Equipo de Dinamización
da Lingua
CEIP da Torre - Cela
BUEU
Noite estrelada de inverno,á mañá cara de corno.
Co frío do inverniño,as sopas de pan e viño
fan do vello, un mociño.
Non hai luar coma o de xaneiro,
nin amor coma o primeiro.
Si vas ó San Blas,tiritarás.
No inverno,treme o enfermo.
As fanecas en xaneiro,saben a carneiro.
Por Santa Eulaliasempre o tempo cambia.
En febreiro,coma o día 3
o resto do mes.
En decembro,xéanse as canas
e ásanse as castañas.
Polo San Antón,a galiña pon.
E pola Candelaria,a boa e a mala.
Se xea por San Brais,trinta días máis.
Por San Blas,a cegoña verás.
Chuvia con sol,non molla ao pastor.
É inverno naturaldende Santos a Nadal.
Do un de decembroen diante, o inverno
xa é constante.
Si fai vento,pecha a porta
e queda dentro.
No invernonon hai mal can,nin mala pólvora
no verán.
Febreiro, febreiro,da o sol
en calquer regueiro.
En xaneiro,bufanda, abrigo
e sombreiro.
Xa estamos no inverno,o outono pasou,
e poñemos o abrigoque xa non quenta o sol.
O río verdadeiroten que quedar
do xaneiro.
Cando no invernooires tronar,vende os bois
e bótao en pan.
No inverno,castañas asadas
hai que comere viño beber.
En xaneiro, de día ao sol,e de tarde ao braseiro.
Entre xaneiro e febreiro,inverno verdadeiro.
A chuvia de febreirofai bo palleiro.
No nadal alegrote, alegrote,que hai viño na cubae chourizos no pote.
En xaneiro sube ó outeiro;se ves verdexar,bótate a chorar,
se o ves estorraxar,bótate a cantar.
En xaneiro,media arca,
medio palleiroe o porco enteiro.
Vaite febreiriño curto,cos teus días vinteoito,
que si duraras máis catronon quedaba nin can nin gato.
Cando non chove en febreiro,nin bo prado,
nin bo palleiro.
En febreiro,busca a sombra
o cadelo.
Decembro nevado,para o trigo
bo ano.
Inverno chuvioso,verán abondoso.
Xaneiro veraneironon é bo,
nin para o palleiro,nin para o graneiro.
Xaneiro mollado,febreiro trastornado.
Ara con xiada;matarás a grama
e terás boa añada.
A chuvia de febreiroenche o cabaceiro.
Coa lúa de xaneirovése a formiga no carreiro.
Os allos por San Silvestre,
nin nacidos,nin no restre.
Abrígate en febreirocon sete capas e un sombreiro.
Por San Blas,os días pequenos
quedan atrás.
A flor de febreironon chega ao fruteiro.
A madeira de xaneironon a poñas no braseiro.
En xaneiro flores,en maio dores.
O sol de xaneironon ten compañeiro.
Outono e inverno,mal tempo para os vellos.
Chuvias en xaneiro,traen ano de diñeiro.
A raia en xaneirosabe a carneiro.
Por San Valentín,o inverno anuncia
o seu fin.
O nove de xaneiro, unha hora por enteiro.
E por San Brais,dúas horas máis.
Decembro chuvioso,ano dichoso.
O frío pode entrarde repente,
entre o Nadale os Inocentes.
Cando a Candelariaaínda o inverno
está por vir.
En xaneiro, xa o merlovai cantar ó salgueiro.
Xaneiro,frío ou temperado,
pásao abrigado.
Marzo e setembroson cal curmáns:
un dí adeus ao invernoe o outro ao verán.
Ano ruín, cando chove moito
en xaneiroe neva en abril.
Polo San Matías,igualan as noites
e os días.
Inverno, bo tempopara o ferreiro,
o panadeiro eo chocolateiro.
Nas mañás de xaneiro,nin se dan os bos días,
nin se quita o sombreiro.
Polo San Vicente,nin menguante,nin crecente.
Frío no invernoe calor no verán,
iso é san.
En febreiro,sae o osodo oseiro.