Titorial de Google Maps
Autores: Gabriel Carral Pérez
Jesús Rodríguez López
1. Explorando Google Maps.
1.1.Vistas do mapa:
· Mapa: a vista de Mapa mostra un mapa cunha presentación tradicional de estradas, parques,
fronteiras, masas de auga, etc.
· Satélite: a vista de Satélite mostra imaxes aéreas.
· Earth: mostra edificios en 3D feitos polos usuarios con SketchUp
Mapa Satélite Earth1.2. Ferramentas do mapa
1.2.1- Tráfico: visualiza as condicións de tráfico actualizadas, para axudarche a planificar a
túa ruta.
1.2.2- Fotografía: integra miles de fotos
1.2.3- Cámaras Web: visualiza imaxes tomadas por cámaras web durante a última hora.
1.2.4- Vídeos: os mellores vídeos gravados nunha ubicación do mapa en concreto. Os vídeos
están en Youtube.
1.2.5- Wikipedia: explorar unha zona mediante os artigos geopoSecionados en wikipedia.
1.2.6- Etiquetas: mostra nomes de rúas, cidades e fronteiras.
1.2.6- Máis: Ábrense pestanas de transporte público, relevo, en bicicleta e 45º. Estas pestanas
non están activas para todas as zonas.
1.2.7- Navegador: serve para moverse polo mapa.
1.2.8- Escala: Sitúa a escala na que nos atopamos.
2. Crear un mapa.
Na vista satélite, busca no cadro de procura o lugar de onde queres facer o mapa. Tamén
podes buscar mapas feitos por outros usuarios nas “opcións de procura”
Unha vez alí, amplía a imaxe co navegador para achegarche máis, observa como cambia a
escala.
Nalgunhas localidades está dispoñible a opción “Street View”. Actívaa, arrástraa ata a
Situación que queiras e explora esta vista.
Para saír da vista Street view pinchamos o icono da dereita e volvemos á vista normal.
2.1. Para crear o teu mapa personalizado.
Fai clic na pestana "Os meus Sitios" e, seguidamente, en “Crear un mapa novo”.
2.2. Engade un título e unha descrición para o mapa.
Elixe se queres que sexa de uso público ou restrinxido. Fai clic en Gardar .
Se queres realizar un mapa entre varias persoas, activa “colaborar” e envía emails aos teus
colaboradores.
2.3. Engadirlle marcas de poSeción e liñas de percorrido.
Hai 2 tipos de marcadores:
a) Marcador de ubicación de puntos .
Para mover un marcador no mapa, arrástrao e sóltao no punto que elixas. Verás que cambia
a forma do icono. Ao colocalo no punto que queremos, desprégase unha fiestra. Nesta fiestra
ponse un título e unha descrición ao punto Sinalado.
Por defecto móstrase en “texto sen formato” que permite engadir un texto Simple.
Se eliximos “texto enriquecido” aparece un editor de texto mais completo e con posibilidade
de engadir un enlace Web e unha imaxe. A opción “edición de HTML” permítenos escribir
nesta linguaxe e inserir elementos multimedia, como, por exemplo, un vídeo.
Tamén podes cambiar a forma do icono de marcador facendo clic no cadro que se atopa na
esquina superior dereita da fiestra de información.
Unha vez feita a descrición para gardar os cambios pulsar “aceptar”. Se queremos eliminar o
marcador pulsar “suprimir”. Para editalo de novo e facer cambios só hai que volver a clicar
sobre o marcador.
b) Marcador de liñas e formas.
• O primeiro serve para marcar percorridos ou rutas.
• O segundo permítenos marcar rutas ao longo das rúas.
• O terceiro permítenos delimitar formas.
Ao arrastralo cambia de forma. Colócao encima do punto onde queiras iniciar unha ruta e fai
clic co botón do ratón neste punto para comezala e dobre clic onde queiras terminala. Irache
indicando a distancia percorrida. A fiestra de información reénchese da mesma forma que a do
marcador de posición. Pulsando a icona na ventá pódese elixir a cor, o grosor e a
transparencia da liña. Non se che esqueza aceptar os cambios.
Ten en conta que só poderás editar ou mover marcadores nos teus mapas, e non nos doutros
usuarios.
2.4. Marcar un punto no mapa.
Move o cursor ata a ubicación correspondente. Fai clic co botón do ratón para colocar o
marcador, que se inserirá no punto elixido. Escolle a opción de texto enriquecido e engade
un título e unha descrición.
2.4.1- Inserir texto: Só tes que escribir o texto directamente no cadro.
2.4.2- Inserir un enlace: primeiro activamos texto enriquecido. Busca o Sitio Web que queres
enlazar, copia a dirección URL do Sitio. Subliña o texto que queres enlazar, fai clic na icona
pega a dirección na fiestra e acepta.
2.4.3- Inserir unha imaxe: a imaxe debe de estar en Internet. Busca e localiza a imaxe que
desexes. Coloca o punteiro sobre ela e co botón dereito do rato elixe "copiar a ruta da imaxe".
Despois fai clic na seguinte icona de imaxe e pégaa. Se é moi grande, podes manipulala dende
os extremos e poñela do tamaño que queiras.
Non se che esqueza "aceptar".
2.4.4- Inserir un vídeo: Como no caso anterior, debe estar “subido” á Rede. Pódense inserir
vídeos de youtube e Google vídeo. Unha vez localizado o vídeo, buscamos o código “inserir”
ou “embed”.Adoita estar subliñada en azul – é o código HTML do vídeo. Copiámolo.
Abrimos o “bocadillo” e eliximos a opción de texto HTML. Copiamos o código do vídeo.
Para poder ver o vídeo temos que estar na pestana de “texto enriquecido”. Unha vez inserido
o elemento multimedia deste tipo non podemos volver ao texto normal.
3. Compartir un mapa.
Para compartir o mapa con outras persoas, hai catro posibilidades:
3.1.Imprimilo.
3.2. Envialo por correo electrónico: hai que pulsar a pestana "Enviar “ e indicar as
direccións de correo ás que queremos enviar o mapa.
3.3.Incrustar o mapa no teu Sitio web: hai que pulsar a pestana "Enlazar“.
O primeiro vínculo é a URL do teu mapa, para copiala ou enlazala.
O segundo é o código HTML para inserilo no teu Sitio Web.
3.4. Gardalo como arquivo kml para poder abrilo en Google Earth
Clicando sobre KML, ábrese a opción de gardar o mapa como arquivo KML no noso
ordenador. Cando abrimos este arquivo KML, o noso mapa ábrese en Google Earth.
4. Colaboradores.
Neste punto é onde daremos permisos de colaboración, no caso de que desexemos xerar un
mapa entre varias persoas.
Os permisos podémolos dar máis adiante, volvendo a editar o mapa.
4.1. Pinchamos en colaborar
4.2. Aparécenos a seguinte pantalla cun formulario no que seleccionamos os colaboradores e
os permisos que damos.
5. Borrar o mapa.
Para borrar o mapa clicar na cruz.
Para saír do mapa, ir á pestana “saír”.
Podes volver ao mapa en calquera momento. Só debes ir a Google Maps e facer clic nos meus
mapas.
6. Outras ferramentas de Google Maps:
Cálculo de itinerarios con “Como chegar”
Bibliografía:
Tutorial Google Maps
Tutorial de Google Maps en pdf
Tutorial Google Maps
Google Maps
Google Maps Labs, un par de goloSenas para a túa clase | O meu caderno digital