala frecuentemente. As reunións
de CCP tamén se desenvolverán na sala de mestres, pois a sala de reunións usada nos
cursos precedentes é moi pequena. O resto de reunións de profesorado realizaranse
en aulas, en función das necesidades de cada momento, gardando as seguintes
precaucións:
Ventilación antes e despois da reunión, e se o tempo o permite manter a
ventilación mentres se estea a desenvolver a reunión.
Hixienización dos postos que se vaian ocupar ó comezar a reunión e ó
rematala.
Distancia interpersoal durante o desenvolvemento das reunións.
Para o uso da cafeteira na sala de mestres establecemos as seguintes pautas de
comportamento:
Hixiene de mans antes e despois de manipula-la cafeteira.
Permanecer sen máscara o menos tempo posible mentres se estea a comer ou
beber.
Manter a meirande distancia posible entre as persoas que estean na sala de
mestres cando se estea nun momento de descanso.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
33
57. Previsións para as reunións no caso de aumentar a incidencia da enfermidade.
No caso de que un mestre/a estea confinado ou en corentena, por te-la
enfermidade ou por estar agardando resultados dunha PCR ou por ser contacto
estreito dun positivo, poderá participar nas reunións dos equipos docentes dos que
forme parte por medios telemáticos, sempre e cando non estea de baixa médica.
Para participar nas reunións de órganos colexiados terá que solicitalo por escrito á
persoa presidenta do órgano en cuestión.
De se producir unha suspensión das clases, co peche da escola, tódalas reunións
de equipos docentes e órganos colexiados de goberno se celebrarán a través de
medios telemáticos, convocadas pola persoa que exerza a dirección ou a
coordinación do equipo. Estas reunións realizaranse seguindo o calendario
trimestral que establece a xefatura de estudos e atendendo ás necesidades que
xurdan no funcionamento do centro.
MEDIDAS DE CARÁCTER FORMATIVO E PEDAGÓXICO
58. Formación en educación en saúde.
Potenciarase en cada titoría as actividades relacionadas coa saúde e ó longo do
curso participaremos nas actividades que o profesorado considere acaídas para a
idade e as características de cada grupo.
59. Difusión da información.
O equipo Covid trasladará ó profesorado as comunicacións que cheguen ó centro
tanto da Consellería de Sanidade como da de Educación, a través do correo
electrónico e tamén a través das reunións dos distintos equipos docentes que se
celebren ó longo do curso.
Na páxina web da escola rexistraranse os posibles cambios nas actuais medidas de
prevención que se poidan establecer por parte das autoridades sanitarias e
educativas. Tamén utilizaremos Abalar para chamar a atención das familias cara ás
novas informacións.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
34
60. Aulas virtuais.
O equipo Tic do centro estará formado por:
María Fouz Moreno (Responsable do equipo)
María José Carreira López
Silvia García Iglesias
Verónica Gómez Conde
Patricia González Álvarez
Marta Saavedra Carballo
Este profesorado colaborará na medida do posible co resto do docentes para o
mantemento da aula virtual do centro, que terá creados usuarios e cursos e estará en
condicións de ser utilizada a partir de terceiro de primaria cando remate o mes de
setembro.
Sen prexuizo do anterior, cada docente que imparta clases en terceiro, cuarto, quinto
ou sexto, responsabilizarase de crear e xestionar os seus cursos na aula virtual e
tamén de ensinar ó seu alumnado a acceder a ditos cursos.
O profesorado de cursos inferiores a terceiro implementará as vías que considere
axeitadas para poder manter algún grao de comunicación co alumnado (ou coas súas
familias no caso dos máis pequenos) no caso de que sexa preciso acudir a un escenario
non presencial. Estas vías deben aparecer reflectidas na programación didáctica de
cada docente para o curso 2021-2022..
Cada titora, responsabilizarase durante o mes de setembro de elaborar unha lista de
alumnado que ten dificultades no acceso á vía telemática e facilitará esta lista á
directora, que, de producirse unha corentena ou unha situación de ensino non
presencial, arbitrará as medidas precisas para o préstamo dos equipos destinados a tal
fin que chegaron ó centro no curso pasado ( nove kits de portátil e router). De non ser
suficientes estes kits utilizaranse as vías de cesión de equipos implementadas pola
Administración.
61. Instrucións de principio de curso.
Avaliación inicial:
Durante os primeiros días de clase realizarase a avaliación inicial, a través da análise
dos informes de avaliación do curso anterior e a través das probas na aula
(observación, probas escritas, etc.), que cada mestre considere adecuado.
Con isto tratarase de determinar que aprendizaxes quedaron incompletas no curso
anterior e que alumnado pode presentar dificultades.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
35
Programacións didácticas:
As diversas programacións didácticas incorporarán as aprendizaxes non adquiridas no
curso pasado polo alumnado ó que van dirixidas.
As programacións didácticas de cada materia e/ou nivel incorporarán previsións
metodolóxicas que permitan desenvolver o proceso de ensino nun escenario non
presencial .
Atención á diversidade:
Procurarase que todo o alumnado teña acceso ó proceso de ensino aprendizaxe en
calquera dos escenarios posibles, tratando de axustarse ás características persoais de
cada alumno ou alumna.
Departamento de Orientación:
O Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación incluirá medidas para a
atención ó alumnado con especiais necesidades educativas.
O Departamento de Orientación colaborará tamén na atención telemática, co
asesoramento preciso ós equipos docentes.
Tamén se coidará especialmente o asesoramento no tránsito entre etapas educativas.
Ensino non presencial:
O Plan de Continxencia do centro, que se inclúe como Anexo deste Plan de Adaptación
á situación Covid no curso 2021-2022, establece os supostos de traballo para unha
posible suspensión da actividade lectiva.
Utilizarase a aula virtual do centro para asegurar que o alumnado continúa coa
actividade educativa. Nas súas programacións cada docente especificará como se
comunicará coas familias e o alumnado, utilizando preferentemente os medios
corporativos.
Educación infantil
O período de adaptación finalizará o día 22 de setembro de 2021.
En educación infantil prestarase especial atención ás medidas de prevención como o
lavado de mans e a distancia interpersoal, dándolla especial relevancia dentro das
actividades cotiás da aula. O ambiente afectivo será moi importante nesta etapa.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
36
Educación primaria:
En primeiro de primaria, durante o primeiro trimestre, prestarase especial atención á
transición entre etapas educativas. Será moi importante a análise dos informes
individualizados de final da etapa de infantil para a elaboración dos plans de reforzo e
recuperación que se consideren necesarios. Elaboraranse programacións que aborden
o currículo dun xeito globalizado para evitar un salto demasiado abrupto á primaria.
Os informes de final do curso 2020-2021 e as avaliacións iniciais deberán axudar a
tomar as decisións máis axeitadas para o desenvolvemento das competencias clave.
Durante este curso a recuperaremos a materia de libre designación en 6º, de Iniciación
ás TIC, porque consideramos que é unha ferramenta fundamental para o reforzo de
tódalas outras materias.
62. Difusión do Plan
O Plan de adaptación á situación COVID-19 durante o curso 2021-2022 estará a
disposición das autoridades sanitarias e educativas. Presentarase ó claustro e ó
consello escolar e remitirase a inspección xunto coa PXA.
O plan difundirase tamén a través da Páxina web do centro.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
37
ANEXO I: PLANO DE ENTRADAS DO CENTRO
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
38
ANEXO II: PLANOS DE CIRCULACIÓN DO CENTRO
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
39
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
40
ANEXO III : PLAN DE CONTINXENCIA
O plan de continxencia do CEIP Plurilingüe de Monterroso ten por finalidade
establecer os procesos para o reinicio da actividade académica presencial no caso de
que se teña interrompido como consecuencia da aparición dun gromo que supoña o
cese da actividade presencial nunha aula, nivel, etapa educativa ou todo o centro.
ACTUACIÓNS PREVIAS DIANTE DA APARICIÓN DUN GROMO
1. Non asistirán ó centro aqueles estudantes, docentes e outros profesionais que
teñan síntomas compatibles con COVID-19, así como aqueles que se atopen en
illamento por diagnóstico de COVID- 19, ou en período de corentena domiciliaria por
ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
2. Diante dunha persoa que desenvolva síntomas compatibles con COVID-19 no
centro educativo seguirase o protocolo de actuación do centro previamente
elaborado:
No caso de tratarse dun alumno, colocaráselle unha máscara cirúrxica,
acompañarase á sala de Covid destinada ó efecto (antiguo despacho de
xefatura de estudos) ata a recollida por parte da familia. Esta sala disporá
de adecuada ventilación, xel hidroalcohólico e papeleira con tapa de pedal.
Será necesario contactar cun membro do equipo Covid-19 no centro
educativo e cos familiares ou titores legais.
A persoa que acompañe ó caso sospeitoso deberá levar o material de
protección adecuado:
Máscara cirúrxica, se a persoa con síntomas a leva.
De forma excepcional e no caso específico de que o/a alumno/a teña
unha exención para o uso da máscara por xustificación médica ou é
menor de 6 anos e non usa máscara, a persoa acompañante usará
máscara FFP2 sen válvula (KN95), ademais dunha pantalla facial e
unha bata desbotable. Na eventualidade de que non houbese
dispoñibilidade de máscaras KN95, poderá utilizarse unha máscara
cirúrxica xunto coa obrigatoriedade da utilización da pantalla.
Se coincidisen no tempo máis dun caso con sintomatoloxía compatible coa Covid-19,
os restantes casos agardarán acompañados por alguna persoa traballadora do centro
educativo de preferencia nun lugar cuberto exterior ó edificio ou noutro lugar interior
coa ventilación adecuada. A persoa que utilice a FFP2 deberá estar formada na
utilización dos equipos de protección individual e no seu refugallo.
O centro contará cun stock deste material para as situacións nas que se requira para a
atención dun caso sospeitoso.
3. Débese chamar ó centro de saúde de Atención Primaria de referencia, ou ó
teléfono de referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións. En caso de
presentar síntomas de gravidade ou dificultade respiratoria chamarase ó 061. O/A
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
41
traballador/a que inicie síntomas debe abandonar o seu posto de traballo protexido
por máscara, e logo seguir as instrucións do centro de saúde ata que a súa situación
médica sexa valorada por un profesional sanitario.
4. No suposto da aparición dun caso, tanto sexa do alumnado coma do profesorado ou persoal non docente do centro, a persoa coordinadora do equipo formado na COVID-19, a petición dos servizos de saúde a través de EduCOVID, incluirá na aplicación informática a información prevista do eventual afectado/a relativa ós contactos estreitos, dos compañeiros/as afectados/as e do seu profesorado, así como de quen sexa persoa próxima vencellada ó centro educativo.
5. A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dun test diagnóstico.
6. Tras a aparición dun caso diagnosticado da Covid 19 seguiranse as recomendacións da Xefatura Territorial de Sanidade, sendo posible que teña que estar illada unha parte do centro educativo (aula ou grupo de aulas) mantendo o funcionamento do resto da forma habitual en función do número de contactos identificados en cada gromo.
7. A autoridade sanitaria, en coordinación coa Consellería de Educación, a través do Grupo de Coordinación e Seguimento da Pandemia determinará en cada caso o número de persoal e alumnado afectado e a duración das medidas de corentena o que se comunicará ó equipo COVID do centro para a súa comunicación á comunidade educativa, sen prexuízo da información que sexa facilitada pola autoridade sanitaria. 8. A autoridade sanitaria, en función do número de contaxios, poderá ordenar o peche dunha ou varias aulas, dun nivel educativo ou do centro educativo na súa totalidade.
9. A aparición dun contaxio sospeitoso con posterior confirmación é un suposto
de declaración obrigatoria que implicará por parte da autoridade sanitaria a obriga de
entrada en corentena de polo menos 10 días a tódalas persoas que teñan a
consideración de contacto estreito.
10. A suspensión da actividade lectiva presencial suporá a aplicación das normas previstas no presente protocolo relativas ó ensino a distancia.
De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a adopción de medidas organizativas nos centros educativos como consecuencia da pandemia da COVID-19, no caso dun peche dunha aula ou do centro, os horarios a desenvolver serán os seguintes:
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
42
3º DE PRIMARIA
LUNES
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
MATEMÁTICAS
10:30-11:25
LINGUA GALEGA
11:00-11:55
LINGUA GALEGA
11:25-11:55
11:25-12:20 LINGUA CASTELÁ
11:55-12:50
INGLÉS 12:20-12:50 RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
PLÁSTICA
LENGUA
CASTELLANA
12:50-13:45
MATEMÁTICAS
CIENCIAS SOCIAIS
LENGUA
CASTELLANA
INGLÉS
13:45-14-35
CIENCIAS
NATURAIS
13:45-14:15
MÚSICA
E.F.
4º DE PRIMARIA
LUNES
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
LENGUA
CASTELLANA
10:00-10:30 MÚSICA
10:30-11:25
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
11:25-12:20
CIENCIAS SOCIAIS
INGLÉS
11:55-12:50
CIENCIAS NATURAIS
11:55-12:50
LENGUA CASTELLANA
11:55-12:50 INGLÉS
12:20-12:50
12:50-13:45
PLÁSTICA
CIENCIAS
NATURAIS
LINGUA GALEGA
13:45-14-35
LINGUA GALEGA
E.F.
13:45-14:15 RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
5º DE PRIMARIA
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
43
LUNES
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICS
10:30-11:25
INGLÉS
C. SOCIAIS
PLÁSTICA
11:25-12:20
LINGUA GALEGA
INGLÉS
LINGUA GALEGA
11:55-12:50 LENGUA
CASTELLANA 12:20-12:50
MÚSICA
12:50-13:45
12:50-13:20 RELIXIÓN /
ALTERNATIVA
E.F.
13:45-14-35
13:20-14:15 LENGUA
CASTELLANA
CIENCIAS
NATURAIS
6º A DE PRIMARIA
LUNES
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
INGLÉS
LENGUA
CASTELLANA
PLÁSTICA
10:30-11:25
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
CIENCIAS SOCIAIS
11:25-12:20
11:25-12:00 RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
12:00-12:50 LENGUA
CASTELLANA
E.F.
11:55-12:50
CIENCIAS NATURAIS
12:20-12:50
LINGUA GALEGA
12:50-13:45
MATEMÁTICAS
LINGUA GALEGA
13:45-14-35
13:45-14:20 MÚSICA
INGLÉS
6º B DE PRIMARIA
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
44
LUNES
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES
9:35-10:30
INGLÉS
LENGUA CASTELLANA
10:30-11:25
E.F.
LINGUA GALEGA
INGLÉS
11:25-12:20
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
MATEMÁTICAS
LINGUA GALEGA
12:20-12:50
12:00-12:50
MATEMÁTICAS
LENGUA
CASTELLANA
LINGUA GALEGA
12:50-13:45
CIENCIAS SOCIAIS
12:50-13:20 RELIXIÓN/
ALTERNATIVA
PLÁSTICA
13:45-14-35
13:45-14:15 MÚSICA
CIENCIAS
NATURAIS
ACTUACIÓNS PARA O PERÍODO DE ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL 11. O ensino non presencial será impartido polo profesorado ordinario do alumnado preferentemente a través da aula virtual de cada grupo. O profesorado realizará o seguimento do alumnado impartindo os coñecementos da materia de xeito virtual a través dos contidos dispoñibles, ben achegados polo profesorado, ou ben os que poña a disposición a Consellería. Igualmente o/a profesor/a poderá poñer tarefas ó alumnado que reforcen o contido da materia ou a avaliación continua da mesma. 12. O equipo COVID do centro identificará ó alumnado que teña dificultades de conexión ou falla de equipamento para que a consellería adopte as medidas oportunas que minimicen as eventuais dificultades da educación realizada por medios telemáticos.
13. Para cada caso concreto de suspensión da actividade lectiva presencial a Consellería poderá adoptar as medidas oportunas en relación cos períodos ordinarios de avaliación do alumnado cando coincidan co tempo de suspensión.
14. Durante o período de suspensión da actividade presencial o centro educativo ten previstas as seguintes medidas:
a) Mantemento do contacto co alumnado e coas súas familias a través de Abalar. De non ser posible, o profesorado recorrerá a outros medios que considere
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
45
axeitados: correo electrónico, whatsapp, etc. Este contacto terá por obxecto asegurar a continuidade da actividade educativa.
b) Polo menos de terceiro de primaria en diante, utilizar a aula virtual para
continuar a actividade lectiva.
c) Revisión do Plan de adaptación á situación COVID para o curso 2021-2022, para avaliar se é preciso facer algún cambio, mellora ou adaptación.
d) Coordinación co Concello para a realización das tarefas de limpeza e desinfección axeitadas á situación.
e) Coordinar co profesorado as fases do retorno á actividade presencial e a ordenación do alumnado nas fases de volta á normalidade.
MEDIDAS PARA O REINICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL 15. Finalizado o período de peche presencial da aula, nivel educativo ou centro realizarase unha planificación do retorno a actividade presencial. O centro ten previsto as seguintes fases de reincorporación: Fase 1 (Adecuación dos espazos) Duración: 3 xornadas lectivas. Nesta primeira fase, previa ó reinicio da actividade, será o equipo COVID do centro quen estableza as actuacións a desenvolver, en colaboración coas autoridades sanitarias e educativas. Obxectivos: – Análise da situación dos espazos e as súas necesidades. – Revisión do plan de adaptación buscando posibles erros na redacción ou na execución. Fase 2 (Formación de pequenos grupos) Duración: 3 xornadas lectivas A porcentaxe do alumnado na aula de forma simultánea será do 33 % en grupos de máis de 20 alumnos e do 50% en grupos de menos de 20 alumnos. Estableceranse quendas de alumnado. Obxectivos: – Revisar co alumnado as medidas de distanciamento físico, utilización de máscara e de hixiene de mans. – Combinar o ensino presencial e a distancia.
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2021-2022 CEIP PLURILINGÜE DE MONTERROSO
46
– Revisión das actividades realizadas no período de ensino telemático. – Avaliación desta etapa. Fase 3 (Reforzo das medidas aprendidas en pequenos grupos) Duración: 3 xornadas lectivas A porcentaxe do alumnado na aula de forma simultánea será do 50 % en grupos de máis de 20 alumnos e do 100% en grupos de menos de 20 alumnos. Obxectivos: – Comprobar a adquisición das medidas preventivas adquiridas. – Empregar o ensino presencial para resolver dúbidas e poñer en práctica os contidos expostos na aula virtual. Fase 4 (Fase de reactivación) Duración: 2 xornadas lectivas Retorno á actividade presencial da totalidade do alumnado Obxectivos: – Realizar unha avaliación do desenvolvemento das fases – Comprobar o grao de adquisición do traballado durante o período non presencial e as primeiras fases da reincorporación. – Realizar unha avaliación sobre os contidos adquiridos neste período. – Volver á dinámica de clases presenciais.
Top Related