Actividades primeiro ciclo

Post on 29-Jul-2015

583 views 0 download

Transcript of Actividades primeiro ciclo

CHEGA O ENTROIDO!

XOGAS?Entramos no Entroido. É tempo de rachar coa rutina de cada día, de disfrazarse, de xogar a ser alguén diferente. En Galiza, o Entroido é unha tradición moi arraigada. En moitas comarcas, hai personaxes do Entroido peculiares, que presentan características diferenciais respecto a outras zonas.Presentámosche aquí algúns dos moitos que hai na nosa Comunidade. Serás quen de poñerlle a cada imaxe o nome correspondente?

Eu vou de.......................................................................... Eu vou de..........................................................................

Eu vou de.......................................................................... Eu vou de..........................................................................PANTALLAS: Levan camisa branca, e capa vermella con fitas de cores, faixa de cor vermella ou azul con dúas tiras de chocas que moven ritmicamente. A súa máscara componse de carauta de madeira e gorro. Levan dúas vexigas de porco cheas de fariña ou cinza coas que fan ruído e arremeten contra a xente

PELIQUEIROS: Levan pantalón de la, faixa, chaqueta curta, camisa de seda branca, garabata cun broche e chocas na cintura que soan ao moverse. A máscara é de madeira cun sombreiro grande no que están pintados animais feroces ou o sol e a lúa.. Levan un látego con fitas de coiro, co que pegan a quen se atrevan a tocarlles

BOTEIROS Levan unha máscara que consiste nunha carauta de madeira con cornos dos que sae un sombreiro moi alto e moi decorado. Na cintura levan as chocas que tocan ao moverse ritmicamente. Levan un pau alto co que fan grandes saltos acrobáticos.

XENERAIS: Sempre van a cabalo, e o seu cabalo vai moi ben engalanado. Levan roupa militar moi elegante, con moitas bandas, condecoracións eun chapeu de plumas enormes. Son típicos do Ulla.

Agora, unha sopa de letras. Busca as palabras que corresponden a cada definición

Q F G H H O L Ñ M OP X V B N M X Z O I Festa na que nos disfrazamos

E A Q B Q E E A L Ñ Personaxe do Entroido galego que leva un látego con fitas de coiro

L P N O E G N G Q X Leva unha carauta de madeira cun sombreiro alto moi decorado

I Ñ A T E F E H Z A As vexigas que leva na man van cheas de fariña ou cinza

Q L A E A I R L X T Vai dacabalo, e leva un traxe militar e un sombreiro con plumas

U M A I I L A Ñ C U Sobremesa do Entroido que se fai con leite, ovos e fariña

E B O R E L L A C A Máscara para tapar a cara que se usa no Entroido

I C H O I O P A V R Non é unha parte do corpo, senón unha doce sobremesa

R V X F I A Q M B A

O D I O R T N E A C

Verdadeiro ou falso?

✗ O Entroido é unha festa pagana, cuxo orixe se remonta

moi atrás no tempo.

✗ O Entroido só se celebra en Galiza, no resto do mundo

non o coñecen.

✗ Os Peliqueiros son personaxes típicos do carnaval de Venecia.

✗ Os Boteiros levan un pau alto co que fan saltos acrobáticos.

✗ Os Peliqueiros levan un látego con fitas de coiro, e se lles tocas dánche con el.

✗ As orellas son un doce típico do Nadal.

✗ As filloas fanse con ovos, fariña e un rustrido de allos.

✗ As filloas fanse con ovos, leite, fariña e sal.

Pintamos a máscara??

Ata logo, e...que non che esqueza cantar, bailar e disfrazarte durante este Entroido!!!