A banda deseñada slide

Post on 13-Apr-2017

590 views 3 download

Transcript of A banda deseñada slide

A BANDA

DESENADA

A BANDA DESEÑADA

A Banda Deseñada é un medio de expresión artística que se caracteriza pola integración de

texto e imaxes.

Trátase dunha serie de debuxos que constitúen un relato, e que poden levar texto ou non.

O transcurso do tempo represéntase cunha sucesión de imaxes que forman unha secuencia con

significado.

Díse que a banda deseñada existe dende a antigüedade. Xa os antigos exipcios representaban

moitos dos seus mitos en debuxos e xeroglíficos que realizaban sobre follas de papiro, e tamén

facían murais en forma de tira, que incluían imaxe e texto. .

Outros exemplos son as vidrieiras, o tapiz de Bayeux, as bandas que rodean as columnas

romanas conmemorativas (como a Trajana ou a de Marco Aurelio), os debuxos das civilizacións

precolombinas (como os códices pintados polos maias e os aztecas) e ata as primitivas pinturas

rupestres.

MURAL EXIPCIO CÓDICES MAIAS COLUMNA AURELIANA TAPIZ DE BAYEUX

A banda deseñada como tal apareceu en 1895 nunha viñeta do debuxante Richard F.

Outcault publicada no xornal "New York World". .

O personaxe que crea é The Yellow Kid, un chinés vestido cun longo camisón amarelo. Nel

dábanse, por primeira vez, as tres condiciones que permiten identificar a banda deseñada tal

como concibímola hoxe en día. En primeiro lugar, secuencia de imaxes consecutivas para

articular un relato. En segundo lugar, a permanencia de, polo menos, un personaxe ao longo

dunha serie e para rematar, a integración do texto na imaxe.

En España publícanse, en 1904, en lingua catalana " En Patufet", en 1915 "Dominguín"

que son as primeiras publicacións de banda deseñada. .

O TBO foi o primeiro semanario infantil, apareceu en Barcelona en 1917. A súa fama foi tal

que co nome de "tebeo" coñécense todas "as publicacións infantís cuxos temas desenvolvense en

series de debuxos". En 1921 apareceu a revista "PULGARCITO" na que se publicarian ao

longo da súa historia os grandes personaxes de banda deseñada en España en 1948 Zipi e

Zape de Escobar que crearía tamén a Carpanta.

En 1958 F. Ibañéz publica Mortadelo e Filemón e continuará coa Familia Trapisonda, 13 Rue

del Percebe , el botones Sacarino...Tamén destaca Vazquéz con Anacleto agente secreto, as

hermanas Gilda e a familia Cebolleta. Tivo tamén moita importancia a banda deseñada

histórica, os seus protagonistas estaban moi próximos aos superheroes de Marvel os mais

coñecidos foron: "El Jabato","El Guerrero del Antifaz" e "El Capitán Trueno".

IMAXE

CUADRIÑOS ou VIÑETAS

PERSONAXES.

METÁFORAS VISUAIS.

LIÑAS CINÉTICAS.

PLANOS.

ÁNGULOS DE VISIÓN

TEXTO

GLOBOS.

ONOMATOPEAS.

CARTELAS OU TEXTOS DE

APOIO.

ELEMENTOS DA BANDA DESEÑADA

A banda deseñada caracterízase por ter uns elementos determinados relacionados con:

CUADRIÑOS OU VIÑETAS

Un cuadriño é un recadro onde está debuxado un anaco da historia.

A acción representase en cuadriños sucesivos.

As liñas que definen o cuadriño poden ser rectas ou curvas .

No interior do cuadriño encontramos todos os demais elementos da banda deseñada.

PERSONAXES Os personaxes son os protagonistas da banda deseñada. As súas características dependen do

tipo de historia que queremos contar. Estes personaxes poden ser humanos, obxectos, animais,

superheroínas...

Os superheroes e superheroínas son os personaxes da banda deseñada por definición,

caracterízanse por ter poderes sobrehumanos (voar, visión de raios x, telepatía...), loitar contra as

inxustizas e vestir un uniforme cun símbolo que os identifica.

METÁFORAS VISUAIS Unha metáfora visual é un debuxo que representa un estado de ánimo ou unha situación, é

unha maneira divertida de dicir cousas sen palabras.

LIÑAS CINÉTICAS Unha liña cinética é unha liña que sinala o movemento dun personaxe ou dun obxecto.

Utilízanse para dar sensación de dinamismo nalgunhas escenas, para que o lector poda seguir

coa vista o que está sucedendo sen necesidade de ler ningunha frase.

Tamén indican a traxectoria que seguen os elementos móbiles de cada viñeta.

PLANOS PLANO PANORÁMICO: Mostra un gran espazo de lonxe. É descritivo, úsase para

mostrar grandes escenarios. O humano vese pequeno neste plano, polo que tamén se usa para

mostrar algo que sexa moito máis grande que un personaxe.

PLANO XERAL: Mostra a un personaxe ou obxecto completo no seu espazo. Pode ser

máis ou menos próximo, mostrando máis ou menos cantidade do espazo que lle rodea. Podería

usarse no caso de que se queira que se perciban tanto personaxes como contornas ao mesmo

tempo.

PLANO ENTEIRO: Mostra a un personaxe ou obxecto completo, normalmente

encadrado máis ou menos desde os pés á súa cabeza. Apenas da cabida ao espazo que lle rodea.

É de uso xeral; úsase moito para presentar personaxes.

PLANO MEDIO: En figuras humanas, corta ao personaxe á altura da súa cintura.

Representa proximidade. Se corta ao personaxe a altura dos xeonllos denominase plano

americano pois inventouse nas películas de vaqueiros para que se visen as pistolas.

PRIMEIRO PLANO: En figuras humanas, mostra máis ou menos a cabeza e os

ombreiros do personaxe. Serve para centrar por completo a atención nel; aprópiase da viñeta.

PLANO DE DETALLE: Este plano mostra un elemento co propósito de que o lector

fíxese nel e só nel. Serve para que un obxecto ou parte dun plano non pase desapercibido e o

autor dá a entender que quere que todos os lectores, dende os máis observadores aos máis

despistados, vexan esa información.

ÁNGULOS DE VISIÓN

Do mesmo xeito que na fotografía e no cine, os ángulos refirense ao lugar dende onde se

observa a escena.

FRONTAL: os ollos do espectador sitúanse a altura do tórax ou a cabeza dos personaxes.

PICADO: a acción representase de arriba a abaixo.

CONTRAPICADO: a acción representase de abaixo a arriba.

GLOBOS O globo é o espazo onde se escribe o que din ou pensan os personaxes. Ten dúas partes o

globo e o rabiño, delta ou vértice.

Un globo incluído en outro globo indica as pausas que fai o personaxe o falar.

Cando aparecen varios vértices é que son varios os personaxes que din o texto.

O vértice cara a fóra indica que o personaxe non aparece na escena.

A forma dos globos cambia segundo o que queiran expresar. Cando se escribe o texto nos

globos o tipo de letra mais usado e a maiúscula. Tamén hai que centrar o texto, é dicir, as letras

non poden quedar nos extremos nin tampouco pode quedar moito espazo dentro do globo.

ONOMATOPEAS Unha onomatopea é unha palabra que imita o son dun obxecto, dunha acción, dun animal ou

dun humano.

As onomatopeas son habituais na banda deseñada, aparecen dentro ou fora do globo.

CARTELA OU TEXTO DE APOIO Unha cartela é o espazo onde se escribe o texto que representa a voz do narrador, serven para

facer avanzar o relato ou para contextualizar as accións, colócanse na parte superior ou inferior

da viñeta, normalmente teñen forma rectangular. .

Os Cartuchos teñen a mesma función das cartelas pero sitúanse entre dúas viñetas consecutivas,

o espazo dunha viñeta está ocupado polo texto.