Se queres saber máis sobre a cuestión do racismo nos sistemas fascistas e mellorar a nota do tema 9 podes facer un traballo no que respondas aos seguintes grupos de cuestións:
O nazismo alemán A lexislación básica sobre o
racismo en Alemaña está recollida nas chamadas Leis de Núremberg. Logo de informarte sobre elas, responde: Cando foron aprobadas?
Cal era o seu principal obxectivo?
A través de que organismo se divulgaron entre a poboación?
Que se entendía por ser 100% xudeu?
Cales eran as principias prohibicións que se establecían para os xudeus?
Que relación ten a Noite de cristal co antisemitismo?
Enderezos útiles para responder ás anteriores cuestións:
-Explicación xeral sobre as Leis de Núremberg:
http://es.wikipedia.org/wiki/Leyes_de_N%C3%BAremberg
-Textos das Leis de Núremberg:
http://www.claseshistoria.com/fascismos/%2Bleyesnuremberg.htm
http://www.elholocausto.net/parte01/0109.htm
-Sobre a Noite de cristal:
http://es.wikipedia.org/wiki/Noche_de_los_cristales_rotos
-A obra de Hitler sobre o racismo e antisemitismo: Mein Kampf (A miña Loita) (páxinas 39-41 e o capítulo XI, pp. 173 e ss):
http://nsl-server.com/Buecher/Fremde-Sprachen/Hitler,%20Adolf%20-%20Mein%20Kampf%20-%20Mi%20Lucha%20(ES,%20415%20S.,%20Text).pdf
O racismo italianoEste aspecto do fascismo
non tivo a mesmas consecuencias que en Alemaña, pero en Italia tamén se elaborou unha lexislación ampla sobre o racismo.
-O documento máis destacado sobre o antisemitismo italiano é o Manifesto da raza italiana:
-Cando foi eaborado?
-Quen o asinaron?
-Que principios establecía?
-Que consecuencias se derivaron del?
-Que se entende por “xudeusconvertidos en arios”?
-Existen diferenzassiginificativas coas Leis de Núremberg?
Para informarte podes consultar:
http://es.wikipedia.org/wiki/Leyes_raciales_fascistas#Lista_de_los_principales_documentos_y_reales_decretos-ley_de_car.C3.A1cter_racial
Comenta brevemente estas dúas situacións
LEMBRA QUE: O traballo debe ser
entregado, a máis tardar, ata as doce da noite do día anterior ao do exame se o envías por e-mail e o mesmo día do exame se o fas en papel.
As cuestións non están pechadas, de modo que podes engadir cantos aspectos consideres de interese.
Unha vez elaborado o traballo, analiza e comenta este interesante pensamento dun dos máis grandes pensadores españois do século XX: Miguel de Unamuno.
Top Related