Biografia Lois Pereiro

Post on 02-Jul-2015

2.556 views 12 download

description

Biografia de Lois Pereiro feita para alumnado de ensino primario.

Transcript of Biografia Lois Pereiro

As fotos empregadas nesta presentación pertencen ao arquivo familiar Sánchez Pereiro

nisesa201

1

Aínda que a vida de LoisPereiro aparece ligadaá vila luguesa de Monfortede Lemos, as súas orixesfamiliares sitúanse nasterras do Incio, namontaña de Lugo.

Igrexa románicae

paisaxe do Incio

Vista xeralde

Monforte

Colexio dos Escolapios

onde estudia Lois

Luís Ángel Sánchez Pereiro naceu o 16 defebreiro de 1958, domingo de Entroido, enMonforte de Lemos, na mesma casa queconstruíra o seu avó Manuel a comezos dosanos cincuenta.

Estación de tren en Monforte de Lemos

Monforte: Torreón, Río Cabe e Río Masma.

O pai de Lois estudia en Madrid a carreirade Dereito pero, despois de exercer durante un tempo de pasante, volta á súa terra e traballa nunha cristalería.Na imáxe aparece a zona onde estaba ubicada a cristalería en Monforte.

Aquí estaba a cristalería

Tiña un irmán 17 meses maior ca el que se chama Xosé M. e unha irmámáis pequena que se chama Inés.Gústalles ir na moto do seu tío Pepe.

Aquí temos unha foto dos dousirmáns no colexio.

Coma tódolos nenose nenas, se chove, xoga dentro da casa.

E se para de chover, sae xogar aoxardín.

Pasa algúns días do verán naPraia de Miño.

Os anos pasan e Lois, xa mozo, decide irse a Madrid, a estudiar Socioloxía. Pasados tres meses volta a Monforte e traballa na cristalería co seu pai.Despois dun tempo decide estudiar naEscola de Idiomas: Francés, Inglés e Alemán. É un gran lector de poesía e gústalle lela no idioma orixinal.

En Madrid coincide con outros universitariosgalegos, Antón Patiño, Manuel Rivas, Menchu Lamas, Piedad Cabo, César Antonio Molina, ReimundoPatiño, Fermín Bouza...

Xunto con algúns deles e co seu irmán XoséManuel comparten sucesivos pisos, primeirono barrio da Elipa, máis tarde na rúa ManuelSilvela e despois noutro do Paseo deEstremadura e, produto desa confraternidade,xorde a revista na que Lois publicará os seusprimeiros versos: LOIA

Loia era unha revista editada en galego, nosprimeiros anos da transición á democracia.Imprimíase con fotocopias, utilizando as máquinasda vía pública que funcionaban con moedas.

Desta revista só se editaron catro números que constitúen todo un exemplode poesía moderna.

O amor da súa vida: Piedad R. Cabo

Foi o seu amor, a súa única parella, a quen lleadicou as súas cartas no libro “Conversa ultramarina”, sempre estivo namorado dela a pesares de que xa non convivían.

Retornan para a nosa terra seu irmán e máisManuel Rivas, él sigue en Madrid e ten a malasorte de mercar coma moitos outros cidadáns“aceite de colza desnaturalizado”, o que nunsprimeiros momentos se denomina «pneumoníaatípica».

A enfermidade aféctalle, adelgaza,perde forza e comeza a adquirir unhaforte rixidez corporal, así que decidevoltar a Galicia.

Manifestación afectados, ano 1982. Valladolid

Na Coruña vive na Rúa Costa Rica, próxima aoParque de Santa Margarita, coa súa irmáInés e co seu irmán XoséManuel.

Da man de seu irmán e doutros compañeirosincorpórase na Coruña aoconsello de redacción da revista La Naval, onde chega a publicar varios artigos: «Thomas Bernhard,o móvil do suicidio»; «EzraPound», «O frío edificado» e «Dandys eterómanos e infames: O vicio como luxo.»

COMPAÑEIROS DE VIDA E DE CREATIVIDADE:

A enfermidade vai consigo dende os 23 anos ata os 38 e marca a súa obra.

Os seus poemas rezuman amargura e dor.

AS SÚAS OBRAS:

Poemas 1981/1991 (1992) Poesía última de amor e enfermidade(1995) Poemas para unha Loia (1997) Conversa ultramarina (2010) Náufragos do Paradiso (2011) Antoloxía (2011) Modesta proposición e outros ensaios(2011) Obra poética completa (2011) Obra completa (edición bilingüe) (2011)

RELACIÓN DE OBRAS LITERARIAS:

Lois co poeta Manuel María na presentación doseu libro Poemas de amor e enfermidade, en Lugo (1996)

Lois Pereiro falece o 24 de Maio de 1996 na cidade da Coruña e está soterrado no

Incio xunto da tumba do seu tío Pepe.

As fotos empregadas nesta presentación pertencen ao arquivo familiar Sánchez Pereiro

nisesa201

1