Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O MOMENTO DE ALIMENTACIÓN
Propoñemos que o acto de comer sexa un momento tranquilo e relaxado onde nenas e nenos:
• Participen activamente• Socialicen• Gocen comendo
A PARVA
Tendo en conta os obxectivos sinalados son varias as propostas para a consecución dos mesmos.
A parva dáse a media mañá, tres días á semana son galletas e dous son froita. Cando é galleta, nenas e nenos séntanse en grupo e permanecen xuntos mentres comen, logo collen cada quen o seu vaso e despois o recollen, segundo as súas posibilidades.
Coa froita decidimos presentala nunha fonte con pel ( agás mandarinas, laranxa e kiwi) e na medida do posible cunha presentación atractiva. O coidado pola presentación das actividades é unha tónica que ten continuidade para as propostas de xogo, xa que valoramos que unha presentación atractiva axuda a nenas e nenos a mostrar interese polo que acontece ao seu redor.
No caso das aulas de 0-1 na introdución á froita enteira decidiuse anacos grandes para que a nena e o neno poida agarrala ben coa súa man e sen pel para evitar posible afogamentos.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
O ALMORZO
O almorzo é un servizo que se da na escola, pero que as/os usuarias/os traen da casa. Na escola ten lugar na sala de usos múltiples e mantén os mesmos criterios que para o resto de momentos de alimentación:
• disposición dos materiais para que podan collelos e recollelos.• Tomar a cantidade que considera a nena e o neno necesaria ( non é obrigatorio
rematalo).• animamos ás familias a que o menú sexa variado.• respéctase o modo de tomar o almorzo e favorécese que se vaia adquirindo
maior autonomía ( biberón-papilla-taza).
A sala de usos múltiples ao igual que no comedor e na merenda está libre de xoguetes e de outras actividades para que as nenas e nenos que nese momento están comendo podan facelo nun ambiente tranquilo e relaxado.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
O XANTAR
O servizo de comedor e merenda está a cargo da empresa Airas Catering, elaborando os menús segundo as idades evolutivas das nenas e dos nenos.
A presentación de ditos menús pode ser:• puré• mixto• basal
De cara a atender as necesidades reais das nenas e nenos consideramos necesario uns criterios comúns á hora de introducir os mixtos e enteiros na súa dieta.
Criterios para pasar de puré a mixto, mixto-enteiro ou puré-enteiro:
• interese da nena ou neno pola comida enteira. Como o grupo o conforman pequenas e pequenos de diferentes meses de idade teñen a posibilidade de compartir tempos e espazo á hora do xantar con outras nenas e nenos que xa comen mixto ou enteiro e polo tanto a posibilidade de sinalar ou solicitar comida neste formato.
• valoración conxunta coa familia. A familia ten á súa disposición todos os menús no taboleiro da escola e tamén son remitidos por correo electrónico polo que pode valorar o tipo de ingredientes, texturas, presentación dos diferentes menús. Tamén é importante saber como é a súa alimentación na casa e se o seu interese é semellante ao que manifesta na escola.
• estado da dentición da nena ou neno. Pode pasar que unha nena ou neno que aínda non ten moas teña curiosidade por comer enteiro, nesta situación é importante ter en conta que tragar a comida non é unha forma saudable de comer polo que convén artellar estratexias que dean satisfacción á súa curiosidade e permitan unha boa alimentación ( o menú mixto garante a alimentación triturada e a oferta dalgún alimento enteiro).
Do mesmo xeito que son necesarios criterios á de pasar da comida triturada á enteiro valoramos necesario telos á hora de pasar ao neno do colo á trona e da trona á cadeira.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
Criterios para pasar á nena ou neno do colo á trona, da trona á cadeira:
As/os lactantes que se inician no puré comen no colo ata que :• mostran interese pola súa alimentación ( abren a boca ao ver a culler, botan a
man á culler,..)• a súa postura permite que permaneza sentado na trona sen deslizarse dentro
dela. Que poidan comer cómodos é fundamental para que poidan ter sensacións agradables á hora da comida.
As/os nenas/os pasarán da trona á cadeira cando:• sexan quen de permanecer sentados por si mesmo por un razoable período de
tempo• sexan quen de manterse na cadeira sen caer• sexan quen de sentarse e levantarse da cadeira por si mesmo ou axuda puntual.• teñan interese e iniciativa por comer sós.
Criterios de presentación dos materiais para a quenda de maiores
A orde dos materiais sempre é a mesma para facilitar que nenas e nenos as identifiquen.
Para coller o servizo os materias están disposto na seguinte orde:
• prato – pano* – babeiro – vaso – culler
*preséntanse dobrados para collelos mellor
Para recoller os servizo os recipientes están dispostos do seguinte xeito:
• cubo do lixo – gabeta para o prato -gabeta para os cubertos – gabeta para os vasos- cubo para os babeiros
Na mesa sempre diante o pan e a auga.Por unha cuestión estética, de xerar un ambiente de maior calidez acórdase o uso de manteis.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
A MERENDA
O servizo da merenda tamén está a cargo da empresa Airas Catering e son dúas as presentacións da mesma:
• Papillas• Enteira
A organización deste momento e criterios son os mesmos que para á hora da comida, nas dúas quendas que temos:
• Ás 16.00h o grupo mixto de 0-2
• Ás 17.00 o grupo de 2-3, ten lugar na sala de usos múltiples e ao igual que no xantar, as nenas e nenos teñen a súa disposición os materiais para poñer e recoller a mesa. A presentación da merenda permítelles escoller en que orde comen as cousas (pan, embutido, froita, zumes ou lácteos).
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
ORGANIZACIÓN EVOLUTIVA
Grupo 0-1
Tendo en conta o desenvolvemento evolutivo deste grupo de idade que coinciden nenas e nenos que cumpren o ano en xaneiro cunha diferencia de sete meses cos máis cativos temos previstos dous momentos.
1º momento que coincide co primeiro cuadrimestre e parte do segundo ( setembro-febreiro) onde comen na súa aula todas as nenas e nenos que solicitaron o servizo.
Os criterios para dar de comer ao grupo na aula son:
.- Momento individual con cada nena ou neno. O grupo máximo de nenas que comen xuntos é de dous por unha educadora..- A outra educadora é a responsable de atender o resto do grupo para que o momento de alimentación resulte tranquilo ..- Os máis pequen@s comezan a comer no colo ( cando pasan de lactantes a puré)..- Cando comezan a ter interese por coller a comida pasan á trona.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
2º momento que pertence ao segundo cuadrimestre onde as nenas e nenos máis maiores da aula ( teñen xa o ano) se incorporan ao comedor da escola ( onde están o grupo de 1-2).
Os criterios para decidir que nen@s pasan para o comedor de usos múltiples será:
.- Estabilidade á hora de sentarse na trona
.- Interese por participar máis activamente á hora de comer.
.- Referencia afectiva coa educadora que os acompañará no comedor.
Grupo 1-2
Ao igual que o grupo de crianzas máis pequenos teremos que ter en conta varios momentos e ir incorporando de xeito progresivo e segundo as necesidades e características do grupo cuestións organizativas que favorezan a súa autonomía.1º momento onde nenas e nenos precisan de de maior axuda, as educadoras darán de comer a cada nena e neno de xeito individual, coas crianzas que mostren interese por comer só, iniciarase a técnica das dúas culleres e permanecerán en trona ata que a súa estabilidade e interese pola comida lles permita permanecer sentados o tempo que dure a alimentación.2º momento de maior grao de autonomía, que pode ser paralelo ao primeiro momento (uns maior idade ca outros):
• se inician en comer sós• se inician en beber sós• son quen de recoller os pratos (teñen estabilidade suficiente para baixar e
subir as escaleiras).
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
Grupo 2-3
Tamén podemos definir dúas propostas graduais para o grupo de maiores.
Un primeiro momento onde as nenas e nenos poden colaborar e participar activamente segundo as súas posibilidades e interese en:
.- Coller os utensilios necesarios para comer ( culler, vaso, pano, babeiro)
.- Recoller o seu prato en cada intervalo ( primeiro, segundo e postre)
.- Comer sós
.- Repetir de calquera dos pratos ( primeiro e segundo)
Nun segundo momento introdúcense novas propostas de maior complexidade cando se fagan dependerá cada ano do grupo de nenas e nenos ( maior ou menor madurez, interese,..) pero valoramos que pode ser no segundo trimestre cando estas novas actividades se desenvolvan no comedor:
.- Servirse o primeiro e o segundo prato. A cantidade que eles consideren. Nun primeiro momento se lles solicitará que boten pouco aínda que logo volvan a repetir para que nos lles pese tanto o prato e non lles verta a comida por fóra..- Dispoñer de xarras con auga para que podan botarse auga cando teñan sede.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
CRITERIOS COMÚNS
En todos os momentos existen acordos que son comúns a todos os grupos que permanecen no comedor:
.- O pan está ao alcance das crianzas para que coman cando lles apetece, antes, durante ou despois de comer. Considérase un alimento importante na alimentación das nenas e dos nenos.
.- A auga está visible para que poidan beber cando teñan sede e no caso dos maiores as xarras diante para que podan botarse auga. Beberán segundo as súas necesidades, antes, durante ou despois.
.- Entre prato e prato coidarase a hixiene, sendo apoio fundamental do psx manter as mesas onde comen limpas para o que ven a continuación ( entre o primeiro e segundo, segundo e sobremesa).
.- A disposición do material e das mesas será sempre a mesma para garantir que nenas e nenos teñan as referencias claras.
.- As nenas e nenos non teñen porque sentarse todos os días no mesmo sitio poderán variar a súa posición na mesa.
.- Poderán:• repetir do primeiro aínda que logo non coman tanto do segundo.• poderán repetir do segundo aínda que non quixeran o primeiro. • poderán comer sobremesa aínda que non quixeran o primeiro e o segundo.• Cando xa se serven sós poderán servirse de entre a oferta o que eles
consideren.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Proposta pedagóxica: o momento de alimentación
ROL DO ADULTO
A súa actitude será tranquila e relaxada porque:
• considera que o acto de comer é un acto voluntario en si mesmo, non se pode comer por outro.
• o momento de alimentación é considerado por todo o equipo de gran relevancia para o desenvolvemento da nena e do neno xa que danse nel moitas situacións de aprendizaxe significativa ( equilibrio, lóxica, linguaxe, socialización, autorregulación).
En ningún caso forzará a comer:
• con estratexias de forza ( suxeitar de xeito que non poda moverse no caso dos bebes, agardar a que abra a boca e meterlle unha cullerada, dar de comer a un neno que chora,...)
• con estratexias verbais ( ameazando con non poder facer outra cousa, p.e: se non comes non podes ir a escoitar o conto, senón comes non crecerás, comparando con outros...)
• con estratexias de engano ( p.e: veña a última cullerada. O neno cede e acepta o acordo e logo recibe como resposta outro intento por parte do adulto: Veña agora a última a outra foi a penúltima!)
O rol do psx no comedor será fundamental para un bo funcionamento do mesmo xa que o seu apoio ao servizo ( preparación dos materiais, servizo, recollida,..) axuda a que a educadora poda acompañar e facilitar a actividade que se desenvolve no comedor en todo momento.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
[email protected]: 986 60 71 49 /638299553
Top Related