Post on 03-Jul-2020
1
PROFESORES
Adrián Fernández García
Mª Cristina Vázquez Vázquez
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do
curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
DEPARTAMENTO ECONOMÍA
CURSO 2019/2020
3
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN
ECONOMÍA 4º ESO
CURSO 2019/2020
Índice
1. ESTÁDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES. .......... 4
2. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN. ............................................................................ 8
3. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE. ............................ 9
4. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE. ......................................................................... 12
4
1. ESTÁDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS IMPRESCINDIBLES.
Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Bloque 1. Ideas económicas básicas
B1.1. Explicar a economía como ciencia social e valorar o impacto permanente das decisións económicas na vida das persoas.
ECB1.1.1. Recoñece a escaseza de recursos e a necesidades de escoller e tomar decisións como as claves dos problemas básicos de calquera economía, e comprende que todas as eleccións supoñen renunciar a outras alternativas e que todas as decisións teñen consecuencias.
▪ CCL ▪ CSC
ECB1.1.2 Distingue formas de analizar e resolver problemas económicos, e identifica as súas vantaxes e desvantaxes e as súas limitacións.
▪ CAA ▪ CD
B1.2. Identificar a terminoloxía económica básica e o uso dos modelos económicos, e familiarizarse con eles.
ECB1.2.1 Comprende e utiliza correctamente termos do área da economía. ▪ CCL
ECB1.2.2. Diferenza entre economía positiva e economía normativa. ▪ CAA ▪ CSC
ECB1.2.3 Representa e analiza graficamente o custo de oportunidade mediante a fronteira de posibilidades de produción.
▪ CD ▪ CMCCT
B1.3. Tomar conciencia dos principios da economía para aplicar nas relacións económicas básicas cos condicionantes de recursos e as necesidades.
ECB1.3.1 Representa as relacións que es establecen entre as economía domésticas e as empresas
▪ CMCCT ▪ CSC
ECB1.3.2 Aplica razoamentos básicos para interpretar problemas económicos que proveñen das relacións económicas co entorno.
▪ CMCCT ▪ CSC
Bloque 2. Economía e empresa B2.1. Describir os tipos de empresas e as formas xurídicas das empresas, e relacionar con cada unha coas súas esixencias de capital e as responsabilidades legais dos/das propietarios/as e xestores/as, así como as interrelacións das empresas no seu contorno inmediato.
ECB2.1.1. Distingue as formas xurídicas das empresas e relaciónaas coas esixencias de capital para a súa constitución e coas responsabilidades legais para cada tipo.
▪ CMCCT ▪ CSIEE
5
ECB2.1.2 Identifica e valora as formas xurídicas das empresas máis apropiadas en cada caso,en función das características concretas, aplicando ó razoamento sobre clasificación de empresas.
▪ CAA ▪ CD
ECB2.1.3 Distingue os tipos de empresas e de empresarios/as que actúan no seu contorno, así como a forma de interactuar co seu contorno máis próximo e os efectos sociais e medioambientais, positivos e negativos, que se observan.
▪ CSC ▪ CSIEE
B2.2. Analizar as características principais do proceso produtivo.
ECB2.2.1 Analiza os tipos de factores de produtivos e as relacións entre produtividade, eficiencia e tecnoloxía.
▪ CMCCT ▪ CSC
ECB2.2.2 Identifica os sectores económicos, así como os seus retos e as súas oportunidades.
▪ CD ▪ CSC
B2.3. Identificar as fontes de financiamento das empresas. ECB2.3.1. Explica as posibilidades de financiamento das empresas e diferenza o financiamento externo e o interno, a curto e a longo prazo, así como o custo de cada unha e as implicacións na marcha da empresa.
▪ CCL ▪ CD ▪ CMCCT
B2.4. Determinar, para un caso sinxelo, a estrutura de ingresos e custos dunha empresa, calculando o seu beneficio.
ECB2.4.2. Distingue os ingresos e os custos dunha empresa, calcula o seu beneficio ou a súa perda, aplicando razoamentos matemáticos, e interpreta os resultados.
▪ CD ▪ CMCCT
B2.5. Diferenciar os impostos que afectan as empresas e a importancia do cumprimento das obrigas fiscais.
ECB2.5.1. Identifica as obrigas fiscais das empresas segundo a súa forma xurídica e as actividades, e sinala o funcionamento básico dos impostos e as principais diferenzas entre eles.
▪ CD ▪ CMCCT
ECB2.5.2 Valora a achega que para a riqueza nacional supón a carga impositiva que soportan as empresas.
▪ CSC
Bloque 3. Economía persoal
B3.1. Realizar un orzamento persoal distinguindo entre os tipos de ingresos e gastos, e controlar o seu grao de cumprimento e as posibles necesidades de adaptación.
ECB3.1.1 Elabora un orzamento ou plan financeiro persoal, identificando os ingresos e os gastos integrantes, e realiza o seu seguimento.
▪ CAA ▪ CD ▪ CMCCT
ECB3.2.2 Utiliza ferramentas informáticas na preparación e desenvolvemento dun orzamento ou plan financeiro persoal.
▪ CAA ▪ CD ▪ CMCCT
ECB 3.2.3 Manexa gráficos de análise que permiten comparar unha realizada personalizada coas previsións establecidas.
▪ CAA ▪ CD ▪ CMCCT
6
B3.2. Decidir con racionalidade antes as alternativas económicas da vida persoal, e relacionalas co benestar social.
ECB3.2.1 Comprende as necesidades de planificación e o manexo de asuntos financeiros ó longo da vida. Esa planificación vincúlase á previsión realizada en cada etapa, acordo coas decisións tomadas e a marcha da actividade económica nacional.
▪ CAA ▪ CSIEE
B3.3. Expresar unha actitude positiva cara ao aforro, e empregar o aforro como medio para alcanzar diversos obxectivos.
ECB3.3.1. Recoñece e explica a relevancia do aforro e do control do gasto. ▪ CAA ▪ CSC
ECB3.3.2. Analiza as vantaxes e inconvenientes do endebedamento, valorando o risco e seleccionando a decisión máis axeitada para cada momento.
▪ CAA ▪ CSC
AMPLIACIÓN CONTIDOS 3º TRIMESTRE
Bloque 3. Economía persoal
B3.4. Recoñecer o funcionamento básico do diñeiro e diferenciar os tipos de contas bancarias e tarxetas emitidas como medios de pagamento, e valorar a oportunidade do seu uso con garantías e responsabilidade.
ECB3.4.1 Comprende os termos fundamentais e describe o funcionamento das contas na operativa bancaria.
▪ CCL ▪ CMCCT
ECB 3.4.2 Valora e comproba a necesidade de interpretar as cláusulas dos contratos bancarios para coñecer os dereitos e deberes que se derivan delas, así como a importancia de operar en condicións de seguridade cando se empregan en procedementos telemáticos.
▪ CCL ▪ CAA ▪ CD
ECB 3.4.3 Recoñece a capacidade de negociación coas entidades financeiras e analiza os procedementos de reclamación ante estas.
▪ CD ▪ CAA
ECB 3.4.4 Identifica e explica as modalidades de tarxetas bancarias, así como os elementos e os procedementos que garanten a seguridade na súa operativa.
▪ CCL ▪ CD ▪ CMCCT
B3.5. Coñecer o concepto de seguro e a súa finalidade. ECB 3.5.1 Identifica, describe e clasifica os tipos de seguros segundo os riscos ou as situacións adversas nas etapas da vida.
▪ CCL ▪ CAA ▪ CMCCT
Bloque 5. Economía e tipos de xuro, inflación e desemprego.
B5.1. Diferenciar as magnitudes dos tipos de xuro, inflación e desemprego, analizar as relacións entre elas e interpretar datos e gráficos vinculados con estas magnitudes
ECB5.1.1 Describe as causas da inflación e valora as súas principais repercusións económicas e sociais.
▪ CCL ▪ CSC
ECB5.1.2 Explica o funcionamento dos tipos de xuro e as consecuencias da súa variación para a marcha da economía.
▪ CCL ▪ CMCCT ▪ CSC
7
B5.2. Valorar opcións de políticas macroeconómicas para facer fronte ao desemprego
ECB.5.2.1 Describe as causas do desemprego e valora as súas principais repercusións económicas e sociais.
▪ CCL ▪ CMCCT ▪ CSC
ECB.5.2.2 Analiza os datos de desemprego en España e as políticas contra o desemprego.
▪ CD ▪ CSC
ECB.5.2.3 Investiga e recoñece camiños e tendencias do emprego. ▪ CD ▪ CAA
8
2. AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN.
Procedementos e instrumentos de avaliación
▪ Procedementos: os métodos empregados para recoller información son os seguintes:
- Observación sistemática: anotacións da asistencia ás clases online e das entregas de
tarefas
- Recompilación de materiais
- Realización de probas específicas
▪ Instrumentos: as ferramentas empregadas para avaliar son as seguintes:
- Anotacións no caderno docente
- Portfolio de materiais entregados polo alumnado (boletíns de exercicios e
actividades)
- Proba escrita
Cualificación final
- Alumnado coas dúas avaliacións aprobadas:
A cualificación final da materia será a suma da media aritmética da primeira e da
segunda avaliación, e da valoración das actividades de repaso, reforzo e ampliación
entregadas no terceiro trimestre (até un máximo de 2 puntos).
* A entrega da totalidade das actividades propostas sumará 2 puntos; para o resto de
casos, sumarase a nota en proporción ao número de actividades entregadas.
- Alumnado cunha avaliación suspensa (cunha nota mínima de 4) pero cunha media
aritmética das dúas avaliacións igual ou superior a 5:
A cualificación final da materia será a suma da media aritmética da primeira e da
segunda avaliación, e da valoración das actividades de repaso, reforzo e ampliación
entregadas no terceiro trimestre (até un máximo de 2 puntos).
* A entrega da totalidade das actividades propostas sumará 2 puntos; para o resto de
casos, sumarase a nota en proporción ao número de actividades entregadas.
- Alumnado cunha ou dúas avaliacións suspensas (sendo a cualificación de ditas
avaliacións inferior a 4):
Cando a nota dunha avaliación sexa inferior a 4, será preciso presentarse a unha proba
para a súa recuperación así como entregar ao menos o 75% das tarefas e actividades
9
propostas dende o 14 de abril, fecha na que deu comezo o terceiro trimestre. Na
seguinte táboa detállanse as correspondentes ponderacións:
Recuperación das avaliacións
suspensas
%
Tarefas e exercicios entregados
dende o 14 de abril
Entregar ao menos o 75% das
actividades propostas
60%
Nota media das probas obrigatorias Nota mínima de 3 sobre 10 40%
Nota final:
- Para o alumnado que teña que recuperar a primeira e a segunda avaliación, a nota
final será o resultado de aplicar as ponderacións da táboa anterior.
- Para o alumnado cunha soa avaliación suspensa, a nota final será a media aritmética
da nota da avaliación aprobada coa nota obtida na recuperación da avaliación que
estaba suspensa (aplicando tamén as ponderacións da táboa anterior).
Proba extraordinaria de setembro
No caso de que a alumna/o non supere o curso en xuño, en setembro poderá realizar
unha proba telemática dos contidos teóricos e prácticos desenvoltos dende o inicio de
curso até o 12 de marzo de 2020. O alumnado accederá a dita proba a través da aula
virtual e terá un tempo limitado para a súa realización e entrega.
No caso de que en setembro se permita a asistencia ao Centro, a proba escrita
realizarase de xeito presencial no calendario oficial publicado polo IES.
Para a superación da materia, a alumna/o debe acadar unha nota mínima de 5 puntos
nesta proba escrita.
3. METODOLOXÍA E ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE.
Actividades
Deseñaremos actividades variadas, innovadoras, motivadoras e significativas, que o
alumnado poida relacionar con coñecementos adquiridos anteriormente e usar na súa
vida real e cotiá.
10
- Realizaremos actividades de repaso e reforzo dos contidos impartidos antes da
suspensión da actividade lectiva presencial.
- Proporemos actividades de ampliación das aprendizaxes dos trimestres anteriores.
Neste caso, trataremos facelo de xeito práctico, partindo de cuestións e problemas
económicos contextualizados para dar sentido aos contidos da área da Economía.
- Para o alumnado que teña a 1ª e/ou a 2ª avaliación suspensas, realizaremos unha
proba escrita a través da aula virtual do IES, no calendario de probas establecido polo
Centro (8-12 de xuño). Dita proba recollerá unha selección de cuestións e exercicios
prácticos sobre os estándares de aprendizaxe recollidos no presente documento.
Metodoloxía
- Aplicaremos unha metodoloxía que se adapte ás características do alumnado,
favorecendo a capacidade de aprender de xeito autónomo, promovendo a
creatividade e o dinamismo e integrando os recursos das tecnoloxías da información e
da comunicación na aprendizaxe.
- Propiciaremos situacións de aprendizaxe motivadoras e funcionais que teñan sentido
e significado para o alumnado.
- Trataremos de forma globalizada e integrada os distintos contidos.
- Integraremos a teoría e a práctica.
¾ Alumnado con conectividade:
O seguimento da materia realízase a través da Aula Virtual do Centro, e en concreto da
Google Classroom que se mantén dende o inicio de curso como canle para colgar os
materiais da materia. Así mesmo, emprégase a aplicación Jitsi Meet para impartilas
clases por videoconferencia.
No día e hora establecidos no horario de curso para a materia, o alumnado ten
dispoñible na Google Classroom as tarefas a realizar e os materiais necesarios para
levar a cabo o traballo proposto. As actividades deben entregarse por correo
electrónico no prazo establecido pola docente; pasado este prazo, o alumnado pode
consultar as solucións das actividades propostas para realizar comprobacións e corrixir,
de ser o caso, os erros.
11
Nas clases por videoconferencia, incídese na explicación de contidos (compartindo
ficheiros para facilitar o seu seguimento), na resolución de actividades e na corrección
dos erros máis comúns detectados nas tarefas que entrega o alumnado.
Tanto o foro da Google Classroom como a dirección de correo electrónico da docente
constitúen as vías para a consulta de dúbidas por parte do alumnado (as claves de
acceso á Classroom e a dirección de correo están dispoñibles na web do Centro).
¾ Alumnado sen conectividade:
Para a identificación do alumnado que non está seguindo a actividade lectiva dende a
casa aplícase o protocolo elaborado polo Centro. O obxectivo é contactar coas familias
a través de diferentes vías para lograr que este alumnado participe, se integre na
dinámica das clases online e no seguimento a distancia da materia.
O procedemento é o seguinte:
1. Solicitude da listaxe de alumnado non conectado a cada un dos docentes das
materias.
2. Elaboración dunha listaxe de alumnado non conectado por curso e traslado ao
profesorado titor e departamento de orientación.
3. Posta en contacto cos proxenitores do alumnado non conectado para coñecer a
súa situación. Para a execución deste apartado seguiranse as seguintes fases:
a) O primeiro contacto será a través da plataforma Abalar. No caso de
que as familias non a teñan dada de alta pasarase ao apartado b.
b) Unha vez transcorrida unha semana, se o alumnado permanece
desconectado, tentarase a comunicación vía telefónica, procurando
un compromiso de traballo tanto por parte da familia como do
alumnado.
c) No caso de seguir sen contacto procederase ao envío dunha carta
certificada aos fogares.
4. A listaxe á que se refire o punto 1, actualizarase cada 15 días para comprobar
se o alumnado ausente comeza a enviar tarefas e a participar.
12
Materias e recursos
▪ Recursos materiais:
- Libro de texto: Economía, 4º ESO, Editorial Mc Graw Hill
- Materiais elaborados pola docente: apuntes, boletíns de exercicios e actividades de
investigación.
- Materiais educativos que as editoriais poñen a disposición do profesorado
- Prensa escrita/dixital: consulta de noticias nas web de periódicos económicos como
El Economista, Expansión, Emprendedores, La Gaceta de los Negocios, etc.
- Enlaces web de interese para explicar novos contidos ou reforzar os anteriores.
▪ Recursos audiovisuais:
- Vídeos e documentais de contido económico dispoñibles na rede
▪ Recursos informáticos: ordenador, tableta e/ou teléfono móbil, procesador de texto
(Word), Internet, correo electrónico, Google Classroom, aplicación de
videoconferencia Jitsi Meet e Aula Virtual do IES.
4. INFORMACIÓN E PUBLICIDADE.
Información ao alumnado e ás familias
- Mensaxe con Abalar Móbil da publicación deste documento na páxina web do centro.
- Aviso na Google Classroom e no foro de novas da aula virtual da materia da
publicación deste documento nas distintas plataformas.
Publicidade
- Publicación deste documento na aula virtual e na páxina web do Centro:
https://www.iescelanova.gal/
- Publicación deste documento na Google Classroom.