Post on 08-Mar-2016
description
CPR SAGRADA FAMILIA ALDÁN
Decembro2010
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
T A L L E R D E C R E A C I Ó N L I T E R A R I A P R O X E C T O A B A L A R - L . G A L E G A
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
LINGUA GALEGA 6ºP- P.ABALAR
ILUSIÓN NAVIDEÑA
Érase unha vez un neniño, que non cría nos Reis Magos. El
dicía que eran os pais, e nunca tiña agasaios, ata que nunha navidade
Carlos, que era como se chamaba o neno, estaba na ventá o día de Reis
e mirou a tres homes estraños. Estaba moi nervioso, e foise durmir. Pola
mañá Carlos foi o salón correndo e estaban os regalos que pediu.
Carlos foi ó colexio e contoullo ós seus compañeiros; ninguén o cría pero
a el dáballe igual, porque era o neno máis feliz do mundo. Dende entón,
Carlos deuse conta de que a ilusión hai que tela sempre, porque, ás veces,
os soños fanse realidade.
José Hermelo Rial
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
LINGUA GALEGA 6ºP- P.ABALAR
O AGASALLO MÁIS ESPECIAL
Faltaban uns poucos días para o Nadal . Felipe e a súa nai estaban na casa do
tío do neno . A causa de que estiveran alí era porque a nai do rapaz estaba enferma .
Nestas datas era costume escribi - la carta dos reis Magos . Tódolos seus amigos
pedían os xoguetes máis modernos e enchían toda a carta . Felipe só pedía que a súa
nai se curase . Dáballe igual que os seus amigos xogaran cos seus xoguetes nas rúas
e camiños da vila porque el quería xogar coa súa nai . O primeiro día das vacacións
, os rapaces saían correndo para as súas respectivas casas . Felipe chegou a casa do
seu tío . Non estaban ! Foi ver se lavaran a súa ni ó hospital . De súpeto , unha
ambulancia pasou por diante del . Cando chegou , a súa nai estaba nunha habitación
. El pasou toda a noite alí . Pola mañanciña , a súa nai estaba na ventá ,
obserbando . . . Felipe chamou por ela e contestoulle .
Estaba tan contento que lanzou un berro de felicidade
e díxolle que nunca se separaría dela . Iso era o mellor
agasallo de Nadal que podría ter .
Raúl Marcelino Docío 5º
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
LINGUA GALEGA 6ºP- P.ABALAR
O ENCONTRO CON PAPA NOEL
Hai moitos anos, un neno chamado Pedro e os seus amigos, celebraron a festa de
nadal. No colexio había moitos adornos de nadal. Tódolos nenos ese día estaban
contentos xogando coa neve e cos seus trineos. Pedro e os seus amigos foron de
noite ó bar con seu pai. De repente miraron para o ceo e pasou unha estrela
fugaz perseguida por un trineo, que, o montaba un home moi gordo. Chegaron a casa
e no salon estaban os regalos. Que contentos se puxeron todos! Pedro viu cara á
ventá e un destello que procedíade alí fora iluminou a casa. Saíu e alí estaba, coa
súa barba e os seus renos, como non, Papa Noel. O neno quedou coa boca aberta
de par en par. O home barbudo díxolle: Pedro se te portas ben para o ano que
vén, máis ainda. O neno cheo de felicidade voltou á casa e abriu os agasallos. Nun
deles poñia con alegría, moitos bicos, Papa Noel.
Rodrigo Villar Vilas
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
LINGUA GALEGA 6ºP- P.ABALAR
UNHA NOITE DE NADAL
MOI ESPECIAL
Había a unha vez unha vila chamada Aldán , una nena estaba moi emocionada
porque esa noite viñan os Reis Magos . Ela chamábase María a tiña sete anos . Esa
noite esta tan impaciente que non non podía durmir . María estaba toda a noite mirando
ó teito e a ventá . Ata que de pronto oíu un ruído no salón , e alí estaba os Reis Magos
poñendo ó carón da árbore de Nadal . María , asustada , faloulles e eles dixeron que
non podían dicir que os vira pero ela, a cambio , pediulle se podía ir con eles a reparti-
los agasallos ás demais casas . Os Reis Magos para non desilusionar a pobre rapaza ,
dixéronlle que si . Alá foi ela con Melchor , que era o seu favorito , no camelo.
Cando acabaron o reparto os , Reis , como María se portara moi ben , fixéronlle unha
sorpresa e......nun abrir e pechar de ollos estaban no pasado adorando a Xesús e a
María e a Xosé. Ela como non tiña nada que ofrecer ,e deulle o seu peluxe favorito . A
nai de Xesús , agradeceulle moito . E de súpeto María escoitou unha voz que dicía
``María , esperta ,esperta´´ ela despertouse.
Todo fora un soño . Foi ó salón e alí estaban os agasallos .
Lucía Dacosta
6ºE.P.
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
LINGUA GALEGA 6ºP- P.ABALAR
A ESTRELA E O PORTAL
Érase unha vez unha estrela. Chamábana estrela fugaz, porque iluminaba
máis ca ningunha, e como brixaba tanto, que decidiu presentarse a un
concurso, e só faltaban dúas semanas. Ela estaba moi nerviosa. Pasaron os
días e só faltaba unha semana. Pero un día, de repente, perdeu a luz, e da
vergoña non saía a rúa. Dende aquel momento todo lle saía mal. Un día
unha nena mirouna triste e escura e preguntoulle:
-Que che pasa?
E ela respondeu:
-Que perdín toda a miña luz, e agora todo o mundo anda a rirse de min.
-Non pasa nada-dixo a nena.
Ela colleuna e levouna a un portal chamado, O PORTAL DE BELÉN. Nel estaba a Virxe María, San Xosé e o neno Xesús.
Cando chegou ó portal a estrela estaba moi contenta e comprendeu que o que
necesitaba era un lugar mellor para vivir.
Dende aquel momento, todo volveu á normalidade.
6ºP. Lucia Martinez Perez.
TALLER DE CREACIÓN LITERARIA
CONTOS DE NADAL
LINGUA GALEGA 6ºP- P.ABALAR
NADAL FASCINANTE
Ola, son Tereixa . Os feitos sucedidos no Nadal do dous mil once, fan que
as deste ano me fagan recordar:
Era Noiteboa, xa me ía para cama. Miña nai entrou no cuarto e deume
as boas noites. Logo pensei como sería o próximo Nadal, e, aquí estou,
contado a historia.
Pola mañá encontreime con moitos regalos.
Os días pasaban e pasaban ata que chegou Noitevella. Pola noite non
podía durmir porque tomara Coca-cola. Entón fun ó salón e alí estaban, os
tres reis magos cos camelos, como se nada, tomando leite e galletas que lle
deixara miña nai. Eles preguntáronme – queres vir con nós a Oriente?- Eu
díxenlles que sí. Entón pararon o tempo aquí, subíronme no seu camelo e
fomos a Oriente. De oriente fomos a Belén, onde me vestín de pastora e vin
o neno Xesús. María regaloume un colgante. Volvín para casa. O colgante
perdéuseme polo camiño. Deiteime na cama e axiña durmín.
O espertarme pola mañá abrín o meu agasallo e alí estaba o colgante que me
deu María. Poñía unha nota:
Querida Tereixa, cremos que te olvidaches algo polo camiño.
Alicia Piñeiro García 6ºp.