Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Índice
O Artigo
Deportes
Recuncho Literario
O Noticiero
Carteleira
Enlaces de interese
Poesía
Edita:
COGAMI - CRD-FINGOI - Lugo.
Consello de Dirección:
Directora:
Rosa M. Pías Salgado
Coordinadora:
Purificación Salvador Rebolo
Maquetación:
Enrique Sanmartín
Redactores de sección:
Juan Antonio García
José Manuel Ramil
José Luis Vázquez
Luis Fernández Trinidad
Enrique Sanmartín
Ana Varela
Jose Rodiño
Roberto Camba
Manuel Paz
Francisco Gullón
Ricardo Lamazares
Nieves Gayoso
Antonio Fernández
Ana Cristina Piñeiro
Manuel Rosón
Óscar Vigo
Jose Luis López
José Carlos Vázquez
Luis Alberto García
Ramón Veiga
Miguel Regueiro
Arturo Fojón
Francisco J. Solana
Gustavo Latorre
Manuel Álvarez
José Manuel Ulla
Ana Novo
Manuel A. Jiménez
Colaboración Externa:
José Ángel Vázquez
Revista mensual gratuíta realizada en el Programa de Formación Ocupacional para personas condiscapacidad física gravemente afectadas.
COGAMI - CRD-FINGOI
Revista mensual gratuíta realizada no Programa de Formación Ocupacional para persoas congrandes discapacidadesCOGAMI - CRD-FINGOI
3
12
14
16
17
17
5
11
13
15
16
17
17
6
3 ARTIGO
Estas xornadas buscan a visibilización da muller con discapacidade como ferramenta educativa para modelo de cambio social.
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) organizou un encontro provincial que reuniu a 50 mulleres con discapacidade para falar sobre temáticas actuais como o liderado, a situación sociosanitaria actual ou a visión dos medios de comunicación sobre a muller con discapacidade.
A Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo, iniciou a xornada que tiña como título Espazos para a reflexión. Mulleres con capacidade, e que contou coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, a Delegada de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago, María Castelao, a Presidenta de Benestar Social da Deputación de A Coruña, Zaira Rodríguez, xunto co Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.
Financiada pola Deputación de A Coruña, esta xornada tivo como finalidade o poder reflexionar sobre a situación actual que viven as mulleres con discapacidade, nunha mesa redonda onde mulleres empoderadas puideron contar a súa experiencia.
“É importante facer unha análises e reflexión da posición e lugar que as mulleres con discapacidade ocupamos na sociedade e como modelo social e os cambios que se están a producir afectan ao noso proceso vital. Estamos nunha situación de cambios sociais que nos están a encamiñar a unha maior desigualdade entre homes e mulleres. É moi importante visualizar a diversidade das persoas como riqueza dunha sociedade, pois faina máis humana e igualitaria”, apuntou durante o inicio do foro a Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez.
As Administracións públicas, local, provincial e autonómica apoian o traballo que está a realizar ACADAR, como quedou reflectido coa presenza de representantes das tres institucións. Acadar, segundo explicou a Secretaria Xeral de Igualdade, formou parte da elaboración do Sexto Plan Galego de Igualdade que ten por finalidade a atención e respecto á diversidade, sendo a diversidade un dos elementos a considerar de maneira transversal no deseño e aplicación das políticas públicas. “É preciso potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade para promover a participación económica e social, moitas veces dificultada introducindo dende a perspectiva de xénero medidas de apoio e medidas formativas e de información”, apuntou Susana López Abella.
As redes sociais tiveron unha ampla presenza neste foro de reflexión. ACADAR habilitou unha páxina en Facebook Mulleres con capacidade, que permite a comunicación das mulleres, incrementar a súa participación social, visibilizar o grupo e as súas demandas. https://www.facebook.com/mulleres.con.capacidade
As mulleres que participaron no encontro, procedían de distintos concellos da provincia de A Coruña, chegando 17 mulleres da comarca de Ferrolterra, 19 da comarca de Santiago, 3 de A Coruña, 1 de Boiro, 1 de Vedra e 2 de Cabana de Bergantiños.Para facilitar a súa asistencia, ACADAR habilitou o transporte adaptados.
ACADAR
Acadar é a primeira entidade galega de mulleres con discapacidade constituída en setembro de 2009 por un grupo de mulleres con inquedanzas comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade galegas, de conseguir o seu empoderamento, de reivindicar o cambio social e ofrecer servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
Actualmente forman parte de ACADAR máis de medio centenar de mulleres con discapacidade de toda Galicia, e beneficiáronse dos servizos, actividades, programas e proxectos que desenvolven 507 persoas en áreas sobre saúde, prevención da violencia, promoción da participación social, alfabetización dixital e redes sociais, formación en igualdade entre outros.
A consecución dos seus fins alcánzase con accións de formación, sensibilización, participación e actuacións nas distintas áreas como a saúde, formación, emprego, medios de comunicación, sexualidade, maternidade ou a violencia contra as mulleres con discapacidade; tamén se atende ás distintas etapas vitais das mesmas.
ACADAR forma parte da Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade e das federacións de Cogami Lugo e A Coruña. Participa activamente nas comisións da muller que puxeron en marcha as organizacións impulsoras da combinación da dobre transversalidade de xénero e discapacidade, e elabora propostas de mellora tanto a nivel público como privado.
Ana M. Varela
Acadar reuniu a 50 mulleres para reflexionar sobre a situación actual das mulleres con discapacidade
4 ARTIGO
Finalizan tres cursos dirixidos a persoas con discapacidade
Estas accións formativas estiveron financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar – Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de
Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con
discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).
En Ponteareas (Pontevedra) finalizou o curso de Ofimática Básica que
se estivo impartindo dende o pasado mes de marzo no centro de
recursos Asprodico. Un total de 11 persoas con discapacidade, 6 homes
e 5 mulleres, formáronse durante 340 horas repartidas en clases de luns
a venres en horario de 15:30 a 20:30 horas. As temáticas que se
abordaron neste curso eran sobre o sistema operativo, tratamento de
texto, folla de cálculo, internet,presentacións gráficas e mecanografía.
En Tomiño (Pontevedra), tamén finalizou o curso de Controladores de
accesos de 243 horas que se impartiu no Centro de Recursos, e no que
se formaron 13 persoas con discapacidade, todos eles homes, de luns a
xoves en horario de 9:00 a 13:30 horas.
En Ferrol (A Coruña), nas instalacións que COGAMI ten nesa cidade,
impartiuse un curso de Introducción ás Técnicas de Oficina. Un total de
17 persoas, 8 homes e 9 mulleres, formáronse durante 292 horas lectivas
presenciais impartidas de luns a venres en horario de 16:30 a 20:30 h. O
alumnado, procedente dos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño,
Mugardos, Ares e A Capela, preparouse en contidos como Informática
Básica, Ofimática Básica, Técnicas de Comunicación e Recepción,
Mecanografía e Técnicas Administrativas de Oficina.
Con este tipo de accións formativas, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade inténtase que o colectivo que
representa estea preparado para inserirse no mercado laboral e conseguir, finalmente, a súa inserción dentro da sociedade.
PROGRAMA OPERATIVO FSE - GALICIA 2007 - 2013 Curso cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de GaliciaConsellería de Traballo e Benestar- e impartido por COGAMI a persoas con discapacidade
Secretaría Xeral de Política Social
Ana C. Piñeiro
5 ARTIGO
Máis de 200 persoas con discapacidade van navegar no veleiro de COGAMI
Durante o mes de xuño varios grupos de persoas con discapacidade participaron en diversas actividades a bordo do Laion realizando bautismos de mar na ría de Ribadeo, porto no que se deu o pistoletazo de saída a esta edición do Proxecto que recorreu ao longo da tempada estival a costa galega realizando actividades de vela a bordo da embarcación Laion no marco dunha VOLTA A GALICIA, dende Ribadeo a Moaña, así como participando nos principias eventos náuticos e regatas da Comunidade galega e desenvolvendo escolas de vela lixeira en colaboración con diversos club náuticos.
As travesías partiron pola ría dende o Real Club Náutico de Ribadeo. Saíron cun grupo da entidade Fraternidad de Tapia de Casariego. O grupo estibo conformado por persoas usuarias de Fraternidad e tamén de COGAMI-Ourense. O pasado 26 de xuño, foi Fraternidad quen embarcou e o 28 foron persoas usuarias de A Mariña-COGAMI,. Arredor de tres horas foi o tempo que duraron as travesías pola ría nas que, aparte de poder gozar da navegación, puideron aprender a facer nós náuticos, manexar o temón do barco e atender ás explicacións que a tripulación lles ofreceu.
Durante o mes de xullo, o Laion percorreron a distancia de 425 millas náuticas en 20 días, atracando en 8 clubs náuticos para subir a bordo a máis de 200 persoas usuarias dun total de 13 entidades e centros que este ano queren recibir os seus bautismos de mar.
A navegación do Laion forma parte do Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) que organiza cada verán a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña (COGAMI Coruña), entidade membro de COGAMI e que ten en garda e custodia o veleiro dende o ano 2002, cando a Audiencia Nacional llo requisou ao narcotráfico. A Fundación La Caixa é quen patrocina a actividade.
A primeira travesía iniciou o luns, 1 de xullo, cando a tripulación trasladou o barco dende o club náutico de Ribadeo ata o de Viveiro. O 2 de xullo, persoas usuarias da asociación A Mariña-COGAMI foron as primeiras en abrir a tempada de verán durante un paseo pola ría.
Despois desta entidade, chegaron outras que están preto dos portos nos que atracou o veleiro. A seguinte singradura foi ata Ferrol, onde o día 4 de xullo embarcaron persoas usuarias do centro que COGAMI ten na cidade. Os días 5 e 6 de xullo tamén permaneceron en Ferrol realizando saídas á ría con persoas usuarias de COGAMI-Ferrol e da asociación Asem Galicia.
O 8 de xullo o Laion atracou en Camariñas para realizar dúas travesías pola ría coas persoas usuarias da entidade Íntegro de Cabana de Bergantiños, Soneira e Fisterra.
O 10 de xullo atracou no club náutico de Muros para realizar dúas saídas coas persoas usuarias da asociación ADISBISMUR, tanto o mércores como o xoves, 11 de xullo.
O 13 de xullo as travesías iniciáronse no club náutico de Ribeira con persoas usuarias da entidade Asdivalu de Valga.
O 14 de xullo, no club náutico San Vicente do Mar embarcarán persoas usuarias da entidade Avanzar das comarcas Umia-Ulla. Ao día seguinte, o 15 de xullo, será a asociación Anduriña de O Salnés a que poderá gozar da navegación e o día 16 de xullo foron persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Mos e que embarcará un grupo pola mañá e outro pola tarde.
O 17 e 18 de xullo o Laion estará atracado no club náutico de Moaña para realizar as saídas pola ría de Vigo con persoas usuarias da asociación Doa Cangas que embarcarán en dúas quendas. Ao día seguinte, persoas usuarias de COGAMI en Vigo embarcarán pola mañá e, pola tarde, serán da entidade Amizade de Pontevedra.
O Laion, de 13 metros de eslora, ten capacidade máxima para 9 persoas: 2 tripulantes, 5 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes. A tripulación do Laion está formada por persoas voluntarias que ceden desinteresadamente o seu tempo libre para participar neste proxecto.
A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador, permitindo a gobernación do barco a calquera persoa.
Ana Mª. Varela
6 NOTICIEIRO
A Universidade Nacional de Educación a Distancia ( UNED )
presentou un encontro sobre tecnoloxía e emprego, consistente
nunhas prácticas profesionais virtuais para estudantes con
discapacidade.
Ao mesmo tempo presentouse unha bolsa de emprego e
prácticas nas que Techosite terá unha importante participación.
O vicerreitor de Estudantes, Emprego e Cultura, Álvaro Jarillo,
expuxo que o obxetivo desta iniciativa é aplicar os avances
tecnolóxicos da UNED para a realización de prácticas .
Ramón Capdevila, director da Fundación Universia disertou
sobre a importancia das tecnoloxías da información, as cales
considera como unha ferramenta esencial para a inserción
laboral das persoas con discapacidade.
A realización das prácticas será a distancia, mediante a
plataforma, e- learning, que dispón a universidade, A UNED
confía que as empresas vexan o traballo a distancia como un
beneficio para as dúas partes .
Con este programa trátanse de eliminar as barreiras físicas e os
desprazamentos para os estudantes con discapacidade,
permitindo realizar prácticas a estudantes de zoas distintas ás da
empresa. Ana Mª Varela
O traballo dos alumnos consistirá na realización de tarefas
propostas pola empresa. Firmarase un convenio entre o
estudante, a empresa e a universidade, quen supervisará todo o
proceso mediante titores.
A UNED e a Fundación Vodafone presentan a Cátedra
Tecnoloxía Accesibilidade, cuxo obxetivo é mellorar a calidade
de vida das persoas en risco de exclusión social, o que se
considera moi importante á hora de facilitar o acceso de persoas
con discapacidade á universidade.
O obxetivo da Cátedra é desenrolar e estudar o uso das TIC,
debido o aumento do uso das novas tecnoloxías por parte dos
alumnos con discapacidade, co fin de potenciar a accesibilidade
nos estudos.
Prácticas virtuais para estudantes con discapacidade
Antonio Fernández
A Universidade Carlos III de Madrid e a súa fundación, organizaron a quinta edición da Xornada Emprego e Discapacidade, baixo o título “TIC accesible: oportunidades para a empresa, oportunidades para o emprego”. Nestas xornadas interviñeron diferentes poñentes de diversas organizacións e institucións especializadas en tecnoloxías accesibles.
Nas devanditas xornadas, tratáronse sobre todo das tecnoloxías da información e a comunicación, outro dos temas a tratar foi o das persoas con discapacidade en busca de emprego.
Existe un mercado crecente de persoas maiores, persoas con diversidad funcional, con diversas capacidades, ás que non chegan todos os produtos e servizos; polo tanto os esforzos de profesionais e empresas deben ir dirixidos a derribar barreiras e ofrecer servizos para todos.
Hoxe en día a tecnoloxía está en todas partes; na educación, emprego, banca, xogos e transportes etc.; si estes servizos non son accesibles estase discriminando a unha parte da poboación.
Cristina Rodríguez Porrero, directora do CEAPAT, sinalou que na súa web pódense atopar interesantes guías, entre as que destaca unha das últimas, para a adaptación do posto de traballo.
Dolores García Praza, responsable no Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade Carlos lll de Madrid expuxo como a universidade participa activamente entre a investigación tecnolóxica e empresas, para dar maior impulso á accesibilidade e integración.
Xornada de Emprego e Discapacidade
7 NOTICIEIRO
Juan García
O CERMI emitiu a súa firme negativa ante a pretensión da Dirección Xeral de Trafico (DGT) de que os condutores con discapacidade con limitacións especiais de velocidade teñan o deber de identificar o vehículo no que circulen mediante a colocación nun lugar visible dun distintivo ao efecto.
A DGT incluíu esta esixencia no borrador de modificación do Reglamento Xeral de Circulación, no que na actualidade traballa o Ministerio do Interior na súa etapa inicial de elaboración.
O CERMI mostrou, mediante alegaciones ante a DGT, a súa rotunda oposición a que esta lei se materialíce, xa que interfire na propia imaxe das persoas con discapacidade, que non poden verse obrigadas por ningunha ordenanza ou instancia administrativa a identificar directa ou indirectamente a súa condición de discapacidade.
O CERMI sinala que a introdución deste requerimiento, no Reglamento Xeral de Circulación non suma ningún elemento positivo á seguridade vial, nin ao condutor con discapacidade nin ao resto, polo que este reglamento resultaría ineficaz.
O CERMI agarda que a DGT contemple as alegaciones do sector social da discapacidade e anule no próximo Reglamento Xeneral de Circulación, calquera imposición deste tipo de obrigacións contrarias aos dereitos das persoas con discapacidade.
Oposición ante a pretensión de Trafico de obrigar á idendificación do vehículo de persoas con discpacidad
8 NOTICIEIRO
O Goberno confía nun aumento darecadación respecto ao 2012 coaX Solidaria
Carlos Vázquez
Foi elixido co 83% dos votos o candidato español da CNSE (Confederación
Estatal de Persoas Xordas), Alfredo Gómez como vogal do Consello da
Unión Europea (EUD).
Alfredo Gómez é un destacado activista dos dereitos das persoas con
discapacidade auditiva e actual presidente da FAAS (Federación Andaluza
de Asociacións de Persoas Xordas). Durante catro anos Alfredo Gómez
integrará o Consello da Unión Europea de Persoas Xordas xunto ao
destacado líder Markku Jokinen (Filandia) como presidente, Humberto
Insolera (Italia) como vicepresidente, Louise “Lolo” Danielsson (Suecia) e
Gergely Tapolczai (Hungría), como vogais.
Trala súa elección como vogal Alfredo Gómez manifestou a súa gratitude
aos que o apoiaron tanto ao CNSE como a todas as organizacións que lle
outorgaron a súa confianza. Declara a súa firme intención de devolver esa
confianza con traballo a favor do colectivo das persoas con discapacidade
auditiva, engadiu ao mesmo tempo que a EUD, como casa común das
persoas con discapacidade auditiva en Europa será o instrumento de
cooperación, apoio e soporte, e o entorno que facilite o intercambio de
información e experiencias entre todas as organizacións de persoas
xordas, fomentando ademais o espírito de cooperación das asociacións
nacionais de persoas con discapacidade autitiva.
Vocal español do Consello da Unión Europea de Persoas con Discapacidade Auditiva
O Goberno confía recadar este ano un seis por cento mais que o
ano pasado na declaración da renda co ”X Solidaria” así o afirma o
secretario do Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel
Moreno.
Moreno interviu recentemente nun acto organizado dende o seu
departamento co obxectivo de animar aos contribuíntes a marcar a
”X Solidaria” destinada a fins sociais ao facer a declaración do IRPF.
O secretario do Estado expuxo que a convocatoria do 2013 ten
como obxectivo principal a loita contra a pobreza, e dentro desta sobre todo os proxectos destinados a combater a pobreza infantil.
No pasado exercicio do 2011 recadáronse 211 millóns de euros coa ”X Solidaria”, o que supuxo un tres por cento máis que no
exercicio anterior.
O marcar a “X” con fins sociais e tamén a destinada á Igrexa católica supón un instrumento para traballar a favor dos máis
vulnerables.
Ana Mª Varela
9 NOTICIEIRO
Repunte do mercado das tecnoloxíassanitarias ante a crise
Estudos recentes demostran que a eSalud (telemedicina,
tecnoloxía móbil, aplicacións, etc), é un importante recurso á
hora de evitar mortes e ingresos hospitalarios.
A implantación de solucións tecnolóxicas, como a teleasistencia,
que permiten aforrar custos e mellorar a calidade asistencial
estase vendo favorecida pola redución de gastos sanitarios.
A organización sen ánimo de lucro TICBioMed, destinada a
fomentar a eSalud, (tecnoloxía digital aplicada á saúde),
organiza unha xira GiraTicSalud por todo o territorio nacional co
fin de poñer en contacto a empresas tecnolóxicas innovadoras
con profesionais do sector sanitario.
Arturo Fojón
Jorge González, director de TICBioMed opina que a crise económica non reduciu a participación das pymes senón máis ben o
contrario, nas que as propostas dunha mellor xestión contan co interese engadido por parte dos xestores públicos e privados, xa que
con iso propiciouse a procura de modelos que permitan o aforro sen a perda de prestaciones asistenciales. As tecnoloxías aplicadas á
saúde permiten proporcionar unha mellora asistencial en todo momento, evitando ao mesmo tempo ingresos hospitalarios, descenso
no número de consultas e a eliminación de procesos burocráticos.
Na rede ofrecerase un curso de forma
permanente e gratuita coa intención de
concienciar á comunidade universitaria
da importancia de ofrecer servizos
accesibles para todos os beneficiarios
grazas á Fundación Universia.
O programa desenvolvido por CADMO
coñecemento, naceu coa intención de
xerar contidos accesibles que garantan a
autonomía e a aprendizaxe dos alumnos
con discapacidade.
Preséntase ante a crecente demanda
nas universidades de dispoñer no seu
ámbito 'online' de información, material
docente e de consulta, así como de
actividade formativa, que cumpra con
garantías de accesibilidade baixo os
principios de inclusión dixital educativa.
O curso aboga pola elaboración de
materiais educativos que respondan aos
criterios de accesibilidade estándar.
Ensinará tamén a transformar os que
non son accesibles noutros que si o
sexan, utilizando para iso programas de
Microsoft Office.
Para comprobar a accesibilidade dos
materiais educativos inclúe formación a
través de diferentes programas de testeo
automático.
O curso consta do desenvolvemento de
contidos, exercicios e actividades
prácticas, ademais dun resumo e dunha
proba final de coñecemento.
Nieves Gayoso
A Fundación Universia oferta cursona rede de Deseño de materiais educativos accesibles
10 NOTICIEIRO
No Parlamento Europeo Españoles con discapacidade demostran a súa eficaciano traballo.
Luis Alberto
Persoas con distintos grados e tipos de
discapacidade mostraron recientemente no
Parlamento Europeo que traballan e son
rentables grazas ás tecnoloxías accesibles e
a adaptación dos seus postos de traballo.
No transcurso de tres xornadas, unha xoven
con discapacidade intelectual, outra con
discapacidade física severa e unha muller
cega mostrarán o seu traballo cotidián, que
realizan en España en empresas da ONCE e
a súa Fundación,
Tamén haberá no hall do Parlamento
Europeo, unha exposición na que se
comprobará que as tecnoloxías accesibles,
permiten avanzar en materia de educación,
formación, emprego ou información, ou
supoñen unha barreira insalvable para gran
parte da poboación, sobre todo, as persoas
con discapacidade.Un traballador dos que acode a Bruselas pertenece á empresa de Fundación
ONCE Technosite (especialista en accesibilidade e usabilidade de portales web).
Comunicase co ordenador mediante a voz e o movemento das pálpedras.
Co seu equipo adaptado traballa xestionando unha web de iniciativas de empleo
para outras persoas con discapacidade.
Os outros dous traballadores realizan tarefas similares apoiándose en tecnoloxías
accesibles que lles permiten tele traballar desde Bruselas coma se estiveran en
Madrid.
Pódese observar que a falta de accesibilidade de moitas web, algunhas públicas e
de servicio ao cidadan, dificultan as persoas con discapacidade acceder a elas e
supoñen un obstáculo que os illa e os diferencia do resto da sociedade.
É fundamental, para a ONCE e a súa Fundación, mostrar o esforzo que estas
personas realizan cotidianamente para que todas as persoas teñan as mesmas
oportunidades e dereitos e comprobar que a discapacidade non é unha dificultade
para resultar rentable e competitivo no mercado laboral.
11 NOTICIEIRO
Juan García
A asociación AVANTE reuniu en Val do Dubra (A Coruña) a máis de duascentas persoas para pasar un día de pesca adaptada
Nieves Gayoso
O pasado 22 de xuño, na área recreativa de Bembibre, no concello de Val do
Dubra, a Asociación de Persoas con Discapacidade Avante reuniu a 216
persoas que foron pasar unha xornada de pesca adaptada, onde todas e
todos tiveron a oportunidade de probar a arte da pesca, sen distincións por
cuestións de mobilidade.
Todas as persoas que participaron proviñeron de entidades que forman
parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
entre as que se atopan, ademais de Avante, Amico de Santiago, A Misela de
Noia, Adisbismur de Muros e bisbarra, e o centro de recursos de Medelo que
ten COGAMI-Deza.
Esta actividade que desenvolveu Avante, estivo organizada pola asociación de pescadores O Ranqueiro, que cedeu as canas e axudou a
montalas e colocarlle o cebo. Ademais, o concello colaborou con persoal voluntario que esivo axudando durante toda a xornada.
Puideron estar pescando e despois gozaron dun xantar para todas as persoas que asistiron a esta actividade de lecer. Trala sobremesa
houbo música e baile.
A xornada de pesca xa a leva desenvolvendo a entidade Avante dende hai preto de dez anos e é unha das actividades que goza con gran
participación dentro das entidades de persoas con discapacidade.
Persoas con discapacidade aprenden con COGAMI a buscar traballo en Arzúa
· 10 persoas con discapacidade de Arzúa, Melide e arredores
prepáraronse durante 3 días para manexarse na busca de
emprego.
· Como acudir a unha entrevista, como redactar un currículum e
como buscar ofertas na web son algunhas das pautas que
aprenderon.
O pasado, 18 e 19 de xuño, unha orientadora laboral do servizo de formación e emprego de COGAMI (Confederación Galega de
Persoas con Discapacidade), Laura Fernández Leal, desprázouse ata o recinto feiral Terra do Queixo en Arzúa para impartir un
seminario sobre Técnicas de Busca de Emprego. Dirixido a persoas con discapacidade recoñecida e/ou incapacidade permanente
total para a profesión habitual, o curso tratou de temas relacionados coa situación do mercado laboral no sector servizos. A finalidade
deste seminario é que as persoas asistentes asimilen unhas pautas básicas para saber desenvolverse á hora de buscar emprego.
Un grupo de 10 persoas procedentes dos concellos de Arzúa, Melide e arredores, aprenderán a como presentarse a unha entrevista
de traballo, como elaborar un currículum, como elaborar unha carta de presentación, como manexar as redes sociais especializadas
na busca de emprego, cales son as obrigas e dereitos do traballador, e que bonificacións e incentivos existen para os contratos de
persoas con discapacidade, entre outros temas.
Durante os dous días que durou esta formación, as persoas participantes tiveron a oportunidade de asimilar conceptos e pautas
básicas que debemos seguir cando queremos buscar un emprego. Máis da metade das persoas asistentes viñeron de rematar un
curso de viveirismo impartido durante un mes nas instalacións de Dixardín en O Rendal.Manuel Paz
12 DEPORTES
Financiado pola Fundación Iberdrola, o programa de natación
desenvolveuse en 16 concellos
A mediados deste mes de xuño rematou o programa de natación
terapéutica que a Confederación Galega de Persoas con
Discapacidade (COGAMI) estivo desenvolvendo en 16 concellos
galegos dende o pasado mes de outubro.
Un total de 160 persoas foron as que se inscribiron a estas sesións
nas que practicaron exercicios que lles posibilitaron o poder manter
ou mellorar o estado físico e psicolóxico a través de actividades que
permiten a mobilidade, a flotación, a respiración e a propulsión
dentro da auga.
AYUNTAMIENTOENTIDADAmarai
Íntegro
COGAMI-Lugo
COGAMI-Deza
COGAMI-Ferrol
Disvalia
COGAMI-Vigo
Affou
Adisbismur
Adapta
A Mariña-COGAMI
Amico
Vontade
Agora
Centro recursos Mos
Amarai
Íntegro
COGAMI-Lugo
COGAMI-Deza
COGAMI-Ferrol
Disvalia
COGAMI-Vigo
Affou
Adisbismur
Adapta
Amico
Vontade
Agora
Centro recursos Mos
Arzúa
Cabana de Bergantiños
Chantada
Lalín
Narón
O Barco
O Porriño
Ourense
Outes
Ponteareas
Ribadeo e Xove
Santiago
Tomiño
Monforte
Mos
A natación terapéutica desenvolveuse nas piscinas municipais
de concellos do rural e foron impartidas a persoas usuarios/as
das oficinas e das entidades que son membro de COGAMI,
como se reflicte no seguinte cadro:
O proxecto de natación terapéutica enmárcouse dentro do
programa que COGAMI ten de apoio á mellora da saúde das
persoas con discapacidade, tendo como finalidade unha atención
especializada para que non se produzan retrocesos no estado da
discapacidade debido á falta de atención especializada.
A idea de desenvolver este programa en zonas rurais é porque
sempre estas áreas son as que máis sofren a escaseza de recursos
por seren núcleos dispersos, con menos número de poboación e
con maiores dificultades de comunicación e de transporte.
COGAMI rematou o programa de natación terapéutica do que se beneficiaron 160 persoas do rural
Nieves Gayoso
13 DEPORTES
Noticia
A cidade de Praga (Republica Checa), foi o escenario do Campionato do Mundo de Atletismo para persoas con discapacidade intelectual.
O atleta madrileño Dionibel Rodríguez logrou facerse con dúas medallas de ouro, callando unha gran actuación ao longo deste campionato. A primeira delas chegou na proba dos 200 metros lisos, na que marcou un tempo de 22"61. E a segunda conseguiuna nos 400 metros lisos, proba na que concluíu cun rexistro de 49"03.
Doutra banda, cambiando de modalidade, no que se refire á proba de salto de lonxitude, o outro medallista español nestes campionatos do mundo foi José Antonio Expósito.
J. Manuel Ramil
O murciano alzouse co ouro nesta disciplina, con todo márchase de Praga cun sabor agridulce, debido a que, no primeiro salto da final (7,12 metros), que lle valeu para converterse no campión do mundo, terminou lesionado. Nesta mesma proba, o español Francisco Pérez realizou un salto de 6,21metros o que lle permitiu acabar en cuarta posición, a un só centímetro da medalla de bronce.
Finalmente, o equipo que tomou parte nas probas de relevos 4x100 e 4x400, formado por Dionibel Rodríguez, Francisco Pérez, José Martínez Morote e Fernando Batista, logrou a sexta praza na primeira delas e foi descualificado na segunda, aínda que pasaron a liña de meta na segunda posición.
Dous ouros no Campionato do Mundo de Atletismo, para Dionibel Rodríguez
Estas clases son financiadas pola Federación Galega de Tenis e o Concello de Santiago colabora coa cesión do espazo.
Asistiu o Concelleiro compostelán de Deportes, o Presidente do Comité Galego de Tenis Adaptado da Federación Galega de Tenis e o Presidente de COGAMI
O pasado, 1 de xuño, nas pistas de tenis de Sar, un grupo de 20 persoas procedentes das entidades de persoas con discapacidade Amico de Santiago, Amarai de Arzúa e Terra de Melide e de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) participaron na presentación da escola de tenis adaptado de Santiago.
Durante a presentación houbo unha charla explicativa sobre o deporte de tenis en cadeira especificando as súas particularidades e, posteriormente, realizouse unha exhibición e unha clase práctica para as persoas que asistiron á xornada.
Tras esta presentación do tenis en cadeira en Santiago, as clases prácticas vanse desenvolver tódolos sábados dos meses de xuño e xullo no pavillón do Restollal (rúa Emilio e Manuel) de 10:00 a 12:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas. O tenis en cadeira é unha actividade que permite o acceso ao deporte das persoas con mobilidade reducida, proporcionando beneficios para a saúde dos que practican este deporte, xerando inclusión e socialización ao estar con outras persoas e o poder achegarse ao deporte do tenis adaptado.
Miguel Regueiro
Inagúrouse en Santiago unha xornada de tenis en cadeira na que participou COGAMI
14 CARTELEIRA
O LLANERO SOLITARIO
LÉVAME Á LUA
NENOS GRANDES 2
Argumento:O llanero solitario é unha apaixonante aventura repleta de acción e humor na que o famoso heroe enmascarado adquire unha faceta totalmente nova.
Tonto , un guerreiro espiritual nativo americano conta as fabulosas historias que converteron a John Reid, Nun home da lei, e nunha lenda da xustiza.
Transporta ao público nunha vertixinosa viaxe repleta de sorpresas épicas e divertidos conflitos entre dous insólitos homes que se ven obrigados a traballar xuntos e a loitar contra a avaricia e a corrupción.
Ficha TécnicaDirector: Gore Verbinski
Reparto: Johnny Depp, Armie Hammer, Tom Wilkinson, William Fichtner, Barry Pepper, James Badge Dale, Helena Bonham Carter, Ruth Wilson
Gustavo Latorre
Argumento:Mariko é o gran amor de Lobezno. Filla de Shingen, quen acordou o seu matrimonio co político corrupto Noburo. Logan e Mariko coñécense cando el sálvalle a vida e namóranse.
Na cinta tamén coñeceremos a Kenuichio, fillo ilexítimo de Shingen que se nega a recoñecelo como herdeiro. É un experto samurai que ataca a Logan en diversas ocasións baixo o nome de Samurai de Prata usando unha armadura electrificada.
Ficha TécnicaDirector: James Mangold
Reparto:Hugh Jackman, Will Yun Lee, Svetlana Khodchenkova
LOBEZNO INMORTAL
Manuel Álvarez
Argumento: Na familia Lefebvre, os primeiros matrimonios son un fracaso. Para evitar este final co seu amado noivo, Isabelle Lefebvre prepara unha estratexia: atopar antes un primeiro marido. Un plan perfecto.
O obxectivo elixido ao azar é Jean-Yves Berthier, redactor da guía do mochilero, ao que Isabelle seguirá desde
o Kilimanjaro ata Moscú. Deberá seducilo por todos os medios, casarse con el e sobre todo, divorciarse. Unha
aventura que cambiará as súas vidas para sempre.Ficha Técnica
Director: Pascal Chaumeil
Reparto: Diane Kruger, Dany Boon, Etienne ChicotAlejandro Carballeira
Argumento:Cinco homes, que de nenos foron grandes amigos, vólvense a reunir para pasar xuntos o fin de semana do 4 de xullo coas súas respectivas mulleres e fillos.
Xuntos pasarano como nenos grandes, pero as súas respectivas parellas non tanto, só queren que deixen ao carón ese comportamento infantil e maduren dunha vez.
Ficha TécnicaDirector: Dennis Dugan
Reparto:Adam Sandler, Taylor Lautner, Salma Hayek, Maya Rudolph, Rob Schneider, Chris Rock, Kevin James, David Spade, David Henrie, Oliver Cooper, Andy Samberg, Shaquille O'Nea.l
Roberto Camba
15 CARTELEIRA
A MELLOR OFERTA Argumento: Virgil Oldman é un home solitario; un excéntrico experto en arte e axente de poxas, moi apreciado e coñecido en todo o mundo. A súa vida transcorre á marxe de calquera sentimento afectivo ata que coñece a unha fermosa e misteriosa xoven que lle encarga taxar e vender as obras de arte herdadas dos seus pais.
A aparición desta xoven, que sofre dunha estrana enfermidade psicolóxica que a mantén illada do mundo,
transformará para sempre a vida de Virgil.
Ficha TécnicaDirector: Giuseppe Tornatore
Reparto: Jim Sturgess, Geoffrey Rush, Donald Sutherland, Liya Kebede, Sylvia Hoeks.
Ricardo Camba
Luis Fernández
Argumento:Unha antiga axente do FBI Sarah Moss. Moss iniciou unha nova carreira profesional en Hiller Brood, unha elitista e implacable axencia de investigación privada cuxo obxectivo é salvagardar os intereses da súa clientela, composta principalmente por empresas de primeira magnitude.
Especialmente escollida pola mandamás da axencia, Sharon, para unha cobizada misión, Sarah adopta unha falsa identidade co fin de infiltrarse en The East, unha escurridiza organización anarquista que pretende vingarse de grandes corporacións ás que responsabiliza de servir de tapadera de actividades criminais.
Decidida, perfectamente adiestrada e muller de recursos, Sarah enseguida logra o beneplácito do grupo, vencendo as súas sospeitas iniciais e uníndose a eles na súa seguinte acción de sabotaje ou "jam". Pero ao convivir estrechamente cos profundamente comprometidos membros de The East, Sarah descobre que se sente dividida entre dous mundos cando empeza a conectar con Benji e o resto do colectivo ácrata, dándose conta das contradicións morais que hai na súa vida.
Ficha TécnicaDirector: Zal Batmanglij
Reparto: Brit Marling, Alexander Skarsgard, Elle Page, Toby Kebbell, Shiloh Fernandez, Patricia Clarkson, Jason Ritter, Julia Ormond, Jamey Sheridan
THE EAST
Ana Novo
Argumento:A vida de Guillermo transcorre entre as súas aburridas clases na universidade, traballos ocasionais como modelo que lle dan para vivir holgadamente e a súa verdadeira paixón, o surf. Todo cambia cando descobre un antigo carrete fotográfico nas obras de reforma da casa dos seus pais.
O seu revelado destapa enigmáticas imaxes e unha cara coñecida: o seu mellor amigo da infancia, Iván, desaparecido fai xa demasiado tempo. A medida que tira do fío, a curiosidade inicial de Guillermo convértese nunha perigosa investigación de consecuencias insospeitadas.
Nas súas pesquisas, contará coa axuda de Daniela, estudante de Belas Artes e afeccionada á fotografía profesional, na que non pode deixar de pensar; co apoio incondicional do seu compañeiro de olas, O Ruso; e coa pericia informática do seu irmán menor, Mario. Ningún dos catro é consciente de que o camiño cara á verdade pode cambiar as súas vidas para sempre.
Ficha TécnicaDirector: Alejandro Ezcurdia
Reparto: Raúl Mérida, Sara Sálamo, Joaquim de Almeida, Geraldine Chaplin, Marta Martín, Guillermo Estrella, Manuel Morón, Maiken Beitia
TRES-60
17 RINCÓN LITERARIO
Iago SantallaEx-usuario Aula de NN.TT. COGAMI CRD- Fingoi ( Lugo)
Ás veces un atopa frescura entre versos e pentagramas musicais que o enchen de esperanza e forza para seguir a vida. Esperanza e
forza en tempos de desespero e debilidade, nos que a ausencia absoluta de toda ética lévanos a ver lóxico e razoable o pisar aos
nosos semellantes. Quen lera ata aquí, e pense que digo algo fora de lugar, convídoo a deixar de ler, acender a televisión e
comprobalo.
A sociedade dinos que non collemos todos, que hai que tirar a alguén pola borda, que non podemos ser todos iguais. Acabouse o
soño de Grândola. Morreu o 68. Agora somos xente seria, honrada e razoable; só necesitamos tripar sobre a cabezas máis
vulnerables e evitar que cheguen aqueles que, simplemente, non o merecen.
E eu, rebelde sen causa, ou cunha ben artellada; sigo militando na poesía, na música, na pintura, na oralidade, na verba. Sigo
militando nos que fan arte porque si, nos que buscan a propia liberdade na sinxeleza da vida, nos que medran facendo medrar, nos
que coa palabra forxan risos, nos que viven amando e nos que saben que os cartos non se comen, senón que só serven para paliar
as superficialidades da vida.
Atopei un fado que fala de todo isto, de todo o que a miña xeración ten que asumir sen comelo nin bebelo
froito das desidias daqueles que queren levar o temón do noso destino colectivo. O fado, de Deolinda,
chámase Que parva que eu sou –do que, no noso país, Pepa Yáñez fixo unha orixinal versión-, e o
seu retrouso dinos: “E fico a pensar que o mundo é tao parvo que para ser escravo é precisso
estudar”.
Este é o mundo que nos tocou vivir, e quizais temos que elixir entre arrolalo ou espertalo.
Parece que actualmente a mocidade opta pola segunda opción, e vennos a dicir que non
quere o seu destino, que ten outra idea da vida e que está disposta a loitar por facer outra
sociedade a medida dos seus proxectos.
Isto significa que temos unha mocidade con valores, fronte a unha sociedade
desvalorizada. Unha mocidade disposta a construír fronte a unha elite empeñada en
destruír todo o que ten debaixo; por iso nacen cancións tan indignadas como a de Deolinda,
cancións escritas por quen día a día vive o milagre de resistir e sobrevivir.
Estas cancións veñen animar a unha colectividade que soñou cun futuro hoxe espoliado polos mesmos que nolo
venderon, o que eticamente é inadmisible.
Que nos queda? Quédannos os nosos propios valores. A liberdade de ser como queiramos ser e non como nos queren facer ser. A
liberdade de volver ao auténtico e de negarse a ser fotocopias vitais nunha sociedade castradora da creatividade e da identidade. A
liberdade de pensar por nós mesmos e de actuar de xeito autónomo. A liberdade de non adiar proxectos e de arriscarse. A liberdade
de abrazar un cambio fronte á escravitude que nos ofertan, para doar aos nosos fillos un porvir ceibe no que autorrealizarse na
medida dos seus soños.
Non somos parvos, sabemos o que queremos e o que poderiamos ter e non temos. Non somos parvos, temos moi claro que non
queremos darlle á escravitude o froito do noso potencial. Simplemente non o merecemos!
Cavilando nun fado de Deolinda
18 POESÍA
EN INTERNET
- Blog DISINCREIBLES de Fingoi:
- Polibea Turismo: e-mail:
Federación Española De Ortesistas Protesistas (FEDOP): e-mail:
- Canal Discapacidade:
- Información Discapacidade:
- Portal Solidario:
- Blog Amica:
- Cogami:
- Cocemfe:
- Cermi:
- Sin Barreras:
- Socialia:
- Lugo Accesible:
- Voluntariado Galego:
http://www.disincreibles blogspot.com
http://www.polibea.com [email protected]
http://www.fedop.org [email protected]
http://www.risolidaria.org
http://www.discapnet.es
http://www.portalsolidario.net
http://www.sotileision.blogspot.com
http://www.cogami.es
http://www.cocemfe.es
http://www.cermi.es
http://www.telepolis.com/comunidades/sinbarreras/
http://www.socialia.org
http://www.lugoaccesible.net
http://www.voluntariadogalego.org/web/
-
(Único portal gallego dirigido específicamente al 3° sector.)
PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013
COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO E A XUNTA DE GALICIA
CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR- SECRETARIA XERAL DE POLITICA SOCIAL E IMPARTIDO POR COGAMI A PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Enrique Sanmartín
Volverse a namorar
Volvinme a namorar damesma muller, e
iso faime sentir un poucomáis forte parapoder dicirllo.
Quizá me estoudanando a
min mesmo por non poder expresar os meus
sentimentos por ela, porque a quero
demasiado e seguirei, aínda que me custe
un desgusto pensandonela todosos días que me restan de vida..
Top Related