A etapa evolutiva da adolescencia

Post on 30-Jul-2015

535 views 6 download

Transcript of A etapa evolutiva da adolescencia

Escola de Pais

A Adolescencia

A ETAPA EVOLUTIVA DA

ADOLESCENCIA

A Adolescencia

A adolescencia é o paso da infancia á edade adulta.

Presenta dous momentos:• A puberdade, período no que se da a

maduración biolóxica reprodutora.• A adolescencia, período que fai referencia

á maduración das outras esferas da persoa, inteletiva, social, afectiva, etc.

Ambas van en paralelo, pero iniciase e remata antes a puberdade.

Cambios físicos na adolescencia

A idade media da puberdade nas rapazas está en torno aos 13 anos, cando aparece a primeira regra (menarquía), e nos 14 anos nos rapaces, cando se da a primeira exaculación.

Cambios físicos na adolescenciaHai outros carácteres que

indican a maduración: Aparición do vello púbico. Ensanchamento da rexión

pelviana e crecemento dos peitos (nas rapazas).

Crecemento de vello por toda a cara, aumento da noz da gorxa e cambio da voz (nos rapaces).

Crecemento rápido “o estirón”,

Aparición do acné...

Cambios psicolóxicos

a) Inestabilidade afectiva e flutuación da imaxe de si mesmo. Dáse unha grande variación nos estados de ánimo sen que medien circunstancias que poidan explicalo.

b) Inseguridade. A desproporción entre as metas que se perseguen e os recursos e experiencias necesarias para logralas fan xurdir a desmoralización e a sensación de fracaso.

c) Descubrimento da intimidade e a tendencia a introspección.

Cambios psicolóxicos

d) Debilidade na vontade. Cústalle facer as cousas, sinte un certo abatemento ante as dificultades da vida ordinaria. Quere conseguir as cousas xa, aquí e agora. Tende ao inmediato e ao fácil, fáltalle perseveranza para rematar o que comeza.

e) Inicio da capacidade de abstracción da intelixencia.Isto permítelle ir máis alá do que mostran os sentidos e chegar a conclusións máis xerais, elaborando as súas propias teorías

Cambios na conduta social Tendencia á conduta gregaria. Xurdimento

das cuadrillas. Poden adoptar sinais, distintivos, normas do grupo e usar unha determinada xerga, que satisfán no adolescente as necesidades de pertenza e afiliación.

Necesidade de aceptación polos seus iguais. Hipersensibilidade ao ridículo. Precisa da

necesidade de ser acollido polo grupo.

Cambios na conduta social

Hipersensibilidade ao ridículo. Precisa da necesidade de ser acollido polo grupo.

Necesidade dun “amigo intimo”, a quen se lle poida manifestar todo o que sinte e quere.

Pode xurdir o primeiro namoramento. O adolescente atópase fronte a un sentimento desbordante, febril e indomable. O desexo de estar co/coa amado/a chega a ser tan absorbente que presenta problemas familiares.

Consellos para tratar con adolescentes.

1. Non tome a forma de ser dun adolescente como algo persoal.

2. Escoite positivamente. 3. Dígalle que vostede ten o

deber de establecer límites razoables.

4. Comparta con el as súas vivencias pasadas.

5. Explíquelle que é bo ter segredos.

6. Intente ser un bo modelo para o seu fillo.

Conclusións

As contradicións entre os valores do grupo e os da familia soen afectar aos aspectos superficiais do modo de vestir, horarios, aficións e gustos pero non tanto nas opcións e valores decisivos.

Conclusións

Non é certo que os pais deixen de influir no adolescente. A familia, constitue o principal apoio para o adolescente e debe transmitirlle os valores e actitudes axeitados, proporcionándolle apoio emocional e proteción.

As imaxes que aparecen nesta presentación foron obtidas de Internet. Se algunha persoa considera que os seus dereitos foron vulnerados pido que o faga saber para poder ser retirada a imaxe.

Esta presentación ten un uso exclusivamente educativo.