Ceip Cabanas-SalcedoCurso 2012-2013
En febreiro, o alumnado do 1º Ciclo de Primaria, presentámonos a un concurso de debuxo relacionado co traballo dos bombeiros.O premio era unha réplica dun camión de bombeiros para o autor/ autora do debuxo premiado, e unha visita gratis para todos os compañeir@s da clase.
A gañadora foi Inés, así que o 9 de abril saímos de excursión.
Mirade como atendíamos!!
Josito estaba moi interesado e este bombeiro aclaroulle todas as dúbidas.
Aquí aplaudimos a aparición de Nacho co traxe de apagar incendios.
Casco con mascarilla
Bombona con aire.
Si un bombeiro se desmaia ou sofre un accidente, empeza a sonar unha alarma e os compañeiros van na súa axuda.
Que agasallo tan grande!!!
O camión de bombeiros é enorme !!!
Grazas!!!O xefe dos
bombeiros tiña que marchar a unha xuntanza, por iso deulle o agasallo a Inés antes de rematar a visita.
Empezamos a probar os cascos
Seguimos probando o casco.
O casco leva incorpora-da unha lanterna.
Ninguén quedou sen probar o casco.
As mangueiras gárdanas moi ben enrolladas para que ocupen pouco nos camións, onde teñen que levar moitas cousas.
Conectando a mangueira á billa.
Empezamos a facer prácticas coa mangueira.
Auga escudo protector.
Todos os nenos e nenas fixemos prácticas coas mangueiras.
As mangueiras teñen distintos chorros. Uns son escudos protectores contra o lume, outros teñen moita presión para chegar moi alto e moi lonxe…
Despois de practicar coas mangueiras, invitáronnos a subir ao camión. E fixeron sonar a sirena!!
Os bombeiros axudáronnos sempre.Nestas fotos vedes como nos axudan a subir e a baixar do camión, que é moi alto.
Tamén nos ensinaron que se teñen que vestir as roupas antiincendio moi, moi rápido.
Teñen todo a man e moi ordenado para que nunca lles falte nada cando o precisan.
Con esta cámara eCon esta cámara especial, detectan onde hai persoas ou pegadas de persoas.
Tamén desplegaron esta escaleira de máis de 40 metros, por onde subiu o bombeiro Nacho. Nós non podemos subir por non ter 18 anos.
Animamos a Nacho.
Logo ensináronnos as máquinas e ferramentas que utilizan nos accidentes de tráfico.
Todo ten que ir moi ordenado no camión. Cada cousa ten o seu propio lugar.
Esta máquina, tanto pode cortar ferro, como aplastalo e se utiliza para excarcelar xente que queda atrapada no coche nos accidente de tráfico
Todos os bombeiros con moita paciencia e moi bo humor practicaron coa máquina para que nós poidésemos ver o funcionamento.
Top Related