Post on 12-Jun-2015
description
Lembrarei sempre a miña
chegada ao teu “País das
marabillas”. Era o vinteoito
de outubro de 1886 e un
escultor tolo acababa de escultor tolo acababa de
traerme dende Francia.
Estaba obsesionado coa súa
nai, cuxa cara reflexara en
min.
A primeira noite que pasei
naquela illa solitaria, mirei
ao lonxe e vinte. Eras
xigante, fermosa, con
moitas cores, cuns brazos moitas cores, cuns brazos
que chegaban ao ceo e tan
engalanada coma en todas
as pelícuas nas que te vira.
Namoreime, para que che
vou mentir.
Nas tardes de sol do mes de
xullo deixábame embelesar
polo teu corazón verde no
que nenos e pais sorrín
disfrutando do teatro ao disfrutando do teatro ao
aire libre ou dun paseo en
coche de cabalos.
Ti ollabas todo dende as
alturas, sempre atenta .
E por certo, que ollos os teus!
Cambiaban de cor segundo o
día: verdes, rosas, azuis e
incluso a raias. Eche o que
ten ter uns ollos tan ten ter uns ollos tan
famosos e tan ben situados.
Ti e mais eu tíñamos moitas cousas
en común: ambas eramos
coñecidas en todo o mundo,
ambas recibíamos ao longo do
ano a visita de millons de ano a visita de millons de
italianos, chinos, franceses... en
pantalón curto e con cámaras
fotográficas e ambas eramos
símbolos mundiais. Ante todo
isto, decidín contarche o que
sentía por ti.
Lembro perfectamente o día
que te convidei a ver a
posta de sol comigo: o once
de setembro de 2001.
Nada máis enterarse, uns Nada máis enterarse, uns
loucos estrelaron un avión
contra os teus brazos máis
longos para impedir a cita.
Dende aquela cambiaches e
non volvemos falar.
Por iso quería pedirche, no día do
amor, que me concedas o pracer
de repetir esa cita fallida,porque
aínda que ambas cambiáramos,
seguímonos querendo, e sábelo. seguímonos querendo, e sábelo.
Asegúroche que o noso
queridísimo presidente a velar
porque non che volva a pasar o
mesmo nunca máis. Ai... Se
Martin levantara a cabeza e o
vira!