As relacións semánticas

11
As relacións semánticas

Transcript of As relacións semánticas

Page 1: As relacións semánticas

As relacións semánticas

Page 2: As relacións semánticas

SEMÁNTICA

Disciplina lingüística que estuda o significado das palabras (signo lingüístico) e as relacións de sgdo que entre elas se establecen.

Dende un punto de vista sincrónico (nun período de tempo dado) ou diacrónico (ao longo do tempo).

Page 3: As relacións semánticas

Hai dous tipos básicos de sgdo:

Denotativo: propio, real, obxectivo.– Mar: gran masa de auga.

Connotativo: adquirido nun contexto determinado, subxectivo.– Mar: liberdade, morte, traballo, esperanza…

Page 4: As relacións semánticas

Poden darse os seguintes casos:

Un sgte = un sgdo: monosemia.

Un sgte = varios sgdos: polisemia e homonimia

Un sgdo = varios sgtes: sinonimia.

Page 5: As relacións semánticas

Polisemia

Unha mesma palabra ten varios sgdos condicionados por contextos determinados.

As palabras polisémicas figuran no dicionario cunha soa entrada.

Teñen a mesma orixe (un só sgte no seu étimo) Xeralmente pertencen á mesma clase de palabras. Xeralmente hai algunha semellanza no seu sgdo.

– Serra: 1. Instrumento cortante. 2. Sucesión de montañas– Xornal: 1. Soldo, paga. 2. Publicación diaria.

Page 6: As relacións semánticas

Homonimia

Coincidencia formal de dúas palabras (dous sgtes) orixinariamente distintas (étimos diferentes) con

distintos sgdos. Un sgte e dous sgdos. Figuran no dicionario con entradas distintas. Xeralmente pertencen a diferente clase de palabra. Xeralmente non hai ningunha semellanza nos sgdos.

– Golpe1 (<colpu): pancada, choque.– Golpe2 (<vulpu): raposo.

– Doce (numeral)/Doce (dozura)

Page 7: As relacións semánticas

Sinonimia

- Dúas palabras coinciden nos seus sgdos.- Varios tipos de sinónimos:

- Perfectos ou absolutos: identidade total de sgdos, intercambiables en todos os contextos.

- Xabaril/Porco Bravo

- Imperfectos ou parciais: non hai identidade total entre os sgdos e só son intercambiables nalgún contexto.

- Morrer/Falecer

Page 8: As relacións semánticas

Antonimia

Prodúcese entre palabras (sgtes) que presentan oposición de sgdos.

Tres tipos:– Complementarios: afirmar un termo implica negar o outro.

Entrar/saír

– Antónimos: admiten gradación intermedia. Grande/(mediano)/pequeno

– Recíprocos ou inversos: implícanse mutuamente, se hai un, hai outro.

Mercar/vender

Page 9: As relacións semánticas

Campo semántico

Conxunto de palabras que comparten trazos semánticos (semas), é dicir, un núcleo de sgdo común.

Rosa, margarida, papoula, caravel…compoñen o campo semántico “Flores”

Page 10: As relacións semánticas

Hiperonimia, Hiponimia e Cohiponimia

Son relacións de inclusión de sgdos, un sgdo está incluído no de outro.

Flor é hiperónimo de rosa ou margarida. Rosa ou margarida son hipónimos de flor Rosa e margarida, entre eles, son

cohipónimos.

Page 11: As relacións semánticas

Hiperónimo: Asento

cadeira banco sofá

HipónimoHipónimo Hipónimo

Cohipónimo Cohipónimo