Post on 15-Jan-2017
A SEMANA QUE YOEL FOI O NOSO ENCARGADO, ALGUNHA DAS COUSIÑAS QUE FIXEMOS NO COLE FORON…
Coñecer o seu nome e a súa familia.
Aprendemos moitas cousas sobre Yoel e sobre a súa familia a semana que el foi o noso encargado e pasámolo moi ben xogando con el e cos seus xoguetes e vendo a súa película favorita, e o seu conto favorito… Pero o máis importante de todo é ter a Yoel entre nós e poder gozar del e da súa amizade durante todos os días que nos acompaña no colexio.
Moitas grazas á súa familia por colaborar con nós e por facernos posible coñecer máis e mellor ao noso amigo YOEL.