SEÑORA VACA
Señora vaca (bis)
eu doulle grazas por todo o que nos dá
hoxe a miña mestra ensinounos
que o seu corpo non para de traballar.
E dános o leite
con moita nata
e a manteiga que sempre lle poño ao pan,
tamén o queixo que é moi san
e un iogut “pra” o meu irmán...
Señora Vaca, vostede sabe traballar.
Señora vaca (bis)
cando no campo eu a vexo pasear
cos seus filliños
tírolle un biquiño
pois doume conta que é unha boa mamá.
E dános o leite
con moita nata
e a manteiga que sempre lle poño ao pan,
tamén o queixo que é moi san
e un iogut “pra” o meu irmán...
Señora Vaca, vostede sabe traballar.
Top Related