As 10 especies de animais máis velenosas da terra

Post on 15-Jul-2015

223 views 4 download

Transcript of As 10 especies de animais máis velenosas da terra

AS 10 ESPECIES DE ANIMAIS

MÁIS VELENOSAS DO PLENETA

10.Escorpión ou alacrán Artrópodo (arácnido), propio dos paises cálidos cun tamaño de entre 6 e 15 cm. A súa arma é un aguillón situado no remate da cola e o veleno é unha mestura de compoñentes que funcionan coma neurotoxina. A picadura pode producir febre alta e nalgúns casos estados comatosos. Podería ser mortal.

Centruroides noxius (México).

Leiurus quinquestriatus (África).

9. Araña reclusa parda Habita en lugares apartados, sobre todo en EE.UU. Mide 1 cm de lonxitude e ten seis ollos. Tece unha rede en forma de lámina que pode verse en zonas agochadas entre as rochas ou nas casas.

Loxosceles laeta

A súa mordedura mata células e destrúe os tecidos. A consecuencia é ter que amputar a área afectada.

8. Araña viúva negra Chámase así porque a femia come a súa propia parella. Habita en lugares escuros e apartados e en climas temperados. É a araña máis perigosa para o ser humano, xa que os seus queliceros atravesan a pel.

A femia é perigosa para o ser humano, o macho non. O veleno é neutóxico, afecta á transmisión de impulsos nervosos, paralizando o sistema nervoso central.O seu veleno é tan potente como o equivalente a 15 serpes de axóuxere.

Latrodectus mactans

7. Araña do banano O seu tamaño medio é de 5 cm e vive nos talos das bananeiras en Sudamérica.

Phoneutria nigriventer

É a araña co veleno máis potente de todas. Non é moi perigosa para o ser humano, xa que, os seus quelíceros rara vez, atravesan a pel.

O seu veleno produce perda de control muscular, dor intensa e dificultade para respirar.

6. Polbo de aneis azuis É o cefalópodo máis velenoso da Terra. Habita en pozas de auga de mar no Océano Pacífico, desde Xapón ata Australia.

A súa picadura introduce saliva velenosa dentro da ferida da vítima.

A saliva contén un veleno que pode causar parálise respiratoria. Se non se trata, pódese morrer durante a seguinte hora e media.

Hapalochlaena lunulata

5. Rá punta de frecha (ra dardo dourada)

É o anfibio máis velenoso da Terra. Son endémicas de Centroamérica e América do Sur. Chámase así porque os nativos mollaban a punta da súa frecha co veleno da rá á hora de cazar para matar ao animal rapidamente.

O seu veleno produce parálise nervosa e muscular e paros cardíacos.O veleno é tan potente que o dunha sóa rá pode matar a 1.500 persoas.

Phyllobates terribilis

4.Serpe taipánÉ o animal máis perigoso en terra firme. Habita no centro-oeste de Australia.

O veleno contén un anticoagulante. Os efectos do veleno preséntase en dores de cabeza, náuseas, vómitos e dores estomacais. Unha pinga do seu veleno pode matar 12 persoas adultas.

Oxyuranus scutellatus

3.Peixe Pedra É o peixe máis velenoso da Terra. Habita en augas tropicais dos océanos Índico e Pacífico.

Ten pugas na aleta dorsal, e cada puga ten unha glándula velenosa. A súa apariencia de rocha é moi perigosa, xa que o bañista corre o risco de pisala e envelenarse. Ten un veleno extremadamente tóxico (con efectos sobre o sistema nervoso e os tecidos en xeral), normalmente a vítima non sobrevive.

Synanceia horrida

2.Serpe mariña Ten un veleno moi letal. Vive nos mares tropicais.É a serpe máis velenosa do mundo. Inxecta o veleno mordendo na vítima.

Pelamis...

O veleno é neurotóxico e moi activo aínda que raramente atacan.

1. Véspora mariñaé un celentéreo que se atopa no mar de Australia.

É o animal máis velenoso da Terra. Ten 60 tentáculos que inxectan un veleno tan potente que pode matar a un adulto con 1.4 miligramos en menos de 3 minutos.Produce fallo xeral do organismo e parálise cardíaca.

Laura CaldasLaura Falcón

Xuño 2012