Verán 2016
Biblioteca do Biblioteca IES MONTE
Biblioteca IES MONTE DAS MOAS
Nadando
entre
lecturas
Las Meninas
Santiago García
Premio Nacional do Cómic 2015
Durante séculos, o cadro que repre-
senta á familia de Felipe IV foi o cen-
tro de atracción do Museo do Prado e
inspirou a artistas e escritores, converténdose nun verda-
deiro icono cultura
Nietsche
Michel Onfray
Esta adaptación gráfica da
vida de Nietzsche está basea-
da na biografía escrita por un
dos principais nietzscheanos
contemporáneos, Michel Onfray. As ilustracións de Maxi-
milien Lle Roy acompáñana con gran sintonía para mos-
trar a evolución da vida e obra do filósofo máis estreme-
cedor de todos os tempos.
La seducción de la música
Christoph Drösser
Por que nos gusta a música?
Como logra influír tanto no noso estado de ánimo?
Pode unha boa melodía facernos gozar como o sexo ou un bo manxar?
A música non deixa indiferente practicamente a ninguén. Unhas veces provócanos ganas de chorar, outras é capaz de evocar recordos que considerabamos sepultos, e no caso dalgunhas enfermidades pode chegar a exercer un efecto curador.
Recomendacións lectoras
para o verán
Manuel María: Vida, Versos e Rebeldía
Manuel Veiga e Xosé Lastra
Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba
a coñecer a todos os galegos, un a un.
A boca da terra
Manuel Rivas
A boca da terra : poesía de natureza insurxente.
Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou
xura con ironía no eco das campás.
Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Poesía para adolescentes que non gostan dos
contos de princesas
E moito máis
Poesía para todos
http://bibliomoas.blogspot.com.es/
http://lecturasrebuldeiras.blogspot.com.es/
Biblioteca IES MONTE DAS MOAS
ESO
Quantic Love
Sonia Fernández Vidal
No CERN, o centro de investigación
máis avanzado do mundo, entre expe-
rimentos de viaxes no tempo e de
teletransportación, entre partículas
que superan a velocidade da luz e outras que revelan a
orixe do Universo, a moza Laila enfróntase ao maior
misterio que existe .
A vinganza do defunto
Carlos Reigosa
Un arrepiante suceso acontecido
durante a II Guerra Mundial en Vigo
–cidade daquela ateigada de espías
nazis e aliados– ten dramáticas con-
secuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario
Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e
contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras
veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde.
El asesinato del profesor de música
Jordi Sierra i Fabra
O profesor de música, Gustavo Valbuena, foi secuestrado froito dunha aposta . Irene, Berto e Antonio son os alumnos elixidos polo crimi-nal para resolver as pistas do macabro xogo e salvarlle a vida ao profesor.
A neve e o lume
Chelo Suárez
Negraneve, a protagonista da historia, ten
que superar a protección da Cociñeira e do
Leñador, os seus pais, ante a Xente de Arriba
da Gran Mansión, onde viven atrapados,
como resultado dunha maldición invocada
nun aquelarre nunha noite do solsticio de
verán, e os seus propios medos ao descoñecido para mostrar a súa
auténtica beleza e liberar, ao tempo, os seus pais da carga que arras-
traban dun tempo doutra época.
Tártarus
Antonio Manuel Fraga
Na cidade de Audierna os distritos ricos están reser-
vados para os güendos e os pobres para os mallu-
más, dúas comunidades afastadas polo odio e a
discriminación .
La evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Calpurnia Virginia Tate, Callie Vee, é unha
nena que vive nun pobo de Texas. Malia que
a súa nai insiste en que aprenda a tocar o
piano, coser e cociñar, ela está máis intere-
sada no que ocorre trala porta pechada da
biblioteca, ou no laboratorio do seu avó .
Dragal. (I, II)
Elena Gallego
Entre fantasía ,mito e
ralidade. Os dragóns
existen e están aquí,
entre nós...
El escudero de Cervantes y el caso del poema cifrado
Antonio Marín Muñoz
Novela que toca superficialmente a
vida de Cervantes e, mesturada
cunha gran dose de ficción provoca
no lector estimulantes incógnitas.
Premio Círculo de Lectores de
Novela 2014.
A Cacería
Amadeo Cobas
Zairo participa co seu pobo na Gran Cace-
ría. É o costume para deixar de ser neno e
converterse nun home. Mais á volta todo
mudou moito máis do que cabería imaxi-
nar: desapareceron da aldea as mulleres e
os rapaces, enxergando un futuro incerto.
Que pasou?
BACHARELATO
Top Related