Programación
VERÁN 2010 no MARCO
O verán acaba de comezar e, durante os dous próximos meses, a programación do MARCO continúa
con actividades que se suman ás exposicións recentemente inauguradas. O programa estival inclúe
obradoiros infantís, visitas guiadas, os concertos do festival Via Stellae, e o ciclo de cinema
‘Centroamérica e O Caribe’ da Bienal de Pontevedra, entre outros eventos: un amplo programa cultural
con actividades gratuítas para todos os públicos. Outros servizos como a tenda-libraría e o MARCO
restaurante&café —durante estes meses con terraza ao aire libre— completan a refrescante oferta
deste verán para os visitantes.
Horarios
Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 15.00
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA
Información e visitas
O persoal de salas está a disposición do público para calquera consulta ou información relativa ás
exposicións, ademais das visitas guiadas habituais:
• Todos os días ás 18.00
• Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
1
EXPOSICIÓNS TEMPORAIS
‘VOANDO CARA Á TERRA / FLYING DOWN TO EARTH’Proxecto gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine para novos comisarios
• 21 maio – 29 agosto 2010
• Salas de exposición do 1º andar
• Comisario: Inti Guerrero
• Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de
Vigo / FRAC Lorraine, Metz, Francia
VOANDO CARA Á TERRA foi o proxecto gañador da máis recente convocatoria do Premio para novos comisarios,
que en 2009 foi convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine de Metz, Francia. Trátase
dunha proposta do comisario Inti Guerrero (Bogotá, 1983), residente en Ámsterdam, que mostra traballos de
artistas que abordan procesos e formas de relixiosidade en relación coa política, a memoria colectiva e a
cultura popular.
Marilyn Bridges, Flávio de Carvalho, Taller E.P.S. Huayco, Cristina Lucas, Ossama Mohammed, Valérie Mréjen,
José Alejandro Restrepo, Alan Schneider/Samuel Beckett, Mona Vătămanu & Florin Tudor, Alexandre Vogler
‘89 Km. Colección CGAC’Selección de fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea
• 9 xuño – 19 setembro 2010
• Salas de exposición da planta baixa
• Comisaria: Virginia Torrente
• Coprodución: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de
Vigo / CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela
Unha selección dos fondos da Colección del Centro Galego de Arte Contemporánea, comisariada por Virginia
Torrente. Un conxunto de 84 obras de 63 artistas, que inclúe pezas en distintos soportes —pinturas, debuxos,
fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas, etc.—, moitas delas descoñecidas para o público, que
viaxan a Vigo con ocasión desta mostra.
Ignasi Aballí, Lara Almarcegui, Efrain Almeida, Francis Alÿs, Martí Anson, Alexander Apóstol, Lars Arrhenius,
Txomin Badiola, David Bestué y Marc Vives, Vicente Blanco, Botto & Bruno, Fernando Bryce, Leda Catunda,
Mauro Cerqueira, Raimond Chaves & Gilda Mantilla, Salvador Cidrás, José Damasceno, Denmark, Eugenio
Dittborn, Elmgreen & Dragset, Suso Fandiño, Ângela Ferreira, Ceal Floyer, Pauline Fondevila, Anna Bella Geiger,
Liam Gillick, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Mona Hatoum, Hans Hemmert, Jonathan Hernández, Arturo
Herrera, Thomas Hirschhorn, Ana Jotta, Gabriel Kuri, Daniel Lara, Jac Leirner, Tonico Lemos Auad, Thomas
Locher, Ken Lum, Fran Meana, Jordi Mitjà, Jonathan Monk, Gabriel de la Mora, Teresa Moro, Zwelethu Mthethwa,
Iván Navarro, Álvaro Negro, Rivane Neuenschwander, June Bum Park, Juan Pérez Agirregoikoa, Adrian Piper,
Allen Ruppersberg, Bülent Şangar, Diego Santomé, Yann Sérandour, Roman Signer, Melanie Smith, Mladen
Stilinović, Wolfgang Tillmans, Rui Toscano, Azucena Vieites, Erwin Wurm
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
2
‘JOSE DÁVILA. Espazo continuo’PUNTOS DE ENCONTRO V
• Ata o 29 de agosto 2010
• Espazo Anexo
• Comisaria: Agar Ledo Arias
• Producción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de
Vigo
A obra do artista Jose Dávila (Guadalajara, México, 1974), prorrogada ata o 29 de agosto, pecha o ciclo ‘Puntos
de encontro’ no Espazo Anexo. A súa proposta é unha escultura sen principio nin fin que se desliza fóra dos
límites arquitectónicos, convertendo o Espazo Anexo nunha extensión da rúa e modificando o contorno ata
converterse, por contaminación, en mobiliario urbano.
DIDÁCTICA
‘RUTA 89’Obradoiros infantiís de veránPara nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas
• Do 6 ao 30 de xullo 2010
• Laboratorio das Artes (1º
andar) e salas de exposición
• Martes, mércores, xoves e
venres, de 12.00 a 14.00
• ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA
ata completar aforo
Un ano máis, o MARCO pon en marcha os seus talleres infantís de verán; un programa de actividades para
público infantil que este ano xiran en torno á mostra ‘89 Km. Colección CGAC’. Seguindo o fío dos eixes
temáticos da exposición, as propostas para os máis pequenos, que combinan talleres no ‘Laboratorio das Artes’
e visitas a salas, teñen que ver coa interpretación do cotián, a mensaxe e os seus significados, a vida na
cidade, o debuxo como medio artístico, a percepción e a transformación do espazo. Tomamos como punto de
partida obras de artistas como Mona Hatoum, Lars Arrhenius, Iván Navarro, Vicente Blanco, Botto & Bruno,
Álvaro Negro ou Txomin Badiola, entre outros, para distintos xogos e experimentos creativos.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
3
CONCERTOS E FESTIVAIS
VIA STELLAE 2010V Festival de Música de Compostela e os seus CamiñosCiclo ‘MÚSICA Y ARTE. Tardes de música e visitas guiadas en espazos singulares’
• 9 e 10 de xullo 2010
• Salón de actos e salas de exposición
• Horario: ás 19.00 e 21.00 (concertos) e ás 20.00
(visitas guiadas)
• Promove e organiza: S. A. Xestión Plan Xacobeo.
Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia
• ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo
O Festival Via Stellae extende as súas actividades polas vilas e cidades de Galicia situadas nas rutas de
peregrinación que conducen a Compostela. Por segundo ano consecutivo, o Via Stellae recala en Vigo, nesta
ocasión co ciclo ‘MÚSICA E ARTE. Tardes de música e visitas guiadas en espazos singulares’, que no caso do
MARCO combina concertos de música contemporánea e música barroca con visitas guiadas ao edificio do
Museo.
PROGRAMA
• VENRES 9 xullo
19.00 Quarteto Contratempus - Destinos (Lapa, Shostakovich, Lauridsen)
20.00 Visita guiada ao edificio do MARCO
21.00 Yetzabel Arias Fernández, Ars Atlántica - Manuscrito Guerra, vol. 3 (Hidalgo, Del Vado, De
Navas, Marín)
• SÁBADO 10 xullo
19.00 Alejandro Sanz, Jorge Montes - Na procura dunha nova tímbrica... (Berio, Oboe, Donadoni,
Jones)
20.00 Visita guiada ao edificio do MARCO
21.00 Gli Incogniti, Amandine Beyer - Vola, vola in altri petti: el barroco instrumental romano
(Stradella, Lonati, Corelli)
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
4
PROGRAMACIÓN AUDIOVISUAL
CICLO DE CINE. ‘Centroamérica e o Caribe’XXXI Bienal de Pontevedra
• Do 13 ao 30 de xullo 2010
• Salón de actos
• Horario: de martes a venres, ás 19.00
• Dirección: Rogelio Chacón e Santiago Olmo
• ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo
O Ciclo de Cine Centroamericano e Caribeño, que ten como sedes o MARCO de Vigo e o auditorio do novo
Museo de Pontevedra, constitúe unha célula complementaria dentro da programación da XXXI Bienal de
Pontevedra, achegando información e claves dende outros ámbitos creativos. Ata hai uns anos, o único país da
área cunha produción cinematográfica regular era Cuba, a considerable distancia de Nicaragua e Costa Rica.
Hoxe contamos con toda unha nova xeración de realizadores que abordan, dende o documental, a
mediometraxe e a longametraxe de ficción, aspectos da cultura popular, cuestións relacionadas coa violencia
ou retratos da vida cotiá dos barrios ou os pobos. A través destas producións cinematográficas ofrécense
lecturas que axudan ao visitante a comprender mellor o contexto do que xorde e no que se inscribe a
produción artística que compón o conxunto da exposición da Bienal. Rogelio Chacón, produtor afincado en
España e antigo director do Centro de Produción Cinematográfica de Costa Rica, dirixe esta sección xunto con
Santiago Olmo, comisario da Bienal.
PROGRAMA
• MARTES 13 xullo
Katia Lara. QUIÉN DIJO MIEDO. Honduras, 2009, documental, 108’
• MÉRCORES 14 xullo
Ernesto Doramas. LOS DIOSES ROTOS. Cuba, 2008, ficción, 96’
• XOVES 15 xullo
Katia Paradis. TRES REYES. Belice, 2007, documental, 88’
• VENRES 16 xullo
Rodrigo Rey Rosa. LO QUE SOÑÓ SEBASTIÁN. Guatemala, 2004, ficción, 83’
• MARTES 20 xullo
Arturo Torres. WET BACK. EEUU, 2005, documental, 97’
• MÉRCORES 21 xullo
Sami Kafati. NO HAY TIERRA SIN DUEÑO. Honduras, 2002, ficción, 107’
• XOVES 22 xullo
Gerardo Muyshondt/Carlos Moreno. HISTORIA DE UN GOL. El Salvador, 2009, documental, 70’
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
5
• VENRES 23 xullo
Julio Hernández. GASOLINA. Guatemala, 2008, ficción, 75’
• MARTES 27 xullo
Francisco Serrano. SEVA VIVE. Puerto Rico, 2008, documental, 90’
• MÉRCORES 28 xullo
Juan Carlos Cremata. PREMIO FLACO. Cuba, 2009, ficción, 95’
• XOVES 29 xullo
Jorge Dalton. ENTRE LOS MUERTOS. El Salvador, 2006, documental, 60’
• VENRES 30 xullo
Ishtar Yasin. EL CAMINO. Costa Rica, 2008, ficción, 91’
Se desexa recibir máis información, diríxase a:MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoDepartamento de Comunicación (Marta Viana ou Pilar Souto)R/ Príncipe nº 5436202 VigoTel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00Fax.+34 986 11 39 01Email: [email protected] [email protected]
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Caixanova, Ministerio de CulturaRúa Príncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
6
Top Related