Post on 25-Jan-2021
RETO 4
-A conversa. Luis Seoane
Para este reto, deberedes sacar o voso lado máis observador
e creativo!
1º Recomendámosvos que vos mergulledes na visualización de diferentes obras de arte (cadros famosos). 2º Unha vez que escollades unha elixide os diferentes obxectos cotiás que tedes na casa e que vos axudarán a recrear a obra elixida. 3º Agora é o momento de que escollades o espazo da casa onde queredes recrear a obra elixida e convertelo nun auténtico museo vivinte. Non esquezades colocar un cartaz informativo dentro da recreación indicando a autoría e título da orixinal!
Cando consigades a pose que máis vos convenza, tirade unha foto e enviádema, xunto coa imaxe da obra de arte orixinal, a través da vía de comunicación que empregamos
habitualmente!
A continuación, podedes ver algúns exemplos!
Elisa e Marcela
Castelao
“We can do it”. Howard Miller.
A dama do armiño. Leonardo Da Vinci.