RESTAURACIÓN&CONSERVACIÓN
Tratamento de restauración de
“Cabeza de cabalo”
O primeiro que é necesario ter en conta cando temos que restaurar unha obra de
arte é que debemos realizar nela a mínima intervención posible que asegure a súa vida
no futuro e co máximo respecto, porque cada obra é única. Outra cousa moi
importante a considerar é que os tratamentos sempre deben ser reversibles e
que os materiais utilizados deberán ser compatibles cos da pintura orixinal.
É necesario facer unha profunda observación
da pintura e o seu estado de conservación:
fixarnos no estado do soporte (lenzo, neste
caso), o estado do bastidor e a capa
pictórica.
Para iso, utilízanse diversos métodos, como a luz rasante que nos permite ver claramente as deformacións do soporte; os raios UV (para ver as capas superficiais da pintura como as vernices e o seu estado -se están
oxidadas ou non, o seu espesor...-); os raios infravermellos (para ver capas máis internas: debuxos preparatorios ....)
Raios UV:
A luz Ultravioleta revélanos o estado
superficial da pintura. Neste caso vese
claramente a zona na que durante unha
limpeza, aínda permanece a verniz oxidado.
Raios IR: A luz infravermella mostra en moitas ocasións os debuxos preparatorios que
subxacen debaixo da capa pictórica.
Detallada observación da pintura
Zona con
verniz
Zona xa
limpa
Así mesmo realízanse numerosos estudos analíticos
que nos permiten coñecer a obra en maior
profundidade co fin de determinar o tratamento
de restauración adecuado: cortes estratigráficos (a
través dos que podemos ver a estrutura da pintura
en estratos ou capas: soporte, preparación, capa
pictórica, verniz); microscopía óptica,
espectroscopía infravermella, microanálisis,
cromatografía de gases, espectrometría de masas
que nos posibilitan a identificación de pigmentos,
aglutinantes.
Corte estratigráfico
(100 aumentos)
Soporte
a. Preparación
b. Capa pictórica
c. Verniz
En ocasións utilizamos reactivos que colorean a mostra
indicándonos que tipo de aglutinante presenta a preparación,
graso ou magro (normalmente é graxa cando a técnica
utilizada é ó óleo e magra ó temple.
cando por exemplo é ó
temple) .
Exemplos de luz rasante
Deformacións
por golpes
Todos os procesos de restauración están precedidos
por un estudo histórico-artístico da obra para
coñecer a súa orixe, a escola, o artista que o
executou (non sempre é posible identificalo) ...
Neste caso, descubrimos que a nosa pintura era
unha copia exacta dunha cabeza de cabalo
realizada anteriormente por Velázquez nun dos
seus retratos ecuestres.
Así mesmo, é necesario facer un estudo detallado
dos danos que presenta e o tratamento que imos
seguir.
Estudio histórico- artístico
Obra a restaurar
Detalle da obra de
Velázquez
Estado do bastidor: hai que ver o tipo de unión, se presenta como neste caso
ataque de xilófagos (insectos que se alimentan da madeira). O bastidor estaba en
moi malas condicións, fora atacado por insectos, por este motivo decidimos
cambialo por outro novo.
Hai que fixarse tamén no estado do soporte: se presenta
rachaduras, rasgados, faltas de soporte, oxidacións polos
cravos, deformacións…
...e como non, o estado da capa pictórica: se está desgastada,
se desapareceu formando lagoas, se presenta algún tipo de
alteración ou desprendemento.
• Nesta zona había unha gran perda de
soporte que a facía demasiado fráxil, polo
que foi necesario, como veremos máis
adiante, reforzar o tecido orixinal
adherindo outra peza de tea á parte de atrás
despois da eliminación dos parches de
restauracións anteriores que perderan a súa
función.
A parte inferior dá obra atopábase nun estado
pèsimo
É importante deterse na observación da obra polo reverso para ver o seu estado:
podemos atopar ademais de firmas, inscricións que sirvan para documentar a
peza, parches (como neste caso) de intervencións anteriores que poidan perder a
súa eficacia ou mesmo estar a provocar danos na obra.
Un parche é un pedaciño
de tea deflecado polos
bordos que serve para
protexer polo reverso un
dano do soporte: un
rasgado.
Exemplos de parches noutra obra: ás veces os tratamentos de restauración
provocan danos nunha pintura, o colocar un parche sen deflecar, nunha
posición ou cun adhesivo inadecuados poden provocar que se marquen na
pintura polo anverso.
En ocasións, no canto de parches colócanse de forma
perpendicular ao roto fíos adheridos.
Este é un exemplo de obra forrada, puxéraselle unha tea adherida por
detrás. Nas faltas de soporte que presentaba foron adheridos enxertos
polo anverso (ver próxima diapositiva) .
Exemplos de enxertos para liquidar a diferenza de nivel
entre a tea de forrado e a capa pictórica
Proceso de limpeza
Neste proceso, un dos máis delicados, temos que determinar o método máis adecuado de limpeza porque podemos
danar algunhas cores co uso de auga ou certos disolventes. Hai que ser moi cautos e facer probas de
limpeza empezando con disolventes suaves para despois ir aumentando a súa forza se vemos que non obtemos o
resultado esperado. É así mesmo moi importante saber que tipo de tea
presenta a obra, porque o tratamento de limpeza cambia totalmente se unha a tea é de algodón (absorbe moito a humidade, é moi higroscópica, polo que sofre moitos movementos se a pintura límpase con auga podendo
chegar a provocar danos na pintura) ou se é sintética (non lle afecta a humidade), se é de liño.
Proceso de limpeza
Probas de
disolventes
en distintas
cores
Finalmente decidimos adherir polo reverso
unha tea sintética (forrar a obra) na mesa
quente, tras decidir o tipo de adhesivo
adecuado. Con calor e presión (a través
dunhas bombas de succión faise o baleiro)
ambas as teas quedaron unidas
perfectamente.
Mesa quente de succión
Mesa quente de succión
.Unha vez adheridas ambas teas, enchemos a diferenza de nivel entre os
enxertos e a capa pictórica con estuco, unha pasta realizada con
carbonato/sulfato (dependendo do que presente a preparación orixinal),
aglutinante (que pode ser natural ou sintético e un plastificante (mel)
para darlle flexibilidade
Ás veces se colorean para facilitar a reintegración cromática
e en ocasións dáselles textura.
Eliminación de pasmados
As zonas esbrancuxadas que presentan moitas veces as obras débense á microfisuración da verniz . Comunmente denomínanse pasmados. Na capa
de verniz produciríase o mesmo efecto que vemos nun cristal cando se fisura por un golpe.
Fórmase un veo esbrancuxado que non nos permite ver o que hai máis aló, é dicir, a pintura.
Para solucionalo debemos facer probas con diferentes disolventes ata que atopemos aquel
que abrande a capa de verniz e rexenéreo, o que lle vai a devolver a súa transparencia.
Pasmado
Cristal fisurado que
exemplifica o que podería
ser a microfisuración da
verniz (pasmado)
Ao aplicar o disolvente, a
verniz rexenérase e vólvese
transparente
Reintegración cromática
• É un dos últimos pasos antes do vernizado final. Consiste en encher con cor (acuarela e pigmentos á verniz, que son perfectamente reversibles) as zonas estucadas, para que a vista non se centre nas partes que presentan lagoas.
• A reintegración non debe ser discernible de lonxe, debe de haber unha homoxeneidade na obra para que poida comprenderse, aínda que sí de cerca, para distinguir ó orixinal da restauración. Moi importante: os restauradores non somos artistas, non podemos inventar nada.
Reintegración
cromática. Tres métodos dependendo
da necesidade da obra
Rigattino: liñas paralelas
Puntillismo: pequenos puntos
Tratteggio: liñas cruzadas
Vernizado (protección final). Pode facerse con spray, con
brocha dependendo sempre das características da obra, do
tipo de reintegración levada a cabo.
Antes e despois do proceso de
restauración
Outros exemplos de restauraciónsSobre cobre…
E sobre madeira…
Máis exemplos…
OBRADOIRO DE
RESTAURACIÓN DE PINTURA
DO MUSEO DO PRADO
O TRABALLO DO
RESTAURADOR NON SEMPRE
É FÁCIL…
E NOS GUSTARÍA BOTAR A
CORRER
…CANDO CHEGAN
ALGUNHAS OBRAS
(SOBRE TODO
CONTEMPORÁNEAS)…
MARCEL BROODTHAERS
Mexillóns!!!
Como se
restaura unha
casca de
mexillón??
GIOVANNI ANSELMO
LEITUGA????
JANINE ANTONI: Chocolate!!!!
Autorretrato en chocolate exposto
a lamido e autorretrato en xabón
exposto a lavado
PIERO MANZONI:
MERDA DE ARTISTA (30 gramos,
conservada ó natural, producida e enlatada…en maio do
1961…)
80.000-
100.000€…para os
interesados…
Tralala…algún voluntario
para restaurar isto???