As relacións semánticas

Post on 23-Jun-2015

1.571 views 3 download

Transcript of As relacións semánticas

As relacións semánticas

SEMÁNTICA

Disciplina lingüística que estuda o significado das palabras (signo lingüístico) e as relacións de sgdo que entre elas se establecen.

Dende un punto de vista sincrónico (nun período de tempo dado) ou diacrónico (ao longo do tempo).

Hai dous tipos básicos de sgdo:

Denotativo: propio, real, obxectivo.– Mar: gran masa de auga.

Connotativo: adquirido nun contexto determinado, subxectivo.– Mar: liberdade, morte, traballo, esperanza…

Poden darse os seguintes casos:

Un sgte = un sgdo: monosemia.

Un sgte = varios sgdos: polisemia e homonimia

Un sgdo = varios sgtes: sinonimia.

Polisemia

Unha mesma palabra ten varios sgdos condicionados por contextos determinados.

As palabras polisémicas figuran no dicionario cunha soa entrada.

Teñen a mesma orixe (un só sgte no seu étimo) Xeralmente pertencen á mesma clase de palabras. Xeralmente hai algunha semellanza no seu sgdo.

– Serra: 1. Instrumento cortante. 2. Sucesión de montañas– Xornal: 1. Soldo, paga. 2. Publicación diaria.

Homonimia

Coincidencia formal de dúas palabras (dous sgtes) orixinariamente distintas (étimos diferentes) con

distintos sgdos. Un sgte e dous sgdos. Figuran no dicionario con entradas distintas. Xeralmente pertencen a diferente clase de palabra. Xeralmente non hai ningunha semellanza nos sgdos.

– Golpe1 (<colpu): pancada, choque.– Golpe2 (<vulpu): raposo.

– Doce (numeral)/Doce (dozura)

Sinonimia

- Dúas palabras coinciden nos seus sgdos.- Varios tipos de sinónimos:

- Perfectos ou absolutos: identidade total de sgdos, intercambiables en todos os contextos.

- Xabaril/Porco Bravo

- Imperfectos ou parciais: non hai identidade total entre os sgdos e só son intercambiables nalgún contexto.

- Morrer/Falecer

Antonimia

Prodúcese entre palabras (sgtes) que presentan oposición de sgdos.

Tres tipos:– Complementarios: afirmar un termo implica negar o outro.

Entrar/saír

– Antónimos: admiten gradación intermedia. Grande/(mediano)/pequeno

– Recíprocos ou inversos: implícanse mutuamente, se hai un, hai outro.

Mercar/vender

Campo semántico

Conxunto de palabras que comparten trazos semánticos (semas), é dicir, un núcleo de sgdo común.

Rosa, margarida, papoula, caravel…compoñen o campo semántico “Flores”

Hiperonimia, Hiponimia e Cohiponimia

Son relacións de inclusión de sgdos, un sgdo está incluído no de outro.

Flor é hiperónimo de rosa ou margarida. Rosa ou margarida son hipónimos de flor Rosa e margarida, entre eles, son

cohipónimos.

Hiperónimo: Asento

cadeira banco sofá

HipónimoHipónimo Hipónimo

Cohipónimo Cohipónimo