Estimados membros da comunidade educativa:
Dende o Equipo de Biblioteca comunicámoslles que entre as diversas
actividades que se van realizar no colexio con motivo do día do libro
durante a semana comprendida entre o 22 e o 26 de abril de 2013,
realizarase unha exposición dos libros elaborados polos docentes en
colaboración co alumnado do colexio. Gustaríanos convidalos a que nos
visiten e vexan os traballos feitos por e para o alumnado do C.E.E. Miño.
A exposición terá lugar nunha zona habilitada do centro durante toda a
semana. O mércores día 24 e o xoves día 25 terán a súa disposición un
ou varios mestres do equipo de biblioteca para resolver calquera dúbida
de 17:00 a 18:00 horas.
Moitas grazas por colaborar co centro educativo do seu fillo/filla.
Un saúdo
O Equipo de Dinamización da Biblioteca

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA A
CELEBRACIÓN DO
DÍA DO LIBRO
Día 22 de abril: Exposición de puntos de lectura: No corredor principal.
Cada titor irá expondo os puntos de lectura da súa aula no taboleiro
destinado a tal fin.
Día 23 de abril: Contacontos realizado por Bea (unha coidadora do
centro) na sala de psicomotricidade ou patio de cadeiras.
Día 24 de abril: Presentación do traballo sobre o polo Ruflot proposto
pola biblioteca en colaboración con extraescolares e as mestras das aulas
4 e 10. Na sala de psicomotricidade ou patio de cadeiras.
Día 25 de abril: Visita cos nenos á exposición dos libros.
Día 26 de abril: Exposición das novidades mercadas para a biblioteca para
mestres e alumnos.
Durante toda a semana estará aberta á comunidade educativa a
exposición dos libros elaborados no colexio.
O Equipo de Dinamización de Biblioteca.