FEMURO E C.D.R PORTAS FEMURO E C.D.R PORTAS ABERTASABERTAS
No ano 2003 uníronse nun Proxecto en conxunto coa FUNDACIÓN ESPLAI
para poñer en funcionamento un Centro RED CONECTA (Telecentro)
en Verín.
É unha iniciativa dirixida a entidades de carácter social
que pretende facilitar o acceso de determinados colectivos as tecnoloxías da información e
da comunicación, como medida para prever e combatir
a exclusión social.
Mellorar a formación e capacitación das persoas destinatarias a través das novas tecnoloxías, mellorando as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.
Promover o acceso e a incorporación das novas tecnoloxías por parte das asociacións facilitando ferramentas de comunicación, de xestión e de animación de actividades a través da rede.
Promover o traballo en rede entre asociacións locais, cunha dimensión comunitaria.
Red Conecta diríxese a poboación en xeral, con prioridade para xóvenes de 13 a 30 anos, mulleres con dificultades de acceso ó mundo laboral, parados de larga duración e persoas con dificultades de inserción social.
Tamén se priorizan as persoas e colectivos con dificultades de acceso e baixa formación en zoas con especiais problemáticas.
O dinamizador/a é factor clave para conducir o proceso, tanto desde o punto de vista técnico, como especialmente de acompañamento dos/as participantes.
A súa función é notablemente diferenciada da do profesorado de academia de informática ou do persoal dun cibercafé, pois aporta a atención diferenciada a cada persoa ou grupo, conta cun bo coñecemento do entorno, con especialización en aspectos de inclusión social e aplica unha metodoloxía especialmente adaptada a cada colectivo.
As persoas voluntarias da asociación/fundación contribuen ó desenvolvemento do proxecto.
APÚNTATE ÓS NOSOS CURSOS DE INFORMÁTICA:
- MECANOGRAFÍA
- INICIACIÓN Á INFORMÁTICA
- PAQUETE OFFICE
(WORD, EXCEL, POWER POINT)
- INICIACIÓN INTERNET
O CLUB XOVEN está dirixido inicialmente a nen@s de entre 4 e 6
anos, podéndose facer diferentes grupos por
idades según a demanda.
Para o club xoven haberá reservada unha tarde (1 hora e 30min) a semana, na que se realizarán diversas actividades como :
Xogos en PCTalleres de informática
ManualidadesCampeonatos de xogos de mesa
Actividades a elexir pol@s soci@s
As actividades programaranse mensualmente contando coa opinión d@s soci@s, e saberán sempre de antemán as actividades a realizar nas clases seguintes, podéndose modificar ó seu gusto. Cada semana realizarase unha actividade diferente.
Ademais desto, @s soci@s terán dereito de forma gratuita a:
X horas de Internet ó mes ou a semanaBiblioteca e Videoteca
Top Related