caton

Post on 08-Mar-2016

228 views 5 download

description

http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/caton.pdf

Transcript of caton

EL CATÓNCOMPOSTELANO

FACSÍMILE

EDITA:© Consello da Cultura Galega

ISBN:84-95415-10-0 (v.1)84-95415-11-9 (v.2)84-95415-12-7 (o.c.)

D.L.:C-821-2000

IMPRIME:Gráficas ATV

El Catón Compostelano. — Ed. facsímil. — Santiago de Compostela : Consello daCultura Galega, Ponencia de Comunicación, 2000. — 2 v. ; 24 cmReprod. facsímil de El Catón Compostelano: Santiago de Compostela: Viuda deFraiz, 1800D.L C-821-2000. — ISBN 84-95415-12-7 (o.c.)1. Santiago de Compostela-Publicacións periódicas. 2. El Catón Compostelano-Historia. I. Consello da Cultura Galega. Ponencia de Comunicación. II. Título(05)(460.111 Santiago)

CONSELLODA CULTURA GALEGAPonencia de Comunicación

Santiago de Compostela, 2000

EL CATÓNCOMPOSTELANO

FACSÍMILE

—7—

PRÓLOGO

Douscentos anos de actualidade

O Consello da Cultura Galega quere celebrar a aparición do xornalismoen Galicia coa reproducción facsimilar do seu primeiro fito: El Catón Compos-telano, publicado na sobranceira imprenta compostelá da viúva de Frayz noprimeiro de maio de 1800 por Valle-Ynclán. Longa e fructífera é a historia doxornalismo en Galicia e aínda escaso o coñecemento que temos dela, a pesardas amplias contribucións de relevantes historiadores da prensa.

Coa reproducción facsimilar de El Catón Compostelano, O Consello daCultura Galega quere contribuir a facilitar ós investigadores e ó público enxeral o acceso e a consulta desta publicación, da que ata o momento só eracoñecida unha colección incompleta na Biblioteca Nacional en Madrid e daque se localizou outra máis amplia, de 21 números en Ourense, propiedadeda familia Amor-Vázquez. Gracias á colaboración entre o Consello da CulturaGalega e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xuntade Galicia, o primeiro ensaio do xornalismo do país pasará a ser patrimoniode tódolos galegos.

El Catón Compostelano supuxo un fito na Galicia do seu tempo. A travésdo estudio das súas páxinas no volume anexo a esta edición facsimilar–pódese descubrir que serviu para fomentar a reflexión e o debate. Non deixade ser atractivo, tamén, coñecer o punto de vista de Valle-Ynclán sobre temascomo as linguas, a súa relación co poder, a posición da muller ou sobre a dife-rencia masculinidade/femineidade. A través de El Catón Compostelano, Gali-cia decidiuse a empregar un soporte novo de comunicación, que xa coñecíapolas publicacións periódicas estranxeiras que entraban a través do porto daCoruña, tal e como demostrou o catedrático Xosé Ramón Barreiro.

—8—

Cómpre agradecer a todos aqueles que colaboraron na busca, localiza-ción, xestión e investigación sobre El Catón Compostelano dun xeito máis oumenos directo. O esforzo de moitos fixo posible a recuperación para o patri-monio galego dunha publicación que estaba en mans privadas. Aquí se pre-senta o resultado. A partir de agora ábrense novos camiños para estudiar asorixes do xornalismo galego.

Xosé LópezCoordinador da Ponencia

de Comunicación

FACSÍMILE

Este libro rematouse de imprentaren Santiago o día 2 de maio de 2000,

con motivo do bicentenario do nacemento,na imprenta da viúva de Frayz,

en Santiago de Compostela,do primeiro xornal da historia de Galicia:

El Catón Compostelano